"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
-
Relación matemática entre as variables de saída e as de entrada dun sistema ou servosistema que serve para expresar o comportamento do sistema. OBS: Tamén se denomina función de transferencia.
-
Inversa da opacidade dun corpo. OBS: Tamén se denomina factor de transmisión.
-
-
-
Transmisión do son que se forma nunha parte a través doutra.
-
Combinación da auscultación e a percusión que permite limitar dous órganos veciños.
-
-
-
Calidade de transparente.
-
diapositiva.
-
Procedemento técnico que permite rodar escenas de exteriores nun estudo cinematográfico, e que consiste en situar os actores entre unha pantalla especial, sobre a que se proxecta o escenario real, e a cámara.
-
Pincelada lixeira, xeralmente feita con verniz, que permite transparentar a textura do lenzo dunha pintura.
-
Calidade dun mercado, xeralmente expresada en termos relativos de prezo, en que a información sobre a evolución, a estrutura e o comportamento da oferta e da demanda, é completa e accesible a todos os que concorren nel.
-
-
-
Acción de transubstanciar.
-
Conversión de toda a substancia do pan no corpo de Xesús Cristo e de toda a substancia do viño no seu sangue, do que só quedan as aparencias ou accidentes do pan e viño eucarísticos. O termo, empregado xa no IV Concilio de Letrán (1215), fai referencia ao realismo peculiar da presenza persoal e física -pero non material- de Xesús Cristo na Eucaristía.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao trapecio.
-
Que ten forma de trapecio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Víctor F. Freixanes publicada en 1982 e gañadora do Premio Blanco Amor, o Premio da Crítica e o Premio de la Crítica Española. Trátase dunha obra de grande extensión, entre novela de aventuras e crónica histórica, provista dunha gran riqueza léxica e unha prosa moi elaborada. Ambientada nas cidades imaxinarias de Santiago e Vilanova de Alba, ao longo da obra reflíctese o continuo enfrontamento de elementos diversos, a terra e o mar, o poder e a loita pola liberdade, o ben e o mal ou a razón e os soños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisión de luz que ten lugar nalgunhas substancias sometidas a accións mecánicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tribunal eclesiástico colexiado, ordinario, con sede en Madrid, constituído principalmente para recibir as apelacións contra as sentenzas eclesiásticas pronunciadas en España. Tivo a súa orixe no Tribunal del Nuncio que,a instancia de Carlos V, o Papa Clemente VII concedeu a España en 1529 como tribunal de apelación onde, amodo de privilexio, puideran terminarse as causas españolas sen necesidade de acudir a Roma. Este tribunal reformouno Clemente XIV en 1771 mediante a constitución Administrandae iustitia zelus e concedeulle unha organización similar ao da Rota Romana, polo que a partir de entón se denominou Rota de la Nunciatura Apostólica ou Tribunal de la Rota de la Nunciatura Apostólica. No s XIX suspendeuse en 5 ocasións, a causa das persecucións políticas contra a igrexa española. Pío XI suprimiuno o 21 de xuño de 1932, debido ás circunstancias particularmente antieclesiais creadas durante a Segunda República. Pío XII restableceuno o 7 de abril de 1947 mediante o motu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tribunal que se reúne cada xoves de once a doce da mañá á porta da catedral de València a fin de analizar e resolver as diferenzas xurdidas entre os regadores da Horta valenciana, agás os beneficiados da laga de Montacada. Unha asemblea dos regadores de cada laga elixe un síndico, que vixía a repartición da auga e en tempos de seca distribúe a auga dispoñible. Oito síndicos forman o consello das lagas do Turia. O tribunal trata as denuncias das regas abusivas nun procedemento gratuíto, oral e sumarísimo, onde non participa o síndico da canle afectada. O catalán é a única lingua empregada no tribunal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tribunal con xurisdición en toda España creado en 1940 e suprimido en 1963, ao ser creado o Tribunal de Orden Público. Para erradicar tanto a masonaría como o comunismo, impuña penas durísimas de privación de liberdade e confiscaba os bens dos condenados.
-
ENTRADA LARGA
[TSXG] Órgano xurisdicional de máis alto grao dos existentes en Galicia, perante o que se esgotan, con algunhas excepcións, os preitos comezados no territorio da Comunidade Autónoma. O precedente remoto hai que atopalo na Audiencia do Reino de Galicia, institución xudicial e de goberno da Coroa de Castela, creada no s XVI e que perviviu ata o sistema xudicial xurdido da Constitución de Cádiz, malia que dalgún xeito perviviu na Audiencia Territorial que a sucedeu ata a creación do TSXG. Como tal o TSXG foi creado polo Estatuto de Autonomía de 1981, aínda que o atraso na aprobación da Lei Orgánica do Poder Xudicial impediu a súa constitución ata maio de 1989. Ten a súa sede na Coruña por mor da decisión adoptada en 1982 a través da Lei do Parlamento de Galicia que fixou en Santiago de Compostela a sede da Xunta e do Parlamento. O seu presidente é nomeado polo rei a proposta do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ). Estivo presidido por Xosé de Cora Rodríguez (1989-1990) e José Ramón Vázquez...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao tribuno ou ao tribunado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea de partidos e forzas de liberación de África, Asia e América Latina que se reuniron en La Habana entre o 3 e o 15 de xaneiro de 1966. Nela aprobáronse unha serie de resolucións que condenaban e combatían o colonialismo, o neocolonialismo e o imperialismo. Finalmente foi creado un organismo permanente de solidariedade tricontinental.
-
GALICIA
Sacerdote e escritor. Formouse no Seminario Conciliar de Tui e ordenouse presbítero en 1954. Foi ecónomo de San Mateo de Oliveira (Ponteareas) e encargado de San Simón de Lira (Salvaterra de Miño). Colaborou nas revistas Pregón e Soberossum e no xornal A Peneira, todos de Ponteareas, así como na Revista de Estudios Provinciais da Deputación de Pontevedra. Publicou Os signos lapidarios nas terras de Galicia (1993), O verbo dos arginas de Avedra (1993) e Zanqueando cos cabaqueiros (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de trivalente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome inglés co que se designou, ata 1971, a Emiratos Árabes Unidos.
-
-
Calidade de truculento.
-
Acción ou feito truculento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa que abrangue os concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tumefacción.
-
-
Calidade de turbulento.
-
Turbación da orde pública.
-
Movemento desordenado das partículas dun fluído no que, en lugar de seguir traxectorias paralelas, coma no réxime laminar, describen traxectorias sinuosas e forman remuíños. A turbulencia é o movemento dos cursos da auga e dos fluídos dentro das canalizacións.
-
Movemento irregular do aire a causa de remuíños superpostos ao fluxo xeral. Este fenómeno é importante na capa da atmosfera en contacto co solo (capa límite); tamén ten lugar noutras partes da troposfera e produce os bandazos dos avións.
-