"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade nacida na vila de Vilalba en 1934. Foi presidida por Sebastián Martínez Risco, escritor galego e presidente da Real Academia Galega. Esta institución desenvolvía unha serie de actividades vencelladas á cultura tales como a organización de conferencias -coa participación de Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Noriega Varela e Demetrio Méndez Curiel, entre outros-, xunto con concertos e recitais musicais, representacións teatrais, -alí estreouse a obra El poder de la conduta de Martínez Risco-, e bolsas de estudios para o Instituto Manuel Murguía da mesma localidade. Desapareceu no ano 1936.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada en México no ano 1962, divulgadora da cultura e lingua galegas nese país. Colaborou coa Universidade de México e produciu unha serie de programas de información cultural en Radio Metropolitana e Radio Universidad. Publicou tamén a revista Compostela. Nesta institución participaron numerosos intelectuais e políticos da sociedade mexicana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada no ano 1971 e presidida por Manuel Cabaleiro Goás. Entre as súas actividades destacou a organización de conferencias coa participación de González Seara, Aranguren, Camilo José Cela, Tierno Galván, Blanco Amor, Alonso Montero e Ramón Valenzuela. En 1974 organizouse unha homenaxe á figura de Castelao coa edición dun exemplar antolóxico da súa obra e unha exposición de pintura e escultura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada o 25 de abril de 1965 cunha finalidade cultural. Organizou ciclos de conferencias coa participación de Xosé M. Beiras, Álvaro Cunqueiro, Torrente Ballester, etc. Xunto a estas, numerosas exposicións de pintura e escultura con obras de Conde Corbal, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano e Manolo Caballero, entre outros. Ao longo dos anos homenaxeou as figuras de Valle-Inclán, Miguel Hernández e o musicólogo Agustín Isorna Ríos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada polo Emperador Adriano cara ao 135 d C, cerca do foru, para a promoción das letras. Era o lugar de reunión de poetas e oradores, onde se realizaban cursos de Retórica, Xurisprudencia, Gramática e Filosofía. Denominada despois Escola Romana continuou o seu labor ata o s V.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada no 1879 baixo a presidencia de Manuel Estrada y Madán. Exerceu a súa actividade ao longo de diferentes fases ata 1936 (1879-1880, 1903-1917, 1931-1936) e, de forma continua, desde 1976. Esta institución presidida por Eliseo Zaera Ríos, desenvolveu diversas actividades culturais e lúdicas na cidade de Ferrol e na súa comarca. Organizou exposicións de artes plásticas, ciclos de cine e vídeo, conferencias, cursos de galego, solfexo, pintura, teatro ou encadernación. Entre os certames anuais destacan: Eidos, Feitura, Xoves Teatrais e o concurso de gaita galega Constantino Bellón, de ámbito internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada a finais do século XIX na cidade de Santiago. Foi presidida por Luís Rodríguez Seoane. Nela organizáronse conferencias coa participación de Alfredo Brañas e Vázquez de Mella. Publicou tamén a obra Os meus votos de Aurelio Ribalta.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación trisemanal aparecida o 3 de agosto de 1859 na Coruña e subtitulada “Periódico de intereses materiales, ciencias, artes y literatura”. Cesou o 11 de decembro dese mesmo ano. Editada por Domingo López, contiña as seccións: “Editoriales o Discursos”, “Crónica General”, “Crónica del país y de la capital”, “Sección satítica, literaria y mercantil” e “Anuncios”. A súa finalidade era informar sobre os últimos descubrimentos nos campos das ciencias, artes e letras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Creada en 1933, posteriormente incorporouse á FETE (Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza) cando xa o proceso republicano estaba moi avanzado. O seu crecemento foi moi rápido e en 1935 xa contaba con 250 afiliados presididos por Luís Soto Fernández. Algúns dos seus membros foron: Luís Soto, Baltasar Vázquez (director de Escuela del Trabajo, órgano de expresión da ATEO), Rafael Alonso, Fernández Mazas, Adolfo Ansias, Heriberto López Bello, Ignacio Herrero, Eligio Núñez, etc. Moitos deles colaboraron ademais noutros medios escritos, entre eles La República. Nun principio a ATEO caracterizouse pola mestura de correntes galeguistas e de esquerda republicana, pero despois definiuse pola súa pluralidade. Constituíuse como un dos foros onde se debatían novos modelos educativos procurando a renovación pedagóxica, entendida esta como coñecemento científico, obxectivo e neutral. Este movemento renovador serviu de plataforma a diferentes concepcións da sociedade e da...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual editada pola “Asociación de Trabajadores de la Enseñanza” de Ourense, pertencente á UGT. Apareceu en xaneiro de 1936, substituíndo ao anterior voceiro da Asociación, Escuela del Trabajo, co que compartiu liña ideolóxica e colaboradores.
-
-
Relativo ou pertencente ao ateísmo.
-
Persoa que non cre en Deus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de xeografía lingüística destinada a rexistrar o léxico dos mariñeiros e dos pescadores do Mediterráneo, e no que se estudia a súa difusión e influencias mutuas. Iniciada por Marko Deanovic, diríxea dende Venecia G. Folena e dende Catalunya B. Moll.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei de Micenas, cabeza da liñaxe dos atridas, pai de Agamemnon, Menelao e Plístenes. Os seus atroces delitos orixinaron o destino aciago dos atridas, familia sobre a que pesaba a maldición de Tántalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado por Heinrich Schliemann a unha tumba do período micénico atopada na área da acrópole de Micenas. A tumba, tipoloxicamente un tholos, consta dun longo pasadizo recto semisoterrado que conduce a unha gran sala circular cuberta cunha falsa bóveda. De xeito acobadado, cara á dereita segundo se penetra na anterior, ábrese outra sala menor e cuadrangular, posiblemente onde se efectuou a deposición do cadáver ou dos cadáveres. Non está demostrado que, en efecto, a tumba sexa a de Atreo.
-
PERSOEIRO
Matemático e físico. En 1784 inventou a chamada máquina de Atwood; estudiou o péndulo dos reloxos e a estabilidade dos corpos flotantes. Escribiu Treatise on the Rectilinean Motion and Rotation of Bodies (1784).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta occitano. En 1861 publicou La miougrano entreduberto, colección de poemas breves, impregnados de sentimento romántico, onde intenta unificar o estilo da literatura provenzal antiga co sentido popular e realista da literatura occitana renacente. En 1885 tirou do prelo o libro de poemas Li fiho d’Avignoun, dun sentimentalismo exaltado. Tamén é autor de Lou rèire-soulèu (1889) e dos dramas Lou pan dòu pecat (1878) e Lou raubatori (1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Literato francés. Educado dentro da igrexa reformada, da que foi acérrimo defensor, é autor de Les tragiques (Os tráxicos, 1616), extenso poema político-relixioso no que consegue momentos de verdadeira grandeza. Ademais, escribiu numerosos escritos anticatólicos e propagandísticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico austríaco da escola vienesa. Introduciu a percusión como método de exploración clínica, sistema que describiu na obra Inventum novum (Invento novo, 1761).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que é de ouro.
-
Que é dunha cor semellante ao ouro.
-
Que resulta precioso, excelentísimo, de carácter óptimo.
-
Moeda de ouro romana chamada en latín aureus. Os primeiros áureos apareceron a finais da República, nos tempos de Sila, pero non se cuñaron ata a época de César. Equivalía a vinte e cinco denarios. Os seus múltiplos eran o binius ou binio (de duplo valor), o ternius ou ternio (triplo) e o quaternius ou cuaternio (cuadruplo); a partir do s III apareceron o quinarius ou quinario (quíntuplo valor) e o triens/tremis ou triente (tercio). Durante a época imperial a crise económica obrigou a ir reducindo o peso de todas as moedas. Dende mediados do s III o áureo converteuse nun lingote de ouro cun selo oficial que garantía a súa lei. Coa reforma monetaria de Constantino tomou o nome de solidus aureus (sólido áureo) ou simplemente solidus (sólido).
-
Número dado pola expresión (1.+*5)/2, que equivale aproximadamente a 1,618 e que corresponde a unha proporción considerada particularmente estética. Tamén se coñece como número de ouro.
-
Número de orde do ano civil gregoriano, considerado dentro do ciclo lunar ou ciclo de Metón (de 19 anos de duración). Como ao primeiro ano da nosa era lle corresponde o 2 como número áureo, para obter o número áureo de calquera ano civil gregoriano haberá que aumentar unha unidade ao número do ano e dividilo entre 19.
-
-
-
Contorno luminoso ou dourado que rodea a cabeza das imaxes esculpidas ou pintadas para resaltar toda a súa figura, especialmente das imaxes sagradas na iconografía cristiá (Xesucristo, a Virxe, os santos, etc). Pode estar formada por raios de luz, nubes ou, simplemente, ornamentos abstractos. Adoita diferentes formas: circular, oval, elíptica ou de punta de améndoa (améndoa mística).
-
-
Coroa que rodea a Lúa nos eclipses solares.
-
Anel luminoso de cor branca azulada e difusa, que aparece ás veces arredor do Sol, da Lúa ou doutros astros.
-
-
Círculo luminoso que envolve un obxecto.
-
Gloria, prestixio ou opinión favorable que se ten dunha persoa polos seus méritos ou virtudes.
-
Luz azulada que aparece arredor das lámpadas cando o aire da mina contén grisú.
-
Fenómeno óptico en forma de contorno anular, de luminosidade e de coloración difusas, que aparece ás veces envolvendo os obxectos que se observan a través dun sistema óptico.
-
Zona de contacto, tamén chamada auréola metamórfica, entre unha masa intrusiva e as rochas que a encaixan. Débese á temperatura elevada do magma e aos vapores mineralizantes que este contén.
-