"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Asociación Máximo Gorki de Solidariedade entre os Pobos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que agrupa as principais axencias de publicidade e centrais de medios de España. É a promotora do Festival Publicitario de San Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que agrupa os principais anunciantes de España. Anualmente entrega os premios EFI de Eficacia na Comunicación Comercial, que organiza Consultores de Publicidad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización integrada por licenciados e doutores en ciencias da información (xornalismo, publicidade, relacións públicas e comunicación audiovisual) de España, co fin de defender corporativamente os seus intereses, desenvolvendo actividades académicas e profesionais entre os seus asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización con sede en Barcelona integrada por empresas dedicadas ao márketing directo, publicidade directa, telemárketing e empresas de venda por correo. Entre os seus asociados atópanse axencias como Bates Direct, Cano & Martínez, Diálogo & Relación, Europ RSCG e Ogilvy One.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade de ámbito estatal que ten por fin agrupar os que se interesan por temas científicos orientais, entendendo o orientalismo en sentido amplo, dende o Afastado Oriente ata as culturas europeas e africanas que teñen relación co mundo oriental. Foi fundada en 1965 por Félix M. Pareja i Casañas e ten a súa sede en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación constituída polas canles de televisión españolas co obxectivo de uniformizar os métodos de medición de audiencias do país e garantir a súa fiabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación internacional fundada no ano 1973 que reúne xuristas e bromatólogos e ten a súa sede en Bruxelas. Os seus obxectivos son a divulgación, o desenvolvemento e a harmonización internacionais do dereito alimentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en 1886 en París por Paul-Édouard Passy, que ten por finalidade promover o estudo e a divulgación da fonética. Estableceu o alfabeto fonético internacional (AFI) o mesmo ano, o máis difundido no uso internacional. É coñecido tamén por IPA, sigla do seu nome inglés (International Phonetic Association).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural creada en decembro de 1996 en Santiago de Compostela. O seu principal obxectivo é fomentar e estender en Galicia a afección pola arte lírica (ópera, zarzuela, canción, lied, etc) e outras manifestacións musicais. A primeira e actual xunta directiva está presidida por José Víctor Carou Fernández. O concerto inaugural da asociación tivo lugar o 24 de setembro de 1997 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dende 1998 edita a revista trimestral Cavatina, primeira revista feita en Galicia e en galego totalmente dedicada á ópera e á lírica, con especial atención á actualidade musical galega. Entre as actividades organizadas, destaca o Ciclo de Novos Intérpretes Galegos, así como o ciclo de conferencias e concertos “Unha pequena historia da ópera”, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Nas súas temporadas de concertos interviñeron, entre outros intérpretes, Teresa Berganza, Cecilia Lavilla, Enrique Viana, Ángeles Blancas, xunto aos galegos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurdiu en 1976 a partir dunha xuntanza celebrada en Santiago de Compostela no contexto da mobilización que se produciu en todo o Estado despois da celebración das Xornadas Catalanas da Muller (maio de 1976), que representaron un punto de partida para a eclosión do movemento feminista. A confluencia de mulleres independentes e outras organizadas en partidos de esquerdas como o Movemento Comunista de Galicia (MCG) e a Liga Comunista Revolucionaria (LCR), convocaron as primeiras asembleas. Así a AGM foise conformando como unha organización feminista, unitaria e moi combativa na denuncia da situación das mulleres, chegando a ter presenza en Lugo, Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Ourense, Pontevedra, Vigo, e outras localidades galegas. Ao longo de 1977 e 1978, período de intensa actividade e manifestacións contra o proxecto de lei de divorcio presentado polo goberno da Unión de Centro Democrático (UCD), contra as violacións, polo dereito ao aborto e outras reivindicacións,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada en 1980 en Santiago de Compostela. Pertencen a ela 1.500 apicultores asociados que se agrupan en delegacións comarcais. Dende a asociación facilítase información e asesoramento técnico, servicios de seguros apícolas, de laboratorio, de sanidade apícola e análises de meles. Elabóranse materiais didácticos, celébrase o Día do Apicultor e a Semana do Mel. Organízanse tamén cursos, xornadas técnicas e exposicións. No ano 1985 cerca de 300 asociados formaron a Cooperativa Erica Mel. Internamente difúndese a revista Abelleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade creada en Santiago de Compostela en xaneiro de 1983 por iniciativa de vinte artesáns profesionais de toda Galicia co obxectivo de promover a artesanía. Presidida por Manuel González Arias, conta cuns 300 asociados de diferentes oficios en toda a comunidade autónoma. Organiza feiras comerciais como Mostrart (A Coruña), Ofeitoaman (Vigo), Navidart (Ferrol) ou Artesanoia (Noia); promove exposicións non comerciais como Outrasartesanías (Coruña, 1983-1984), Textil contemporáneo (A Coruña 1987), Cartón (Ribadavia 1988 e A Coruña 1989) e tamén ten presenza internacional (O Porto, Bruxelas, Aviñón, Lisboa, Berlín). Organiza xornadas de artesanía, encontros de Ceramistas europeos en Galicia, cursos monográficos de comercialización e deseño, etc. Presentou material promocional sobre Artesanía de Galicia en feiras como Fitur, Congreso FEGAEX (O Brasil), Feira de Braga, Feira Iberoamericana de artesanía (Canarias), Exposición Ministerio de Industria (Cuba), Celtic Excellence (Bruxelas). Promove...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada no 1987, exerce a súa actividade en Galicia e ten como obxectivo fundamental divulgar e promocionar a creación musical dos compositores socios, ben a través dos seus propios medios ou ben mediante convenios con institucións; fomentar as edicións de partituras e gravacións; organizar concertos, conferencias e estimular a actividade de intérpretes que se interesen pola obra compositiva dos socios. En 1998 a AGC editou un CD con 17 obras para piano de 12 dos seus membros e ata a data realizou seis ciclos de concertos. O seu presidente é Carlos López García-Picos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación constituída en Santiago de Compostela o 27 de xuño de 1983 por iniciativa de Bieito Ledo Cabido como director-xerente da editorial Galaxia. Na mesma participaron Carmen Brochs, Enrique Iglesias, Bieito Ledo, Fernando Abraldes, José Luís Veleiro, Olegario Sotelo Blanco, Carlos Blanco Yáñez, Salvador García Bodaño e Antón Patiño. Ten as finalidades de defender, promocionar e difundir a edición de libros en lingua galega; os seus estatutos foron presentados para a súa aprobación oficial o 27 de setembro de 1983, sendo publicado o anuncio do referido depósito no DOG nº 143 de 7 de outubro de 1983. A primeira xunta directiva, elixida na xuntanza mantida en Santiago de Compostela o 29 de outubro de 1983, estivo presidida por Bieito Ledo Cabido. Por orde cronolóxica, presidiron a Asociación Galega de Editores Luís Mariño, Antonio Díaz Díaz, Bieito Ledo Cabido, Carlos Blanco Yáñez e Damián Villalaín. En cumprimento das súas finalidades a Asociación Galega de Editores vén desenvolvendo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación creada no ano 1990 por estudiantes de segundo e terceiro ciclo da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de organizar foros de debate histórico e historiográfico, investigacións e publicacións que amplíen o coñecemento da Historia de Galicia. Se ben nun primeiro momento se destinou a estudiantes e profesionais da Historia, pronto se abriu á participación de todo aquel interesado nas actividades que a asociación desenvolve. Organiza a Semana Galega de Historia así como congresos de Xoves Historiadores e outras actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada en 1997 agrupa o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Orujo de Galicia, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, o Consello Regulador da Denominación Específica Mel de Galicia, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Queixo Arzúa-Ulloa, o Órgano Rector do Produto Galego de Calidade Queixo do Cebreiro, o Consello Regulador do Produto Galego de Calidade Mexillón de Galicia, o Consello Regulador da Denominación Específica Pataca de Galicia, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla, o Órgano Rector do Produto Galego de Calidade Queixo de San Simón, o Consello Regulador da Denominación Específica Lacón Gallego e o Consello Regulador...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada en 1994 por iniciativa de Alfredo Álvarez Pérez e que agrupa os profesionais da restauración e da hostalería galega, con relación directa no servizo de viños, licores e augardentes. A súa finalidade é defender os intereses dos asociados e divulgar as ensinanzas teóricas e prácticas en busca da profesionalización do sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que integra un número importante de empresas relacionadas coa publicidade, que se encarga de defender intereses comúns e de promover charlas e encontros entre as empresas asociadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundouse en xuño de 1905 na Habana co obxectivo de financiar e apoiar a creación dunha Academia Gallega. En 1905 publicouse nos xornais da illa de Cuba un artigo de Manuel Murguía no que incitaba á fundación da Real Academia Gallega, co fin de evitar a desaparición do idioma galego, e que esta se encargase da elaboración dun dicionario e dunha gramática. Tal iniciativa foi acollida con aceptación por parte das asociacións e galeguistas da illa, especialmente Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal. Ao mesmo tempo traballaba dende América na recuperación da cultura galega recollendo cantos e tradicións populares, e contemplando no seu regulamento a creación de tres seccións culturais dentro da asociación (Historia, Literatura e Belas Artes, e Ciencias). A achega da asociación cubana foi tan importante que, en outubro de 1905, se formalizou a constitución da Real Academia Gallega, con sede na cidade da Coruña. Na súa declaración estatutaria, a asociación declaraba non ter ideoloxía política...

    VER O DETALLE DO TERMO