"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

    1. Relativo ou pertencente ao globo.

    2. Que ten forma de globo ou esfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cruzado, duque da Baixa Lorena (1089-1095). Coñecido como Godofredo de Bouillon, apoiou o Emperador Enrique IV no seu enfrontamento co Papa Gregorio VII e este, como recompensa, recoñeceuno como herdeiro do seu tío Godofredo III, duque da Baixa Lorena. En 1095 tomou, xunto cos seus irmáns, o hábito de cruzado e vendeu todos os seus bens para sufragar a Primeira Cruzada. Tras xurar fidelidade ao emperador bizantino Aleixo I Comneno, tomou Xerusalén. Elixido rei polos cruzados, renunciou a este título e proclamouse protector do Santo Sepulcro (1099-1100). Á súa morte converteuse nun personaxe lendario, heroe dunha canción de xesta e dun poema de T. de Tasso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valido de Filipe III (1598-1618), quinto marqués de Dénia, conde e duque de Lerma, conde de Ampudia (1602-1625), grande de España e cardeal (1618-1625), fillo do cuarto marqués de Dénia. Xentilhome da cámara de Filipe II, foi nomeado vicerrei de València (1595-1597). Trala morte do monarca (1598), Filipe III confioulle todos os asuntos de Estado, co que se iniciou o réxime de validos dos Austrias. A súa política interior estivo dirixida ao enriquecemento e engrandecemento persoal, para o que creou unha importante rede de clientelismo mediante a venda de títulos e favores. Foi tamén o artífice da expulsión dos mouriscos (1609-1610) e da política pacifista do monarca, que levou a Castela a asinar a paz con Francia (1601), Inglaterra (1605) e os Países Baixos (Tregua dos Doce Anos). Os escándalos financeiros e a crecente oposición dentro da corte, liderada polo seu fillo, a Raíña Margarida e o confesor real, Luis de Aliaga, precipitou a súa caída (1618). Tras abandonar a corte foi elixido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Misioneira. Coñecida como Madre Tareixa de Calcuta, ingresou aos dezaoito anos na orde das Irmás da Nosa Señora do Loreto (Irlanda). As súas superioras enviárona a Darjeeling (India) en 1928, onde cursou estudios de maxisterio. En 1931 aceptou os votos de pobreza, castidade e obediencia, e cambiou o seu nome polo de Tareixa en homenaxe a unha carmelita francesa. En 1937 tomou os votos finais e once anos despois recibiu autorización de Roma para percorrer as rúas de Calcuta sen perder a súa condición de monxa. En 1950 a diocese de Calcuta aprobou as actividades da súa congregación, as Misioneiras da Caridade, e en 1952 abriu a Casa de Moribundos Indixentes Nirmal Hriday, en Kalighat, que estendeu a todos os continentes. Recibiu o premio Xoán XXIII da Paz (1971) e en 1979 foille outorgado o Premio Nobel da Paz. En 2003 foi beatificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Coñecido como Miguel Bosé, ao longo da súa traxectoria compaxinou a canción coa carreira cinematográfica. Da súa discografía destaca Linda (1977), Bandido (1984), Salamandra (1986), Los chicos no lloran (1990), Bajo el signo de Caín (1993), Amante bandido (1993), 11 maneras de ponerse el sombrero (1998), Girados (2001) e Sereno (2002). Entre outras películas, participou en Retrato de familia (1976), Lo más natural (1990), Tacones lejanos (1991), Felpudo maldito (1994), Libertarias (1994) e La mirada del otro (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra e escritora. Publicou Adiviñas (1985), Mentiras (1985), A princesa Lúa e o enigma de Kian (Premio Merlín, 1988), Quén panda? (1987), Arrolos (1987), Asoladamente, o teu nome (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, 1993), Brandón, fillo de Ferreol (1993) e Cando o rei por aquí pasou (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Etnógrafo. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1974) e catedrático de bacharelato (1980), foi xefe da sección de Etnografía e Folklore do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. O seu labor investigador centrouse na prehistoria e etnografía galegas. Das súas obras destacan Lendas galegas de tradición oral (1983), Entroido en Galicia (1987), en colaboración con X. R. Mariño Ferro, Antropología y Etnografía de las proximidades de la Sierra de Ancares (1990), en colaboración con X. Rodríguez Campos e C. Gonzalez Pérez, Sociedade e tecnoloxía tradicional do val de Ancares (1996), en colaboración con C. Gonzalez Pérez, e La invención del estado nación (2001). É membro correspondente da Real Academia Galega, da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega e da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de escultores orixinaria de Lugo, activa no s XVIII. Iniciouse coa obra de Bieito González Rioboo, quen traballou co seu fillo Bieito Antonio González Rioboo na catedral de Lugo. Xunto con Agostiño Vaamonde realizou o retablo maior do convento de San Francisco de Monforte de Lemos. Bieito Antonio traballou co seu irmán Bernardo González Rioboo na capela maior de Fingoi en Lugo. O seu irmán Xosé González Rioboo foi pintor e traballou na catedral de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do län de Västra Götaland, Suecia (466.990 h [2000]). Está situada na costa occidental do län, no esteiro do Göta, preto da desembocadura en Kattegat. A instalación de comerciantes holandeses influíu na apertura dunha serie de canles a través do núcleo antigo da cidade (Gamlestaden). A expansión urbana débese, sobre todo, ao porto, que se converte en porto nacional cando, en inverno, o de Estocolmo queda bloqueado polo xeo. É un núcleo industrial, con industria de automóbiles, téxtil (algodón), petrolífera, química, de papel e de pasta de papel, construción naval e refinerías petrolíferas. Fundada en 1619 polo Rei Gustavo Adolfo II, foi durante os ss XVII e XVIII un importante centro comercial e marítimo. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o barrio medieval de Haga e a fortaleza de Elfsborg (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado ao S de Las Cañadas (18.508 h [1996]). Cultívase tabaco e tomate, e destaca a gandería caprina e porcina. Posúe industrias alimentarias derivadas e unha central eólica. Fundada no s XVI, non se constituíu como municipio ata o s XIX. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar as covas con necrópoles de Chiñama, La Jaquita e Tagoror del Rey, a igrexa de San Antonio Abad (s XVIII) e o convento franciscano (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor canadense. Da súa produción destacan Les îles de la nuit (1946), Rivages de l’homme (1948), Poèmes (1944-1957) (1963) e Visages du monde (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Carolina do Norte, EE UU, situada na vertente oriental dos Blue Ridge, Apalaches (183.520 h [1990]). A actividade principal son as compañías aseguradoras. Ten industria téxtil, de fabricación de produtos de aceiro, de mobles e de cerámicas. É un nó de comunicación de ferrocarril e de estradas, e ten aeroporto internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Moscova 1795 - Teherán 1829) Escritor e diplomático. Da súa produción destaca Gore ot uma (A desgraza de ser intelixente, 1824), onde o heroe ve a vida moscovita a través do prisma renovador das súa experiencias no estranxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial con sede en Barcelona desde 1962. Formaron parte do grupo Ediciones Grijalbo SA (México), a primeira en establecerse e fundada en 1939 por Joan Grijalbo i Serres (Gandesa 1911 - Barcelona 2002), Editorial Crítica SA, aparecida en 1976, Ediciones Junior SA (1974) e Grijalbo-Dargaud SA (1979). Especializada en best-sellers, libros de autoaxuda e ensaios, en 1989 integrouse en Mondadori e, posteriormente, no grupo Random House Mondadori, xunto con outras editoras como Plaza & Janés, Lumen e Debate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo que se abre entre o cabo de San Juan e o cabo Cruz, na costa SL de Cuba. Constituído por unha plataforma continental pouco profunda e moi extensa, posúe unha gran riqueza pesqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal francés, fillo do conde Roberto VII de Boulogne. Coñecido como Guido de Auvernia, foi nomeado (1340) arcebispo de Lyon e cardeal (1342). Foi enviado por Gregorio XI á Península Ibérica como legado para acabar cos enfrontamentos entre as coroas de Aragón e Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Montaña de Palestina, preto de Bēt Shěan. Foi escenario da derrota definitiva de Saúl a mans dos filisteos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei normando de Sicilia (1166-1189), fillo de Guillerme I de Sicilia. Sucedeu o seu pai baixo a rexencia da súa nai, Margarida de Navarra. Iniciou unha política expansionista que o levou a tentar casar coa filla do Emperador Manuel I Comneno de Bizancio e a realizar unha serie de campañas (1174-1175) co fin de conquistar as costas norteafricanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso do Tauro Central, entre os macizos de Bolkar, ao O, e Aladag, ao L, que une o altiplano de Anatolia coa chaira de Cilicia.

    VER O DETALLE DO TERMO