"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Combinación mediante un catalizador dun isoalcano cun alqueno, para obter hidrocarburos saturados ramificados de número de octanos elevados (alquilado). As materias primas empregadas son, dunha banda, o isobutano e o isopentano (empregadas en exceso), e da outra, normalmente, o propeno, os butenos e o isobuteno ou as súas mesturas. A reacción é complexa, e a mestura de hidrocarburos separada por decantación fracciónase para illar o alquilato dos produtos volátiles.

    2. Introdución dun grupo alquilo nunha molécula orgánica. A alquilación pode ter lugar sobre un carbono, un nitróxeno, un osíxeno ou un xofre. Os principais reactivos alquilantes son os haluros e os sulfatos de alquilo, e máis raramente outros compostos. Son exemplos importantes: a alquilación dos hidrocarburos aromáticos por reacción de Friedel e Crafts, a alquilación de amoníaco e as aminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político mexicano. Na súa narrativa, coa que acadou sona, tentou achegarse aos temas indíxenas mexicanos. Evolucionou cara ao Realismo, do que a novela El Zarco (1901) é o seu mellor expoñente. Expuxo as súas ideas liberais en El Correo de México, publicación da que foi un dos fundadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alterar ou de alterarse.

    2. Depreciación que se produce no valor da moeda.

    3. ariación na perspectiva focalizadora dun texto narrativo que non afecta á coherencia interna e externa do relato.

    4. ariación do asentamento dun buque como consecuencia de ter cargado ou trasladado un peso. É positiva cando incrementa o calado de popa e negativa, no caso contrario.

    5. Efecto de modificar nun ou dous semitóns a altura dunha nota verbo da súa entoación na tonalidade de base. O signo que a indica recibe o nome de accidente; haino de tres tipos: sostido (semitón agudo), bemol (semitón grave) e becadro (anula os anteriores) e pode figurar, ben na armadura (alteración constitutiva) ou ben no curso dunha pasaxe (alteración accidental).

    6. Transformación das rochas próximas á superficie, pola acción de axentes exteriores, meteóricos (variacións térmicas, precipitacións, xeadas, etc) e doutros (fauna e flora, microorganismos, etc), que prepara a erosión propiamente dita. A alteración das rochas exerce un papel fundamental nos procesos de formación de solos.

    7. alteración de alimentos

    8. alteración de fitos

    9. alteración de medicamentos

    10. alteración de prezos

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase especial de solifluxión na que esta se manifesta en forma de meseta (terrazas de altiplanación) e relevos aplanados constituídos pola acumulación de materiais rochosos soltos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1951 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para asegurar a axuda material e a protección aos refuxiados e desprazados por mor dos conflitos bélicos e políticos. Ten a súa sede en Xenebra. No 1954 e no 1981 foille concedido o Premio Nobel da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alucinar.

    2. Percepción dun obxecto ou dun estímulo externo inexistente, considerados polo suxeito como reais. Segundo a desorde dos sistemas sensoriais pode clasificarse en: a) alucinacións acústicas, nas que se senten sons máis ou menos elementais (acúfenos) ou voces; b) alucinacións visuais como no delirium tremens, a zoopsia ou visión de animais, xeralmente pequenos e repugnantes; c) alucinacións gustativas e olfativas con sabores e olores estraños; d) alucinacións táctiles, que poden ser pasivas (o individuo sente que o tocan) ou activas (cre que toca obxectos); e) alucinacións cenestésicas e do esquema corporal dentro das que se agrupaban as alteracións de despersonalización e da consciencia do eu e, así mesmo, as alucinacións relacionadas coa lei da gravidade (sensación de voar, de flotar no espacio); f) alucinacións cinestésicas, que producen a impresión de que os músculos se contraen mentres se permanece inmóbil. As alucinacións...

    3. Padecer unha serie de alucinacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor barroco que traballa na diócese de Tui no primeiro terzo do século XVIII. Sobresae a súa participación como pintor e dourador do retablo maior da Igrexa de Santa Mariña do Rosal (1725) xunto ao pintor guardés X. Antón Rolán de Santa Cruz (1725).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Creouno en 1994 Carlos Perille Publicidade e convócao a Sociedade Artística Ferrolana. O premio consiste nunha placa conmemorativa e na publicación do relato gañador na revista Poesía Galicia (O Ferrol). En 1995, resultou gañador Ramón Loureiro por O miragre de Escandoi, e en 1996 Daniel Prieto Seijo recibiu o galardón por O intre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de erosión que produce cavidades alveolares ou alvéolos nas rochas, especialmente nas pedras de gran grosor, xistos areosos, conglomerados e outros, en puntos nos que a rocha é facilmente disgregable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conversión dos N-glicósidos das aldosas nos aminoderivados das cetosas correspondentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de amalgamar ou amalgamarse.

    2. Procedemento de extracción do ouro e da prata, e tamén do cloruro de prata, que consiste na separación do metal do mineral, previamente triturada, por disolución en mercurio. A amálgama así formada sepárase da ganga e destilada para recoller o residuo de ouro ou prata e recuperar o mercurio destilado para empregalo de novo no proceso. Unha vez separados por destilación, os metais deben ser refinados co fin de aumentar a súa pureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amancio Amaro Varela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fora convertido por santo Honorato e chegou a ser o primeiro Bispo desta cidade francesa. Cóntase que grazas á súa oración un lóstrego esnaquizou un ídolo, deixando cegos aos seus adoradores. É o patrón de Rodez, aínda que as súas reliquias están na igrexa de Santa Fe de Conques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do latín Amantius e este derivado do participio de presente do verbo amare, isto é, amantem ‘que ama’. Existen sete celebracións diferentes para santo Amancio de Rodez (s V): 10 de febreiro, 19 de marzo, 8 de abril, 6 de xuño, 10 de xuño, 26 de setembro e 4 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista coñecido co nome deportivo Amancio. Ao longo da súa carreira profesional militou nos equipos do Real Club Deportivo de La Coruña e do Real Madrid CF. Foi integrante da selección española absoluta de fútbol en 42 ocasións, coa que se proclamou campión de Europa en 1964, na final disputada en Madrid diante do equipo da Unión Soviética. Campión da Copa de Europa de clubs co Real Madrid CF en 1966, club co que tamén gañou o Campionato Nacional de Liga en 9 tempadas e co que conquistou 4 campionatos de España (Copa del Generalísimo). Foi máximo goleador do Campionato Nacional de Liga na 2ª División co Deportivo e en dúas oportunidades co Real Madrid na 1ª división. Entre os moitos premios que acadou cómpre citar: Premio Medalla de Prata ao mérito deportivo na Coruña, dúas medallas ao mérito deportivo nacional, Medalla de Ouro da cidade da Coruña. Foi elixido para integrar a selección mundial da Federación Internacional (FIFA) e para a europea (UEFA). Como adestrador traballou...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desexo moi forte de conseguir honores, dignidades, fama, poder ou calquera cousa que afague o amor propio.

    2. O que é obxecto de ambición.

    3. Ambición esaxerada que se corresponde coas aspiracións anormais de certos enfermos mentais. Nas psicoses que se acompañan de megalomanía, pódese converter nun verdadeiro delirio (delirio de grandeza).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desexar vehemente algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten ou sente ambición.

    2. Aquela cousa na que se manifesta a ambición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ambientar.

    2. Conxunto de efectos que sitúan a acción nunha circunstancia determinada dentro da que se desenvolve a obra, mediante a utilización real ou figurada de seres, obxectos, luces, sons, etc. A ambientación cinematográfica, ademais dos elementos que comparte coa teatral, esixe un equilibrio das calidades da fotografía, un equilibrio rítmico segundo os xéneros e un tratamento especial do detalle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición literaria da época faraónica conservada, tanto completa como fragmentariamente, en cinco documentos, dos que o máis importante é un papiro do British Museum. Aínda que estes escritos non semellan ser anteriores á XXI dinastía, algúns especialistas dátanos a finais do Período Ramséssida (XX dinastía). Pertence ao xénero sapiencial e é unha das grandes obras da literatura faraónica. Presenta paralelismos co libro dos Proverbios, no que debeu influír.

    VER O DETALLE DO TERMO