"bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
PERSOEIRO
Entallador. Traballou en Santiago de Compostela entre 1611 e 1629. Asociado co escultor Bartolomé Delgado, realizou en 1611 un retablo para Santa Mariña de Arcos da Condesa. En 1629 fixo para a igrexa parroquial de San Clemente de Sisán (Cambados) un retablo adornado con columnas entorchadas e tres escudos de armas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e entallador. Traballou en Santiago de Compostela. Realizou en 1603 un sobrecorpo para o altar da confraría gremial de canteiros e carpinteiros de San Tomé, na capela de don Lope da catedral compostelá. O mesmo ano fixo un retablo para a igrexa parroquial de San Tomé de Ames. Xunto con Xoán de París realizou en 1606 o retablo para a igrexa de San Salvador de Sofán (Carballo), e en 1609 outro para San Cristovo de Xavestre (Ordes). En 1622 realizou o retablo de Santa María de Queixas (Ordes).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entallador. Traballou en Santiago de Compostela no primeiro terzo do s XVII. Realizou os retablos de Santa Eulalia de Senra (Ordes, 1629), Santa María de Cornada (Brión, 1633) e Santa María de Cobas (Negreira, 1634). En 1635 recoñecéuselle o título de entallador.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Prado ou terreo moi húmido, que serve de pasto no verán.
-
Terreo asolagado no que nace auga nun lugar baixo.
-
Zona próxima a un río.
-
Terreo próximo ao mar inundado de agua.
-
-
queiroa.
-
Denominación vulgar das algas do xénero Corallina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xurdiu en Santiago en 1977, o seu último número corresponde ao ano 1979. Subtitulouse “Boletín da sociedade galega de historia natural”. Francisco Díaz Fierros Viqueira foi o director desta publicación, editada pola Sociedade Galega de Historia Natural. Posuía un amplo comité de redacción formado por María Luísa Areses Trapote, Luís Freire García, Manuel Freire Rama, Felipe Macías Vázquez, Celso Rodríguez Babío e Emilio Valadé del Río. Entre os colaboradores figuraban Begoña Bas López, Uxío Labarta, Xosé María Losa Quintena, Xoán Rodríguez Silvar, Augusto de Castro, etc. Estaba dividida nas seguintes seccións: “Editorial”, “Ciencia e sociedade”, “Traballos”, “Ciencia sen fronteiras”, “Publicacións”, “Espacios naturais”, “Crónica” e “Bibliografía”. Ilustraba os artigos con moitos gráficos e táboas. A temática desta revista abranguía principalmente traballos que trataban do medio natural xa sexa vexetal, mineral ou mariño, así como artigos sobre xacementos, estudios estatísticos, etc. Os...
-
GALICIA
Compositor. Entre a súa produción destacan as pezas: A miña terriña, El voto del pueblo coruñés, Doces airiños da terra, Retreta militar e Gran fantasía de concerto.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Ambroa, concello de Irixoa. O seu cumio acada os 408 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico británico. Formouse na Royal Academy of Dramatic Art de Londres (RADA), onde se graduou en 1981, carreira que continou na Royal Shakespeare Company. En 1987 fundou, con David Parfitt, a Renaissance Theatre Company, coa que conformou un repertorio de clásicos da literatura dramática universal, prestando especial atención á obra de William Shakespeare, e na que presentaba un conxunto de espectáculos nos que amosaba as súas calidades de actor e director. Interesado pola televisión e o cine, en 1988 estreou a película Henry V, pola que recibiu múltiples premios e varias nominacións para os Oscars de Hollywood. Como director de cine realizou tamén: Dead again (Volver morrer, 1991), Mary Shelley´s Frankenstein (Frankenstein de Mary Shelley, 1994) e Traballos de amor perdidos (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prado ou terreo caracterizado por ter moita humidade.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Toques baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Físico e inventor. Foi catedrático de Física e Química do Instituto de Oviedo (1903) e despois do da Coruña (1916). Acadou renome polos seus inventos, como un aparello para a inscrición mecánica automática das variacións do magnetismo terrestre e un receptor radiotelegráfico que permitiu rexistrar radiogramas a unha distancia de case dous mil quilómetros. En 1899 fundou e dirixiu na Coruña o primeiro gabinete radiográfico da cidade. Doutorouse coa memoria Estudio de las radiaciones hertzianas e publicou Registro de las señales hertzianas a grandes distancias (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista, avogado, economista, escritor e político rexionalista. Formouse en Santiago de Compostela con Melchor Salvá Ormaechea, Benito Núñez Forcelledo e Luis Zamora Carrete, doutorándose en Madrid o 25 de maio de 1885 cunha tese titulada Reglas equitativas para trazar la línea divisoria entre ambas potestades, o sea entre los derechos y los intereses de la Iglesia y del Estado. Foi catedrático de Dereito Natural en Oviedo e de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela, feito que lle levou a publicar o primeiro Programa de Hacienda Pública (1888). En 1887 publicou dúas obras xurídicas: Fundamentos del derecho de propiedad e El principio fundamental del derecho: lecciones elementales de historia de la filosofía del derecho. Nesta obra definiu a súa filosofía do dereito, considerado como un poder inviolable de esixir doutro algo conforme á lei natural e como o poder moral abstracto que convén levar ao termo dunha relación...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. En 1863 fundou, xunto a Ezequiel Fernández Miranda, o xornal coruñés El Avisador, cabeceira que máis tarde cambiou por El Anunciador, desaparecido en 1894. Como poeta editou Barcarola cantada por los carpinteros (1864) e La luz en la noche (1902). Dentro do eido da narrativa publicou María Pita (1863), Amante española (1864), e traduciu ao español La mujer del collar de terciopelo, de Alejandro Dumas e Mademoiselle La Fayette (1864), de Mole-Gentilhomme, entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Toques. Románica de finais do s XII, consta dunha nave e dunha ábsida rectangular prolongada cara ao L cunha sancristía engadida posteriormente. O arco triunfal é de medio punto, dobrado e de gran luz, non está sostido por columnas, senón polo propio muro, a través dunha imposta adornada con motivos vexetais moi estilizados.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Figura de nota musical formada por unha redonda e un pao; equivale, en duración, ao dobre da negra e á metade da redonda.
-
-
Moeda medieval de billón, múltiplo do denario e de lei xeralmente baixa. Foi cuñada en moitos estados cristiáns coa intención de substituír os múltiplos de prata por unha moeda de peor aliaxe. Denominábase así polo aspecto que presentaba despois do branqueo.
-
Antiga moeda de billón que valía medio maravedí. Tamén a houbo de prata con diferentes valores.
-
Moeda que na Galicia dos ss XIV e XV equivalía a tres denarios.
-
-
ariedade de uva branca que se cultiva nalgunhas comarcas galegas e, especialmente, na ourensá de Monterrei.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome feminino procedente da tradición cristiá que equivale a Alba e Neves. Vén do xermánico *blank ‘branco, claro, brillante’, que habería de substituír practicamente o albus latino como adxectivo na lingua común. O nome adquiriu unha gran difusión pola sona de dona Branca de Castela, nai do Rei Luís IX o Santo de Francia. A súa festa celébrase o 5 de agosto agás en Pazos de Borbén, onde se conmemora o primeiro domingo de agosto.
-
PERSOEIRO
Filla de Xaime II e Branca de Anjou. En 1316 tomou o hábito dos hospitaleiros na catedral de Tarragona. Foi educada no mosteiro de Sixena onde foi priora en 1321. Renunciou ao priorado e pasou os seus últimos anos en Barcelona xunto á súa irmá María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra polo seu matrimonio con Enrique I (1270). Foi nai de Xoana, casada co Rei Filipe o Fermoso de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO