"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • GALICIA

    Empresario e deportista. Como deportista, foi o primeiro xogador galego en debutar coa selección española de balonmán e presidiu o R. C. Celta de Vigo (1991-1995). Recibiu a Medalla de Bronce al Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Tras ordenarse presbítero, marchou a Portugal e dedicouse ao ensino. Dirixiu a obra de homenaxe a santa Catarina de Boloña La Santa sulla storia, nella lettere e nell’arte (1912), no segundo centenario da súa canonización. Publicou, entre outras, El mes de San Antonio y otras devociones al gran Taumaturgo franciscano (1899), Novena al Sagrado Corazón de Jesús e Los Trece Martes en honor a San Antonio, para los niños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno movemento de oscilación do eixe da Terra que se sobrepón ao movemento de precesión. Por causa do movemento de precesión, cada un dos polos do eixe da Terra (coordenadas astronómicas) describe, sobre a esfera celeste, unha liña circular arredor do polo da elíptica. Se só existise a nutación, cada polo do eixe da Terra describiría unha elipse, cuxo semieixe maior sería de 9,21’’ e o semieixe menor de 6,86’’.

    2. Cambio espontáneo e rítmico da posición dun órgano vexetal, causado polo crecemento desigual alternante dos seus dous lados.

    3. Movemento harmónico, nun corpo en rotación, en xeral de forma elíptica, que describe o eixe de xiro arredor da súa traxectoria mediana de precesión.

    4. Acurtamento do promontorio na sínfise púbica por rotación do sacro arredor dun eixe que pasa polo segundo tubérculo conxugado.

    5. Oscilación da cabeza, propia do tremor senil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que nutre.

    2. Que proporciona alimento.

    3. Abertura que hai entre os ósos para o paso dos vasos sanguíneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Introdución e utilización nun organismo dos materiais enerxéticos e plásticos que lle son necesarios para vivir. Nos individuos unicelulares, as substancias penetran pola membrana limitadora e prodúcese a miúdo unha dixestión externa mediante fermentos que, liberados ao exterior, destrúen as moléculas grandes ou disolven as substancias sólidas. Os organismos autótrofos poden asimilar o dióxido de carbono e os sales minerais nitroxenados, e os heterótrofos teñen necesidade absoluta de substancias orgánicas e poden vivir enriba de materia orgánica non viva (saprofitismo) ou viva (parasitismo, simbiose e depredación). Nos autótrofos, a célula obtén a enerxía de reaccións fotoquímicas ou oxidativas (fotosíntese e quimiosíntese), e nos heterótrofos, dos procesos respiratorios. Os vexetais obteñen do medio todos os elementos necesarios, e nun só movemento as células ionízanse ou deben ser absorbidas polas leis de difusión. Os animais pluricelulares desenvolveron o aparato dixestivo, que descompón...

    2. Ciencia, relacionada coa bromatoloxía, que estuda a relación entre os alimentos e a saúde, é dicir, as necesidades do organismo e o metabolismo das substancias alimentarias tanto nos individuos sans como nos enfermos.

    3. cadea trófica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á nutrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especializada en nutrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga residencia de verán dos príncipes electores e reis de Baviera, en Múnic, construída en varias etapas desde 1664. Comezada por A. Barelli (1664-1675), foi ampliada en tempos de Maximiliano II Manuel (1679-1726) por J. Effner, con pavillóns como os de Badenburg (1718-1721) e Magdalenenklause (1725-1728). Finalmente engadíuselle o Amlienburg (1734-1739), obra de F. de Cuvilliés e peza mestra da arte rococó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación política e cultural fundada na Coruña en 1963 que ten como obxectivos fomentar o estudo da cultura galega e a dos pobos afíns. Desenvolveu unha importante actividade galeguista coa celebración de conferencias impartidas por relevantes intelectuais, cursos de galego, realización de programas de radio e colaboracións en prensa. Así mesmo, destacou o seu activo labor teatral, coa creación do Grupo Independente de Teatro, posteriormente denominado Grupo de Teatro O Facho. En 1972 creou un concurso teatral co obxectivo de axudar ao desenvolvemento dun teatro infantil en galego. Dos seus fundadores e membros históricos destacaron H. Harguindey Banet, Andrés Salgueiro, Leopoldo Rodríguez, López Meneses e Miguel Anxo Fernán-Vello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio convocado pola Agrupación Cultural O Facho desde 1969, co obxectivo de promover a creación de literatura infantil en galego. A primeira edición destes premios foi gañada por Carlos Casares con A Galiña azul (1969), e desde aquela resultaron merecedores do premio autores como Concha Blanco (A vaca titiriteira, 1991) ou Cristina Cubeiro Becerra (Litografía marela, 1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio convocado pola Agrupación Cultural O Facho desde 1963 co obxectivo de difundir a poesía de autores mozos en galego. Resultaron gañadores deste premio autores como Olalla Cociña Lozano (Das marxes interiores, 1999) ou Lucía Aldao (A muller que se retorce, o sentimento marciano; a incontinencia, 2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concurso teatral convocado en 1972 pola Agrupación Cultural O Facho como celebración do décimo aniversario desta agrupación e co obxectivo de axudar a crear un teatro infantil en galego. Cunha periodicidade bianual, que non se cumpriu entre a VI e a VII edicións (celebradas en 1983 e 1986, respectivamente), este premio constituíu un fito na produción de literatura dramática infantil, que contaba con moi pouca presenza en Galicia. Resultaron gañadoras do premio obras como As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares (1973), Viaxe ao País de Ningures, de M. Lourenzo (1975), A benfadada historia de Coitado Bamboliñas, de Xulio González Lourenzo (1977), Viva Lanzarote, de Manuel Lourenzo (1981), Grande invento para saír do aburrimento!, de Ana Mª Fernández Martínez e Xoán Babarro González (1983) ou A estranha e misteriosa história de Otunga e os otunguenhos, de Joel R. Gómez (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación creada en Lugo en maio de 1987, que se constituíu en fundación en xuño de 1995. Presidida por Jesús Busto Peteiro, entre os seus obxectivos están o de axudar os galegos da emigración, promover a cultura e defender e potenciar a gastronomía de Galicia. Desde a súa creación vén outorgando insignias de ouro e convocando premios, como O Grelo de Ouro, que se concede anualmente, desde 1987, a persoas que destacan polo seu labor en favor de Galicia. Tamén convoca o Premio Literario O Grelo-Amigos de Galicia, o Premio de Poesía Suso Vaamonde, o Premio de Relatos Curtos Daniel Hortas, o Premio de Gastronomía Cociña Tradicional ou o Premio de Repostería Rei das Tartas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de obcecar ou obcecarse.

    2. Grave ofuscación que, en dereito penal, constitúe unha atenuante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso tectónico que se inicia coa subdución da codia oceánica dunha placa litosférica baixo a codia continental doutra nun límite converxente, ata atopárense as dúas codias continentais que colisionan e forman unha cordilleira de colisión. Nas suturas deste tipo de cordilleiras quedaron localizados algúns fragmentos de codia oceánica, chamados ofiólitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de ofrecer algo a Deus, especialmente o pan e o viño da Eucaristía.

    2. Ofrenda espontánea dos fieis durante a misa ou en ocasión doutros sacramentos, como acto de culto e de devoción.

    3. Acto ou rito mediante o que se consagra unha persoa a Deus como oblato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de obliterar. OBS: O grupo consonántico bl é heterosilábico e as dúas consoantes b-l pronúncianse separadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Turbación do xuízo.

    2. Trastorno mental que consiste nunha perturbación da consciencia, nunha particular lentitude de pensamento, diminución da vixilancia e da atención e nunha importante torpeza nas funcións motoras.

    3. Escurecemento enfermizo da vista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facultade recoñecida aos cónsules e aos pretores na antiga Roma durante a República, para opoñerse á convocatoria dos comicios, despois de ser anunciados fenómenos atmosféricos contrarios. Desapareceu xunto coa República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade de produción creada en París polo goberno provisional revolucionario en febreiro de 1848, que se inspirou, aínda que desvirtuándoos, nos ideais sociais de Louis Blanc. Para combater a crise social e económica, os obreiros desocupados colocáronse en obras públicas pero o seu traballo estivo mal organizado e non foi rendible. A súa disolución en xuño do mesmo ano, ocasionou violentos enfrontamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO