"dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

  • Sensación de dificultade na respiración asociada a un aumento do esforzo para respirar. Cando é lixeira, redúcese a unha sensación subxectiva, e cando é máis severa, hai sinais obxectivos, como o aumento da frecuencia respiratoria, o aumento da profundidade da inspiración, a dilatación do nariz e a contracción dos músculos accesorios. A dispnea pode deberse a unha alteración da composición do aire que se respira, a causas respiratorias, a causas cardíacas e tamén á alteración do sangue, ou a unha causa neuróxena de orixe psíquica. Pódese clasificar a dispnea en expiratoria, en que a saída de aire é dificultosa a causa dunha contracción dos bronquios pequenos, típica da asma, e en inspiratoria, en que a dificultade se produce no momento de inspirar o aire, xeralmente polas vías aéreas superiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dispnea.

    2. Que ou quen sofre dispnea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao dispondeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé métrico composto por catro sílabas acentuadas, ou longas, que se divide en dous espondeos combinados nunha mesma unidade. Producen un efecto de lentitude no ritmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar cousas ou persoas cunha certa orde ou distribución para un determinado fin.

    2. Preparar algo cunha determinada finalidade.

    3. Dicir ou decidir alguén con autoridade qué e cómo se debe facer algo. Na tradición oral recóllense ditos como: “O home propón e Deus dispón”.

      1. Facer ou poder facer uso de algo ou de alguén. OBS: Nesta acepción emprégase seguido da preposición de.

      2. Obrar libremente na disposición dos bens propios.

      3. Facer testamento.

    4. Colocarse ou poñerse dunha determinada maneira ou orde.

    5. Prepararse para facer algo ou ter a intención de facer algo. OBS: Nesta acepción emprégase seguido da preposición para ou a.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de dispoñible.

    2. Situación dos militares e funcionarios que están temporalmente sen servizo ou sen destino.

    3. Función termodinámica introducida por J. W. Gibbs en 1873 co nome de enerxía dispoñible e reconsiderada por J. H. Keenan (1941).

    4. Cousas ou medios dispoñibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. De que ou de quen se pode dispoñer ou dispor.

    2. Aplícase aos bens ou á porción dos mesmos dos que se pode dispoñer para doazón ou testamento.

    3. Masa patrimonial dunha empresa que agrupa aqueles elementos líquidos de modo instantáneo, como o diñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Segunda das cinco partes que integran a retórica clásica; segue á inventio e precede á elocutio, memoria e pronuntiatio. Regula a ordenación e distribución dos asuntos atopados polo orador na inventio, parte coa que a dispositio mantén un vínculo tal que as dúas operacións poden considerarse simultáneas ou mesmo, nalgunhas teorizacións, como na Rhetorica ad Herennium, o tratamento da dispositio está xa presente na inventio. A teoría retórica da dispositio pode aplicárselle ao conxunto ou a fragmentos concretos da obra literaria, particularmente á de carácter narrativo. Permite organizar o discurso en dúas partes, polo xeral, antitéticas ou complementarias dentro do conxunto no que se integran. Pero o máis común é distribuír o texto nunha serie de partes que, aínda que poidan variar en número nas diferentes concepcións, poden reconducirse a catro, cada unha delas con posibles subdivisións e con distinto grao de relevancia segundo o tipo de discurso. Se as seccións extremas teñen como fin...

    2. Acción de dispor(se) ou dispoñer(se).

      1. Xeito en que se dispón ou coloca algo.

      2. Distribución das partes dun edificio.

    3. Facultade ou posibilidade de dispoñer de algo ou alguén.

    4. Estado de ánimo ou actitude que presenta alguén para facer algunha cousa.

    5. Inclinación e aptitude dunha persoa para desenvolver unha actividade determinada.

    6. Calidade da persoa que fai as cousas ben e con interese.

    7. Parte esencial dun diploma ou dun documento xurídico na que está expresado o obxecto da acción ou da vontade do actor.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de dispor(se) ou dispoñer(se).

      1. Xeito en que se dispón ou coloca algo.

      2. Distribución das partes dun edificio.

    2. Facultade ou posibilidade de dispoñer de algo ou alguén.

    3. Estado de ánimo ou actitude que presenta alguén para facer algunha cousa.

    4. Inclinación e aptitude dunha persoa para desenvolver unha actividade determinada.

    5. Calidade da persoa que fai as cousas ben e con interese.

    6. Parte esencial dun diploma ou dun documento xurídico na que está expresado o obxecto da acción ou da vontade do actor.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda das cinco partes que integran a retórica clásica; segue á inventio e precede á elocutio, memoria e pronuntiatio. Regula a ordenación e distribución dos asuntos atopados polo orador na inventio, parte coa que a dispositio mantén un vínculo tal que as dúas operacións poden considerarse simultáneas ou mesmo, nalgunhas teorizacións, como na Rhetorica ad Herennium, o tratamento da dispositio está xa presente na inventio. A teoría retórica da dispositio pode aplicárselle ao conxunto ou a fragmentos concretos da obra literaria, particularmente á de carácter narrativo. Permite organizar o discurso en dúas partes, polo xeral, antitéticas ou complementarias dentro do conxunto no que se integran. Pero o máis común é distribuír o texto nunha serie de partes que, aínda que poidan variar en número nas diferentes concepcións, poden reconducirse a catro, cada unha delas con posibles subdivisións e con distinto grao de relevancia segundo o tipo de discurso. Se as seccións extremas teñen como fin...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dispón, aplicado especialmente á parte dunha sentenza ou dunha ordenación en que está disposto aquilo que hai que facer.

      1. Peza ou conxunto de pezas ou cousas colocadas de maneira que sirvan para producir unha determinada acción.

      2. dispositivo activo

        Compoñente electrónico que produce unha amplificación.

      3. dispositivo electroacústico

        Dispositivo que transforma os sinais electrónicos en sinais sonoras.

      4. dispositivo escénico

        Conxunto de elementos que forman parte da posta en escena. Engade unha concepción dinámica da escenografía, que debe modificarse seguindo o desenvolvemento da acción dramática. Implica un cambio na organización tradicional do espazo e no seu fundamento ideolóxico, e concibe o decorado como un artefacto en continua evolución e transformación na representación. No teatro moderno combínanse as distintas posibilidades de iluminación, son e movemento dos personaxes para acadaren unha representación máis expresiva, que se axuste ás diversas situacións da trama.

      5. dispositivo intrauterino

        DIU.

      6. dispositivo pasivo

        Compoñente que non produce unha amplificación, por exemplo unha resistencia ou un condensador.

      7. dispositivo periférico

        Dispositivo de entrada ou saída que se conecta á unidade central de proceso dun ordenador; por exemplo o teclado ten como función a captura de datos cara ao ordenador; ou a pantalla do ordenador que entrega ao exterior os datos xerados por un procesador.

    2. Disposición que adoptan as tropas para cumprir unha misión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de dispoñer(se) ou de dispor(se).

    2. Que mostra capacidade e decisión para realizar dilixentemente algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno na capacidade de coordinación dos movementos polo que o suxeito é incapaz de asociar e coordinar distintos movementos, co fin de efectuar unha acción previamente ordenada. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico de número atómico 66 e peso atómico de 162,50, pertencente á serie dos lantánidos, tamén chamada das terras raras. É un metal abrancazado, que funde entre 1.475 - 1.500°C, dun grao de oxidación de +3. De escasa presenza na codia terrestre, extráese dos minerais do cerio mediante métodos complexos nos que se utiliza o intercambio iónico. O metal puro obtense con gran dificultade por electrólise do cloruro fundido e, máis recentemente, reducindo o cloruro polo calcio e o fluoruro polo magnesio. O seu uso non está moi estendido, e emprégase como absorbente de neutróns nalgunhas aliaxes e na industria nuclear. Descubriuno en 1886 François Lecoq de Boisbaudran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modificación cuantitativa ou cualitativa das proteínas do plasma sanguíneo. Algúns procesos patolóxicos poden afectarlles directamente aos órganos e ás células formadoras dalgunha proteína e dar lugar a unha disproteinemia primaria ou específica. Nalgúns casos, estas afeccións son conxénitas e tradúcense nunha falta total, ou case total, da proteína correspondente. Os trastornos xenéticos ou as posibles mutacións poden conducir á aparición no plasma de proteínas anómalas. Finalmente, unha gran cantidade de procesos patolóxicos poden producir modificacións de diversas proteínas plasmáticas e dar lugar a unha disproteinemia secundaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de disputar.

    2. Discusión violenta. Na tradición oral recóllense ditos como: “Entre gustos non hai disputas”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra en prosa escrita por Anselm Turmeda entre 1417 e 1418 en Tunes, segundo o modelo dun apólogo iraquí do s X. Coñécese grazas a unha tradución francesa impresa en Lyon en 1544, xa que a orixinal, escrita en castelán perdeuse. O autor en primeira persoa expón as dezanove razóns segundo as que demostra a superioridade dos humanos sobre os animais que son refutadas polo asno, agás a última, baseada na encarnación humana do fillo de Deus. Malia a óptica cristiá, a obra presenta un forte ton antimonástico e un carácter satírico e burlesco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de disputable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser obxecto de disputa.

    VER O DETALLE DO TERMO