"Bol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que xurdiu no ano 1924 na Coruña. Todos os membros do corpo colaboraron con este boletín que os informaba sobre as actividades dos milicianos de todos os distritos galegos. Tamén incluía noticias de falecementos, ascensos, etc. Nas últimas follas presentaba unha sección de anuncios. Co tempo cambiou a portada que antes tiña o escudo do corpo, incluíndo fotos e variando a distribución interior. Así, no ano 1928 insería unha “Sección oficial”, “Sección de servicios”, “Actos realizados” e unha “Sección varia”. Na década de 1930 pasou a ter só unha “Sección oficial” e diminuíu o número das follas, producíndose un decaemento da publicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter relixioso editada na cidade de Lugo en 1872, continuadora probablemente do Boletín del Clero del Obispado de Lugo. A súa frecuencia varía co tempo, aínda que entre os anos 1913 e 1915 foi quincenal; xeralmente, era o propio bispo quen autorizaba o número de publicacións. A súa tiraxe só constaba de 80 exemplares. Foi editado, entre outros, pola Imprenta Católica, fundada polo bispo de Lugo José de los Ríos e por G. Castro a principios do século XX. Non tiña prezo e constaba de dezaseis páxinas cunha cuberta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu publicado en Tui en 1859. Posuíu unha frecuencia moi irregular e variada. Dende 1970 en diante fíxose unha edición bilingüe da Secredaría Xeral do Concilio Pastoral de Galicia. Non ten seccións, aínda que co tempo foron aparecendo uns apartados definidos, nin conta con colaboracións fixas. Nas últimas follas leva publicidade de actividades e artigos relacionados coa Igrexa. A partir de 1990 do s XX introduciu un sumario con seccións tituladas “Del santo padre”, “Sínodo de los obispos”, “De los obispos de Galicia”, “Cancillería-Secretaría”, “De la comunidad autónoma de Galicia” e “Anuncios”. É de interese un artigo do número 3bis, marzo de 1977, titulado “A liturxia en galego” e no que se tenta promocionar a lingua galega, animando a todos os cristiáns a que así o fagan, reclamando unha misa neste idioma en días festivos. O Concilio creou, mesmo, unha Comisión de Liturxia en galego para este labor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín de carácter oficial editada polo Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela a partir do 1 de febreiro de 1982. O primeiro número referíase á primeira lexislatura, en 1981. Esta publicación bilingüe incluía seccións como “Índice”, “Decretos”, “Comisións”, “Acordos”, “Disposicións”, “Enmendas”, “Artigos”, etc. Tiña unha periodicidade irregular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña o 1 de xaneiro de 1958. As principais seccións deste diario en castelán eran “Administración Central”, “Administración de Justicia”, “Administración Provincial”, “Administración Municipal” e “Parte no oficial”. Non obstante, este boletín tivo dúas etapas anteriores, a primeira en 1834 e a segunda en 1883.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno documento parroquial composto, redactado e impreso polo párroco da localidade de Vilaxoán, Ramón Santos, entre os anos 1910 e 1919.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña en 1811, que cesou a finais de 1812. Dirixido por Manuel Pardo de Andrade, foi redactado por Antonio Buch e o propio director. Tiña unha periodicidade irregular. Foi editado nas imprentas de Antonio Rodríguez, onde se compoñía El Exacto, e Juan Chacón. Nel reproducíanse extractos das Cortes, decretos do Consello de Rexencia e noticias e informacións de carácter oficial. Mantivo certos enfrontamentos coa Junta Superior de Galicia, oposta ao centralismo estatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Ourense en 1898 destinado aos profesionais deste sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu na Coruña en xaneiro de 1983. Subtitulábase “Cuerpo Superior de Policía” e, como tal, só se distribuía nos medios policiais. O director foi Lino Fernández Gómez e a redacción estaba formada por Xosé Antonio Caride, Hilario Grande, Francisco Paradela e Enrique Tomé. Os colaboradores das distintas seccións foron Losada en “Armas”, Meijide en “Área fiscal”, Paradela en “Área Jurídica”, Peña e Tomé en “Dibujos”, Utrilla na portada e o doutor Fuentes en “Medicina”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico quincenal, de tendencia socialista, aparecido en Mondoñedo o 1 de xullo de 1931. Foi voceiro da Agrupación Socialista da vila nos primeiros tempos da Segunda República, dirixido por Manuel Rivas Seivane e administrado por Ignacio Picaña Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego aparecida en Santiago en 1994 editada pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude. Inclúe as seguintes seccións: “Actividades”, “Bolsas e axudas”, “Cursos”, “Fomento do emprego”, “Formación ocupacional”, “Ofertas de emprego”, “Premios”, “Tive” e “Última Hora”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cogomelo dos fungos dos xéneros Boletus, Leccinum, Gyroporus, Suillus ou Xerocomus, que pertencen á orde das boletais. É carnoso, de cor castaña e co himenio formado por tubos rematados en poros, e pode acadar os 25 cm de diámetro. Algunhas das especies son moi apreciadas en gastronomía. A forma máis sinxela de preparalos é lavalos, cortalos en anacos, refogalos en aceite e servilos cun pouco de pirixel e allo. Tamén se empregan como ingrediente de guisos diversos. Admite algunhas técnicas culinarias propias da alta cociña, como a laminación para carpaccio ou a caramelización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Papeleta de rifa dun sorteo ou aposta.

    2. Orde oficial escrita que obriga a dar aloxamento a militares onde non hai cuartel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da orde das boletais con cogomelos de himenio formado por tubiños rematados nun poro, pé de textura fariñenta e carne que pode tinguirse de azul ao contacto co aire. En Galicia son comúns as especies: B. calopus, con cogomelos de sombreiro de ata 12 cm de diámetro, coa cara himenial de cor amarela intensa, pé avermellado cun deseño reticulado de cor branca e carne que azulea un pouco, que se atopa nas carballeiras e ten mal sabor; B. edulis e B. reticulatus, con cogomelos de sombreiro de ata 25 cm de diámetro, coa superficie lisa e brillante de cor castaña clara, himenio branco e logo amarelo verdoso, pé de ata 10 cm de diámetro de cor castaña clara con retículo branco, e carne branca, que se atopa baixo coníferas e árbores caducifolias e ten sabor doce; B. erythropus, con cogomelos de sombreiro de ata 15 cm de diámetro, de cor castaña escura, himenio vermello e carne amarela que se azula baixo presión, que se atopa baixo árbores caducifolias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Granxeiro e político neocelandés. Afiliouse ao Partido Nacional e durante o mandato de R. Muldoon foi ministro de Inmigración (1977-1981) e de Traballo (1978-1984). A raíz da vitoria dos conservadores en 1990 accedeu ao cargo de primeiro ministro; foi reelixido en 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Hispanista. Introduciu en España moitos dos presupostos ideolóxicos do Romanticismo. Recompilou e defendeu a poesía popular española e o teatro clásico, contribuíndo á súa difusión en Europa. Publicou as escolmas Floresta de rimas antiguas castellanas (1821-1825) e Teatro anterior a Lope de Vega (1832).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘carro’.

    2. Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘barco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lance da rede ou do aparello chamado boliche.

    2. Pesca que se colle dunha vez co boliche.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de pesca que practica o arrastre e que substituíu a secada e o xeito.

      1. Aparello de pesca semellante a unha xávega, aínda que de dimensións máis reducidas, o que lle permite unha maior manobrabilidade en lugares angostos. Consta dunha rede que está conformada por dúas pernas e un cope, formada por aros de madeira ou de ferro que sosteñen un aramado en forma de funil pechado polo ápice e aberto pola boca. Segue a utilizarse dun xeito clandestino, traballando nas postas antigas e na procura de toda clase de peixes que acoden ás praias pola noite. Entre estes peixes tamén se collen as crías, o que prexudica seriamente a reprodución das especies. Co boliche pódese traballar tanto dende a terra como dende o mar. Cando se traballa dende a terra, unha embarcación pequena vai largando todo o aparello ao mar, deixando un cabo na praia. De seguida, comézase a tirar do aparello dende a praia de tal modo que non permita que o peixe se escape da rede. Unha vez chegado o aparello á praia, golpéase a auga con pedras e paos co obxecto de que o peixe que vai metido no cope...

      2. boliche chinchorro/boliche do inverno

        Boliche cunhas características e proporcións xerais que fan que se considere como media arte, media xávega ou algo menos. Cada banda ou perna ten de 8 a 100 brazas, e 15 de cope. A faena, que se realiza tanto de noite como de día, debe contar con dúas ou tres lanchas, con oito ou dez homes cada unha delas e con patrón e rapaz, operando sobre limpo en profundidades de 8 a 20 brazas. Empregan o balo e o trabuquete; bótase o lance, tardando dunha a dúas horas e media en chegar á terra, e unha vez rematada esta operación sae de enviada unha das lanchas. Pesca xurelo, sardiña e cabala.

      3. boliche da pedra

        Boliche que se utiliza en mar de fondo pedregoso que ten de 35 a 40 brazas e está composto por dúas pernas ou bandas, de dúas menas cada unha, de 12 a 15 brazas de largo e unhas 300 mallas. Para a faena empréganse lanchas de 26 a 32 cuartas e botes, e organízanse en compañías de oito a once homes con patrón e rapaz. A tempada é de abril a setembro e traballan na costa e dentro e fóra das rías ou dos portos empregando o balo. Pesca xurelo e sardiña.

      4. boliche da piarda/boliche do bogón

        Boliche moi usado na ría de Pontevedra en tempo de veda, pero xa en desuso. Empregábase unha lancha ou bote en sitios de limpo cunha compañía formada por sete ou oito homes, con patrón e rapaz. O lance duraba entre 20 e 25 minutos. A tempada duraba do 15 de febreiro ao 15 de xuño. Pescaba piardas, bogóns, sarráns e chocos.

      5. boliche da praia/boliche do asubío

        Boliche que ten de 40 a 70 ou máis brazas por banda e unha ou dúas menas con calón e casarete en cada unha delas; o cope está formado pola boca e a coroa e a súa malla é máis miúda ca a do trabuquete. Na rede empréganse anacos de aparellos usados e a compañía está composta por oito ou dez persoas, con patrón e rapaz. Traballa en limpo e en cuberto ou pedras. A faena realízase mentres o patrón vixía dende unha chalana a marcha do cope cara á terra e así evitar que a rede se rompa ou que o lance se perda. O patrón dirixe a operación por medio de asubíos, de xeito que sirvan de advertencia. O lance dura unha hora aproximadamente e a quinzada uns oito días.

      6. boliche do bolo/boliche da lura

        Boliche pequeno que ten entre 25 e 30 brazas. Traballa preto da terra, con dous ou tres rapaces, e pescan lura e bolo durante o día.

      7. boliche do cuberto

        Boliche que traballa sobre fondos non limpos, moi ricos en plantas mariñas.

      8. boliche do verán

        Boliche que se utiliza no verán e que se asemella ao boliche da pedra.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que pesca con boliche.

    VER O DETALLE DO TERMO