"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Secreción que producen as terminacións nerviosas.
-
Substancia secretada pola terminación nerviosa de certas células do cerebro ao torrente sanguíneo que provoca a liberación de hormonas trópicas do lóbulo anterior da hipófise.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso embrionario que conduce á formación da néurula.
-
-
Acción e efecto de neutralizar.
-
Perda da oposición entre dúas entidades lingüísticas nun contexto dado. En fonoloxía o fenómeno prodúcese cando a oposición deixa de ser distintiva entre dous ou máis fonemas. Na posición de neutralización aparece un arquifonema, é dicir, unha unidade constituída por trazos comúns a todos os fonemas. Así en galego, a oposición entre /r/ e /ɾ/ desaparece en posición implosiva.
-
Reacción dun ácido cunha base en cantidades equivalentes, que son a base dunha parte importante da volumetría.
-
Método que se emprega para contrarrestar a retroacción positiva nun amplificador de tubos ou de transistores, que pode producir oscilacións indesexadas de alta frecuencia a causa das capacidades parasitas reixa-ánodo e base-colector.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión formal da segunda lei de Newton, que presenta a forma F = ma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
lei da atracción universal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de nidificar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Vigo en 1998 coa vontade de recuperar a memoria galega a través de libros coidados e ilustrados. Con Gonzalo Allegue Otero como director, a súa liña editorial centrouse no ensaio, o turismo, a historia e a etnografía. Destacan as coleccións “Retrato de Galicia”, “Andaina”, “Libros da Brétema” e “Colección Maior”.
-
-
nititación.
-
Pestanexo debido á contracción espasmódica dos músculos das pestanas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción provocada polo pestanexo debido á influencia dunha luz de grande intensidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de substitución en que un átomo de hidróxeno, substitución directa, ou outro átomo ou un grupo de átomos, substitución indirecta, se muda por un grupo nitro, -NO2. A nitración de compostos aromáticos é unha reacción de substitución electrófila que ten lugar mediante a acción do ácido nítrico no seo dun disolvente determinado. O mecanismo normal de nitración implica a produción, a partir do ácido nítrico, do ión NO2+ e o ulterior ataque por parte deste ión do composto que cómpre nitrar. As reaccións de nitración teñen unha grande importancia práctica, como é o caso dos explosivos. Outros derivados son intermediarios útiles que se poden reducir a aminas, e que teñen un grande interese na preparación de colorantes, de menciñas e doutros produtos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformación espontánea de ácido nitroso ou nitratos en ácido nítrico ou nitritos que ten lugar no solo en presenza de bacterias do xénero Nitrobacter.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de transformación do amoníaco en nitritos e dos nitritos en nitratos, que realizan certas bacterias do solo, dentro do ciclo do nitróxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción pola que un átomo de hidróxeno dunha molécula orgánica é substituído polo grupo -NO. O NO pode fixarse sobre os metais nacentes que producen polos compostos organomagnésicos e dar, como subprodutos, derivados nitrosados orgánicos. As substancias máis doadas de nitrosar son os fenois, as aminas secundarias e as iminas, e os seus axentes máis usuais son o peróxido de nitróxeno dímero N2O4, o ácido nitroso HNO2 e os nitritos MNO2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de cementación ao que son sometidas as aliaxes de ferro, especialmente os aceiros, para endurecelos superficialmente e aumentar a resistencia á corrosión. Consiste en expor as pezas que se queren tratar á acción dunha corrente de amoníaco no interior dun forno a uns 500-550°C, que a esta temperatura se disocia, en contacto co ferro, en hidróxeno e nitróxeno, e este, por difusión na superficie da aliaxe, forma nitruros de ferro e dos outros metais que están presentes, de gran dureza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procesos, cos seus efectos sobre o relevo, que se producen arredor dos neveiros, especialmente pola acción alterna das xeadas e os desxeos.
-
-
Acción e efecto de nivelar ou nivelarse.
-
-
Conxunto de operacións que se realizan para atopar as diferenzas de altitude entre dous puntos ou máis do terreo, con relación a un plano de referencia horizontal.
-
nivelación barométrica
Nivelación que indica a altitude dos puntos en función dos valores de presión atmosférica que cada un soporta. É o método menos preciso, e só se emprega cando non se pode recorrer a ningún outro.
-
nivelación composta
Nivelación, referida a un mesmo plano de comparación, que se determina cando se utilizan dúas ou máis estacións. O mellor método de nivelación composta é o de nivelación recíproca, que consiste en facer a lectura desde un primeiro punto coa mira posta sobre un segundo e viceversa. A altura do aparato determínase nos dous puntos e a diferenza de altitude obtense da conxugación entre estes valores e as lecturas feitas. Por este método elimínanse os erros instrumentais e os erros a causa da esfericidade da Terra e da refracción da luz.
-
nivelación simple
Nivelación referida a un mesmo plano de comparación, que se mide por medio dunha soa estación do aparato. O mellor método de nivelación simple é o método do punto medio, que se realiza coa colocación do aparato sobre a aliñación AB que forman os dous puntos e á mesma distancia de ambos os dous. Ao facer a lectura das dúas miras, colocadas unha en cada punto, é máis alta aquela en que a lectura é menor, e a diferenza de altitude é a das lecturas: Z = L<J>A</J> - L<J>B</J>. Por este método anúlanse automaticamente os erros instrumentais e os que producen a esfericidade da Terra e a refracción da luz. No método do punto extremo, menos preciso que o anterior, colócase o aparato nun dos puntos e a mira noutro, mídese a altura do aparato e faise a lectura da mira. A resta destes dous valores corresponde á diferenza de altitude entre os dous puntos.
-
nivelación trigonométrica
Nivelación en que se dirixen visuais inclinadas ás miras que se colocan nos puntos que se nivela. Mídese o ángulo que forma a visual co horizontal e determínase a diferenza de altitude resolvendo o triángulo rectángulo formado en cada lectura. Este método segue en precisión e en uso á nivelación xeométrica, e os aparatos que se utilizan son o clisímetro e o eclímetro.
-
nivelación xeométrica
Nivelación en que se encontra a diferenza de altitude entre dous puntos que dirixe visuais horizontais ás miras colocadas nos puntos respectivos. A diferenza das lecturas feitas dá o desnivel existente. É o método máis empregado e o máis preciso que existe.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a unha noción.
-
Idea, crenza ou coñecemento que se ten sobre algunha cousa.
-
Coñecemento elemental ou básico sobre algunha cousa
-
-
-
Idea, crenza ou coñecemento que se ten sobre algunha cousa.
-
Coñecemento elemental ou básico sobre algunha cousa
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a unha noción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción dun nódulo.