"Miguel" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 298.

  • PERSOEIRO

    Militar. Ingresou na Mariña en 1829 ata 1836, cando acadou o grao de alférez de navío. As Guerras Carlistas decidiron o seu paso ao corpo de terra. Loitou contra o bando carlista en Aragón, onde acadou o grao de capitán e tenente coronel (1840) e participou nos levantamentos esparteristas de 1840 e 1842. En 1845 foi destinado á Coruña como primeiro comandante. Encabezou o Levantamento de 1846, que se iniciou en Lugo e ao que despois se sumaron as tropas de Santiago, Vigo e Pontevedra, as dúas últimas baixo o mando de Leoncio Rubín. Ambos os dous foron nomeados mariscais de campo pero, a elección de Solís como capitán xeneral de Galicia (22 de abril), con mando supremo sobre todos os exércitos, provocou que Rubín non o axudara na revolta. O 23 de abril, na Batalla de Cacheiras, Solís foi abatido polas tropas de José de la Concha. Refuxiouse en Santiago de Compostela, pero acabou por se entregar. Foi xulgado en Carral, onde morreu fusilado xunto con once dos seus oficiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en San Cibrao das Viñas. Orixinalmente, foi construída en estilo románico, do que só se conserva a decoración con canzorros do beiril. Sufriu varias modificacións en época barroca (ss XVII-XVIII), que afectaron especialmente á cabeceira do templo e á fachada, en que destaca especialmente a torre-campanario rodeada, nun dos seus corpos, por unha balconada. As molduras que rodean a portada, alintelada, recordan ao barroco de placas, e as cornixas curvas rematadas en volutas son de influencia portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Psicoloxía e profesor de ensino secundario, colaborou en diversas publicacións. Escribiu Turbo (1988, Premio Blanco Amor), Álvaro Pino (1989), Sabor a ti (1991), Selva negra (1994), Co dedo nos beizos (1992) e O repenique de Beatriz Goldar (2002, Premio Novela por Entregas de La Voz de Galicia). Recibiu en diversas ocasións o Premio Modesto Rodríguez Figueiredo por narracións como “Quiquiriquí” ou “A Alemana” (1987), e en 2000 o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico, pai de Rafael e Santiago Tafall Abad. Mestre organista en Burgos (1833), marchou a Santiago de Compostela (1855), onde exerceu como mestre organista e músico da catedral. Ademais, destacou como construtor e reparador de órganos en diversos espazos relixiosos, especialmente nas catedrais de Lugo, Mondoñedo e Ourense. Das súas composicións, centradas na música sagrada, destacan a misa España por Santiago, un oficio de defuntos, un miserere, un stabat mater, un Libera me, Domine, na honra do xeneral O’Donell, ademais de diversas arias. Escribiu tamén Arte completo del construtor de órganos, o sea, guía manual del organero (1872-1874), un dos primeiros do seu xénero publicados en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Vicedecano da facultade de Historia de Santiago de Compostela desde 2003, foi membro dos proxectos de investigación “Fontes e Documentos para a Historia da Arquitectura e do Urbanismo en Galicia” (1997-1998) e “Planos e debuxos de arquitectura e urbanismo en Galicia I (ss XVI-XVII) e II (s XVIII)” (2000-2005). Centrouse no estudo da arquitectura, o urbanismo e dos retablos barrocos, especialmente de Santiago de Compostela. Publicou Los arquitectos y la contratación de obra arquitectónica en la Galicia Barroca (1650-1700) (1997); Domingo de Andrade, maestro de obras de la catedral de Santiago (1639-1712) (1998); Intervenciones arquitectónicas en la catedral de Tui en el Barroco (s XVIII); tradición y renovación en la antigua basílica (2003) e La casa del Deán de Santiago de Compostela (2004). Membro da xunta directiva do Comité Español de Historiadores del Arte desde 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cartógrafo e astrónomo. Entre 1783 e 1788 realizou o levantamento cartográfico das costas españolas. Realizou o “Plano de la ría de Pontevedra con las islas Ons y Onza” (1787), “Plano de la ría de Vigo” (1787), “Plano de las rías de Ferrol, Coruña y Betanzos” (1787), todos eles incluídos no Atlas marino de España, islas Azores y adyacentes (1765-1788); e a Carta esférica de la costa de Galicia (1789).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adolfo Correia da Rocha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Suso de Toro, está considerado como un dos escritores máis destacados da literatura galega contemporánea. Formado en historia da arte moderna e contemporánea, e militante do Movimiento Comunista de España (1973) e do Partido Obreiro Galego (1977), participou en actividades de diversas organizacións sindicais estudantís e de traballadores. Colaborador de diversos medios de comunicación, como Diario de Galicia e La Voz de Galicia, a súa obra, traducida e publicada en varios idiomas, e adaptada en parte á cinematografía, caracterízase polo seu afán crítico cara á sociedade galega actual. Cunha mestura de elementos rurais e urbanos, xunto á utilización dunha linguaxe popular, o autor pretende poñer en evidencia e ridiculizar todo aquilo que representa unha mera copia nos diversos ámbitos da sociedade, especialmente no político, cultural e social. A súa produción, que abrangue os campos da novela, o ensaio e a obra dramática, iniciouse co seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Instalado desde 1955 en Vigo, fundou diversas empresas dedicadas á fabricación de pezas metálicas e cableados eléctricos para o automóbil, de pezas plásticas técnicas e en 1973 Produtos Koala SA, dedicada á comercialización de produtos de consumo doméstico. En 1997 creou unha fundación benéfico-docente que leva o seu nome. Recibiu en 1997 a Medalla de Bronce de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Doutor en Xornalismo pola Universitat Autónoma de Barcelona, vogal do Consello Asesor de RTVE en Galicia e decano da Facultade de Ciencias da Información de Santiago de Compostela (desde 2004), traballou en RNE, El País, Diario 16 de Galicia, El Correo Gallego, a axencia EFE e Xornal Diario. Publicou Da teoría práctica. Perfil do periodista galego (1996), Producir noticias. Como se fabrica la realidad periodística (1999) e A situación laboral dos xornalistas galegos (2003). Recibiu o Premio Xunta de Galicia de Xornalismo sobre drogodependencias (1988) e o Premio Nacional de Periodismo Reina Sofía (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e filósofo. Catedrático de Grego e reitor da Universidad de Salamanca, tivo que fuxir a Francia durante a Ditadura de Primo de Rivera. Despois dunha actitude favorable ao alzamento militar de 1936, enfrontouse publicamente co xeneral Millán Astray. Membro da Xeración do 98, destacou como novelista, xénero en que reflectiu a súa visión angustiosa da vida, as súas obsesións e perplexidades, servíndose dos personaxes para explotar a realidade e a alma humanas. Destacan as novelas Paz en la guerra (1897), Amor y pedagogía (1902), Niebla (1914), Abel Sánchez (1917), Tres novelas ejemplares (1920), La tía Tula (1921) e San Manuel Bueno, mártir (1931), ademais do ensaio Vida de Don Quijote y Sancho (1905), os poemarios, en que expresou o seu talante angustioso, paradoxal e variable, Rosario de sonetos líricos (1911), El Cristo de Velázquez (1920), Romancero del desierto (1928) ou Cancionero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Membro de Nova Escola Galega e do consello de redacción da Revista galega de educación, é director da revista Golfiño e autor de diversos manuais sobre literatura e filosofía, ademais de traballos sobre a LOXSE. Da súa obra narrativa destaca Proxecto Pomba Dourada (1987), centrada nun futuro hipotético, e onde cobran forza a ciencia fición, a intriga e o humor, cun estilo próximo ao das novelas de aventuras, e a   colección de contos O gato Bógar (1989), A malvada María Xosé (1989), onde analiza o mundo das bandas xuvenís, A cor do elefante e outros contos (1994), Anxos en tempos de chuvia (1997) e A primeira máquina de fotos (1998). No apartado de narrativa para adultos destaca o conxunto de relatos breves Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos (1993), en que retrata a xeración que viviu directamente a época da Transición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, debuxante e escritor. Xefe de prensa e de protocolo do Concello de Vigo, cronista oficial da cidade olívica e director do Museo Municipal Quiñones de León e do Arquivo Municipal. Colaborador de El Pueblo Gallego, neste xornal asinou artigos e viñetas protagonizadas por Gorecho, co pseudónimo de Lalo. Publicou os libros de poemas O noso pai (1982) e Vigo, personaxes e paisaxes (1998); un de efemérides, Vigo camp (1985), e outros relacionados con temas históricos, como Los tesoros de la Ría de Vigo (1985), Retrincos da historia de Vigo (1987) e As rúas de Vigo (1989), ademais da novela A da alba sería (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vigo 1956) Ceramista. Graduado en artes aplicadas pola Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela (1980), ampliou estudos, entre outros, no Euro­pean Ceramics Work Centre de Holanda. Profesor de cerámica en divesos centros, no seu traballo emprega principalmente a terra combinada con outros materiais como o cristal, o metal, a madeira ou o formigón. As súas obras, aínda que deixen ver un mundo abstracto, están en relación directa coa realidade. Destacan Comulga si puedes (1989-1990), Cuadernavia (1993), Nomancontro (1995-1997) e, desde 1999, a serie Viricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e deseñador gráfico. Realizou ilustracións para a revista viguesa Tintimán (Premio Medios de Comunicación da RNE-Galicia) e para o Diario de Galicia. Diagramador editorial de Edicións Xerais de Galicia, ilustrou os libros Proyecto Pomba Dourada (1987) e Contos por palabras (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e profesor. Publicou, entre outras obras, El Recreo Artístico Guardés 1890-1939. Los 50 primeros años (1997), Sindicalismo no Baixo Miño (1930-1936). O predominio do agrarismo tomiñés (2002) e La presidencia del indiano puertorriqueño, Manuel Lomba Peña (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Barco de Valdeorras. Pertenceu a un antigo mosteiro da orde de San Xoán de Xerusalén. Construída en estilo románico (ss XII-XIII), ten unha soa nave con ábsida semicircular. O tramo recto cóbrese con bóveda de medio canón e o curvo con cuarto de esfera, e a nave ten cuberta a dúas augas con artesoado de madeira. Na fachada destacan as cruces de Malta e os escudos da orde militar labrados na pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Asistiu a clases de debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Recibiu a influencia do cubismo. Bo debuxante, as súas obras reflectiron o xogo de luces e reflexos cunha gama variada de cores. Destaca nos temas mariñeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO