"atü" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 368.

  • Liñaxe galega que trae como armas, en campo de azul, sete torres, de ouro, tres en cada lado, e unha no centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cnidarios antozoos, da orde dos pennatuláceos, con forma de pluma, cun talo central con láminas laterais en que se sitúan os pólipos, formando colonias flexibles. Viven no Mediterráneo e no Atlántico, a profundidades de ata 700 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pennatuláceos.

    2. Individuo da orde dos pennatuláceos.

    3. Orde de cnidarios, da clase dos antozoos, que se caracterizan pola formación de colonias non fixas, en forma de pedúnculo contráctil, que lle permite, eventualmente, certa mobilidade. Habitan nos fondos lamacentos do Mediterráneo e nas costas tropicais americanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán activo da illa de Luzón, Filipinas, que acada unha altitude de 1.600 m. As súas continuas erupcións produciron alteracións no clima, á vez que parou o aumento progresivo de temperaturas dos anos anteriores. O contido de ácido clorhídrico provocou un grave deterioro da capa de ozono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de planificación que ten como finalidade a adecuación da xestión dos recursos naturais e, en especial, a dos espazos naturais e das especies que se queren protexer, aos principios de mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, de preservación da diversidade xénetica, da utilización ordenada dos recursos e da preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais e da paisaxe. As directrices fixan limitacións de usos nos espazos e establecen normas de uso racional para a conservación, restauración e mellora dos recursos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en formar pregaduras na parede dun órgano co obxectivo de reducir o seu volume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de aire ou gases nos ouriños a causa de fermentacións amoniacais na vexiga ou de fístulas recto-vesicais ou vaxino-vesicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas perennes, da familia das liliáceas, ao que pertence a soldaconsolda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade e oficio do prelado.

    2. Organización de presbíteros, ou de presbíteros e laicos, que se rexe polos estatutos dados pola Santa Sé. O seu goberno confíaselle a un prelado como ordinario propio, para unha mellor distribución de presbíteros ou para levar a cabo obras peculiares misionais ou pastorais. Creación do novo dereito canónico, a primeira prelatura persoal erixida foi a do Opus Dei en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de prematuro.

    2. precocidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se fai ou acontece antes de tempo.

    2. Aplícase ao feto e ao meniño que naceu antes de que o embarazo chegase a termo, pero viable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario convocado e concedido anualmente polo Ministerio de Educación co obxecto de recoñecer o labor daqueles escritores destacados no campo da literatura infantil e xuvenil. Creado en 1978, con este premio preténdese estimular a produción literaria de calidade que poida axudar a fomentar os hábitos de lectura entre rapaces. A primeira gañadora foi Montserrat Amo, con El Nudo (1978). Os autores galegos galardoados foron Paco Martín, con Das cousas de Ramón Lamote (1986), Xabier Docampo, con Cando petan na porta pola noite (1995), e Fina Casalderrey, con O misterio dos fillos de Lúa (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que permanece fóra do que é natural ou conforme ao curso natural das cousas, sen ser realmente sobrenatural.

    2. Aplícase aos dons outorgados por Deus ao home no seu estado orixinal, que perdeu por causa do pecado e, a diferenza dos dons sobrenaturais, non volveu recuperar a pesar da redención. Entre estes destacan a inmortalidade, a ausencia de sufrimento e o dominio das paixóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Andhra Pradesh, India, situada ao O de Nellore (133.860 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade pictórica que se fundamenta no dominio das técnicas da perspectiva e na habilidade manual. Foi propia de artistas menores, xeralmente emilianos e venecianos, vinculados cos ámbitos da escenografía teatral e expertos no xénero de cabalete, en vistas con ruínas antigas. Obtivo gran difusión nas igrexas e sobre todo en palacios entre os s XVI e XVIII, porque lembraba o gusto manierista de superar os límites arquitectónicos reais dun xeito ilusionista e fantasioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de ratos ou doutros animais similares, que furan a terra e comen os froitos das leiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid por Real Decreto de 25 de febreiro de 1847 que ten como obxectivo promover o estudo e o progreso das ciencias, así como normalizar e establecer os criterios a seguir en investigación científica, coa creación de dicionarios técnicos, diversas publicacións e cursos. Ten a súa orixe na Academia Naturae Curiosorum (1657) de Madrid, que foi substituída en 1834 pola Academia de Ciencias Naturales, que se suprimiu coa creación desta real academia. Desde 2001 está composta por 54 membros numerarios, 90 correspondentes nacionais e académicos supernumerarios e correspondentes estranxeiros. Organízase nas seccións de Exactas, Físicas y Químicas e Naturales. Está incorporada ao Instituto de España. Publica a Revista de la Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, creada en 1850 co título Revista de los progresos de las Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, e, desde 2001 a Serie A Matemáticas de la RACSAM, que recolle as contribucións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede ecolóxica europea constituída a partir dos lugares declarados como zonas de especial conservación (ZEC) e zonas de especial conservación para as aves silvestres (ZEPAs). Xurdiu a partir da Directiva Hábitat coa intención de aplicar os criterios de sostemento ao mantemento e conservación do medio natural. Baséase no progresivo incremento de especies animais e vexetais en desaparición e de espazos naturais do territorio europeo en grave deterioro, causados polo progresivo abandono das actividades agrícolas tradicionais, a contaminación ou a destrución física pola súa urbanización ou industrialización. En Galicia está constituída por 14 ZEPAs e por 59 espazos incluídos na proposta de Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), dos que 55 están incluídos na lista de LICs da rexión bioxeográfica atlántica aprobada en 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo natural situado no centro oriental da Cordilleira Cantábrica asturiana, de 376,2 km2 de superficie, que foi declarado Parque Natural (1996) e Reserva de la Biosfera (2001). Presenta unha orografía de media e alta montaña caliza, formacións de orixe glaciaria e formas kársticas nas que predomina o bosque atlántico, pradarías e pastos e fauna característica do N peninsular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rostratúlidos.

    2. Ave da familia dos rostratúlidos.

    3. Familia de aves, da orde dos caradriformes, formada por especies cun bico de tamaño medio co ápice curvado cara a abaixo, e cuxos sexos presenta diferente plumaxe. Habitan en Asia, África, Australia e América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO