"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción e efecto de matizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de matricular ou matricularse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano e reformador italiano. Coñecido tamén como Matteo di Bassi, foi frade menor observante ata que en 1525 iniciou un movemento reformista apoiado por Clemente VII (1528) e formou a Ordine dei Cappucini en Umbria, que tiñan o privilexio de vestir hábito con capucha, observar a regra franciscana e vivir na pobreza integral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘traballo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do latín Mauritius, nome persoal étnico derivado do nome persoal latino Maurus ‘mouro, natural de Mauritania’. Hai quen o considera tamén como unha forma derivada de Moisés, nome de orixe exipcia. San Mauricio de Agaune (s III), segundo a Lenda Dourada xefe da lexión tebana, celébrase o 22 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Xefe da lexión tebana, instalou o seu campamento en Agaune (Valais), actual Saint-Maurice (Suíza) para combater ao N dos Alpes. O Emperador Maximiano deu orde de decimar a lexión por non participar no culto oficial de Roma, e acusados de rebelión militar, oficiais e soldados entregaron as súas armas e deixáronse decapitar sen opoñer resistencia. A súa festividade celébrase o 22 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Stadhouder de Holanda e Zelanda (1585-1625) e de Utrech e Overijssel (1590-1625), fillo de Guillerme I de Orange-Nassau. Foi nomeado presidente do Consello de Estado das Provincias Unidas (1584) e gobernador e capitán xeral (1587). Á fronte das tropas españolas conquistou Breda (1591), Nieuwpoort (1600) e Rhinberg (1601). Opúxose á Tregua dos Doce Anos (1609-1621).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque (1541-1547) e elector (1547-1553) de Saxonia. Loitou xunto a Carlos V ata a Batalla de Mühlberg (1547) para conseguir o título de elector, pero despois uniuse á Liga de Königsberg (1550) e asinou o Tratado de Chambord (1552) con Enrique II de Francia. Apoderouse de Augsburgo e de Innsbruck, provocando a fuxida do Emperador Carlos V. Ao mes seguinte asinou con el o Tratado de Passau (1552).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Oriente (582-602). Combateu os persas en Constantina (581) e, grazas á súa vitoria, Tiberio II escolleuno como xenro e sucesor. Reorganizou a administración do imperio e creou os exarcados de Italia e África. Defendeu Italia contra os longobardos, os ávaros e os eslavos, pero foi derrocado e asasinado por unha sublevación militar, apoiada polo Senado, que nomeou emperador o centurión Focas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Estado de África oriental, situado no Océano Índico, ao L de Madagascar. Comprende as illas Mauricio, Rodrigues e os grupos de Agalega e Saint Brandon, tamén chamados Cargados Carajos (1.865 km2; 2.045 km2 coas súas dependencias; 1.156.000 h [estim 2001]). A capital é Port Louis.
    Xeografía
    De orixe volcánica, o relevo ao longo da costa é montañoso e de fértiles chairas no interior. O clima é monzónico e son frecuentes os tifóns. A base económica é a agricultura, onde destacan os cultivos de cana de azucre, té, tabaco, millo, arroz, legumes, hortalizas, oleaxinosas e froita tropical. Posúe industria de transformación de produtos agrícolas, da madeira, de confección téxtil, unha fábrica de fertilizantes e unha refinería de petróleo. Exporta azucre e subprodutos, confección, té, petróleo e artigos manufacturados.
    Sociedade e goberno

    Diversidade étnica e cultural
    A poboación de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano, fillo de Marco Aurelio Valerio Maximiano. Foi excluído da sucesión despois de que o seu pai abdicase (305), pero os pretorianos proclamárono augusto. Trala reordenación do imperio (308) fuxiu á Galia. Posteriormente volveu a Roma pero non acadou a popularidade, malia que construíu enormes e custosos edificios. Enfrontouse con Constantino I na Batalla da Ponte Milvio e foi derrotado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de maximizar.

    2. Concepto que deriva da matemática, introducido na análise económica polo marxinalismo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que, desde xullo de 1992, recibe a antiga Asociación España-URSS fundada en xaneiro de 1987. Esta institución, presidida por Francisco Mosquera Pazo, desenvolve actividades culturais e lúdicas como cursos de lingua rusa, ciclos de cine ruso, torneos de xadrez, concursos de redacción e debuxo, conferencias ou presentación de libros. Conta, ademais, cunha coral polifónica e cunha biblioteca de libros rusos e galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame convocado polo Concello de Ferrol a partir de 1983. O fin foi o de constituír unha colección galega de gravado contemporáneo, conservada e incrementada despois de cada edición polo Arquivo Calcográfico Ferrolán. Non ten carácter anual e dos premios destaca o extraordinario para a especialidade de linóleo. As obras premiadas pasan a formar parte do Museo Municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuacións fundamentais do electromagnetismo formuladas por J. C. Maxwell entre 1862 e 1873. Maxwell reuniu baixo un mesmo formalismo os coñecementos que xa se tiñan dos fenómenos electromagnéticos grazas aos estudios anteriores de Ampère e Faraday. Unha consecuencia destas ecuacións é a posibilidade da propagación de ondas electromagnéticas que experimentou máis tarde H. Hertz (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e profesora. Doutora en Filosofía e militante feminista, é membro do consello de redacción da revista Ingenium. Cadernos de Historia das Ciencias e das Técnicas, do Seminario de Estudos Galegos, cofundadora da cátedra Caixanova de Estudios Feministas da Universidade de Vigo e membro da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía. Escribiu A cultura filosófica en Santiago de Compostela no século XIX (1982), Debates ideolóxicos na Compostela do s XIX (1995), O Kraussismo en Galicia e Portugal (1995), A cuestión de xénero e a marxinación (1997) e Luce Irigaray (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mecanizar ou de mecanizarse.

    2. Utilización xeneralizada de maquinaria no proceso de produción, que supón unha reconversión na aplicación da forza de traballo, de maneira que se volva máis produtiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mediar ou intervir entre dúas persoas ou máis para facer que se poñan de acordo.

    2. Culminación superior dun astro.

      1. Intercesión de Xesús Cristo ante Deus a favor dos homes.

      2. Intercesión da Virxe ante Xesús Cristo a favor dos homes.

      1. Medio pacífico de resolver os problemas internacionais que consiste no feito de que un terceiro (un estado, unha organización internacional ou mesmo unha persoa privada) interveña entre as partes litigantes, propoñendo unha solución.

      2. Contrato polo que unha persoa está obrigada a pagar a outra unha retribución por indicarlle a oportunidade de concluír un contrato ou por conseguir unha celebración cun terceiro.

      3. Procedemento para resolver os conflitos ou as diverxencias laborais, en especial cando son de carácter colectivo, mediante a intervención de organismos públicos ou de persoas que actúan amigablemente entre as partes enfrontadas e que lles propoñen recomendacións.

    3. Actividade propia dun axente, dun termo, dunha realidade ou dun principio intermediario. Na filosofía platónica estivo representada polo demiúrgo, e polo termo medio no siloxismo aristotélico. En Hegel, o concepto de mediación supoñía un momento intrínseco do coñecemento, en virtude do que este asume o particular no universal e fai do último un universal concreto.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mediatizar.

    2. Incorporación dun país xermánico que depende do emperador a outro estado do Sacro Imperio Romano--Xermánico, en que o novo soberano se converte nun soberano intermedio. No Sacro Imperio había dous tipos de feudos: o feudo inmediato, que dependía directamente do emperador, e o feudo mediato, que tamén dependía del, pero coa mediación doutro señor. A mediatización consistía en facer pasar territorios ou individuos da primeira categoría á segunda, e a súa finalidade foi a de reforzar o poder dalgúns dos países do imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Administración dun axente terapéutico cunha finalidade concreta.

    2. Conxunto de menciñas que se toman para tratar unha enfermidade.

    3. Conxunto de medicamentos que teñen unha mesma substancia activa.

    VER O DETALLE DO TERMO