"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Impresor. Foi o encargado da Imprenta Católica ata o ano 1888, data na que se estableceu pola súa conta. En 1894 comprou a imprenta que fora propiedade de Soto Freire. Ocupouse da edición dos xornais A Monteira, La Idea Moderna, El Sui Generis, O Labrego e El Heraldo de Lugo. Editou libros relixiosos como Synodus Diocesana Lucensis (1891), Breve y compendiosa reseña del Santuario de Las Ermitas (1893), La Historia del Seminario de Lugo (1894), La crónica del II Congreso eucarístico español celebrado en Lugo (1896); obras literarias como No fiandón (1889), Brisas Gallegas (1890), Fugitivas (1891), Átomos (1892), Balsamiñas con unhas palabriñas del laureado poeta mindoniense A. Noriega Varela (1899); e obras de carácter político, como o Discurso pronunciado por Alfredo Brañas en Marzo de 1890 nun banquete rexionalista, traducido ao galego, e El regionalismo y la unidad nacional (1895), de Gayoso Arias. En 1891 reeditou El Quijote e en 1897 e 1899 varios textos do Padre Feijoo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Realizou estudios eclesiásticos e foi catedrático de Filosofía no seminario de Mondoñedo. Escribiu en galego múltiples composicións de carácter relixioso musicadas polo mestre de capela Xosé Pacheco (1784-1865), sobre todo varios vilancicos que se conservan manuscritos no Arquivo Musical da catedral de Mondoñedo. Da súa produción literaria en latín destaca a “Oda a la muerte de Luís XVI” e Phisica Tentamina (1798); e, en castelán, “En elogio de Don Andrés Gacio”. Das súas composicións en galego destaca a poesía “Noiteboa” e os vilancicos “Alegrádevos pastores” ou “Vinde axiña, compañeiros”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Publicou a maior parte da súa produción na Revista gallega (1898-1899), a miúdo baixo o pseudónimo de Vícaro. Destaca o seu poema “A sequía” (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou na catedral de Santiago de Compostela, entre outras obras, no dourado do retablo das reliquias vellas (1675), na pintura dos colaterais de Santiago Alfeo e María Salomé (1685), e nas imaxes do Apóstolo Santiago, san Pedro e san Paulo da capela das Ánimas. En 1688 pintou e dourou o retablo de san Miguel na igrexa parroquial de Vilagarcía de Arousa e, en 1691, traballou no retablo principal, nos colaterais e nos púlpitos da igrexa monacal de Santa María a Nova (Lugo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador e adestrador de fútbol. Como preparador da Sociedade Deportiva Compostela (1989-1995) conseguiu ascender o club de xeito consecutivo dende a terceira división á segunda B (tempada 1989-1990) e á segunda A (tempada 1990-1991). Logo de tres tempadas en segunda A (1991-1992, 1992-1993 e 1993-1994), acadou o ascenso á primeira división por vez primeira na historia do club santiagués e, ao remate da tempada seguinte (1994-1995), abandonou a S D Compostela, despois de rematar o Campionato de Liga nun posto de permanencia na máxima categoría. Na tempada 1995-1996 e 1996-1997 dirixiu o equipo de primeira división do Real Club Celta de Vigo. A seguir marchou a Portugal para adestrar, na tempada 1997-1998, o Sporting Braga, equipo de primeira división. Despois foi adestrador do Sevilla Club de Fútbol (1997-1998) e do Club Deportivo Tenerife (1999-2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Exerceu o seu labor profesional en El Buscapié, do que ademais foi redactor cando menos ata 1881. Dirixiu posteriormente El Eco de Galicia (1882-1898), onde contou coas colaboracións de Lorenzo Gómez Quintero e Ramón Iglesias Camino, ata que foi substituído por Emilio Tapia. Ao rematar este período emigrou a México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia, investigou a historia, a arte e os costumes da comarca de Valdeorras. Colaborador no Boletín de Estudios do Seminario Fontán-Sarmiento, publicou os libros Valdeorras, cultura y Vino (1991), A Rúa e Petín de Valdeorras (1991) e Viños de Valdeorras (1994). Membro do Instituto de Estudios Valdeorrenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso, escritor e político absolutista. Formouse en filosofía e teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, aínda que nunca chegou a rematar os seus estudios. En 1777 foi nomeado cura de Fruíme (Lousame) e, posteriormente, abade en Santiago de Compostela, aínda que sen autorización nin para confesar nin para dicir misa. Como político, durante a Guerra da Independencia, formou parte da Xunta de Defensa de Santiago. Por mor da súa postura contraria á soberanía da Xunta Suprema de Galicia, condenárono en xullo de 1808 a dous meses de arresto no convento de Herbón. En 1821 desterrárono a Canarias xunto con varios eclesiásticos e segrares que foran acusados de preparar unha conspiración absolutista contra o goberno constitucional. Colaborou asiduamente en xornais absolutistas como La Estafeta ou El Sensato. Entre as súas obras, publicadas postumamente, destacan Poesías de D. Antonio Francisco de Castro, cura párroco de San Martín de Fruíme, en el Arzobispado de Santiago...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gramático bergantiñán. Publicou Modo de hacer oraciones para el uso de los gramáticos (1696).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Ministro da Mariña en 1918, despois do asasinato de Sidónio Pais asumiu a presidencia da República (1918-1919). No seu mandato freou a insurrección monárquica dirixida por Cunha Leal e Álvaro de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Participou na fundación da Sociedade iniciadora e protectora da Academia Galega en Cuba. Publicou o poemario Desafogos (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pino baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e cirurxián. Centrou a súa actividade médica no ámbito clínico, principalmente na cirurxía vascular. Formouse en cirurxía xeral co doutor Xerardo Fernández Albor no Policlínico La Rosaleda, en Santiago de Compostela, e foi médico adxunto do servizo de cirurxía vascular do doutor Sobregrau no hospital Vall d´Hebron de Barcelona (1970-1975). Posteriormente foi xefe do servizo de anxioloxía e cirurxía vascular do centro médico POVISA de Vigo (1976-1998); dende ese posto modernizou a cirurxía vascular en Galicia. Entre as súas publicacións destaca “Isquemia aguda producida por drogas y fármacos” (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario, pianista e político. Licenciado en Dereito (1954), realizou estudios musicais en Santiago de Compostela con Ángel Brage e no Real Conservatorio de Música y Declamación de Madrid con Cubiles e Aroca e obtivo en 1951 o primeiro premio do Conservatorio Nacional. Continuou a súa formación pianística en París con Ives Nat e, na École Normale de Musique, con Alfred Cortot; posteriormente, foi discípulo de Carlo Zecchi en Roma e de Guido Agosti en Siena, e desenvolveu a súa actividade como concertista en España, Italia, Portugal, Marrocos, Francia, Austria, Arxentina e Noruega, entre outros países. Docente no Conservatorio de Santiago de Compostela, actuou como solista coas principais orquestras españolas e europeas. En 1969 foi designado presidente da empresa Castromil trala morte do seu avó, Evaristo Castromil. Baixo a súa dirección a empresa experimentou unha grande expansión e un proceso de modernización. Preocupado pola galeguización do mundo empresarial, desenvolveu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte do bordo do val da Barcala, que serve de límite ás parroquias de Corneira (concello da Baña), Landeira e A Pena (concello de Negreira). O seu cumio acada os 326 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia producida nas reaccións catabólicas, como o anhídrido carbónico, o amoníaco ou a auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, desenvolve unha arquitectura marcada polas composicións sinxelas, os volumes claros e as liñas horizontais. Realizou, entre outras obras, as vivendas de protección oficial de Lugo (1995), o pavillón de Navia de Suarna (1996), a Biblioteca Intercentros e os servicios centrais do campus de Lugo (1998), e o polideportivo de Noia (2000). Rehabilitou a igrexa de San Eufrasio (O Incio, 1996), a Praza de Abastos de Lugo (1997) e as Cocheiras do Pazo de Castrelos (Vigo, 2000), ampliación do Museo Municipal Quiñones de León. Recibiu diversas mencións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1987, 1990 e 1992) e, como debuxante, unha mención no Premio Internacional de Debuxo Pérez Villaamil de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome psicomotriz caracterizada pola inercia e pola perda da iniciativa motriz. Preséntase sobre todo en certas formas de psicose (esquizofrenia catatónica) e en estados tóxicos de etioloxía diversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á catatonía.

    2. Que padece catatonía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno polo que algunhas células diminúen a súa presión osmótica e, xa que logo, a súa turxescencia, ao transformar unhas substancias noutras de poder osmótico máis pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO