"cc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 617.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba realizada para detectar os azucres redutores presentes nunha solución mediante unha disolución de sulfato de cobre(II) e outra de tartrato sódico alcalino. Mestúranse estas dúas disolucións en cantidades iguais e, se hai axente redutor, aparece un precipitado de cor vermella. Descubriuna o químico alemán H. Ch von Fehling.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de coloración característica do ácido desoxirribonucleico que se produce cando se trata, en medio ácido, co reactivo de Schiff, que reacciona co grupo aldehido da desoxirribosa do ADN e toma cor. Emprégase en citoquímica para a localización do ADN en preparacións histolóxicas e para o estudo dos cromosomas.
-
PERSOEIRO
Matemático italiano. Coñecido tamén como Leonardo de Pisa, puxo fin á numeración romana e deu pleno desenvolvemento á utilización dos números árabes e hindús na súa obra Liber abbaci (1202). Estudiou a sucesión que logo recibiu o nome de sucesión de Fibonacci. Aplicou a álxebra aos problemas xeométricos e desenvolveu a trigonometría na súa obra De practica geometricae (1220) e realizou traballos sobre as ecuacións cuadráticas, recollidos en Liber quadratorum (1225).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sucesión de números enteiros positivos, (un)n?0, dada pola lei de recorrencia un=un-1+un-2, onde n?2. As diferentes sucesións resultan dunha elección concreta dos dous primeiros termos u0 e u1. Denomínase normalmente sucesión de Fibonacci a aquela que fai u0=u1=1, que ten por termo xeral un=[(1+?5)n+1-(1+?5)n+1]?2n+1?5, e por primeiros termos 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34, 55,..., chamados números de Fibonacci. Esta sucesión é un modelo matemático representativo de moitas situacións distintas e fenómenos do mundo real, e está relacionada con outros conceptos como o número áureo.
-
PERSOEIRO
Músico e compositor, fillo de Pietro Antonio Fiocco (Venecia 1650? - Bruxelas 1714). É autor de motetes, misas e dunha recolleita de Pièces de clavecin (1730).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Giacciano 1884 - Padua 1971) Historiador da arte italiano. Discípulo de A. Venturi, foi profesor na Università degli studi di Padova. Das súas obras destacan L’arte di Andrea Mantegna (A arte de Andrea Mantegna, 1927), Carpaccio (1937) e G. Bellini (1960).
-
-
Calidade de fláccido.
-
Ausencia de tonicidade da musculatura dun membro ou dunha parte do corpo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é brando, falto de consistencia ou de forza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Bélxica (3.144 km2; 1.127.091 h [estim 1998]). A súa capital é Bruxas.
-
-
-
Acción de romper ou romperse algo.
-
Acción de partir na misa o pan consagrado. A antiga liturxia visigótica facía dividir o pan consagrado en sete ou en nove fragmentos, dispostos en forma de cruz.
-
Parte da misa na cal o pan consagrado se parte con vista á comuñón.
-
fracción do pan
Expresión que significa a manifestación da eucaristía.
-
-
-
Parte que se separa dun todo.
-
Parte dun solo onde os compoñentes están comprendidos entre uns límites de magnitude determinados. Normalmente, adóitase considerar as fraccións correspondentes á area grosa (de 2 a 0,2 mm), á area fina (de 0,2 a 0,02 mm), ao limo (de 0,02 a 0,002 mm) e á arxila (menos de 0,002 mm).
-
Produto obtido polo fraccionamento dunha mestura.
-
fracción mecánica
Parte que queda dunha mostra de solo unha vez extraídos a materia orgánica, os carbonatos e os sales solubles.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode fraccionar.
-
-
Acción e efecto de fraccionar.
-
Instalación industrial empregada en destilación para separar unha mestura en produtos de características diferentes.
-
-
-
Dividir un todo en partes ou fraccións.
-
Separar unha mestura en produtos de características diferentes de destilación nunha columna de fraccionamento.
-
-
-
Relativo ou pertencente á fracción.
-
-
Que constitúe unha fracción ou se expresa con esa forma.
-
número fraccionario
Número expresado por unha fracción ordinaria.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de difracción que se produce cando o foco emisor de ondas e a pantalla receptora se afastan infinitamente do dispositivo de difracción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de difracción en que o foco luminoso, a pantalla receptora ou os dous ao mesmo tempo se atopan a unha distancia finita do sistema difractor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de alquilación ou acilación dun composto aromático por un haloxenuro de alquilo ou de acilo que ten lugar nun solvente aprótico por acción do cloruro de aluminio anhidro. A etapa inicial da reacción é a formación dun complexo iónico do haloxenuro e do AlCl3; o C unido ao halóxeno vólvese entón positivo e dá lugar á substitución electrofílica. A alquilación é reversible e dá xeralmente produtos polisubstituídos. Como o AlCl3 se rexenera, pódese utilizar en cantidades catalíticas. Na acilación, por contra, o AlCl3 complexa a cetona que se forma e tense que utilizar en cantidades equimolares. Esta reacción ten moita relación coas de Gattermann-Koch e de Fries e é moi versátil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de transposición que ten lugar cando se trata o éster dun fenol con cloruro de aluminio e se converte nunha orto- ou nunha para- hidroxicetona ou nunha mestura destas. A importancia desta reacción en síntese débese ao feito de que os fenois son difíciles de acetilar coa reacción de Friedel e Crafts.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Florencia, na Toscana, Italia, situada na beira dereita do Arno (21.111 h [2001]). É un importante centro agrícola e industrial. Fundada polo conde Cadolingi, do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de San Giovanni Battista, da Madonna delle Vedute e da Vergine della Ferruzza, e os palacios do Podestà, o Montanelli Della Volta e o Montanelli-Duci.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Membro da orde dos claretianos, formouse en matemáticas e física en Múnic. Profesor das universidades de Santiago de Compostela e Barcelona, exiliouse trala Guerra Civil en París, Quito (1938-1942) e México (1942-1946), onde colaborou con José Gaos e outros intelectuais españois. Fixou a súa residencia en Caracas, onde foi membro do Instituto Pedagóxico (1946-1959), profesor na universidade e director do Instituto de Filosofía (1959-1971). Nos seus estudios abordou a análise das filosofías de interpretación e reinterpretación do universo e as de transformación do universo e apostou por unha reelaboración heterodoxa do marxismo. Consideraba que á filosofía se lle debían os modelos da física e a matemática contemporáneas, así como os da poesía e a música. Das súas obras destacan Introdución a la lógica moderna (1936), Siete modelos filósofos (1950), Antropología filosófica contemporánea (1957), Filosofía y teoría de la relatividad (1978) e Qué es Dios...
VER O DETALLE DO TERMO