"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Museo de titularidade estatal, creado en 1993 a partir da fusión do Museo Etnológico Nacional e o Museo del Pueblo Español. Organízase en dúas seccións: a Alfonso XII, dedicada a coleccionar diferentes mostras da cultura material dos pobos de África, América, Asia, Europa e Oceanía; e a Juan de Herrera, dedicada a exposicións temporais e á celebración de congresos. Anualmente edita unha revista científica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal inaugurado, xunto co Centro Nacional de Investigaciones Arqueolóxicas Submarinas, en Cartagena (1982). Mostra o patrimonio arqueolóxico subacuático, así como a importancia da historia marítima na Antigüidade. Destaca a súa colección de ánforas e as reproducións de embarcacións e materiais que testemuñan o tráfico marítimo antigo, así como os relacionados coa metalurxia do chumbo e da prata. O seu ámbito temporal esténdese desde a época fenicia ata o s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal inaugurado en 1986, situado en Mérida nun edificio anexo ao teatro e ao anfiteatro romanos. Os seus fondos están formados por vestixios romanos que proveñen do xacemento arqueolóxico de Emerita Augusta e constribúen á divulgación do importante significado que a romanización tivo para a cultura e a arte de España. Nas dependencias da igrexa de Santa Clara atópase o Museo de Arte Visigoda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal fundado en 1912 como Museo Nacional de Artes Industriales. A súa colección está composta por pezas españolas e estranxeiras, das que destacan a porcelana chinesa, os vidros romanos e visigodos, os téxtiles coptos, as alfombras españolas e o mobiliario e as xoias. Adquirido polo Estado en 1941, foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal situado no palacio de Dos Aguas en València, inaugurado en 1954. Os seus fondos iniciais constituíunos a colección de cerámica doada por Manuel González Martí e Amelia Cuñat. Posteriormente ampliouse aos campos da cerámica, indumentaria, pintura, escultura, moble e artes gráficas, e acadou o seu nome actual (1969). Foi declarado Ben de Interese Cultural en1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Madrid fundado en 1980. Naceu co obxectivo de constituír unha colección de instrumentos e material científico sobre a que o novo centro puidera levar a cabo o seu labor de conservación e divulgación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal situado no antigo colexio de San Gregorio e noutros edificios próximos, en Valladolid. O núcleo primitivo das súas coleccións procedía das desamortizacións levadas a cabo nos conventos de Valladolid e proximidades, ás que se engadiron posteriormente adquisicións estatais, co fin de completar unha visión global da escultura española con todos os seus matices. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal con sede en Madrid. Fundado en 1877 por Antonio Cánovas del Castillo, con fins didácticos, para o ensino da arte, a súa colección reúne obras escultóricas que abarcan desde a Antigüidade ata o s XIX, moitas delas copias conseguidas pola técnica do baleirado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal situado no Paseo del Prado de Madrid. Instalouse no edificio Villanueva, construído en tempos de Carlos III por Juan de Villanueva. A súa fundación correspondeu a Fernando VII, quen achegou obras das coleccións reais que, tras o seu falecemento, se vincularon á Coroa española. Abriu ao público por primeira vez o 19 de novembro de 1819, como Real Museo de Pintura y Escultura. Dependeu da Casa Real ata 1868, ano   en que se nacionalizou e se modificou o seu nome polo de Museo Nacional del Prado. En 1872 incorporou as obras do Museo de la Trinidad. Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) foi pechado e as súas obras máis importantes trasladáronse a València e Xenebra. A incorporación de novas obras motivou a anexión do Casón del Buen Retiro (1971) e do Palacio de Villahermosa (1985-1989). Considerado como unha das mellores pinacotecas do mundo, ten coleccións dos reis das casas de Austria e de Borbón e enriqueceuse con traslados, doazóns,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal situado en Santillana del Mar (Cantabria). A súa primeira apertura tivo lugar en 1979, co obxecto de coordinar os estudos da Dirección General de Patrimonio Artístico. En 2001 construíuse unha nova instalación e reabriuse. A súa creación respondeu ao interese pola conservación, investigación e difusión da Cueva de Altamira e da Prehistoria en xeral. Articúlase en dúas grandes áreas: a reconstrución en tamaño orixinal da Cueva de Altamira, e varias salas de exposicións cos restos atopados no interior da cova e en que se recrean os tempos de Altamira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo dependente da Dirección General de Instrución Pública creado por decreto de 6 de maio de 1882. Concibido como un instituto pedagóxico para a orientación e a formación dos mestres, foi o seu primeiro director Manuel Bartolomé Cossío. Destacou como servizo técnico de intercambio documental e de estudo dos sistemas educativos máis avanzados de Europa. A través das súas publicacións, os profesionais da educación coñeceron as orientacións pedagóxicas internacionais, feito que contribuíu á modernización do sistema educativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte antiga fundado en 1884 baixo o nome de Museu Nacional de Belas Artes e Arqueologia, no palacio Alvor-Pombal de Lisboa. Os seus fondos iniciais proviñan do espolio artístico sofrido por numerosos conventos portugueses en 1834; posteriormente incrementáronse con doazóns e novas adquisicións. A súa colección abrangue desde restos arqueolóxicos a obras pitóricas europeas da Idade Moderna, desde o s XII ao XIX, gravados dos ss XIX e XX, así como todo tipo de obxectos preciosos e artes decorativas. En 1911 modificou o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1934 en Barcelona baixo o goberno da Generalitat. Con sede no Palau Nacional de Montjuïc, o Museu d’Art de Catalunya inicialmente amosaba ao público a evolución das artes plásticas en Catalunya desde o prerrománico ata a época moderna e pretendía converterse nun centro activo da investigación e da divulgación da arte catalá. Cerrado en 1937, foi reaberto en 1941, sen as obras dos dous últimos séculos, que constituíron o Museu d’Art Modern Barcelona (1945). Consta de tres grandes seccións, a de arte románica, a de arte gótica e a do Renacemento e o Barroco. A partir da promulgación da lei de museos catalá (1990), adquiriu a categoría de nacional e volveu integrar o Museu d’Art Modern xunto co Gabinet Numismátic e a Biblioteca dels Museus d’Art de Barcelona. É xestionado por un organismo autónomo con representación da Generalitat de Catalunya e do concello de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de musitar.

    2. Movemento dos labios simulando a palabra en voz baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mudar ou mudarse.

      1. Alteración permanente dun ou máis caracteres hereditarios como consecuencia dun cambio no material xenético dunha célula, que se transmite ás células fillas. As mutacións xenéticas modifican a morfoloxía ou a fisioloxía dos individuos e poden ter unha causa artificial, de tipo químico ou radioactivo. As mutacións inducidas son provocadas por un axente mutaxénico, e as espontáneas atribúense ao azar. As mutacións cromosómicas modifican o número, a estrutura e a distribución dos cromosomas, e as xénicas alteran un ou máis xenes e poden ter un efecto favorable, neutro ou desfavorable sobre os individuos. A selección natural elimina moitas mutacións desfavorables e potencia as que son beneficiosas para o individuo. As mutacións introduciron resistencias de bacterias contra os antibióticos, facéndoas insensibles a doses que antes eran letais.

      2. frecuencia de mutación

        Proporción dun tipo de mutantes que se atopan presentes nun momento dado nunha poboación celular en crecemento, e que depende da taxa de mutación e do grao de selectividade do medio.

      3. taxa de mutación

        Probabilidade de que unha célula dunha poboación celular en fase de crecemento sufra de xeito espontáneo un tipo específico de mutación. A taxa de mutación exprésase por


        FORMULA


        onde a é a taxa de mutación; m, o número de mutacións específicas dentro da poboación, e d, o número de ciclos de divisións celulares individuais dentro da poboación.

      1. Cambio dun modo a outro ou cambio de tonalidade que se produce nunha peza musical.

      2. Cambio que se introduce na resposta da fuga.

      3. Modificación da tesitura nun cantante, especialmente nos nenos, cando se fan homes.

      4. mutacións de órgano

        Xogos da boca do órgano, empregados para dar os harmónicos que acompañan as melodías. Poden dar un acompañamento tonal diferente, segundo o uso que se faga.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría da evolución formulada por Hugo de Vries en 1900, que expresa que os seres vivos evolucionaron mediante unhas grandes mutacións inesperadas aparecidas en liñas puras, sen intervención da selección natural nin da herdanza dos caracteres adquiridos. A teoría do mutacionismo foi reforzada polas leis de Mendel, que explican o mecanismo mediante o que as mutacións se poden combinar e transmitir á seguinte xeneración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mutacionismo.

    2. Partidario do mutacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste no cambio de poder rotatorio específico dunha substancia disolta en auga ou nalgún outro disolvente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mutilar ou mutilarse.

    2. Delito que consiste no corte ou inutilización dunha parte do corpo dunha persoa. É gravemente castigado por todas as lexislacións salvo cando se trata de transplantes de órganos practicados segundo a lexislación vixente ou de esterilizacións e cirurxía transexual co consentimento do interesado. Foi penado especialmente cando se recorría a ela para evitar o servizo militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comunidade de individuos á que uns vínculos determinados, basicamente culturais e de estrutura económica, e unha historia común, lle confiren unha fisionomía propia, diferenciada e unha vontade de organización e proxección autónoma que a leva a querer dotarse de institucións propias, ata que se constitúa o estado. A nación, como fenómeno consciente e activo na vida colectiva, xurdiu na Revolución Francesa. Os seus elementos son o territorio, a lingua, a raza, os costumes e a relixión. A revisión do concepto de nación introduce un novo elemento, que destaca a necesidade de que esta sexa conscientemente percibida polos individuos que a integran. A partir da Revolución Francesa, a exaltación da nación como elemento dinámico para a destrución do Antigo Réxime fai que a noción clave de soberanía fose desprazada do pobo (vontade popular) á nación (vontade nacional). Este feito levouno a cabo unha parte do pobo, a burguesía dirixente e beneficiaria do proceso revolucionario, que activou a vida...

    2. Conxunto de individuos que constitúen unha comunidade política unidos baixo un mesmo goberno.

    3. Territorio ocupado por este conxunto de individuos.

    4. Terra ou país onde nace alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO