"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Que é de cor agrisada, parecida á da cinsa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Faixa ou correa de coiro, tea ou doutro material, xeralmente con fibela, que se emprega para cinguir e axustar a roupa á cintura. Ex: Cáenlle os pantalóns e ten que usar cinto.

      2. Faixa de tea resistente que os combatentes, de judo e outras artes marciais, se ligan á cintura. A súa cor varía segundo o grao de coñecemento e madureza do practicante.

      3. cinto de castidade

        Cinto que os señores poñían ás súas esposas na Idade Media co fin de que non fosen infieis mentres ían á guerra.

      4. cinto de seguridade

        Faixa de tea forte que se cingue á cintura dos viaxeiros dun avión ou dun automóbil para evitar que sexan lanzados fóra dos asentos en caso dunha freada súbita ou dun choque.

      1. Fileira ou serie de cousas que rodean algunha cousa. Ex: Quedaron rodeados por un cinto policial.

      2. belt.

      3. cinto do Pacífico

        Franxa de actividade volcánica con numerosos volcáns activos, tamén coñecida como o cinto de lume, que bordea o Océano Pacífico. Comprende principalmente o arquipélago Malaio, Filipinas, Xapón, Alasca, as Rochosas, os Andes e América Central. Está causada polo movemento das placas tectónicas, que provoca o afundimento e a fusión dunha placa debaixo doutra.

    1. Faixa de esparto, lona ou coiro que se empregaba na arte de cerco, na xábega e noutras técnicas para conducir a rede a terra.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cova do Rei Cintolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Listón de madeira que rodea o casco do barco por riba da liña de flotación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alzamento popular protagonizado polos cardadores de la que tivo lugar en Florencia de xuño a agosto de 1378, nun contexto de precariedade económica e carencia de representación nos cargos públicos. Acadou gran violencia, tivo un notable éxito inicial ao contar co apoio de elementos do pobo máis acomodados e conseguiu melloras na condición política dos revolucionarios. A traizón de Michele di Lando e a reacción dos cabezas das corporacións gremiais provocaron o fracaso e unha dura represión. En 1382 houbo un novo intento de cambiar a situación pero reprimiuse e supuxo a completa restauración da aristocracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada en Cira (concello de Silleda), erixiuna Vermudo Suárez en 1121 baixo a supervisión do arcebispo Xelmírez, quen despois habería de estar preso nela por orde de dona Urraca. Testemuño das Revoltas Irmandiñas (1476), reconstruíuna con posterioridade don Lope Sánchez Moscoso. Da antiga fortaleza só conserva, en estado ruinoso, a torre da homenaxe. Trátase dunha edificación de 25 m de altura de planta cadrada. Foi declarada Ben de Interese Cultural no ano 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á rexión mariña situada por debaixo da infralitoral, a partir dos 30-40 m de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación xenérica dos anións poliatómicos hipotéticos que conteñen o circonio como átomo central.

    2. Denominación xenérica, non recomendada pola IUPAC, de diversos óxidos dobres. Teñen as fórmulas xerais M 2 <H>I </H>ZrO 3 , M 2 <H>II</H> ZrO 4 e M 2 <H>I</H> Zr 2 O 5 . Obtéñense por reacción, a temperatura elevada, de óxidos, hidróxidos ou nitratos de circonio e os correspondentes compostos doutro metal, nos que non existen ións de circonato discretos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Itinerario, xeralmente fixado de antemán, que volve ao punto de saída. Ex: A visita guiada fai un circuíto pola zona vella da cidade.

      2. Traxecto cuns límites onde se disputa unha carreira deportiva (de automobilismo, de atletismo, de ciclismo, de equitación ou doutros deportes), xeralmente pechado e a miúdo construído expresamente.

      3. circuíto de espera

        Traxectoria que efectúa unha aeronave a unha altura constante enriba dun aeroporto mentres espera ter unha pista libre para aterrar.

    1. Distancia que se necesita percorrer para dar a volta a algún lugar ou a algunha cousa. Ex: Se queremos rodear toda a montaña e estar de volta antes da noite debemos proxectar un circuíto máis curto.

      1. circuíto integrado

        Dispositivo electrónico que consiste nun conxunto de elementos conectados permanentemente e que forman un determinado circuíto miniaturizado, capaz de desenvolver as mesmas funcións ca un circuíto electrónico convencional. Nun circuíto integrado, os compoñentes activos (transistores, etc) e os pasivos (resistencias, condensadores, etc) están integrados dentro dun mesmo elemento ou soporte, chamado substrato, xeralmente de silicio. Os compostos dos grupos III-V (arseniuro de galio, fosfuro de galio, etc) empréganse en circuítos de alta velocidade e optoelectrónica. Nalgúns casos empréganse tamén substratos illantes como o zafiro. Segundo o proceso de fabricación, hai diferentes tipos de circuítos integrados. Os circuítos monolíticos fabrícanse de maneira que todos os elementos se forman sobre un substrato e as diversas zonas se someten a diferentes procesos de difusión ou de implantación iónica de substancias dopadoras. Os circuítos integrados híbridos fabrícanse...

      2. circuíto lóxico

        Dispositivo electrónico que efectúa unha determinada operación lóxica. Pode ser un circuíto electrónico discreto, aínda que actualmente son integrados. Os circuítos lóxicos son os elementos básicos dos sistemas automáticos de conmutación, combinatorios ou ben secuenciais. Un circuíto lóxico posúe diversas entradas e unha saída que dá o resultado da operación efectuada cos sinais aplicados ás entradas. Os sinais, codificados de forma binaria (con valores 0, 1) atribúense convencionalmente a dous niveis de tensión. As funcións lóxicas básicas son: NOT correspondente á negación, OR correspondente á reunión, AND correspondente á intersección, e as funcións complementarias NOR e NAND. Un circuíto que realiza unha destas funcións chámase porta lóxica. Coa combinación de portas lóxicas conséguense os circuítos combinatorios, nos que o sinal de saída soamente depende do valor das entradas. Nos circuítos secuenciais, a saída depende, ademais, do valor que tiña nun instante...

      3. circuíto magnético

        Conxunto de medios que forman un circuíto pechado e nos que pode existir un fluxo magnético no seu interior. Unha parte importante dun circuíto magnético adoita estar constituída por unha substancia ferromagnética, e en moitos casos por entreferros. O comportamento dun circuíto magnético vén dado pola lei de Hopkinson.

      4. circuíto oscilante

        Circuíto que posúe unha indutancia L e unha capacidade C determinadas, e unha resistencia R moi pequena, capaz de producir oscilacións eléctricas a unha frecuencia que depende dos valores de R, L e C. Esta frecuencia vén dada pola fórmula


        FORMULA


        e é aproximadamente igual á da resonancia f 0 cando R é pequena.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á circulación. Ex: O sangue circula polo aparato circulatorio. O caos circulatorio desta cidade é constante.

    2. Conxunto de condutos ou vasos, órganos impelentes, etc, polos que circula o sangue. Na maioría dos invertebrados consta dunha serie de vasos contráctiles: un deles, dorsal, actúa como órgano impelente do sangue; o conxunto non forma un sistema pechado, senón que os vasos van parar a lagoas, nas que bañan os órganos. Dentro dos invertebrados só os anélidos teñen un aparato circulatorio pechado, cun vaso dorsal polo que o sangue circula cara a adiante e outro ventral polo que circula cara a atrás; estes dous vasos están comunicados por vasos transversais. Nos vertebrados, o órgano impelente chámase corazón, os condutos ou vasos que alí converxen, veas e vénulas, os que se afastan, arterias e arteríolas, e os de pequena sección, nos que desembocan todos a nivel de tecido, capilares; todo o conxunto forma un sistema perfectamente pechado. Nos vertebrados acuáticos con respiración branquial (peixes, larvas de anfibios), o corazón, ventral,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de circunscribir ou circunscribirse.

    2. Aplícase á figura que se circunscribe a outra. Unha figura A, circunscrita á figura B, ten B como figura inscrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que fala ou actúa dunha forma prudente ou comedida. Ex: Mantívose serio e circunspecto durante toda a cerimonia.

      2. Que non exterioriza aos seus sentimentos. Ex: É un home tan circunspecto que nunca se sabe o que lle pasa.

    1. Que é propio da persoa circunspecta. Ex: As súas palabras son tan circunspectas que producen desconfianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nube de altitude media, entre os 6.000 e os 10.000 m, formada por cristais de xeo, coa forma dun veo abrancazado e tenue, que debuxa un halo ao redor da Lúa ou do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. En 1862 emigrou a La Habana, onde iniciou a súa andaina periodística no Diario de la Marina e logo trasladouse a Saguas para dirixir La Voz de Sagua. Regresou a Galicia como profesor de instrución xeral da Escola Naval Flotante de Ferrol ata 1873, ano no que emigrou de novo a América. Fundou en La Unión unha escola de ensino primario, despois ingresou como tenedor de libros na oficina de Ferrocarril central de Uruguay e fundou e dirixiu o xornal La Carta Blanca, dende o que se opuxo á ditadura militar do coronel Lorenzo Latorre, polo que tivo que fuxir de Uruguay en 1877. Posteriormente, instalouse en Bos Aires onde foi redactor do Correo Español de Buenos Aires, e en 1879 fundou o primeiro Centro Galego de América. En abril dese mesmo ano, elixírono vicepresidente do Centro e creou o semanario El Gallego. Exerceu a docencia no Instituto Mercantil e foi corrector dos xornais Sudamérica, La Unión Gallega, El...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrado. Fundador e primeiro conde da casa de Ximonde, foi rexedor perpetuo de Santiago de Compostela e pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País desa cidade, da que sufragou os gastos da escola de debuxo. Escribiu un libro de heráldica titulado Libro que hago yo, el conde de Gimonde, onde recollía varios escudos de armas, coas súas descricións, extraídos de diversos libros e manuscritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuberta en forma de urna arredondada, cunha abertura apical, que se forma nalgúns rodófitos por proliferación das células que recobren o procarpo despois da fecundación, e que envolve o gonimoblasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hernia da vexiga urinaria. Aparece cando unha porción da vexiga se introduce polos condutos inguinal, crural, etc, ou provoca un colapso da parede anterior da vaxina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punción evacuadora da vexiga urinaria que se realiza mediante un trocar ou unha agulla adecuados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cistoflaxelados.

    2. Individuo da suborde dos cistoflaxelados.

    3. Suborde de dinoflaxelados que engloba protozoos flaxelados de forma esférica co citoplasma vacuolizado e cun tentáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO