"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Organismo público español creado en 1981 para coordinar a actividade do sector público nos campos do petróleo e do gas. En 1987 dividiuse en dous grandes grupos: Repsol e Enagas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público español creado en 1941 para financiar e impulsar a creación de industrias, en especial as dedicadas á defensa e desenvolvemento autárquico do país. En 1968 pasou a depender do Ministerio de Industria. Participaba principalmente nos sectores siderúrxico (ENSIDESA), da construción naval (ASTANO, Astilleros Españoles), da minería, do transporte aéreo (Iberia Líneas Aéreas de España SA, Aviaco) e do aluminio e, en menor medida, en moitos outros sectores e na creación de empresas no exterior. Durante a década de 1970 proseguiu unha política subsidiaria respecto á industria privada, especialmente coa absorción de empresas en dificultades (SEAT, ENASA, Construciones Aeronaúticas SA) e o investimento en infraestrutura básica enerxética (ENDESA, ENHER, Butano SA) e industrial (EN de Fertilizantes SA, EN de Celulosa SA). En 1981 segregáronse as empresas do sector enerxético petroleiro (Empetrol, Hispanoil, ENAGAS, Butano SA) que foron transferidas ao Instituto Nacional de Hidrocarburos....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público do Estado español, dependente do Ministerio de Agricultura, creado en 1971 en substitución do Patrimonio Forestal do Estado, do Servicio Nacional de Pesca Fluvial e Caza, e dos Distritos Forestais. Desapareceu en 1995 por Real Decreto. As súas funcións, e máis as do IRYDA (Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario), son asumidas polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais, que realiza a xestión dos montes, terreos e bens patrimoniais de propiedade estatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade creada en 1978 baixo a tutela do Ministerio de Sanidade e Seguridade Social, en substitución do Instituto Nacional de Previsión. Encargada da xestión e administración dos servicios sanitarios da Seguridad Social en España, en Galicia as súas competencias fóronlle transferidas á Xunta de Galicia, que creou o Servicio Galego de Saúde (SERGAS) en 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade creada en 1978 baixo a tutela do Ministerio de Sanidade e Seguridade Social ao desaparecer o antigo Instituto Nacional de Previsión. Encárgase da xestión e administración das prestacións económicas da seguridade social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1982 polo Ministerio de Cultura coa finalidade de canalizar e desenvolver a súa política en relación coa música, a danza, a ópera, o teatro e outras manifestacións culturais e escénicas. Amais da promoción, a creación e a distribución de produtos propios das artes escénicas e da música, o INAEM conta con diversos organismos, como o Teatro Lírico Nacional, o Centro Dramático Nacional, a Compañía Nacional de Teatro Clásico, o Centro de Documentación Teatral, o Centro de Documentación de la Música y de la Danza, a Compañía Nacional de Danza, o Ballet Nacional de España, o Teatro de la Zarzuela, a Orquesta Nacional de España, a Joven Orquesta Nacional ou o Museo del Teatro. A estrutura do INAEM conta cun presidente e dúas subdireccións xerais, a de música e danza e a de teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade autónoma de dereito público encargada da xestión da seguridade social en España, creada en 1908 con carácter de voluntariedade. A partir de 1918 iniciou o proceso de regulación obrigatoria dos aseguramentos laborais. En 1963 foi reorganizado o réxime de seguridade social e outorgóuselle exclusividade de actuación ao INP, o que significaba o traspaso da xestión privada dos aseguramentos ás mutualidades laborais, creadas en 1941. Foi eliminado en 1978, ao crearse o Instituto Nacional de la Seguridad Social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1971 que englobaba os organismos do Ministerio de Agricultura encargados da problemática das estruturas agrarias, especialmente o Instituto Nacional de Colonización e o Servicio Nacional de Concentración Parcelaria y Ordenación Rural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade do Estado español creada en 1978 baixo a tutela do Ministerio de Sanidade e   Seguridade Social ao desaparecer o antigo Instituto Nacional de Previsión. Ocúpase da xestión das prestacións complementarias da Seguridad Social, é dicir, da asistencia social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro estatal español, con carácter científico e técnico, creado en 1942 e dedicado a tarefas de estudio, desenvolvemento, inspección e normalización en temas aerospaciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo público do Estado español fundado en 1935 en substitución das Cámaras Oficiais do Libro de Madrid e Barcelona. Refundouse trala Guerra Civil (1941) coa denominación definitiva. Controlaba a circulación comercial do libro en España, o cumprimento das leis, a publicación das recompilacións bibliográficas e a organización de feiras e congresos. Desapareceu o 21 de marzo de 1986.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de instruír ou instruírse.

    2. Coñecementos que alguén adquiriu.

    3. Instrución que se dá para o manexo ou a execución de algo.

      1. Conxunto de exercicios prácticos que executan as unidades militares.

      2. instrucción militar

        Instrución esixida a todos os individuos do exército, destinada a capacitalos para as misións que se lles poidan confiar.

    4. Cadea de caracteres que, en linguaxes de programación e en relación a un conxunto determinado de operacións, especifica parcialmente ou completamente unha operación. Normalmente a instrución motiva que o proceso especificado se execute.

    5. Actividade investigadora levada a cabo por un xuíz instrutor, preparatoria do xuízo penal, na que se recompilan os elementos (declaracións, probas materiais, informes periciais, etc) de interese para o proceso.

    6. Instrución por conta do Estado que se refire á educación dos nenos e dos mozos, efectuada a través de organismos encargados de subministrala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación quincenal editada en Ourense a partir do 1 de xuño de 1880, que   cesou a súa edición aos poucos números. Subtitulouse “Revista dedicada a la defensa de la Enseñanza y del Magisterio”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Propaganda Gallega. Dirixida por Aureliano Ares de Parga, foi unha publicación, de carácter educativo, pioneira en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de distribuír o material sonoro entre os diferentes instrumentos que a teñen que interpretar, de acordo coa capacidade de cada un para reproducir a idea musical do autor. L. H. Berlioz foi o autor do primeiro tratado moderno de instrumentación (1842-1843).

    2. Rama da enxeñería que estudia a construción e utilización de instrumentos, ou sistemas de instrumentos, especialmente instrumentos de medida, para detectar, observar, medir, analizar, comprobar, calibrar, controlar e regular fenómenos físicos e para rexistrar, procesar e comunicar os datos correspondentes a estes fenómenos. A importancia da instrumentación dentro da ciencia e da tecnoloxía debe relacionarse coa importancia da medida no método científico. No s XIX moitos dos fenómenos e das magnitudes dos que se ocupaba a instrumentación eran descoñecidos ou mal entendidos. O tempo era medido de maneira rudimentaria con clepsidras e reloxos de area ata que as observacións de Galileo sobre o péndulo propuxeron o uso de sistemas resoantes nos que se contan ciclos. A óptica e a electrónica foron as ciencias que máis contribuíron á instrumentación. A óptica achegou o microscopio, o telescopio e o espectrómetro, que abriron novos camiños na astronomía e na bioloxía. A contribución da electrónica...

    3. Conxunto de instrumentos dunha aeronave que indican, en cada momento, o estado e a evolución do aparato. Divídense en tres grupos: os instrumentos de voo, que inclúen os indicadores de altitude, de velocidade respecto ao aire, do número de Mach, de velocidade vertical, de velocidade angular, altímetro e ciclómetro; os instrumentos de navegación, que definen a posición da aeronave respecto á terra e inclúen o compás xiroscópico e magnético e os xiroláser e indicadores dos sistemas de radionavegación; e os instrumentos do grupo dos propulsores, que indican os valores dos parámetros básicos de funcionamento dos motores dunha maneira independente para cada un deles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de instrumentalizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de insubordinar ou insubordinarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de insuflar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de insurxirse unha gornición, un pobo ou unha nación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á insurrección.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocar unha insurrección.

    2. Rebelarse contra alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO