"Anu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1145.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos sales do ácido cianhídrico. Hai catro tipos estruturais: iónicos, covalentes, complexos con grupos discretos e supercomplexos, derivados metálicos dos anteriores. Os metais alcalinos e algúns alcalinotérreos forman cianuros iónicos; a prata e outros metais nobres forman cianuros covalentes e moitos metais de transición forman cianuros complexos da forma [Mx+(CN)n]+x-n. Os cianuros alcalinos son moi velenosos xa que ao inxerilos desprenden ácido cianhídrico.
-
GALICIA
Pedagogo. Doutor en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor no Colexio Universitario de Ourense (1979-1990) e, dende 1990, profesor de teoría e historia da educación na Universidade de Vigo. Foi director do Colexio Universitario de Ourense (1989-1990), vicedecano e decano da facultade de Humanidades e, dende 1998, vicerrector de Extensión Universitaria. En 1979 ingresou no Movemento Cooperativo da Escola Popular e, en 1983, contribuíu á fundación da Nova Escola Galega (NEG) baseada na pedagoxía de Célestin Freinet. Coordinou o suplemento pedagóxico “Na escola” (1988-1992) dos diarios La Región e Atlántico Diario, e promocionou as xornadas de educación para a paz (1985-1996), que intentou proxectar internacionalmente; unha síntese desta experiencia recóllese na obra Human Rights and values Education in Europe (Dereitos humanos e valores educativos en Europa). Dende a NEG promoveu a homenaxe aos mestres da ATEO, a Ferrer i Guàrdia, a...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista, xornalista e político. Cultivou o xornalismo político en Cuba, onde estivo preso, e en Zaragoza. Residiu en París e Madrid, onde foi redactor de El Imparcial e militou en Acción Republicana. Publicou a tetraloxía autobiográfica Del cautiverio (1903), Del hospital (1906), Del cuartel y de la guerra (1906) e Del periódico y de la política (1907), e a novela El juez que perdió su conciencia (1925). Sendo gobernador de Ávila, foi fusilado nos inicios da Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico teórico alemán. Educado en Berlín e en Halle, chegou a ser profesor de física daquela universidade en 1850 e, posteriormente, exerceu en Zúric, Würzburg e Bonn. Pioneiro da termodinámica, enunciou, por primeira vez, en 1850, o segundo principio baixo a forma da lei da imposibilidade do paso espontáneo da calor dun corpo frío a un quente e, en 1865, expuxo o mesmo fenómeno mediante a noción de entropía, concepto introducido por el mesmo. Traballou tamén no estudo da capacidade calorífica e na teoría cinética dos gases.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
) Xornalista. Estudiou dereito en Santiago de Compostela e foi presidente da Academia Literaria. Fundou, xunto con Tiburcio Faraldo, o xornal El Centinela de Galicia (1843) e dirixiu El Oriente, de Madrid (1853). Publicou Un sueño en Estambul en el año 1550 (1840), Lecciones críticas de la historia del derecho romano y español (1841) e o Discurso pronunciado por el presidente de la Academia Literaria en la sesión general de la reposición de cargos del año 1842 (1842). Atribúeselle tamén a Reseña histórica de los últimos acontecimientos de Galicia (1846).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comerciante, armador e impresor. Orixinario de Castela, chegou a Pontevedra no 1833 e, cinco anos despois, comezou a publicar libros xunto a Domingo Paimón na imprenta denominada Os Socios. Entre as obras publicadas hai numerosas edicións de marcado carácter oficial como: Ordenanza de reemplazo del Ejército y Reales ordenanzas aclaratorias (1838), Informe y voto particular del diputado provincial por el partido de Pontevedra que se presenta a la Diputación (1838), Manifestación que hace D. Claudio González a la Exma. Diputación provincial (1838), Contestación a la llamada justa vindicación de D. José de la Fuente, ex-secretario de la Junta directiva de la carretera de Vigo a Castilla (1838) e Contestación del Dr. Don Antero Rubín de Oroña, Juez de 1ª instancia de Sarria a la hoja volante que circuló Don J. A. Vidal y Cepeda, promotor fiscal de aquel partido (1842); e as de carácter pío como Novena histórico-doctrinal de la Madre de Dios Nuestra Señora del Refugio, que con el título de Divina...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romanés. Defendeu tendencias nacionalistas de carácter cristián e antisemita. En 1927 fundou a Lexión do Arcanxo Miguel, núcleo orixinario da fascista Garda de Ferro (1931). Foi condenado a 10 anos de reclusión e morreu asasinado durante un traslado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar republicano portugués. Participou na revolución de 1891, pola que foi desterrado durante cinco anos. Posteriormente, exerceu como gobernador xeral de Angola (1911-1912) e como xefe de goberno (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra que lle permitiu acudir á Academia de Bellas Artes de San Fernando (Madrid) ao tempo que traballou como axudante dun marmorista. Compartiu estudo en Madrid con Reimundo Patiño e relacionouse cos membros do grupo Brais Pinto. A súa obra caracterizouse polo enfrontamento entre a tradición artística e a artesá. Experimentou con troncos de árbore e outros obxectos, como os croios, e desenvolveu formas redondeadas, pulidas, flexibles e opulentas de perfecto acabado e marcada estilización da figura humana que o levaron a achegarse ao informalismo. A natureza e a cultura galegas, xunto ao tema da muller, son unha constante na súa obra. Esculpiu a imaxe da Virxe do Carmo da igrexa parroquial do Hío. Entre as súas obras destacan Loita, Home e Nacemento. No 2001 celebrouse en Vigo unha mostra que recolleu a súa traxectoria artística.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre galego. Emigrado a Uruguay, foi director dunha escola en Montevideo. Ademais dedicouse ao ensino de xordos e, no 1884, propuxo a creación de colexios específicos para a súa educación. No 1891 resolveuse a creación dunha clase especial para xordos no colexio que dirixía.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Nacido no seo dunha familia campesiña, pasou os seus primeiros anos entre Chapa e Margaride (parroquias do concello de Silleda), ata que en 1913 emigrou a Bos Aires. Alí comezou a pintar os obxectos e cousas que tiña ao seu redor e as paisaxes que lembraba de Galicia. En 1917 ingresou por libre na Academia de Bellas Artes de Bos Aires, ao tempo que estudiaba co pintor arxentino Demetrio Urruchúa, co escultor Planas Casas e co gravador Pompeu Audivert, tamén emigrados. Nestes anos compaxinou a pintura con distintos traballos e colaborou na revista Fuego. Moitas das súas primeiras obras na Arxentina, de carácter expresionista, queimounas ao non consideralas axeitadas. En 1923 participou na Exposición de Arte Gallego de Bos Aires con catro obras de pequeno formato. Regresou a Galicia en 1926 e instalouse en Margaride. Realizou a súa primeira mostra individual na sala de exposicións do Faro de Vigo en 1928, ano no que recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra que lle renovaron...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador, economista e xurista. Cursou estudios de humanidades baixo a dirección do catedrático de Filosofía Pedro Losada e licenciouse en 1832, á parte de estudios xurídicos que o levaron a acadar a licenciatura (1838) e o doutoramento en Dereito (1841) pola Universidade de Santiago de Compostela. Nesa universidade ocupou a praza de profesor substituto ata 1847, ano no que obtivo a cátedra de Dereito Político e Administrativo na Universidad Central de Madrid. En 1881 foi nomeado fiscal do Tribunal Supremo como premio aos seus servicios. Compaxinou a profesión docente co exercicio da avogacía e, en 1865, afiliado ao partido liberal fusionista con Sagasta, iniciou a carreira política. Foi elixido deputado polo partido de Pontevedra e, en 1871 e 1879, senador en representación da Real Academia da Historia. Foi nomeado senador vitalicio en 1881. Ademais dos seus cargos políticos, foi inspector xeral de Instrución Pública, vogal da Junta de Reforma Penitenciaria, presidente da Junta de Fomento...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre e militar, duque de Veragua. Foi gobernador de Galicia no ano 1677, capitán xeral das galeras de España (1679), vicerrei de Sicilia (1696-1701), conselleiro de estado (1699) e lugartenente de València en 1679.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dramaturgo e pedagogo. Dirixiu o colexio do Sagrado Corazón de Ferrol. Colaborou en diversos xornais como La Semana e El Heraldo Gallego, e dirixiu El Correo Gallego. Como dramaturgo, publicou Pilara ou grandezas dos humildes (1920), drama en prosa estreado no teatro Jofre de Ferrol (23.8.1919) por un grupo ferrolán dirixido por Xaime Quintanilla e representado, entre outros, polo cadro de declamación da Irmandade da Fala da Coruña (1920) e o coro Toxos e Froles (1930). Trátase dunha peza de ambiente mariñeiro caracterizada polo seu didactismo e intención anticaciquil. Tamén é autor de Redención por amor, estreada en 1920. Ademais, publicou Escuelas-talleres parroquiales y gratuitas. Cómo se sostendrían en Ferrol (1912) e Catecismo social (1920). O seu poema “A María Pita” recibiu un premio nos Xogos Florais da Coruña (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que fundou en Santiago de Compostela o cardeal arcebispo Fernando Quiroga Palacios no ano 1956. Esta publicación foi o órgano de expresión do Centro de Estudios Jacobeos e da Universidade Pontificia de Santiago. Estaba dividida en dúas seccións: a primeira de carácter eclesiástico e redactada polos profesores do seminario, e a segunda de tipo histórico. Baixo a dirección de Manuel Rey Martiz editáronse catro números ao ano, dous de cada temática. A partir de 1966 incorporáronse á dirección os profesores Silva Costoya e Barreiro Fernández; este último foi o seu director a partir de 1968. A través desta revista organizáronse tres congresos que cómpre salientar, o Mariano en 1966, o II de Historia Jacobea Internacional en 1965, e o último en 1969.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Gutiérrez de la Concha e Irigoyen.
-
GALICIA
Arquitecto. Formado na Escuela de Arquitectura de Madrid, está considerado como un dos introdutores do racionalismo en Ourense, cidade onde foi arquitecto municipal desde 1925. Contribuíu ao desenvolvemento urbano da cidade e durante a década de 1920 e 1930 realizou a igrexa de Fátima no barrio do Couto, a Praza de Abastos (1929) e o traslado da igrexa de San Francisco ata o Parque de San Lázaro e a súa ordenación, entre outras obras. Nas súas creacións de carácter privado empregou elementos eclécticos ornamentais próximos ao clasicismo e ao art decó, aínda que cada vez máis abertos ao racionalismo arquitectónico; exemplo disto foi a Casa de los Conde (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Manuel López Conde.
-
PERSOEIRO
Político e economista. Formouse no Instituto Superior de Economia e na Universidade de Bristol. Membro do Partido Socialista (PS) dende 1975, foi o seu secretario xeral (1986-1988) e presidente da Unión dos Partidos Socialistas e Socialdemócratas da Comunidade Europea (1987). Ocupou diversos cargos nos gobernos provisionais no eido das finanzas e da planificación económica (1975-1976). Deputado entre 1976 e 1991, foi ministro de Facenda (1978-1979) e gobernador do Banco de Portugal (1985-1986). Presidiu a iniciativa Lisboa 94, Capital Européia da Cultura. Escribiu Coerência e rigor. Actualmente, é o vicepresidente do Banco Central Europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eclesiástico. Foi párroco de Santalla do Bierzo e cóengo maxistral da colexiata de Medinaceli. Escribiu Historia del célebre Santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (1737).