"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Escritor e patriota grego. De nome Andónios Kiriazís, escribiu versos patrióticos e un himno de batalla contra os turcos, inspirado polas ideas da Revolución Francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento do aparato da probóscide dos nemertinos que forma unha cavidade ou vestíbulo que se abre nun poro, no extremo anterior do corpo, e posibilita que a probóscide se evaxine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • nasofarínxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rizobiáceas.

    2. Bacteria da familia das rizobiáceas.

    3. Familia de bacterias Gram-negativas, da orde das eubacteriais, con varios flaxelos e que habitan saprofiticamente no solo ou establecendo relacións simbióticas con certas plantas ou tamén poden ser patóxenas. Comprende, entre outros, os xéneros Rhizobium e Agrobacterium.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rizoforáceas.

    2. Planta da familia das rizoforáceas.

    3. Familia de plantas dicotiledóneas que está constituída por plantas arbóreas ou arbustivas, tipicamente con raíces respiratorias, de follas simples xeralmente opostas, de flores regulares hermafroditas e de froitos en vaíña, en drupa ou en aquenio. Comprende preto de 100 especies, moitas como o mangleiro (Rhizophora mangle), son características dos mangleirais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor canadense. Escribiu numerosas narracións baseadas no medio natural do seu país. Destacan Earth’s Enigmas (1896), The Kindred of the Wild (1902) e Neighbours Unknown (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Foi alumno de Boulanger e de J. Lefebvre. Influído polos simbolistas, foi o pintor de moda entre 1880 e 1900. Colaborou como debuxante en diversas revistas. Pintou Andrómaca e A loucura do rei Nabucodonosor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta belga. Representante do movemento simbolista, das súas obras destacan La jeunesse blanche (1886) e Le miroir du ciel natal (1898). Cultivou tamén a novela, como Bruges-la-Morte (1892).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo británico. Foi un dos fundadores da axencia Magnum (1947), xunto con Robert Capa, David Seymour e Henri Cartier-Bresson. Autodidacta na súa formación, comezou no Daily Telegraph (1935) para logo converterse en freelance (1939). A súa cobertura do bombardeo nazi en Blitz fixo que Life o contratara como correspondente (1940-1947). Cubriu conflitos bélicos en 61 países, desde as campañas de Rommel en Etiopia á liberación do campo de concentración de Bergen-Belsen, pasando polo desembarco de Normandie ou a entrada en París dos aliados. Entre 1950 e 1980 realizou diversas expedicións a África e organizou mostras dos seus traballos e de Magnum. Publicou Desert Jouney (1944), Village of the Noubas (1955), In Afrique (1984) e Humanity and Inhumanity (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rodofíceas.

    2. Alga da clase das rodofíceas.

    3. Clase de rodófitas integrada por algas pluricelulares de talo filamentoso ou laminar, moitas veces de estrutura complexa e xeralmente avermelladas. Teñen plastidios vermellos (rodoplastos) que conteñen, ademais de clorofila e carotenos, ficoeritrina e ficocianina. As súas paredes celulares están recubertas de mucilaxes a base de galactosa (ágar-ágar), algunhas delas con aplicacións industriais. Algunhas especies teñen incrustacións de carbonato cálcico e teñen importancia na formación de arrecifes coralinos. As súas células reprodutoras nunca son móbiles. Esta clase comprende unhas 4.000 especies de algas bentónicas, a maioría delas mariñas e especialmente abundantes nos mares cálidos e consta das subclases das banxiofícidas e das florideofícidas. Dalgúns dos seus xéneros obtéñense aditivos alimentarios texturizantes, como o ágar-ágar (a partir de especies dos xéneros Gracilaria e Gelidium) ou o carragheen (a partir de especies dos xéneros Chondrus,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rodomeláceas.

    2. Alga da familia das rodomeláceas.

    3. Familia de algas ceramiais, da clase das rodofíceas, con talo plano e articulado, normalmente con moitas ramificacións. Entre os xéneros que pertencen a esta familia destaca pola súa presenza en Galicia o xénero Polysiphonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Bispo de Ourense desde 1876, condenou a obra Aires da miña terra de M. Curros Enríquez, por atacar e ridiculizar algúns dos dogmas da Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Militante do Partido Conservador, foi deputado polo distrito de Lugo (1915-1916), e durante catro lexislaturas polo de Chantada (1916-1923). Nomeado director xeral de Comercio, Industria e Traballo e ministro de Abastecementos (1919), participou na Primeira Guerra Mundial como cronista para El Mundo. Colaborou en diversos xornais, dirixiu o xornal Fígaro, fundou a Revista Económica y finaciera e publicou Entre campos de batalla. Tomo I. Al margen de la guerra. Crónicas retrospectivas (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Foi interventor adxunto do Ministerio de Sanidade, xerente da Universidade de Santiago de Compostela e interventor xeral da Xunta de Galicia. Foi elixido deputado no Parlamento galego polo PP (1993-1999) e conselleiro da Presidencia e Administración Pública (1990-1999). Desde 2003 é vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político, irmán de Xosé Rodríguez Seoane. Doutor en Medicina pola Universidad de Madrid, foi deputado nas Cortes pola sección de Pontevedra (1869-1871), polos distritos de Ponte Caldelas (1871-1872) e da Cañiza (1881-1884); e senador polas provincias de Pontevedra (1886-1887) e A Coruña (1899-1900). Pertenceu ao Partido Moderado, foi un dos organizadores do Banquete de Conxo e formou parte da xunta revolucionaria de 1868 de Pontevedra. En 1871 foi nomeado gobernador en Cáceres e director xeral de Aduanas e en 1888 gobernador de Asturias. Foi un dos fundadores do semanario pontevedrés El País (1858) e colaborou en El Siglo Médico, La Perseverancia e Faro de Vigo, e cultivou a poesía en galego e castelán. Das súas obras de temática médica destacan Los nuevos tratamientos curativos de las enfermedades sifilíticas (1878), Lecciones de terapéutica. Materia médica y arte de recetar (1880) e Varela de Montes y la Escuela Médica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Diplomático e filósofo, irmán de Luís Rodríguez Seoane. Tivo un papel destacado no provincialismo que se interrompeu, así como o seu labor literario e xornalístico, pola súa morte prematura. Foi un dos fundadores do semanario pontevedrés El País (1858) e colaborou en La Oliva, La Perseverancia, El Miño e Revista de Instrución Pública. Destacan as súas obras póstumas Artículos y novelas (1899) e Lembranzas da terriña (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, marqués de Vaamonde, fillo de Agustín Rodríguez Vaamonde. De ideas moderadas, enfeudouse no distrito de Ribadavia que representou case ininterrompidamente entre 1857 e 1865. Foi senador vitalicio (1864-1865).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi un dos fundadores do grupo Forces Nouvelles (1935). Cultivou unha pintura de debuxos precisos, situando as figuras e os obxectos en perspectiva e lugares inusitados, nunha primeira etapa dentro dun realismo ascético, como en Christ aux prissonniers (1941), e posteriormente en composicións simbólicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema segundo o cal se f é unha función continua en todos os puntos dun intervalo pechado [a, b] e ten derivada en cada punto do intervalo aberto (a, b), entón se f (a) = f (b), existe un punto c en (a, b) tal que f’ (c) = 0. É dicir, que existe nun punto c entre a e b unha tanxente horizontal na curva representativa da función.

    VER O DETALLE DO TERMO