"cc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 617.
-
-
-
Evacuación das materias fecais.
-
Conxunto de materias fecais evacuadas.
-
-
Conxunto de materiais rochosos acumulados pola acción dos axentes da erosión (correntes fluviais, ventos, etc) ou da tectónica, tales como os produtos volcánicos. Os torrentes adoitan formar acumulacións de forma cónica coñecidas co nome de cono de dexección. As dexeccións volcánicas engloban a lava, as bombas, os lapilli e as cinzas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de formación dun composto aromático por adición dun alqueno ou un alquino (dienófilo) nas posicións 1,4 dun dieno conxugado. Esta reacción coñécese grazas a O. Diels e K. Alder, e permite obter moitos compostos, incluso produtos naturais, posto que é moi estereoespecífica.
-
-
Fenómeno de interferencia múltiple, producido polo carácter ondulatorio da luz. Descuberto por Grimaldi en 1665, xa era coñecido por Newton e Huygens, que non lle souberon dar a interpretación correcta. Consiste, esencialmente, en pequenas desviacións da propagación rectilínea da luz ao encontrarse con obstáculos e orificios, feito que produce alternativamente unha serie de sombras e de zonas de luz, que dependen das características xeométricas do orificio ou obstáculo e da lonxitude da onda da luz. A explicación deste fenómeno baséase no principio de Huygens-Fresnel. A difracción limita o poder de resolución dos instrumentos ópticos. Os fenómenos de difracción non só se producen na luz, senón en calquera clase de ondas.
-
Proceso no que os electróns se difractan pola acción de átomos ou moléculas. Observouno por primeira vez G. P. Thomson en 1927, ao facer pasar un feixe de electróns no baleiro a través dunha fina lámina de ouro sobre unha placa fotográfica. Emprégase para medir lonxitudes e ángulos de enlace de moléculas en gases.
-
Proceso polo que os neutróns se difractan pola acción de átomos de sólidos, líquidos ou gases. Deu lugar a unha técnica, análoga á difracción de raios X, que emprega un fluxo de neutróns térmicos dun reactor nuclear para estudar fenómenos de estado sólido.
-
Fenómeno de dispersión dos raios X pola materia que vai acompañada de variación na súa intensidade, segundo a dirección, a causa dos efectos de interferencia. A difracción dos raios X é un método rápido na determinación da estrutura atómica da materia. Os métodos de difracción de raios X están baseados no feito de que as súas lonxitudes de onda están arredor de 1 Å, similar aos das dimensións atómicas. Algunhas das súas aplicacións son o diferenciamento entre substancias amorfas e cristalinas, a determinación da estrutura de materias cristalinas e a medida de imperfeccións de cristais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aprecio ou cariño profundo.
-
-
-
Acción e efecto de dirixir.
-
Consellos e ensinanzas coas que se encamiña a alguén na realización dun traballo ou nunha actuación.
-
Arte e técnica de realización das diferentes partes dunha película. A dirección cinematográfica ten dúas funcións principais: a dirección de produción, que se encarga de todos os aspectos económicos da película, e a dirección artística, que se ocupa doutros temas, como a adaptación do guión, o control da fotografía, a dirección dos actores ou a montaxe da película.
-
dirección de escena
Actividade artística que ten como finalidade a creación e a construción dun espectáculo teatral a partir dun proceso de escenificación no que interveñen diversas disciplinas como a dramaturxia, a interpretación, o deseño teatral, e que en moitas ocasións se inicia a partir dun texto dramático. A dirección de escena sempre pestivo resente na historia do teatro, pero a partir dos traballos de Richard Wargner a prol dun teatro total e das experiencias dos teatros libres e dos teatros de arte, promovidos por André Antoine e Konstantin Stanislavski, a dirección de escena comezou a concibirse como unha escritura escénica na que, partindo dunha partitura literaria, o director de escena constrúe outra escénica utilizando diversas linguaxes, axentes e elementos.
-
dirección empresarial
Filosofía empresarial moderna que define a función do director e as súas intervencións co persoal, co obxecto de optimizar os resultados de convivencia e eficacia. É un proceso que busca a adaptabilidade da empresa ao momento histórico-social e político, e tamén ao marco legal vixente, controlando os riscos de cambio, co propósito de obter os mellores resultados das opcións que ofrece o mercado.
-
dirección espiritual
Guía nos asuntos relacionados co espírito. Froito dunha esixencia relixiosa, é unha práctica común a todas as formas de relixiosidade. No cristianismo, limitada nun principio ao ámbito monacal, estendeuse a toda a vida da Igrexa. Pódese exercer a través do trato persoal ou por escrito, en forma de cartas ou tratados. Entre estes últimos, na Península Ibérica destacan o Libellus de Institutione Virginum (s IV), de Leandro de Sevilla; os Confesionalia medievais, substituídos máis tarde pola Devotio Moderna; o Exercitatori, de García de Cisneros, e os Exercicios Espirituais de santo Ignacio de Loiola. Entre os ss XVI e XVIII publicáronse diversas obras tituladas Camiños Espirituais, Directorios Espirituais e Regras dos Directores. As ordes relixiosas insisten na importancia da dirección espiritual, feito que orixinou o xurdimento de diversas escolas de espiritualidade.
-
dirección orquestral
Arte e técnica de dirixir un conxunto instrumental ou vogal na execución dunha obra musical. O crecemento orquestral do s XIX esixiu un director especializado que interviñese cada vez máis na interpretación da obra musical. Neste mesmo século destacan na dirección, entre outros, Hans von Bülow e Hans Richter, e xa no s XX, Arturo Toscanini, Leopold Stokowski, Gustav Mahler, Bruno Walter, Otto Klemperer, Wilhelm Furtwängler, Ernest Ansermet, Herman Scherchen, Herbert von Karajan, Sergui Celibidache, George Böhm, George Solti, Pierre Boulez, Leonard Bernstein, Claudio Abbado, Helmuth Rilling, Maximino Zumalave, Odón Alonso, Enrique García Asensio e Antoni Ros Marbà.
-
-
-
Cargo de director dunha empresa ou nunha administración.
-
...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á dirección.
-
Aplícase ás antenas que emiten ou reciben radiacións só nunha dirección ou nun ángulo moi estreito ao redor desta dirección.
-
Aplícase aos aparatos que posúen unhas características determinadas de intensidade ou rendemento, nunha ou en diversas direccións.
-
-
Que está situada ou que actúa nunha única dirección.
-
micrófono direccional
Micrófono que ten unha resposta máis ou menos acentuada, dependendo da dirección que siga a onda acústica incidente.
-
altofalante direccional
Altofalante que emite o son con máis intensidade dependendo da dirección.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de direccional.
-
-
Acción de disecar un vexetal ou un cadáver para o seu estudio.
-
Incisión provocada polas augas de arroiada que divide unha superficie.
-
Análise profunda e moi minuciosa dalgunha cousa.
-
-
-
Acción de distraer ou distraerse.
-
Cousa que atrae a atención e que serve para distraer a alguén.
-
Termo acuñado por Paul Bremond para aludir a unha estratexia característica da lóxica narrativa, segundo a cal o axente dun relato pode non levar a cabo a acción que se lle encomenda, ben porque se distrae ou ben porque recibe unha información que o afasta da súa intención inicial de xeito que muda o desenvolvemento dos acontecementos da trama.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario de carácter científico e literario editado en Pontevedra a partir do 15 de maio de 1847. Subtitulado “Periódico de Ciencias y Literatura”, cesou en novembro dese mesmo ano. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos Hijos de Vila y Cía e, posteriormente, nos talleres de Francisco A. Ruiz. Os seus redactores foron Miguel Rúa, Xosé Ramón Franco e Antolín Esperón, e contou coa colaboración de Martínez Padín, Xosé Domínguez Izquierdo, Xosé Puente Brañas e Xosé Mª Posada, entre outros. Dividiuse nas seccións “Ciencias Naturales”, “Literatura”, “Noticias”, “Precios de mercado” e “Anuncios”. Probablemente tivo unha segunda época de edición a partir de 1852.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manufactura de cerámica fundada en 1735 polo marqués Carlo Ginori na vila de Doccia (Toscana). Dirixida polo seu fundador ata 1757, caracterizouse polo emprego, entre outros motivos decorativos, do tulipán, dos ramos de flores e do galo. A partir de 1758 empregou un novo verniz, a pasta bastarda, que permitiu tapar a cor gris da pasta de porcelana. O s XIX comezou baixo a influencia francesa ata que, cara ao 1816, comezou a empregarse un método de cocción denominado á italiana, que consistiu no emprego dun forno de grandes dimensións que permitía a elaboración de diversas porcelanas ao mesmo tempo. Comezou tamén o marcado das pezas e a expansión internacional mediante a participación nas exposicións universais. A fábrica pertenceu á familia Ginori ata que en 1896 Carlo Benedetto Ginori cedeulla ao ceramista milanés Augusto Richard, que formou a Societá Ceramica Richard-Ginori. En 1949 a fábrica trasladouse a Sesto Florentino, onde se creou o Museo di Doccia en 1965, data na que se incorporou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de serras que atravesan en dirección practicamente meridiana (NNL-SSO) o centro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. De N a S, dende a punta de Estaca de Bares ata o Faro de Avión, sucédense a serra da Coriscada, a serra da Faladoira, a serra da Loba, o cordal de Montouto, a serra da Cova da Serpe, a serra do Careón, a serra do Farelo, a serra do Faro, os montes do Testeiro, a serra do Suído e a serra do Faro de Avión. Erguidas sobre materiais predominantemente precámbricos e paleozoicos, intensamente afectados polo dobramento herciniano, as máximas altitudes rexístranse no sector meridional cos 1.187 m do monte Faro, na serra homónima, e os 1.154 m do Faro de Avión.
-
PERSOEIRO
Científico italiano. Estudiou medicina na Universidade de Turín, onde se doutorou en 1936. Realizou o seu labor de investigación no California Institute of Technology (1949), no Salk Institute (1962) e no Imperial Cancer Research Fund (1972). En 1975 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, xunto cos seus discípulos H. Temin e D. Baltimore, polos seus traballos sobre a xenética dos virus animais e dos virus oncóxenos.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río do NO de Rusia, próximo á chaira de Valdaj, de 1.200 km de lonxitude. Pasa por Vitebsk, Polock, Daugavpils e desemboca no Mar Báltico, no golfo de Riga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. Foi discípulo de Roland de Lassus. Deixou escritas cancións a catro e cinco voces e a obra Geistliche Lieder auf den Choral (1597).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual editada na Coruña a partir de 1958 co subtítulo “Congregación de Hijas de María del Colegio de Siervas de S. José. Boletín de información”. Desapareceu probablemente en 1964. De tendencia católico-conservadora, pretendía ofrecer consellos ás súas lectoras.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Representación pictórica ou escultórica de Xesucristo atado a unha columna e cunha coroa de espiñas igual ca cando Pilato o presentou perante o pobo dicindo ecce homo (‘velaquí o home’), segundo a versión latina do Evanxeo de san Xoán. Dende finais do gótico, representouse xunto ao busto da Dolorosa. Entre outras representacións destacan as de Van der Weiden, o Bosco, Caravaggio, Correggio, Dürer, Pedro de Mena, Murillo,Tiziano, Rubens e Ribera.
-
Persoa que ten un aspecto lacerado e magoado. OBS: Úsase, normalmente, en construcións comparativas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección da pel, aguda ou crónica e de carácter inflamatorio, que se caracteriza pola aparición de manchas vermellas, ampolas, carapolas e picor. Presenta diversidade de causas, tanto endóxenas como esóxenas. O eccema consta dunha fase de formación dunha vesícula primordial que normalmente dexenera nunha acantose e nunha paraqueratose, ata acadar un estado final denominado liquenización, que comprende o engrosamento de todas as capas da epiderme. Na derme prodúcese unha dilatación vascular que pode dar lugar á tortuosidade dos vasos e a unha infiltración, xeralmente de linfocitos. Entre as formas máis importantes distínguese, no tipo endóxeno, o eccema atópico ou constitucional, que presenta antecedentes familiares de afeccións asmáticas ou de eccema, o eccema seborreico e a pitiriase. Dentro do tipo esóxeno destaca o eccema de contacto producido por alérxenos. Os eccemas poden evolucionar a brotes, con remisións máis ou menos repetidas ao longo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformación en eccema.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao eccema.