"IBE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 465.
-
PUNTA
Punta da marxe dereita da ría de Muros e Noia situada na parroquia do Freixo de Sabardes (Outes).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Área de interese natural, declarada no ano 2001, que abrangue as marxes do val encaixado do canón do Sil e do río Cabe. Comprende as comarcas situadas entre as primeiras elevacións do Courel e os vales de Ourense e do Ribeiro, e desde a serra do Faro ata a serra de Queixa. Predomina a vexetación de tipo mediterráneo. Existen carballeiras con especies de Quercus robur e Quercus pyrenaica, bosques de castiñeiros (Castanea sativa) e aciñeirais de Quercus ilex e Quercus rotundifolia. Da fauna destaca a presenza de aguia real (Aquila chrysaetos), falcón peregrino (Falco peregrinus) e bufo grande (Bubo bubo), aguia albela (Circaetus gallicus), cotovía pequena (Lullula arborea), papuxa montesa (Sylvia undata) e lagarto das silvas (Lacerta schreiberi).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación de Orixe recoñecida pola Orde do 30 de maio de 1995 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, e ratificada pola Orde de 11 de setembro de 1997 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Abrangue os viños de parroquias e aldeas de 17 concellos ao longo das ribeiras do Miño e do Sil, organizándose nas subzonas de Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil. Realízase con uvas brancas preferentes godello, albariño, loureira, treixadura, dona branca, tarrontés e a autorizada palomino, e coas tintas preferentes mencia, brancellao, merenzao e as autorizadas mouratón ou negreda e garnacha. Os viños son do ano e cheos de xuventude, cor, aroma e sabor. Os viños Mencía, variedade máis cultivada, son afroitados, suaves na boca e con acedume equilibrada. Nos viños brancos destacan os monovarietais, de base godello ou albariño.
-
PRAIAS
Praia do litoral atlántico situada na parroquia de Arcade (Soutomaior).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de san Martín.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cequeliños (Arbo). Realizado en cachotaría, ten planta en forma de L, con patín de acceso e unha escaleira exterior que pecha o patio. Posúe un portón arquitrabado realizado en cantaría e decorado con placas, sobre o que se dispon un escudo de grandes dimensións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Teilán (Bóveda). Ten planta rectangular dividida en tres partes con engadidos posteriores. A obra orixinal é do s XVI.
-
ENCORO
Presa sobre o río Eume situada nas parroquias de Somede e As Pontes de García Rodriguez, no concello homónimo. Aproveitada por ENDESA para a obtención de enerxía eléctrica ten unha potencia de 5.360 kW, unha profundidade de 53 m e unha capacidade de 33 hm3.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Quembre (Carral). Ten planta rectangular de grandes proporcións e cuberta a catro augas. Realizouse en cachotaría con cantaría nos vans, linteis e esquinais, e conta cunha galería de madeira ao nordés que se lle engadiu no s XX. Na fachada posterior atópase un escudo do s XVIII que alude aos Salazar e Alvarado. Conta cunha capela dedicada a san Xoán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sillobre (Fene). Realizada en cachotaría, ten planta rectangular e dous andares. A entrada principal ten un arco de medio punto e unha inscrición, posteriormente inscribiuse nela unha porta arquitrabada. Na á esquerda da vivenda consérvase un forno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Lavadores (Vigo). Data de finais do s XVII, ten planta en forma de U e leva un muro pechando os extremos dos corpos laterais, cun portón de entrada, cun escudo oval. Construído en cantaría, conta cun patio cunha escaleira de pedra que leva ao andar principal. Na fachada posterior destaca unha ampla solaina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto comercial e pesqueiro situado no concello do mesmo nome. Amplo e moi ben resgardado, conta cun importante peirao comercial e unhas instalacións deportivas con capacidade para 215 atraques. Ten un calado de 3 m, efectos navais, talleres, combustible, Capitanía Marítima, auga, enerxía e iluminación. Conta con instalacións PIF (Punto de Inspección Fronteiriza). É un porto importante na descarga de túnidos conxelados. É o primerio porto de España e da UE en pesca de baixura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia). Foi fundado por Afonso Romariquiz e a súa dona Gutina como mosteiro dúplice e familiar entre finais do s IX e principios do X. No s XI pasou a depender de San Salvador de Celanova ata que no s XIII o Rei Afonso VIII llo cedeu ao mestre Lourenzo. Desde mediados do s XIII ata o XVI foi priorado de Celanova e tivo numerosas posesións.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ribeira. Construída entre 1861 e 1864 segundo un proxecto de Faustino Domínguez Domínguez, realizouse en cachotaría, agás a fachada, que se fixo en cantaría, e aproveitáronse elementos dun templo anterior. Ten planta de cruz latina con capelas laterais na nave central. A nave principal, de gran tamaño, cóbrese con bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto e as capelas laterais con bóveda de aresta. No exterior destaca un ciborio octogonal e a fachada de corte clasicista dividida en tres rúas. Na central está a portada principal alintelada que dá acceso ao templo, e as rúas laterais son simétricas e teñen dúas fornelas. A fachada divídese horizontalmente mediante unha cornixa e remata nun frontón triangular. As dúas torres-campanario incrústanse na nave e rematan en dous templiños coas campás.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
1 ribeirego.
-
ribeirense.
-
-
-
Relativo ou pertencente á comarca do Ribeiro ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da comarca do Ribeiro.
-
-
CIDADES
Cidade do NL do estado de São Paulo, Brasil (456.252 h [2000]). Situada na beira esquerda do Pardo, afluente do Grande, é importante pola fertilidade das súas terras e pola súa industria siderúrxica, conserveira, téxtil e de destilarías.
VER O DETALLE DO TERMO