"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • Xornal fundado por Vicente M. Cociña e Tiburcio Faraldo na Coruña en 1843. Francisco Arza imprimiuno ata a súa desaparición en abril de 1844. Subtitulado “Periódico político, literario e industrial”, contiña crónicas de Galicia, correspondencia, poesías, extractos das Cortes e artigos políticos que apoiaban o partido moderado. Entre os seus colaboradores destacan B. Vicetto, X. Domínguez Izquierdo, Xosé M. Posada e D. Díaz de Robles. Ocasionalmente, incluía cantigas populares e algúns poemas en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Pontevedra en marzo de 1900 subtitulada “Semanario Independiente, defensor de los intereses generales de la provincia”. Saía os días 1, 8, 15 e 23 de cada mes e só se editou ata mediados dese ano. Constaba de catro páxinas, a derradeira dedicada a publicidade, nas que xeralmente trataba temas políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia católica agraria editada dende xaneiro de 1912 ata maio de 1914 en Chantada. Subtitulada “Semanario chantadino independiente”, definíase como “Independiente, defensor de los que rezan, trabajan y pagan”. Editárona o director, Lorenzo Vázquez Macedo, e os redactores Julio Pérez de Guerra e Marcial Cereijo. Incluía temas de carácter agrario, relixioso e relacionados coa emigración, e informaba sobre as actividades de Acción Gallega. Posuía unha sección denominada “Municipalerías” e no número 40 inseriu un “Catecismo Municipal”, semellante ao Catecismo do Labrego de Lamas Carvajal. A presenza do galego limitábase a algunha colaboración de Avelino Gómez Ledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O Distrito Central de Negocios é o centro financeiro, empresarial e administrativo dunha gran cidade. Caracterízase polo dominio do comercio e das actividades administrativas, de xeito que os inmobles dedicados a usos terciarios representan máis do 75% do espacio, mentres que as vivendas ocupan unha porcentaxe inferior ao 25%.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de investigación inaugurado o 25 de marzo de 1994 como Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Nel desenvólvense proxectos de investigación en humanidades, con especial atención á lingua e á literatura. Este centro, que conta con infraestrutura informática, cunha biblioteca especializada e cun importante número de investigadores (a súa maioría bolseiros), está dirixido e coordinado por científicos especializados: un coordinador científico (Constantino García González), un director técnico da área de lingua (Guillermo Rojo) e un director técnico de literatura (Anxo Tarrío). Mantén, ademais, contacto con outros investigadores de centros galegos e de fóra de Galicia. Entre os proxectos que se promoveron no Centro, cómpre destacar os seguintes: na área de lingüística, o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), base de datos gramaticais e léxicos; o etiquetador e lematizador...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado na década dos oitenta por Fernández Cid dentro da Universidade de Santiago de Compostela, coa finalidade de formar profesionais de cine e televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai ou vende chacina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar no que se vende chacina ou calquera tipo de embutidos.

    2. Arte de preparar e conservar a carne de porco, soa ou con especias e outras materias primas e condimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mámoa situada en Vilaboa, tamén coñecida como Mámoa do Rei, descrita e escavada nos anos cincuenta por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, Alfredo García Alén e Carlos Alonso del Real. A anta, moi deteriorada, está no interior dun túmulo de 3 m de altura e cunhas dimensións de 30 m no eixe maior e 20 m no menor. Conserva catro chantas, unha ao N e tres ao S, que posiblemente configuraron unha planta poligonal. No transcurso das escavacións descubriuse o seguinte enxoval: cinco puntas de frecha de base triangular, un microlito, un núcleo de sílex, un disco en lousa, unha bóla de granito e un fragmento de limonita. Nunha das chantas do S pódense observar varios gravados a base de liñas horizontais onduladas e outro gravado posterior de tipo cruciforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista francés. Especializouse no estudo comparativo do grego antigo e publicou, entre outras obras, La formation des noms en grec (A formación dos nomes en grego, 1932), Grammaire homérique (Gramática homérica, 1942 e 1953) e Ditionnaire étymologique de la langue grecque (Dicionario etimolóxico da lingua grega), que se comezou a publicar en 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. De formación autodidacta, comezou a expoñer en Vigo no ano 1971. Na súa produción pitórica, en óleo ou acuarela, interesouse pola temática da vida cotiá: paisaxes campestres (Vista do delta do Miño), motivos mariñeiros (Mariscadoras na Ría), e a relixiosidade popular a través das escenas de romarías ou retratos de santos e de familiares (Tarde de merenda). No eido escultórico destaca o seu interese polo tratamento da figura humana en diferentes soportes como a madeira, o barro ou a pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica, filla de Charles Spencer Chaplin. Debutou co seu pai en Limelight (Luces, 1952). Entre 1967, con Pepermint frappé, ata 1979, con Mamá cumple cien años, colaborou en oito películas de Carlos Saura. Da súa carreira internacional destacan, entre outros, os filmes Nashville (1975), de R. Altman, Wellcome to L.A. (Benvido a Los Angeles, 1976), Remember My Name (Lembra o meu nome, 1979), de A. Rudolp, Les uns et les autres (Uns e outros, 1980), de Claude Lelouch, e Home for Holidays (Fogar de vacacións, 1995), de Jodie Foster.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi discípulo de Carissimi en Roma e, á súa volta a Francia, colaborou no teatro con Molière. Ao redor de 1680 entrou ao servizo do Gran Delfín e foi profesor de música de Filipe, futuro duque de Orléans. Dende 1698 ata a súa morte foi maître de musique da Saint-Chapelle. Compuxo a música para as obras teatrais Le mariage forcé e Le malade imaginaire, de Molière e para a ópera Médée (1693). Dedicouse especialmente á musica relixiosa, compuxo numerosas misas (Messe pour les trépassés e Messe de minuit), motetes e musicou partes dos Salmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conduto instalado en edificacións, barcos ou noutras construcións que dirixe o fume procedente de cociñas, fornos ou máquinas cara ao exterior.

      1. Oco na parede dun cuarto no que se fai lume para quentarse e que bota o fume ao exterior mediante un conduto.

      2. cheminea francesa

        Cheminea con marco e repisa na parte superior.

    2. Conduto na codia terrestre, en concreto en edificios volcánicos, a través do que saen ao exterior materiais procedentes do magma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Ingresou na Armada moi novo e participou en diversos enfrontamentos e combates durante a Primeira Guerra Carlista (1833-1839), como a Batalla de Bilbao (24.12.1836) ou o ataque e a capitulación de Irún e Fuenterrabía (17 e 18.12.1837). Bloqueou os portos de Cartagena, Alacant e Barcelona (1844) ao mando do bergantín Nervión, durante a sublevación centralista. Nomeado vicepresidente do almirantado (1873), recibiu pouco despois o título de comandante xeral da escuadra do Mediterráneo coa misión de combater a insurrección cantonalista. Desempeñou tamén a comandancia xeneral de Ferrol, de Cartagena, e La Habana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido feito con fíos de urdime pintados ou estampados de xeito que unha vez confeccionados presenta un debuxo determinado que, a causa das diferencias de tensións e encollementos no momento do tecido, resulta lixeiramente esvaído.

    2. Aplícase a esa tea ou ás pezas de roupa confeccionadas con ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moble que se emprega para gardar a louza e demais utensilios usados no servizo da mesa. Adoita colocarse no comedor da casa. Ex: Vai ao chineiro e colle dúas copas de viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calzado lixeiro e cómodo, de tea ou doutro material flexible, sen tacón e sen talón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a China ou aos seus habitantes. Ex: As películas chinesas son moi intimistas.

    2. Natural ou habitante de China.

    3. Lingua do grupo sinotibetano, orixinaria de China, falada pola maior parte da poboación chinesa. A mediados dos anos noventa tiña uns 1.220 millóns de falantes en todo o mundo, dos que uns 1.200 vivían na República Popular China e tiñan como lingua oficial o mandarín. Tamén era oficial na antiga colonia británica de Hong Kong, integrada en China en 1997, e en Taiwán. Fóra de China fálana uns 20 millóns de persoas, das que dúas terceiras partes están no sueste asiático, sobre todo en Tailandia, Indonesia e Vietnam. No resto do mundo as colonias máis numerosas concéntranse nos EEUU. O chinés é unha das cinco linguas oficiais das Nacións Unidas. É unha lingua illante, baseada fundamentalmente na sílaba. Esta equivale xeralmente á unidade mínima de significación (monema). Foneticamente, o trazo máis destacado do chinés é o prosodema chamado ton, é dicir, a entoación determinada coa que se pronuncia a sílaba, con valor fonolóxico. Cómpre subliñar tamén o valor fonolóxico que ten a aspiración...

    4. Arte desenvolvida polo pobo chinés. A arte chinesa é unha mostra de equilibrio, mesura e harmonía entre a tradición e a innovación, o autóctono e o foráneo, a arte oficial e a popular. O emperador converteuse no máis importante mecenas artístico e, en moitas ocasións, foi tamén un artista. A arte amosou a espiritualidade do pobo chino que, xunto ao taoísmo e ao confucianismo, asimilou o budismo.
      O Neolítico
      Os primeiros testemuños artísticos en China datan do segundo milenio a C co desenvolvemento de diversas culturas que coñecían a cerámica. Tamén traballaban o xade, pero ao ser valorado no seu estado natural non tiña un tratamento artístico. En Yangshao realizouse unha cerámica de cor vermella e con decoracións simbólicas; en Longshan a cerámica era negra e coa superficie pulida; e en Xiaotun desenvolveuse unha cerámica gris e de factura máis ruda. As pezas, como as de xade, tiñan unha función ritual e funeraria.
      As dinastías Shang e Zhou <BR

    5. Arte cinematográfica desenvolvida en China. Ocupa o terceiro lugar do mundo en número de espectadores. En 1903 o emigrante valenciano Vicent Ramos organizou as primeiras proxeccións en Xangai. A escasa produción chinesa comezou máis tarde. O primeiro grande éxito foi O caso Yen Kiesing (1921). En 1931 realizáronse os primeiros filmes sonoros: o musical A cantante de Hong Midan, de Hong Sen, e o filme falado A canción da primavera, de Li Bingshie. Das poucas películas chinesas proxectadas en Europa naquel tempo destaca A rosa de Bu Shui, de Y. S. Lee, da época final do cine mudo, e A gran muralla chinesa ou Loitemos ata a morte (1938), de She Dongsai, sobre os horrores da guerra e a agresión nipona. Despois do triunfo da Revolución Chinesa de Mao, en 1949 reorganizouse e nacionalizouse a produción cinematográfica. Entre os títulos máis coñececidos do decenio 1950-1960 están Mozos e mozas de China (1949), de Lin Cefen e Zhai Cian,...

    6. Escritura propia da lingua chinesa. O coreano, o annamita e o xaponés tamén a empregaron. É a máis antiga das escrituras aínda en uso, pois os primeiros documentos lexibles coñecidos (uns oráculos incisos en óso e cuncha de tartaruga) remóntanse ao s XV a C. Esta escritura utilizábase, na dinastía Shang (ss XVI-XI a C) e Zhou (ss XI-221 a C), nos oráculos e con fins relixiosos. Aínda que probablemente todos os caracteres chineses teñen unha orixe pictográfica, xa nesta etapa inicial abundan os usados polo seu valor fonético. Foi, pois, moi discutida a posible natureza ideográfica da escritura chinesa. Certamente non é fonética, posto que os seus signos non determinan directamente o son, e é imposible saber con certeza cómo hai que lelos cando son descoñecidos. Pero tampouco son representacións directas de ideas, senón dos monemas monosilábicos da lingua falada; por iso algúns falan de escritura morfémica ou logosilábica. O número de caracteres diferentes ten que ser, xa...

    7. A filosofía nacida e desenvolvida no mundo chinés é unha empresa de pensamento que se move fóra da órbita da filosofía entendida na súa primeira e habitual acepción, como é a filosofía occidental de raíz grega. Deste xeito, non se comproba en China unha recepción de ideas nin métodos filosóficos occidentais ata finais do s XIX. A diferenza máis esencial e visible entre as dúas filosofías é que na chinesa falta unha lóxica explícita e desenvolvida. Ademais, a falta de interese pola orixinalidade da maioría dos pensadores chineses fai que sosteñan as súas teses recorrendo á autoridade dos antigos, de xeito que pretenden interpretar que a filosofía chinesa, esencialmente tradicional, aparece como un saber recibido que se podería asimilar a unha doutrina relixiosa, pero polo demais erróneo. O elemento relixioso atópase ás veces e a miúdo confúndese sen unha distinción moi clara. Agora ben, a filosofía chinesa é un esforzo para acadar a sabedoría, baseado meramente nas facultades naturais e...

    8. Os documentos máis antigos conservados son inscricións sobre ósos e cunchas de tartarugas que datan dos derradeiros séculos da dinastía Shang, dende os ss XIV-XII a C, aproximadamente. Tanto estes como os gravados en vasos cerimoniais de bronce son moi breves e non constitúen documentos literarios propiamente ditos. En canto á poesía, a primeira antoloxía é a chamada Shijing (Clásico de poesía), conxunto de poemas cantados en templos, cortes e vilas que recibiu a súa forma definitiva aproximadamente en tempos de Confucio (551-497 a C). Intégrase nos libros considerados como “clásicos confucianos” e influíu na poesía posterior, tanto polo feito de ser a obra poética máis antiga como por considerarse tradicionalmente editada por Confucio. En territorios da conca do río Iang-Tsé desenvolveuse a forma poética denominada Chuci (Cancións de Chu), con metros máis longos e irregulares e destinada a ser recitada. O primeiro poeta chinés coñecido é Qu Yuan (ss IV-III a C), a quen...

    9. A historia musical chinesa pódese dividir en tres períodos importantes. Do primeiro período, ata finais da dinastía Zhou, consérvanse instrumentos (campás, ocarinas, cítaras) e xa no s VI a C hai mostras e citas en obras literarias de danzas, cancións de corte ou de guerra. Cara ao final do primeiro período xa se establecera un sistema musical característico e dividíranse os instrumentos en oito categorías, segundo o material co que estaban construídos; así, hai constancia da existencia de instrumentos de percusión, frautas, etc. O segundo período, ata o final da dinastía Tang, que coincide coa época de decadencia do confucianismo, é unha época de influencia estranxeira, procedente sobre todo de Asia Central. A dinastía Han tratou de restablecer a música cerimonial da Antigüidade, pero a etapa máis brillante foi a da dinastía Tang (618-906), da que se conservan algunhas danzas e durante a que o descubrimento da imprenta permitiu difundir importantes tratados musicais. A música da época...

    10. Arte teatral de China que se remonta aos tempos das dinastías Shang (1500-1000 a C) e Chou (1000-256 a C), no que as representacións tiñan un carácter cerimonial e ritual, se ben xa se introduciran elementos profanos, pois hai testemuños das funcións celebradas nos pazos dos reis. Durante este longo período, as manifestacións teatrais baseábanse na combinación de danza, canto, baile, recitado de lendas propias da tradición oral e uso de marionetas, pero tamén apareceu o teatro de sombras, nun principio asociado a cerimonias relixiosas e ao culto aos mortos. Coa chegada da dinastía Han (206-220 a C), desenvólvense múltiples formas de entretemento ata o punto de que se chegou a falar da época dos “cen xogos”, en referencia ás manifestacións lúdicas e ás competicións que tiñan lugar en prazas, feiras e nos pazos dos monarcas e da nobreza. Nestes anos créase a Escola Imperial de Música, promovida polo Emperador Wu-Ti (140-87 a C) para potenciar a danza e a música, e moitos dos instrumentos...

    VER O DETALLE DO TERMO