"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Santiago de Compostela. Fundouna o chantre Paio Abad cara a 1140 en honor da nai dos apóstolos Santiago o Maior e Xoán e contou co mecenado do arcebispo Xelmírez. Ten planta cadrada con pequenos brazos que xorden de catro arcos de medio punto apoiados sobre pilastras estriadas. A cúpula é de media laranxa sobre pendentes e está decorada con estudos. No s XVI engadíuselle, á beira do presbiterio, a capela de Nosa Señora e San Xosé, cuberta cunha bóveda nervada, e no s XVII construíuse a capela barroca de Santa Tareixa, cuberta cunha cúpula con casetóns e lanterna. A portada principal ten arquivolta tripla levantada sobre columnas con capiteis decorados. Na clave da porta atópase a imaxe da Virxe do Leite co Neno e aos lados a Anunciación do s XV. A porta está gornecida por un pórtico do s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Coirós. Construíuse a finais do s XIII e comezos do s XIV. Románica de transición, ten planta rectangular de nave única e ábsida, con dous tramos, o primeiro cuberto con bóveda de canón apuntado e o segundo con bóveda de cruzaría. O arco triunfal é apuntado e apóiase sobre columnas pegadas. No s XIX desaparece a portada oxival.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Antas de Ulla. Foi construída en estilo románico no s XII e reconstruída a finais do s XVI. Ten planta rectangular. A ábsida é cadrada e comunícase cunha pequena sancristía dun lado e coa capela-panteón dos condes de Torre Penela. O arco triunfal, de medio punto dobrado, descansa sobre dúas columnas. En 1650 construíuse a capela-panteón de planta hexagonal, cuberta con bóveda de casetóns. No interior destacan as esculturas funerarias dos primeiros condes e dos seus inmediatos sucesores (1719). Conserva brasóns no interior e no exterior do edificio.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Pereiro de Aguiar. De orixe románica, ten elementos góticos dos ss XIII e XIV e fachada barroca do s XVIII. Ten planta de nave única rectangular con capela maior rectangular, ambas as dúas decoradas con pinturas, e sancristía pegada. A porta principal é dunha soa arquivolta de arco apuntado enmarcado cunha orla decorada con zigzags, apoiada sobre columnas acobadeladas. Sobre a porta ábrese unha ventá e sobre esta unha espadana de tres corpos decrecentes. No muro sur ábrese unha porta con dúas arquivoltas apoiadas en columnas acobadeladas con capiteis vexetais. Ao seu redor celébrase a romaría dos Gozos, os dous domingos seguintes ao de Pascua.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada na carballeira de Santa Susana na Alameda de Santiago de Compostela. A súa orixe atópase nunha das primeiras igrexas que se erixiron na cidade, rexistrada no Códice Calixtino e situada ao pé do camiño xacobeo procedente de Padrón. Permaneceu baixo a advocación do Santo Sepulcro e de Todos os Santos ata que o arcebispo Xelmírez trouxo de Braga as reliquias de santa Susana. Reedificouse en 1105 e case non se conservan restos do templo románico. A igrexa é do s XVII e foi trazada por Juan Davila e realizada por Bieito González de Araújo. Pouco despois da súa construción reedificouna Francisco Antúnez. Ten unha única nave e ábsida e no s XIX engadíuselle o campanario.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia da Guarda (A Guarda). O seu cumio acada os 341 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de santa Tegra.
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento situado no monte Santa Tegra (A Guarda). Descubriuse durante a construción dunha pista forestal no monte en 1913. Foi escavado por Ignacio Calvo (1914-1924), Cayetano Mergelina Luna (1928-1933 e 1943-1944), Fernández Rodríguez en diversas campañas entre 1952 e 1972 e Antonio de la Peña Santos (1983-1988). Localízase a partir dos 200 m de altitude. Trátase dun poboado amurallado que non ten un sentido urbanístico xeométrico pois as vivendas, a maioría circulares e algunhas trapezoidais ou ovadas, aparecen agrupadas en barrios, posiblemente de carácter familiar, e só existen algunhas pequenas rúas que as separan. Moitas delas presentan vestíbulos e no interior teñen un banco corrido e un piar ou poste central que suxeitaba o teito de palla. A muralla, realizada en cachotaría, tiña como función principal delimitar o territorio e contaba con dúas entradas. Acadou o seu momento de maior esplendor entre os ss I a C e I d C, e a partir do s II iniciou un período de decadencia no que...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría que se celebra no monte Santa Tegra (A Guarda) o 23 de setembro en honor da santa. Os romeiros rezan e fan ofrendas florais no Vía Crucis e asisten ás tres misas rezadas e á misa maior, despois de que se saca a imaxe da santa en procesión. No mesmo monte celébranse tamén o xubileu de Santa María do Mar, o luns de Pentecoste, e o xubileu de Santo Estevo, o 26 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ía Crucis situado na subida ao monte Santa Tegra. As catorce estacións teñen forma de medallóns e son todas de bronce, obra de Julio Vicent Mengual. Comezouse a construír en 1923 e rematouse en 1940. Foi financiado polas familias máis ricas da Guarda. Paralelo a este Vía Crucis existe outro do s XVII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Celebración que ten lugar no monte Santa Tegra (A Guarda). A súa orixe atópase nun suceso acontecido en 1355 cando a comarca padeceu unha seca e a peste durou sete anos. Segundo a tradición santa Tegra apareceulle a unha pastora e díxolle que era vontade de Deus que fixesen rogativas e penitencias na cima do monte para remediar estes males. Os abades dos mosteiros de Santa María de Oia e de Barrantes (Tomiño) acordaron que os eclesiásticos das sete parroquias da zona subisen ao monte en actitude penitencial e rendesen culto á santa. Uníronselle moitos fieis da comarca e o bispo de Tui Juan de Castro. Despois de día e medio de súplicas, chegou a choiva e os devotos, para agradecelo, fixeron voto perpetuo de restablecer a antiga Irmandade do Clamor, reanudando os antigos cultos a santa Tegra, subindo, só homes, ao monte o luns da Asunción, en xaxún de pan e auga e demais actos que mandaban as antigas constitucións. Desde 1973 celébrase o último sábado de agosto á tardiña.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Pobra do Caramiñal. Ten planta rectangular cunha nave e ábsida gótica do s XV. Conserva capelas e algunhas columnas románicas. A nave cubrese cunha bóveda de canón rebaixada e a ábsida cunha bóveda apuntada de nove nervios. O arco triunfal é apuntado e ten ornamentación plateresca. A fachada principal ten unha porta rectangular flanqueada por dúas fornelas e outra na parte superior. O campanario é de planta cadrada, con dous corpos rematados en cúpula. Nos extremos da cuberta atópanse as imaxes dun mozo tocando a guitarra e unha moza tocando a frauta, similares ás esculturas do Pórtico da Gloria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi mestre de capela da catedral de Lugo en 1731. Escribiu Carta de grazas a D. Roque de Lázaro y Santistevan (1719) e Respuesta dada al Defensorio Músico de Luis Cirilo González (1730).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Congregación romana encargada de velar pola pureza da doutrina. A máis antiga fundouna o Papa Paulo III en 1542, para combater o protestantismo, co nome de Congregación da Suprema Inquisición. Pío X deulle o nome de Sagrada Congregación do Santo Oficio en 1908 e en 1969 Paulo VI modificoulle as funcións e o nome polo de Congregación para a Doutrina da Fe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo industrial xaponés constituído en 1950, con sede central en Osaka. Dedica gran parte da súa produción á electrónica de consumo, pero dispón tamén de departamentos dedicados a electrodomésticos e aparatos eléctricos de aplicación comercial.
-
PERSOEIRO
Mestre. Desde 1922 realizou boa parte do seu exercicio profesional en distintos lugares da Mariña e destacou pola súa preocupación por dotar de base científica o seu labor pedagóxico, orientado por criterios decrolyanos e freinetianos. Promoveu a creación da publicación El Pequeño Escolar, que preparaban os mestres da Mariña Oriental durante o curso 1935-1936. No inicio da sublevación militar foi detido polas súas convicións republicanas, estivo encadeado cinco anos e dedicouse logo a distintos traballos, entre eles a docencia privada na cidade de Lugo. Escribiu Uno de tantos: cinco años a la sombra (1986). Foi o personaxe que inspirou o conto de Manuel Rivas “A lingua das bolboretas”, publicado na obra Que me queres amor? e levado ao cine en 1999.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de sociedades e institucións iniciadas en 1948 cando Isaac Díaz Pardo instalou no Castro de Samoedo (Sada) un laboratorio para ensaiar a calidade das terras caolínicas do lugar para a fabricación de porcelana. Ao mesmo tempo estudábase a definición dunha nova empresa para Sargadelos. Neste lugar, a finais do s XVIII, o ilustrado Antonio Raimundo Ibáñez, en base aos recursos naturais daquela bisbarra, proxectou unha empresa siderúrxico-cerámica que foi un exemplo de planificación adiantada ao seu tempo e que se estuda como unha das primeiras iniciativas do capitalismo industrial en España. En 1809 morre Ibáñez, pero o acertado das súas ideas queda demostrado en que as empresas sobreviviron ata 1875, ano en que pecharon definitivamente. Todas estas ideas e iniciativas foron tomando corpo no Laboratorio de Formas, institución teórica ideada por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo para recuperar a memoria histórica e analizar as raíces da linguaxe das formas. En 1963 o Laboratorio de Formas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación do logaritmo do período de semivida dun isótopo radioactivo, en función do logaritmo da variación de enerxía do núcleo.
-
PERSOEIRO
Rei semítico de Acad (2371 -2316 a C). Fundou o reino e a dinastía de Acad. Copeiro de Ur-Zababa, rei da dinastía IV de Kish, alzouse contra el, tomou o poder e erixiu unha nova cidade, Acad ou Agadé. Venceu a Lugalzagissi, rei da dinastía III de Ur, e someteu despois a zona do Golfo Pérsico, ao S, e a rexión ocupada máis tarde por Asiria, ao N. Chegou, polo SL, ata Elam, derrotou a Subartu e penetrou ao N de Siria e quizais tamén en Asia Menor.
VER O DETALLE DO TERMO