"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Oposto á ditadura de Porfirio Díaz, fundou o Partido Nacional Antireeleccionista, que protagonizou a insurrección armada de 1910. Despois do triunfo da revolución, foi elixido presidente (1911) e enfrontouse con Zapata e Orozco. Traizoado por Victorino Huerta, foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei aprobada en maio de 1855 polo ministro de Facenda Pascual Madoz Ibáñez, a pesar da feroz oposición do clero. Pretendía completar o proceso, xa iniciado coa Lei de Desamortización de Mendizábal, de venda pública dos bens civís e eclesiásticos. Unha vez aprobada, Madoz Ibáñez perdeu o apoio da monarquía, dimitiu e pasou a formar parte da oposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de madurar.

      1. Proceso que consiste nun conxunto de transformacións das células, dos tecidos, ou dos organismos, mediante o que alcanzan o seu desenvolvemento.

      2. Proceso que consiste nun conxunto de modificacións que fan que as células xerminativas diploides pasen ao estado de gametos haploides despois de dúas divisións da meiose.

      3. Proceso de formación de pus nun abceso.

      1. Operación que consiste en deixar repousar un produto alimenticio (carne, fariña, viño, etc) co fin de que adquira as propiedades adecuadas.

      2. maduración da carne

        Rebrandecemento da carne ríxida dos animais acabados de sacrificar, acompañado da aparición dun sabor e aroma agradables. Depende da temperatura, do tempo e dos enzimas e ácidos do músculo.

      3. maduración da fariña

        Melloramento das propiedades reolóxicas da fariña destinada á panificación, conseguido durante a almacenaxe e debido á oxidación, que vai acompañado da perda de cor.

    2. Conxunto de transformacións que experimentan o óvulo e o ovario ata que se converten, respectivamente, en semente e froito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Usurpador do Imperio Romano de Occidente (350-353). Xeneral de orixe xermánica ao servizo do Emperador Constante I, participou na conxura que levou ao seu asasinato e foi proclamado emperador en Autun. Estendeu a súa autoridade ás provincias occidentais, pero foi derrotado por Constancio II, emperador de Oriente, en Mursa (Panonia) e na Galia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de magnetizar.

    2. imantación.

    3. Acción e efecto de someter a alguén a magnetismo animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste na deformación elástica que presentan as substancias magnéticas ao ser sometidas á acción dun campo magnético. É especialmente notable nalgúns metais, como o níquel e o cobalto, en moitas aliaxes de ferro e nas ferritas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de magnificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de reaccións non enzimáticas que teñen lugar en aminoácidos e azucres redutores. Prodúcese por quentamento ou durante un almacenamento prolongado, e ten un dobre interese no ámbito da tecnoloxía alimentaria xa que é unha das causas da deterioración de moitos alimentos e é un proceso provocado para obter unha aparencia e un sabor característicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Absorción intestinal alterada.

    2. Estado clínico que resulta dunha absorción alterada dos nutrientes no tramo do intestino delgado. Pode deberse a catro causas principais: por unha dixestión inadecuada (pancreatite crónica, síndrome de Zollinger-Ellison); por unha alteración do metabolismo dos sales biliares; por defectos xerais e específicos da mucosa do estómago que dificultan o transporte de nutrientes, e por unha obstrución das vías linfáticas intestinais. Os síntomas e signos máis comúns son: diarrea con esteatorrea, debilidade, anorexia, anemia (por falta de ferro, ácido fólico e vitamina B 12 ), hemorraxias (por falta de vitamina K) ou hipoglicemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de malaxar. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de maldicir.

      1. Imprecación que se dirixe contra algo ou alguén manifestando odio e aversión e, especialmente, desexo de que lle aconteza algún mal.

      2. Fórmula ou conxunto de palabras coas que se maldí.

    2. Conxunto de desgracias ou feitos infortunados que lle acontecen a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento térmico de recocido de arrefriamento lento que se realiza sobre as fundicións brancas e fráxiles para aumentar a súa maleabilidade. Efectúase nunha atmosfera oxidante e a 1.000 - 1.050°C prodúcese unha disociación da cementita en ferro e carbono, que queda en forma de módulos ou esferas de grafito no interior da peza, á vez que se produce unha descarburación superficial (fundición maleable branca). Nunha atmosfera neutra e a 900 - 1.000°C, todo o carbono queda en forma de grafito e dá á fundición unha cor negra (fundición maleable negra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feitizo ou acción realizada por encantamento, que ten como finalidade causar dano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía ou deformidade dunha parte do corpo, xeralmente de carácter conxénito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen ten malicia ou está inclinado a pensar mal.

    2. Que amosa ou está feito con malicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alimentación incorrecta que resulta dunha asimilación deficiente, dunha dieta pobre ou dunha sobrealimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de malversar.

    2. Delito contra a propiedade pública que poden realizar as autoridades ou funcionarios que gardan os efectos públicos ao seu cargo. O funcionario pode cometer este delito coa subtracción activa ou co consentimento para que outro o realice, coa utilización dos bens públicos para uso propio ou diferente ao que son destinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curtametraxe de carácter dramático filmada en 1984 e dirixida por Chano Piñeiro. A xénese da obra é un recordo de nenez do propio director que resolve cun final tráxico, en que o realizador mostra o seu punto de vista sobre os efectos da emigración. A súa estrutura narrativa é circular, as primeiras imaxes mostran unha panorámica aérea de aproximación ao lugar, e outra, en sentido inverso, pecha a cinta. Foi galardoada en 1985 co Premio da Crítica na Sección de Artes e Ciencias da Representación en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canción popular, datada en 1722, que fai referencia a John Churchill, duque de Marlborough, e aos seus feitos de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de manducar.

    VER O DETALLE DO TERMO