"Alle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 636.

  • Asociación constituída en Madrid o 22 de maio de 1990 que reúne a empresarios, executivos e profesionais autónomos galegos establecidos na Comunidad de Madrid. Ten por obxecto potenciar o intercambio comercial dos empresarios galegos de Madrid cos de Galicia, e tamén cos doutras asociacións da Federación de Empresarios Galegos no Exterior (FEGAEX), e facilitar aos seus asociados información de carácter económico. Entre as súas actividades cómpre salientar a organización de cursos, seminarios e conferencias, a celebración de actos de homenaxe a persoeiros relevantes do mundo empresarial, a sinatura de convenios de colaboración e a publicación dun Boletín e dun Directorio, no que se dan a coñecer a listaxe de socios e das empresas e actividades organizadas por temas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bordo de lousas ou tellas trenzadas en que conflúen as dúas vertentes do tellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de pesca que consta dunha rede que se mantén aberta verticalmente por medio de boias e pesos, e horizontalmente polas portas que se botan dende a popa da embarcación; para posibilitar que os bancos de peixes poidan ser engulidos polo cope,   o barco ten que realizar unha serie de manobras de arrastre do aparello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro creada na Coruña en 1903 por militantes do movemento rexionalista, como Galo Salinas Rodríguez ou Manuel Lugrís Freire, e por actores afeccionados, como Eduardo Sánchez Miño e Bernardo Bermúdez Jambrina. O seu primeiro espectáculo presentouse o 18 de xaneiro de 1903 no Teatro Principal da Coruña. Foi a obra Filla!, sobre un texto homónimo de Galo Salinas e con dirección de Eduardo Sánchez Miño. Esa proposta ía acompañada de novas iniciativas que tentaban transformar esta escola nunha verdadeira compañía de repertorio, similar ás de Madrid e Barcelona. Entre os obxectivos que se propoñía o directorio da compañía estaba a formación de elencos, feito que constituíu unha das primeiras iniciativas orientadas á creación de institucións educativas de formación teatral, pois naquela época as escolas ou seccións de declamación pertencentes aos conservatorios eran as únicas encargadas da capacitación profesional de actores. En 1903, presentou A ponte, espectáculo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura chantada no chan soa ou apoiada nun muro, que serve de soporte para soster plantas, árbores froiteiras ou vides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Madrid o 15 de febreiro de 1915. Cesou probablemente en decembro de 1916 (nº22). Dirixiuna Aurelio Ribalta e subtitulouse “Revista quincenal de Lenguaje, Finanza, Turismo. Publicada por Aurelio Ribalta”. Inicialmente, tiña unha periodicidade mensual, pero a partir do nº15, quincenal. A súa aparición provocou a toma de conciencia da intelectualidade galeguista da Coruña de cara a configurar as futuras Irmandades da Fala. Contiña informacións da actualidade galega na sección “Crónica Gallega” e artigos sobre cuestións lingüísticas, as seccións literarias “Poetas de hoxe” e “Poetas de onte”, e prosas divertidas no apartado “Repinicos de gaita”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exposición organizada pola Sociedad Liga de Amigos de Santiago celebrada en 1909 en Santiago de Compostela. Inaugurouse o 24 de xullo de 1909 coa presenza do Rei Afonso XIII e de Antonio Maura, e clausurouna o 30 de novembro o ministro de Fomento Augusto González Besada. A súa celebración concretouse nunha reunión celebrada en decembro de 1907, presidida polo cardeal Martín de Herrera que contou coa presencia, entre outros, do alcalde Lino Torre e do reitor da universidade Cleto Troncoso. Acordouse celebrar unha mostra dos produtos industriais e artísticos de Galicia coincidindo co ano santo de 1909. Invitouse tamén a expositores de fóra da rexión. Organizouse nas seccións de Belas Artes, Ciencias Aplicadas e Ciencias Industriais, divididas en diversos sectores. A presidencia honoraria da exposición recaeu no ministro de Fomento A. González Besada e formouse unha xunta central presidida por Pedro Pais Lapido á que pertenceron Eduardo Vilariño Magdalena e Miguel Castro Arizcún como vicepresidentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico semanal da emisora FM Radio Cosmos de Sierra Grande, en Río Negro (Arxentina). Presentábao Xerminal Filgueira todos os domingos á mañá e ofrecía informacións tratadas cun agudo acento crítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barra de ferro cilíndrica que se coloca nunha porta ou nunha ventá de xeito que poida xirar ao redor do seu eixe lonxitudinal; os seus extremos, acobadados, introdúcense nuns furados ou aneis do bastimento para que non se desprendan. Serve para ter pechada a porta ou a fiestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Colaborou nos xornais Libération e Le Canard enchaîné e publicou as novelas Banlieue sud-est (Arredores sueste, 1947) e Paris au mois d’août (París no mes de agosto, 1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico mensual aparecido en La Habana en 1940. Dirixido por José Trillo Escagedo, foi o voceiro dun dos partidos de oposición da sociedade Hijas de Galicia. Nel incluíronse críticas á xestión da entidade e informes sobre posibles irregularidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual aparecida en Bos Aires o 1 de novembro de 1936. Subtitulada “Órgano de la acción gallega de cruzados de Santiago Apóstol”, cesou a súa edición en abril de 1942 (nº39). Baseada nos ideais da Igrexa católica, rexeitaba o bolxevismo. Ademais de novas de carácter político e relixioso, incluíu algúns poemas en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación constituída por unhas cincuenta sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Bos Aires. Fundada en 1921, tiña por obxectivo coordinar as distintas asociacións e potenciar os valores rexionais, a través da organización de conferencias, exposicións de arte e veladas literarias. A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da federación en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ao proclamarse en España a Segunda República, enviaron dous delegados, Antonio Alonso Ríos e Suárez Picallo, que colaboraron na redacción do estatuto galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico federal aparecido en Vigo en abril de 1873. Na súa redacción colaborou Xosé Mella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1980 na Coruña. Na súa redacción participaron Xosé Romero, Agustín Romero, Manuel G. Espiña, E. Vidal Abascal, José A. Gaciño, Juan Naya e Plácido Lizancos. Tentaba recoller información de interese para as comunidades de emigrantes galegos espalladas polo mundo. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Moret.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político de carácter republicano federal e galeguista. Fundouse o 16 de marzo de 1930 froito dunha alianza entre a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e Alianza Republicana, que asinaron conxuntamente o chamado Pacto de Lestrove. O documento de fundación foi asinado por Santiago Casares Quiroga, Antón Villar Ponte, Luís Seoane e Xerardo Abad Conde, entre outros. O obxectivo da FRG era a instauración en España dunha República democrática e a loita pola autonomía de Galicia. Trala proclamación da Segunda República Española, convocou unha grande asemblea, en maio de 1931, co propósito de debater a elaboración dun estatuto de autonomía para Galicia. Nas eleccións de xuño dese mesmo ano, obtivo 14 representantes nas Cortes. Nas Cortes, as escisións de varios deputados, disconformes co liderado exercido por Casares Quiroga, que converxía co republicanismo español de Manuel Azaña, fixeron diminuír a súa influencia, feito que se comprobou nas eleccións seguintes,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi autor de célebres zarzuelas como La Marsellesa (1876), El dúo de la Africana (1893), La viejecita (1897) e Gigantes y cabezudos (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e político. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidad de Valladolid. Fundador e director do xornal tradicionalista El Radical, posteriormente exerceu como redactor xefe e director de La Región. Continuou o seu labor xornalístico en El Heraldo Orensano. Foi presidente da Deputación de Ourense, director da Escola de Comercio e delegado de Educación e Descanso. Como investigador de temas relacionados coa historia local e provincial publicou Poesías de José García Mosquera (1817-1868) (1948) e Valentín Lamas Carvajal. Estudio biobibliográfico (1950). Recibiu un premio do Centro Gallego de La Habana polo seu traballo “Curros Enríquez, periodista”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Santiago (1797-1800). Foi cóengo e mestrescola na catedral de Zaragoza, antes de ser nomeado en 1794 bispo de Salamanca. Gobernador do Supremo Consejo, durante o seu arcebispado mandou cubrir con lousas de cantería a rúa que baixa desde a Acibechería ata a praza do Obradoiro e que pasa por baixo do Pazo Episcopal. Afeccionado á numismática, foi membro da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: ferragacheiro.

    VER O DETALLE DO TERMO