"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axente antagonista do ácido fólico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canto no que dúas voces ou coros se responden de maneira alternativa; tamén fai referencia aos cantos litúrxicos, longos e independentes con alternancia, e aos versos que se cantan no introito, nos invitatorios e nas procesións. Semella que a estrutura dos salmos e da traxedia grega puido ter influído na adopción por parte dos cristiáns deste canto. Metaforicamente, Ramón Cabanillas empregou o termo no título dunha das súas obras Antífona da cantiga, onde glosa e antologa esta forma popular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro litúrxico da Igrexa occidental que contén antífonas e outros cantos. Aparece a comezos da Idade Media co nome de Liber Antiphonarius, aplicado tanto ao libro de antífonas de misa coma ao de antífonas de oficio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que nun coro entoa as antífonas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo correspondente ao concepto de metafonía na terminoloxía do lingüista italiano Graziadio Isaia Ascoli.
-
-
Relativo ou pertencente á antífona.
-
Aplícase a aquel fragmento musical cantado por dous coros alternativamente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que tapona o oído co fin de amortecer os ruídos exteriores.
-
PERSOEIRO
Orador grego, o máis antigo dos considerados clásicos pola escola alexandrina, que o fai mestre de Tucídides. Membro do partido oligárquico, participou no goberno dos Catrocentos, sendo axustizado ao caer este. Consérvanse unha ducia dos seus discursos académicos, divididos en tetraloxías, de paternidade non certa, e tres máis en defensa de causas de homicidio, nos que era especialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sofista grego. Coñécense poucos datos seguros sobre a súa vida, téndose identificado erroneamente co orador do mesmo nome. A diferenza daquel, tiña unha ideoloxía democrática e era hostil á idea da Providencia. Atacou as concepcións idealistas de Gorxias e defendeu o alcance ontolóxico da percepción e o pensamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
antiforismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento contrario á institución do foro. Durante o século XIX a cuestión foral apareceu como o maior problema relacionado coa propiedade das terras en Asturias, León e Galicia, onde se considerou unha das causas primordiais do atraso no que se atopaba o agro. Dende mediados de século xorden propostas que inclúen a redención foral; autores como Colmeiro (1843), Castro Bolaño, Sánchez Villamarín ou Montero Ríos, protagonizaron campañas en favor da modificación ou supresión do sistema foral que desembocaron en dous grandes sucesos en 1864: a presentación no Congreso dos Deputados do primeiro proxecto de lei de rendención de foros, elaborado por Pelayo Cuesta; e a convocatoria por parte da Sociedade Económica de Santiago do I Congreso Agrícola, onde se impuxeron as posturas máis moderadas. O segundo intento de reforma tivo lugar durante a Primeira República, ao aprobarse, en agosto de 1873, un proxecto de lei presentado por Paz Novoa, que contemplaba a redención de foros, subforos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de oposición ao franquismo, sistema político vixente en España entre 1936/1939 e 1975/1977. Aglutinou un conxunto heteroxéneo de forzas políticas (Partido Comunista de España, pequenos grupos socialdemócratas e democrata-cristiáns liderados por persoeiros do Réxime, etc) e de movementos sociais (sindicatos obreiros, cristiáns de base dende o Concilio Vaticano II, etc). O movemento antifranquista manifestouse tamén a través da loita guerrilleira (Foucellas, Piloto, etc) e desde o estranxeiro (manifestacións a prol da democratización de España, goberno republicano no exilio, etc).
-
-
Que manifesta oposición ao franquismo.
-
Militante da oposición ao réxime franquista.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura literaria que consiste no emprego dun enunciado cun sentido contrario do que se deduce da interpretación literal. Por exemplo: Mira que xigante! (referíndose a unha persoa especialmente baixa).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á antifrase.
-
-
Aplícase ás aliaxes metálicas utilizadas en pezas suxeitas a rozamento provocado por desprazamento. Destínanse sobre todo ás chumaceiras que soportan árbores en rotación, cabezas de bielas, etc. As aliaxes antifricción teñen que presentar dureza para poder reducir o rozamento. Tamén deben minimizar as posibilidades de enferruxamento, é dicir, ser plásticas. Dese xeito poden asegurar o axustamento automático das pezas que rozan, así como compensar pequenos defectos de aliñación ou irregularidades da superficie e conseguir a incrustación de partículas estrañas. Deben ser, ademais, bos condutores térmicos, para evitar quentamentos excesivos. As aliaxes antifricción comprenden tres grupos principais: aliaxes a base de estaño (80-92%), antimonio (3-15%) e cobre (3-10%); aliaxes nas que o chumbo substitúe o estaño e o cobre, totalmente ou en gran parte; e aliaxes nas que o principal constituínte é o cobre. Nestes casos, trátase de bronces ordinarios (cun 5-15% de estaño) ou especiais (fosforosos...
-
-
Metal antifrición.
-
antifricción autolubricante
Calquera das aliaxes de antifricción que se obteñen pola metalurxia de pos que, en virtude da súa porosidade, poden impregnarse de aceite para converterse en autolubricantes. Os máis usuais son os bronces (90% Cu-10% Sn).
-
-
-
-
Que evita o desenvolvemento dos fungos, destruíndoos ou detendo o seu crecemento e reprodución ( funxicida).
-
erniz que proporciona protección contra os fungos.
-
-
AFLUENTES
Afluente do Cabe. Nace no lugar da Lama a 1.144 m de altitude na parroquia de Trascastro, concello do Incio. Logo dun curso de 7 km en sentido S-NL-O desauga no lugar de Trascastro, na mesma parroquia.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa das Pequenas Antillas (280 km2), que, coas illas de Barbuda e Redonda forma o estado de Antiga e Barbuda. Fórmana terreos montañosos volcánicos ao SO e unha chaira calcaria ao N e NL, con costas recurtadas rodeadas de barreiras coralinas. O clima é tropical (25°C de temperatura media anual), relativamente seco (1.100 mm de precipitación anual). Cultívase cana de azucre, algodón, tabaco, e froiteiras con destino á exportación. Hai industrias derivadas da agricultura (refinería de azucre, destilerías de ron). O turismo é unha importante fonte de ingresos. Ao N hai un aeroporto e unha base aeronaval dos EE UU. Os portos de máis tránsito son Falmouth, ao S e, sobre todo Saint John´s, na costa NO, que é a capital do estado. Foi descuberta por Cristovo Colón en 1493.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado das Pequenas Antillas (442 km2; 62.922 h [censo 1991], 64.500 h [estim 1997]) que comprende as illas Antiga (280 km2), Barbuda (160,5 km2) e Redonda (1,5 km2). A capital é Saint John´s, situada na illa da Antiga.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A illa Antiga é un cordal de orixe volcánico que configura unha superficie montañosa que ten a máxima altitude no monte Boggy, que acada os 402 m. O litoral das illas é de orixe coralina, feito que determina a existencia de costas recurtadas rodeadas de barreiras coralinas no L. A maioría das rochas son de orixe volcánica, aínda que están recubertas por unha abundante terra fértil, pero tamén hai presenza de importantes chairas calcarias. A illa Barbuda é de orixe coralina cunha gran lagoa no O (Lagoa de Codrington); a máxima altura, no monte Higlands, acada os 62 m. O clima é tropical (25°C de temperatura media anual) e relativamente seco (1.100 mm de precipitación anual). A illa Redonda...