"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Movemento reformista inglés promovido polas clases populares entre 1837 e 1848, apoiadas pola Asociación de Traballadores de Londres. O dirixente máis destacado foi Feargus O’Connor. En 1838 presentou no Parlamento a People’s Charter que reclamaba, entre outras cuestións, o sufraxio universal, o voto secreto e a limitación das lexislaturas a un ano, pero o Parlamento nunca as aprobou. En 1842, e posteriormente en 1848, presentaron unha segunda e terceira petición que tampouco prosperaron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Xefe da escolta do presidente da República entre 1934 e 1936. Durante a Guerra Civil ocupou altos cargos no exército republicano. En febreiro de 1939 foi nomeado xefe do estado maior do exército, cargo que non chegou a ocupar ao alzarse contra o goberno de Negrín e constituír o Consejo Nacional de Defensa o 4 de marzo do mesmo ano. Intentou negociar a paz co goberno de Burgos, pero finalmente tivo que ordenar a rendición dos exércitos republicanos. Exiliouse en Londres onde foi colaborador na BBC co alcume de Juan de Padilla; dende alí marchou a América do Sur e en 1961 regresou a España. Escribiu as obras: The Last Days of Madrid (Os últimos días de Madrid, 1939) e Así cayó Madrid   (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento lingüístico orixinario do castelán e transferido a outra lingua. Aínda que se pode manifestar en calquera dos niveis da análise lingüística, adóitase reservar especificamente o termo para aludir a aquelas influencias ou interferencias que se manifestan, sobre todo, no léxico. A maior parte das linguas europeas, na época de maior poder político castelán, adoptaron, directa ou indirectamente, algúns termos cortesáns (crianza, cumplimiento, grandeza) ou pertencentes a outras facetas da vida castelá (alcoba, matamoro, pícaro). As loitas e os acontecementos políticos do s XIX tamén favoreceron a entrada doutros vocábulos (guerrilla, junta, pronunciamiento). Non obstante, nalgunhas linguas que manteñen co castelán un contacto permanente, a presión hexemónica exercida por esa lingua é considerablemente maior. Este feito pode constatarse en galego na existencia de castelanismos nos difentes planos lingüísticos: fónico, ortográfico, morfosintáctico, fraseolóxico, semántico e, sobre todo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é castizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra ou construción lingüística propia do castrapo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ideoloxía e práctica política desenvolvida en América Latina a partir de 1959. Tomou como modelo a revolución cubana e os seus principais teóricos foron Ernesto Che Guevara, Fidel Castro, Régis Debray e Douglas Bravo. Sostiña que, para levar adiante as reformas socioeconómicas que liberasen as masas latinoamericanas da explotación e da miseria, era necesario o derrocamento, mediante a revolución popular e nacional armada, dos réximes oligárquicos aliados do imperialismo norteamericano. O castrismo adoptou a guerrilla, tanto a urbana como a rural, como sinónimo de guerra revolucionaria polo poder e non como simple táctica defensiva. Para os seus teóricos constituía a correcta aplicación do marxismo-leninismo ás condicións específicas de América Latina, sen embargo, non consideraban necesaria a existencia previa dun partido de masas organizado e estruturado como vangarda revolucionaria. O partido, movemento ou organización xurdiría da mesma práctica revolucionaria do núcleo guerrilleiro inicial...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina casuística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de reaccións de degradación ocorridas durante os procesos metabólicos que teñen unha oxidación e, polo tanto, unha liberación de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transformación catastrófica da superficie da Terra producida por fenómenos violentos e de gran magnitude, como terremotos ou erupcións volcánicas.

    2. Desastre de tipo social ou político.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición ou calidade de catalán.

    2. Movemento que propugna o recoñecemento político de Catalunya e defende os seus valores históricos e culturais.

    3. Palabra ou característica idiomática propia da lingua catalá presente noutra lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento relixioso e conxunto de doutrinas dos cátaros. Ten a súa orixe no bogomilismo de Bulgaria, espallado a outros territorios, sobre todo a Occitania, onde os seus adeptos recibiron o nome de albixenses. O catarismo profesaba un dualismo procedente do maniqueísmo e do gnosticismo a través do bogomilismo. Predicaba o desprezo do corpo, rexeitaba o matrimonio e toda relación sexual, así como o consumo dalgúns alimentos. Os cátaros divídense en dous grupos: os perfectos e os crentes. Os primeiros seguen uns principios estrictos, mentres que os segundos normalmente reciben só o consolamentum (‘imposición de mans’) antes de morrer. Practicaban a “fracción do pan” e unha liturxia de pregaria e predicación. A súa xerarquía estaba composta por bispos, anciáns (presbíteros) e diáconos. Para erradicar este movemento, Inocencio III e os seus sucesores promoveron a predicación dos cistercienses e dos dominicanos, apoiaron a actividade da Inquisición, organizaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actitude catastrofista.

    2. Cada unha das teorías sobre a historia xeolóxica e biolóxica da Terra que describe a presenza de cambios bruscos, rápidos e discontinuos. No catastrofismo clásico destacou a figura do científico francés Georges Cuvier, quen xustificaba o irregular rexistro fósil na existencia de catástrofes (grandes terremotos, diluvios, cataclismos volcánicos, etc) que provocaron sucesivas extincións de seres vivos -seguidas de novas creacións- e modificacións notables na codia terrestre. Ese catastrofismo, de orixe divina para uns, ou natural para outros, tiña unha sólida base en certas observacións e na idea aceptada na época de que a idade do planeta era de só uns miles de anos e acadou amplo recoñecemento entre os naturalistas anteriores á primeira metade do s XIX. Segundo avanzaba o s XIX, o catastrofismo substituíuse por outras teorías. O uniformismo de James Hutton, que afirmaba que os procesos xeolóxicos ao longo do tempo eran esencialmente uniformes en intensidade, e o actualismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Libro que contén un sumario dos principios da doutrina cristiá, xeralmente en forma de preguntas e respostas. A Igrexa Católica publica unha edición oficial na que vai recollendo os cambios que se introducen no seu corpo doutrinal. Este catecismo oficial ten un carácter universal; outras compilacións doutrinais empréganse para a aprendizaxe dos catecúmenos. Xa dende a Alta Idade Media apareceron textos en forma de cuestionario. En Francia tivo unha gran difusión o ABC des simples gens de Gerson, de finais do s XV, e en Inglaterra o catecismo de Colet. A Reforma supuxo unha grande expansión dos catecismos: Lutero publicou o Kleiner Katechismus (1529), para nenos, e máis tarde Calvino e Butzer seguiron o seu exemplo. Entre os católicos os máis destacados foron: Summa Doctrinae Christianae (1554), de Petrus Canisius, e o Catecismo romano (1566), que recollía as conclusións do Concilio de Trento (simplificado no ano 1581). Un dos que maior difusión acadou...

      2. Obra que explica algnha ciencia ou arte baixo a forma de preguntas e respostas.

      3. Libro que contén un resumo dos principios dunha doutrina.

      4. catecismo político

        Compendio doutrinal dirixido ás clases populares e empregado, especialmente no s XIX, para divulgar teorías políticas e sociais a través de preguntas e respostas, dun xeito semellante aos catecismos tradicionais da doutrina cristiá. Algúns exemplos, fóra do ámbito galego, foron o Catecismo político para instrución del pueblo español (Cádiz, 1810), o Catéchisme des industriels (1823-1824), de Saint-Simon, ou o Catecismo político (1865), de Rodríguez Valhondo, dedicado aos escolares. Os galeguistas, así mesmo, empregaron os catecismos para difundir as súas doutrinas entre a poboación en diferentes ocasións. La primera luz (1860), de Manuel Martínez Murguía, é un catecismo destinado á alfabetización patriótica no que se resolven cuestións relacionadas coa xeografía, a historia, a relixión e a literatura de Galicia ao longo de vinte temas. Outro destes compendios doutrinais é o Catecismo do labrego (1889), de Valentín Lamas Carvajal, quen expón...

    1. Ensino elemental da doutrina cristiá, especialmente dirixida aos nenos.

    2. Conxunto de principios e puntos básicos dunha doutrina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista infantil ilustrada editada en Santiago de Compostela no ano 1904. Baixo a dirección do P. Urrutia, era un complemento ao labor pedagóxico, que contiña, dende avisos sobre as actividades da catequese, ata artigos de fondo e seccións de entretemento. Atravesou diferentes etapas; a primeira delas rematou no número 76, cando, en 1915, cambiou o seu nome polo de Catecismo de Niños y Niñas. O seu novo director, o P. Luís María Ortiz, apostaba por unha idea máis infantil e lúdica, ao tempo que como poeta e escritor en galego aumentaba a cantidade de colaboracións nesta lingua. Incluíu escritos de J. Barcia Caballero, Julio Alarcón, Juan de Dios Peza, José da Viña e Miguel dos Agros. Tamén insería poemas de Celestino García, Francisca Herrera ou de frei Alfonso Rey. Publicaba dúas seccións; por un lado, “Entretenimientos”, na que había cancións, adiviñas e xogos, e por outro, “Correspondencia”, na que se intercambiaban cartas. En 1917, co traslado de Ortiz para Bilbao, levou con el o Catecismo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra escrita por Valentín Lamas Carvajal baixo o pseudónimo de Marcos da Portela. Publicouse por entregas dende o 21 de outubro ata o 2 de decembro de 1888 no semanario O tío Marcos da Portela. Parrafeos co pobo gallego (nº 250-256), baixo o título de O catecismo do gallego e posteriormente Catecismo da Doutrina Labrega. Composto polo R. P. M. Fr. Marcos da Portela, doutor en Tioloxía campestre, antes de acadar a súa forma definitiva como libro (1889). En clave satírica exponse a mísera situación do labrego galego do s XIX, sometido ao poder das autoridades administrativas que atentan contra a súa dignidade e se aproveitan dos froitos do seu traballo. O autor parodia o Catecismo de la doctrina cristiana do Padre Gaspar Astete (1599), posiblemente o único texto coñecido por toda a poboación galega cunha estrutura dialogada, que conforma un esquema literario eficaz para dirixirse a un público maioritariamente iletrado. O autor, mediante unha disposición en preguntas e respostas semellante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cartilla bilingüe elaborada por Uxío Carré Aldao que se editou a finais do ano 1907. En outubro dese ano apareceu na revista Galicia Solidaria, voceiro de Solidaridad Gallega, unha convocatoria para elaborar un folleto en galego que difundise no medio rural as ideas da solidariedade social e que sería premiado con cen pesetas. Nese caso, o seu autor cedería todos os dereitos de edición ás sociedades agrícolas de Galicia, que poderían publicalo ilimitadas veces. Non obstante , a falta de orixinais fixo que Uxío Carré Aldao, vinculado á xunta solidaria coruñesa, asumira ese compromiso. O Catecismo solidario tiña, desde un punto de vista formal, moitas similitudes co Catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal, e respecto á composición pódense distinguir dúas partes: unha ideolóxica e outra literaria. O ideario que se expresaba neste Catecismo propuña a afirmación da personalidade galega, a eliminación do caciquismo, a realización de estudios económicos sobre a realidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ensinanza do catecismo.

    2. Maneira de instruír mediante preguntas e respostas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de manobras realizadas cun catéter, con finalidade diagnóstica ou terapéutica.

    2. Introdución dun catéter ata as cavidades cardíacas. O catéter que se emprega habitualmente é de polietileno e radiopac. Introdúcese, baixo control radiolóxico, por unha vea do brazo ou da coxa para chegar ata a aurícula dereita, ao ventrículo dereito e á arteria pulmonar; se se introduce o catéter por unha arteria periférica chega, a contracorrente do fluxo sanguíneo, ao ventrículo e á aurícula esquerdos, e tamén ás arterias coronarias.

    3. Introdución dun catéter nun uréter ou nos dous. Ten finalidades diagnósticas ou terapéuticas.

    4. Introdución dun catéter na vexiga dos ouriños a través da uretra. Os seus obxectivos principais son baleirar a vexiga en casos de retención e de incontinencia urinaria, obter mostras de ouriños para análises clínicas e practicar estudios sobre a vexiga en determinadas enfermidades. OBS: Tamén recibe o nome de sondaxe vesical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma do cristianismo que define a Igrexa Católica romana. É a relixión dos seguidores de Cristo que están en plena comuñón co bispo de Roma (o Papa ou Sumo Pontífice), cabeza do colexio episcopal, sucesor do colexio apostólico. Preséntase como o sistema doutrinal propio da Igrexa Católica, baseada na Biblia, na Tradición e no Maxisterio. Amósase ademais como un pensamento e unha visión das realidades humanas segundo esta mesma doutrina. Os trazos fundamentais que distinguen o catolicismo das outras confesións cristiás son, á parte da autoridade suprema do Papa, a observancia dos sete sacramentos, o sacerdocio xerárquico e a devoción aos santos, especialmente á Virxe María. O catolicismo non é un concepto completamente idéntico ao de Igrexa Católica: o conxunto de ideas e valores constitutivo do catolicismo considérase como unha síntese realizada no entendemento humano en cada momento determinado e, polo tanto, no interior dun proceso histórico. Por iso, presenta unhas características...

    2. Calidade de católico.

    3. Conxunto dos que practican a relixión católica.

    4. Movementos do catolicismo no s XIX que intentaban conciliar a Igrexa Católica coas ideas e as institucións do liberalismo. Os Papas Gregorio XVI e Pío IX rexeitaron as posicións máis extremas deste tipo de catolicismo, como por exemplo as de Lamennais en Francia, que querían converter a Igrexa na inspiradora dos movementos de liberación, mesmo revolucionarios.

    5. Movemento social católico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Literatura ou arte que floreceu no s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO