"Bol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu á luz en Pontevedra no ano 1834. Foi editado polos impresores Manuel María de Vila, Domingo Paimón, Miguel Anciles, Francisco Luis Pinto, a viúva de Pinto, Juan Verrea y Varela, os fillos de Vila, Muñoz Pazos, José e Primitivo Vilas, Pazos y Antúnez, Buceta e Solla y Compañía, entre outros. Editábase bisemanalmente nun principio, e logo a diario, e achegaba información sobre o censo dos partidos xudiciais da provincia, os decretos e leis, e os asuntos que afectasen á comarca de Tui. Presentaba dúas seccións tituladas “Artículos de oficio” e “Avisos”. Tivo como continuador outro boletín editado no ano 1862. Nas follas deste último podíase atopar información sobre todo tipo de temas relacionados coa administración e co goberno da provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia liberal nada en Vigo, e da que saíu o primeiro número o 21 de outubro de 1840. Despois do Semanario Patriótico (1823), foi o segundo xornal que se publicou na cidade olívica. O seu nacemento estivo motivado polo pronunciamento progresista do xeneral Espartero (1840), como órgano de apoio ao novo goberno que del saíu. Os liberais da cidade, viron neste pronunciamento a oportunidade para recuperar a capitalidade da provincia, en detrimento de Pontevedra. Así, o boletín nacía como un intento de conseguir esa capitalidade, tendo como principal obxectivo a propaganda e a concienciación, tanto cara á poboación como cara ás autoridades gobernativas. O seu contido eran ordes, cartas, informacións particulares acerca dos acontecementos políticos, editos da Junta de Gobierno da cidade, etc. Entre outubro e novembro de 1840 saíron á rúa 13 números. Segundo un Real Decreto do mesmo mes de novembro, as autoridades dispuxeron que, mentres non se resolvese o preito da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Bos Aires no mes de xullo de 1929, desaparecida en xullo de 1930, cando chegaba ao número trece. De periodicidade mensual, foi dirixida por Antonio Losada. Entre os seus contidos figura información sobre Galicia, novas sobre as actividades do centro, reproducións de textos de Noriega Varela e Ramón Cabanillas, amais de poemas en galego con textos de Vetroles (Fortunato Cruces) e Matías Escariz e Méndez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade mensual aparecida na Coruña en 1929. Subtitulouse “Órgano de los colegios oficiales de veterinarios de la Coruña, Pontevedra, Orense y Lugo”. Aniceto García Neira foi o director desta publicación que ofrecía información aos profesionais do sector. O boletín era gratuíto para os colexiados e incluía publicidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O primeiro número saíu en Ourense en 1918, deixou de publicarse ao redor de 1939. Redactábase no Colexio de Médicos provincial, órgano que tamén se facía cargo da edición. Foi impresa en La Industrial. Con respecto a colaboracións, contaba con Manuel Peña Rey, Santiago Pérez Vázquez e Ubaldo Alvarez Ruíz. Esta revista profesional, en castelán, era mensual e totalmente gratuíta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu publicado en Ourense entre os anos 1820 e 1823. Representou o primeiro periódico desta cidade. Existen noticias dun Boletín Oficial de Orense que se publicou por iniciativa de Pedro Boado Sánchez, xefe dos liberais da provincia, coa finalidade de contrarrestar os insurrectos de Ourense, aínda que sen confirmar. Estes boletíns provinciais apareceron para dar cumprimento a unha orde real con data de abril de 1833. Posteriormente, pasaron a depender das Deputacións Provinciais, que son as institucións que se encargaron da súa edición. Dedicábanse, principalmente, á información oficial. O número 1 declaraba que nel se incluirían ordes reais, cédulas, decretos, circulares do goberno, novas importantes, artigos de comercio, agricultura e artes ou editos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se editou en Pontevedra no ano 1858. Da súa impresión fixéronse cargo José Vilas ata finais de 1860 e, máis tarde, Antúnez y Compañía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se editou na Coruña en 1860. De periodicidade irregular, imprimíase en folio español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu á luz en Lugo, en decembro de 1861. Cesou a súa edición en 1868. Soto Freire era á vez o seu impresor e redactor. Tiña unha periodicidade irregular e, do mesmo xeito ca outros, estaba impreso en folio español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na provincia de Ourense en febreiro de 1862 que continuou a súa andaina ata principios do século XX. Tiña unha periodicidade irregular. Encargouse da súa edición o impresor Lozano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Pontevedra no ano 1868 e que podería ser a continuadora da que saíra en 1858 na mesma cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela no ano 1862. De periodicidade irregular, sacaba uns 1.000 exemplares no ano 1913. Tratábase do voceiro máis destacado das autoridades eclesiásticas de Galicia e nel incluíase información referida á administración eclesiástica en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual en castelán aparecida en xaneiro de 1953 na vila de Carballiño. Editado pola imprenta Hodire, encargábase da súa administración e redacción a Secretaría Municipal do Carballiño. Contaba coas seccións “Vida Corporativa”, “Noticiario Municipal”, “Hace 50 años” e “Hace 100 años”. Trátase do primeiro boletín municipal da posguerra na provincia. Tiña unha tiraxe de 600 exemplares e nel incluíase información municipal e estatísticas en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1916 na vila de Santa Marta de Ortigueira e fundada por Federico Maciñeira y Pardo de Lama, alcalde desa vila. Incluía información, estatísticas e datos administrativos, amais de temas agrícolas de interese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Bos Aires en xaneiro de 1913, que cesou en xuño de 1926, cando chegaba ao número 163. Trátase da primeira publicación oficial do Centro Galego da capital arxentina. En 1918 cambiou o seu nome polo de Centro Gallego de Buenos Aires. Boletín oficial e, en novembro de 1923, Centro Gallego de Buenos Aires. Boletín mensual. Tiña periodicidade mensual. Foi dirixido por Juan Manuel Pérez, José Blanco Amor, Eduardo Blanco Amor, Valentín Fernández e Luís Seoane, en diferentes etapas. Incluía información variada acerca do propio Centro Galego. Nas páxinas de creación literaria en castelán incluíronse artigos de homenaxe a Leiras Pulpeiro, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Teodosio Vesteiro Torres ou Manuel Murguía; necrolóxicas, como a de Añón; poesía de Rey Soto, García Ferreiro, Rosalía de Castro ou Curros Enríquez; e textos literarios de Juan Neira Cancela, Barcia Caballero e Aurelio Ribalta, entre outros. Nas seccións dedicadas á lingua galega e tituladas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada polo Centro Galego de Barracas al Sud, na cidade arxentina de Avellaneda. Saíu o seu primeiro número o 1 de setembro de 1903. De periodicidade mensual, sufriu diversas interrupcións nos anos 1921 e 1922, e sobre todo a partir de 1927; ademais, desde ese ano sairá cada dous, tres ou catro meses. O seu primeiro director-administrador foi A. Paredes Rey, para seguir logo, pero só como directores, Abelardo Álvarez, Francisco Bárcena e, a partir de 1915, H. Chantrero. Nun editorial en castelán de 1903 xa quedaban explicitados os seus obxectivos: achegar Galicia aos emigrantes, conservar a tradición inculcándolla aos descendentes e facer respectar o nome de “gallego” en América. A utilización do galego quedaba case restrinxida ás páxinas poéticas, xa que a publicación era case toda ela en castelán, pero a nómina de autores que pasaron polas súas páxinas foi importante. Así publicaron traballos en castelán, sobre historia, Benito Vicetto ou Xaquín Costa; Antón Villar Ponte e Xoaquín...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que xurdiu na Coruña en 1901, e que continuou ata xuño de 1905. Este boletín en castelán dirixido a profesionais estaba dividido en tres seccións principais: “Sección oficial”, “Sección de intereses profesionais” e “Nacementos e defuncións”. Editouse na imprenta de Ferrer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que saíu publicado en Santiago de Compostela no ano 1928. Os seus redactores foron Manuel de Latorre Lago, Mariano Ramón Lavilla, Xosé López García e Xosé Vázquez Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter profesional aparecida na cidade Ourense en 1924.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter profesional que sacou o seu primeiro número en Pontevedra en 1924. Tivo a súa continuación nunha segunda etapa iniciada a partir de 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO