"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asalto e saqueo da cidade de Roma levado a cabo o 6 de maio de 1527 polo exército imperial durante o enfrontamento entre o Emperador Carlos V de Alemaña e Francisco I de Francia polo predominio en Italia. Carlos III de Borbón, que comandaba o exército imperial, aproveitou as dificultades en que se atopaban os membros de Liga de Cognac para atacar o Papa Clemente VII, que persistira en axudar a liga, feito que decidiu o condestable de Borbón, como represalia, a atacar Roma. Pero morreu no primeiro asalto, e isto provocou a vinganza dos seus soldados, que se entregaron a un saqueo implacable durante varios días. Mentres o papa tivo que refuxiarse en Sant’Angelo durante sete meses. O conflito non acabou ata a Paz de Barcelona (1529) asinada entre o emperador e o papa.
-
PERSOEIRO
Mestre. Chegou á Coruña en 1906, onde se relacionou coas diversas escolas racionalistas alentadas pola Antorcha Galaica del Librepensamiento e coa Escuela Integral para Niñas, que promoveu en 1913 xunto coa súa muller, Luisa Elizalde. Participou intensamente na defensa do laicismo na sociedade civil intervindo en numerosos actos públicos, como o Congreso de la Paz celebrado en Ferrol (1915), onde se aprobou a súa proposta de crear un comité permanente para darlle pulo á loita antimilitarista. Como publicista, colaborou na Revista Blanca, onde publicou o ensaio “La escuela: su pasado, su presente y su porvenir” (1925), no semanario coruñés La Voz del Obrero e deixou impreso o folleto “Disertación Científico Social” (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor inglés. Foi a París (1764) e a Italia (1773-1775), onde recibiu a influencia da pintura neoclásica. Destacou polos seus retratos elegantes e inexpresivos e da súa produción salienta Ariadna (1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Almirante e político británico. Participou na guerra contra Irlanda (1692) e en 1702 na Guerra de Sucesión Española. Ao frente das escuadras inglesa e holandesa, enfrontouse e venceu na Batalla de Rande (1702) á frota española e apoderouse do cargamento de ouro co que esta acababa de chegar de América. Fracasou no intento de tomar Barcelona (1704) e conquistou Xibraltar (1704), que pasou a soberanía británica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal e político prusiano, conde de Roon. Desde o Ministerio de Guerra (1859-1873) e da Mariña (1861-1871) reformou o exército e o servizo militar. En 1873 substituíu a Bismarck no cargo de presidente do consello.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Republican Party, foi deputado na Cámara de Representantes do estado de New York (1882-1884). Gobernador do estado de New York (1898) e vicepresidente con W. McKinley (1900), foi presidente de Estados Unidos ao ser asasinado McKinley por un anarquista (1901) e foi reelixido en 1904. Impulsou unha política económica contraria aos intereses dos grandes monopolios e favoreceu a conservación e a explotación das riquezas naturais. En política exterior, favoreceu o intervencionismo e creou a zona americana do canal de Panamá. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que é semellante a cor rosa.
-
Aplícase á corola dialipétala e actinomorfa con cinco pétalos de unlla curta e limbo groso.
-
-
Relativo ou pertencente ás rosáceas.
-
Planta da familia das rosáceas.
-
Familia de plantas leñosas ou herbáceas, da orde das rosais, con follas simples ou compostas, alternas e estipuladas, flores normalmente regulares, hermafroditas, pentámeras, de periantio dobre e ovario súpero, ínfero ou semiínfero, e froitos diversos. Consta de aproximadamente 3.000 especies, en todo o mundo, pero son máis abundantes nos países tépedos do hemisferio norte.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado e instalado desde 1947 na casa da Matanza, propiedade que fora de Rosalía de Castro, situada en Iria FLavia (Padrón). A construción, adquirida en 1947 polo Patronato Rosalía de Castro, foi remodelada en varias ocasións (1951, 1971) e converteuse na sede deste e do museo, inaugurado en 1975 coa finalidade de divulgar a súa vida e obra. No lugar tamén se levan a cabo actos puntuais relacionados coa cultura galega. Na planta baixa adicouse unha sala á exposición de obxectos e textos referentes á vida e obra da autora e outra ás ofrendas levadas alí polos visitantes particulares. As restantes conservaron a disposición e funcionalidade orixinal da vivenda: a cociña na planta baixa e na alta o dormitorio onde morreu Rosalía, sobre o leito da que se coloca a diario unha rosa ou unha camelia. Entre 1997 e 2000 sufriu unha nova remodelación; o conxunto completouse coa adquisición de varias casas cercanas, que permitiron a inauguración dun Auditorio (1985) e a construción do Centro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a cor da rosa.
-
-
Erupción cutánea formada por manchas de cor rosada, localizadas arredor do embigo, brazos, palmas das mans e plantas dos pés; tamén poden estar repartidas por todo o corpo.
-
rubéola.
-
-
PERSOEIRO
Poetisa, irmá de Dante Gabriele e William Michael Rossetti. Colaborou na revista The Germ (1850), manifesto dos prerrafaelitas. Escribiu Goblin Market (1862), The prince’s progress (1866) e New Poems (1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor polaco. Cultivou a pintura e a litografía nun estilo fantástico ata que adoptou as ideas construtivistas de Moholy-Nagy, ao mesmo tempo que se dedicou á escultura. Das súas obras destacan Baleeiro de Nantuckett (1952-1953), Monumento ao prisioneiro político descoñecido (1952) e Voo nocturno (1958-1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de roda.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Discípulo de Gustave Moreau, arredor de 1898 atravesou unha crise moral e artística, que resolveu cunha orientación profundamente relixiosa ao coñecer a J. K. Huysmans e L. Bloy en 1904. Na súa obra, eminentemente expresionista e caracterizada estilisticamente polos perfís de trazos negros, describiu o sufrimento humano como desherdados da fortuna, pallasos e prostitutas, e representou sobre todo crucifixos e escenas bíblicas, como a serie de gravados Miserere.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que permite a clasificación dos sistemas lineais de ecuacións. Dado un sistema non homoxéneo de m ecuacións lineais con n incógnitas, escrito en forma matricial Ax= b , b ≠ 0, onde A é a matriz de coeficientes do sistema, b a columna dos termos independentes e x a columna das incógnitas. O sistema é compatible (é dicir, ten solucións) se o rango de A é igual ao rango da matriz ampliada (A,b). Se este rango é igual ao número de incógnitas, entón trátase dun sistema compatible determinado, pero se o rango é menor ca o número de incógnitas, trátase dun sistema compatible indeterminado (con infinitas solucións). Un sistema sen solucións chámase incompatible.
-
PERSOEIRO
Pintor. Paisaxista, encabezou a escola de Barbizon e recibiu a influencia dos paisaxistas holandeses do s XVII. En 1832 foi a Normandie (Côtes de Granville) e en 1834 a La Vendée. En 1836 instalouse en Barbizon, onde traballou no estudo da paisaxe. Pintou Sortie de la forêt de Fontaineblau e La forêt de Fontainebleau, aínda que a partir de 1860, cambiou o seu estilo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación xeográfica británica creada en 1830 en Londres co propósito de promover e axudar aos estudos e ás investigacións de orde xeográfica. Foi a terceira asociación deste tipo creada no mundo. Publica desde 1893 o Geographical Journal. En 1995 fusionouse co Institute of British Geographers.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Rúa baixo a advocación de santo Estevo, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Rúa. Construída na primeira metade do s XVII e reformada no s XVIII, a súa orixe remóntase ata o s XII. Consta de tres naves divididas en pequenas capelas. A nave central cóbrese con bóveda de canón de madeira, apoiada en arcos faixóns tamén de madeira, e decórase con casetóns con motivos vexetais. A cúpula do cruceiro eríxese sobre pendentes e conta cunha lanterna que ten un pequeno balcón interior de madeira policromada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza infecciosa exantemática, eruptiva, xeralmente epidémica, e de orixe vírica, que ataca principalmente aos rapaces. OBS: Tamén se coñece cos nomes sarampelo alemán e roséola epidémica.