"OCI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 818.

  • Parte da electricidade que estudia o comportamento das cargas eléctricas en movemento. Prodúcese unha corrente eléctrica, nun medio condutor, cando as cargas eléctricas se moven nunha dirección definida impulsadas por un campo eléctrico. Se un semicondutor se somete a unha diferenza de potencial, todas as cargas eléctricas se desprazan nunha mesma dirección co que constitúen a corrente eléctrica. As magnitudes que caracterizan a corrente eléctrica son a intensidade (I), a diferenza de potencial (V-V’) e a resistencia (R). Estas magnitudes relaciónanse mediante a lei de Ohm, I=V-V’/R. A diferenza de potencial necesaria para manter unha corrente eléctrica continua prodúcese por un xerador, que é un aparato que se caracteriza pola súa forza electromotriz (E). Un receptor é un aparato que transforma a enerxía eléctrica noutro tipo de enerxía que non sexa calor; este caracterízase pola forza contraelectromotriz...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á electrocinética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa estatal francesa creada no 1976 como sucesora da Société Nationale des Pétroles d’Aquitaine (SNPA), constituída en 1941 tralo descubrimento de depósitos de gas na rexión desde 1939. Está presente en todo o ciclo do petróleo e comercializa os seus produtos baixo as marcas Elf e Antar. Converteuse no primeiro grupo refinador de Francia, así como no primeiro produtor francés de gas natural. Participou tamén nas industrias química e farmacéutica. Privatizouse en 1994 e fusionouse con Total-Fina en 1999, co que se conformou un dos primeiros grupos petrolíferos mundiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eritrocito que presenta unha forma elíptica ou oval por mor dun defecto na membrana. É particularmente ríxido, polo que ten dificultades para pasar polos capilares, de xeito que se destrúe con facilidade. Isto determina que a súa vida sexa máis curta ca a dun eritrocito normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria rara de carácter autosómico dominante, que se caracteriza pola presenza de eritrocitos elípticos ou eliptocitos. Polo xeral non produce síntomas, pero en ocasións os afectados poden presentar crises de anemia hemolítica ligadas a ictericia e cálculos na vesícula biliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso e estado afectivo de intensa alteración especialmente de alegría, pesar ou ansiedade. Revela tanto unha maneira subxectiva de afrontar a realidade coma un contido de consciencia determinada. O contido caracterízase por un estado de ánimo que oscila entre o pracer e a falta de pracer e por unha reacción relativa ao obxecto que a provoca, que pode oscilar entre a atracción e a fuxida. Esta reacción, por outra parte, pode ser súbita e breve, chamada choque emocional, ou ben progresiva e estable, denominada sentimento. Cando unha emoción brusca se prolonga máis do habitual pode ter repercusións permanentes no estado físico do individuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á emoción ou á emotividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que emociona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar emoción a alguén.

    2. Sentir unha emoción ou estar afectado por ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación constituída en Madrid o 22 de maio de 1990 que reúne a empresarios, executivos e profesionais autónomos galegos establecidos na Comunidad de Madrid. Ten por obxecto potenciar o intercambio comercial dos empresarios galegos de Madrid cos de Galicia, e tamén cos doutras asociacións da Federación de Empresarios Galegos no Exterior (FEGAEX), e facilitar aos seus asociados información de carácter económico. Entre as súas actividades cómpre salientar a organización de cursos, seminarios e conferencias, a celebración de actos de homenaxe a persoeiros relevantes do mundo empresarial, a sinatura de convenios de colaboración e a publicación dun Boletín e dun Directorio, no que se dan a coñecer a listaxe de socios e das empresas e actividades organizadas por temas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da mucosa dunha vexiga, especialmente da urinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de transporte polo que algúns materiais penetran no interior da célula sen atravesar a membrana. A membrana forma unhas dobras que engloban o material fóra da célula, formándose unha vesícula, que contén o material e que sofre unha invaxinación. A vesícula dentro da célula pode abrirse e liberar o seu contido no citoplasma, ou pode quedar en forma de vesícula para a súa posterior utilización. Tanto a fagocitose como a pinocitose son formas de endocitose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de enfociñar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caer de fociños.

    2. Enfadarse por algo ou con alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición electoral de forzas demócrata cristiáns galegas que se presentaron ás eleccións xerais de 1977, formada por Alianza Galega Social Demócrata (AGSD), nome que adoptou o Partido Social Demócrata Galego ao ser legalizado; o partido de Lasuén, representado en Galicia por Pérez Barxa; o Partido Galego Social Demócrata (PGSD) e o Partido Popular Galego (PPG). O seu ideario electoral estivo constituído polos puntos en común dos catro grupos asentados nunha base humanista e comunitaria, no federalismo non independentista e no proxecto demócrata cristián de contido galeguista. A coalición, que soamente se presentou nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, obtivo unicamente 23.075 votos en conxunto, feito que significou a súa disolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de equívoco.

    2. Carácter en virtude do que un concepto se aplica en dous sentidos distintos. Oposta á univocidade, a medio camino entre ambas está a analoxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula sanguínea de cor vermella que contén hemoglobina, pigmento responsable da súa coloración. Os eritrocitos dos mamíferos son células que presentan forma de disco bicóncavo, duns 7,5 μm de diámetro, desprovistos de núcleo celular e de orgánulos que non se reproducen, mentres que os dos outros vertebrados teñen forma oval e presentan núcleo. Fórmanse na medula vermella, mediante o proceso de eritropoese, e despois destrúense no fígado e no bazo. A vida media é duns 120 días e a cifra normal aproximada é duns 5,4 millóns por mm3 no home e duns 4,8 millóns por mm3 na muller, co que son as células máis numerosas do sangue. A súa principal función é actuar, grazas á presenza de hemoglobina, como vector de O2 e CO2, fundamental para a respiración tisular. Regulan, en parte, o equilibrio ácido-base e son a orixe da bilirrubina. OBS: Tamén se denomina glóbulo vermello ou hemacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento anormal do número de glóbulos vermellos do sangue circulante que pode observarse en diversas enfermidades. OBS: Tamén se denomina policitemia ou poliglobulia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura dura formada por un conxunto de hifas densamente entrelazadas, xeralmente envolta por unha cuberta protectora quitinizada. Aparece nalgunhas especies de fungos cando están sometidas a condicións adversas. Adoita ser rico en substancias de reserva e capaz de permanecer durante moito tempo en estado de vida latente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moldura cóncava que se empregaba para decorar as bases das columnas, situada entre dous toros. Foi habitual na orde xónica.

    VER O DETALLE DO TERMO