"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
-
Individuo que non coida o seu aseo persoal ou o seu xeito de vestir.
-
Persoa que non ten criterio propio ou que acusa falta de personalidade ou carácter.
-
Persoa que non ten vontade nin disposición para traballar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pensador hindú, considerado o fundador da escola filosófica Vedānta; non se sabe con certeza cándo viviu, probablemente entre os ss VI a C e III d C. É autor do Brahmasūtra ou Vedānta-sūtra, obra fundamental desta escola de pensamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fase da prehistoria exipcia correspondente ao Calcolítico inicial (primeira metade do IV milenio a C), definida a partir do xacemento de El Badari, na ribeira dereita do Nilo (Exipto). Estendeuse por unha parte do Exipto Medio, o Alto Exipto e o N do Sudán. Caracterízase polas necrópoles, compostas por enterramentos consistentes na colocación dos corpos envoltos en peles ou introducidos en canastros en posición xenuflexa, cun enxoval composto basicamente por amuletos de marfil de hipopótamo e estatuas femininas que representan a deusas da fecundidade de cerámica. Os poboados eran de cabanas de fibras vexetais. A súa economía era basicamente agrícola (trigo e cebada), se ben cunha considerable importancia da caza e da pesca. Semella que houbo un comercio primitivo de malaquita, a través do uadi Hammamat, co Sinaí e Siria. As cerámicas típicas desta cultura, de carácter funerario e gran calidade, están feitas a man, moi ben acabadas, puídas e bruñidas; teñen como característica principal...
-
PERSOEIRO
Escritor exipcio. Moi prolífico, as súas obras, reflexo dos costumes e da vida dos fellah, deben enmarcarse no eido do realismo contemporáneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sopro de aire, de bafo ou doutro gas.
-
Cheiro intenso e desagrable que exhala alguén ou algunha cousa.
-
Hálito que cheira mal.
-
-
-
Gota grande cando comeza a chover.
-
bágoa.
-
-
-
baila.
-
Composición que invita ao baile. O concepto de bailada na lírica galego-portuguesa é entendido polos estudiosos desde dúas perspectivas distintas. Uns sosteñen que baixo este termo se deben incluír un certo número de cantigas emparentadas co rondeau da lírica francesa, que posúe unhas características formais determinadas, tal e como sucede coa balada provenzal. Outros, en cambio, conceden máis importancia aos elementos conceptuais no establecemento da súa caracterización e din que as bailadas galego-portuguesas se deben encadrar nunha tradición de cancións de danza que xa existían desde os principios do Cristianismo. Nesta mesma liña, a profesora Mercedes Brea define a bailada como unha variedade do xénero amigo caracterizada por incluír a mención explícita do baile (máis concretamente unha invitación ao mesmo). Para esta investigadora serían sete as cantigas que presentarían esta modalidade xenérica: “Bailade, oje, ai filha, que prazer vejades” e “Bailade nós ja todas...
-
-
-
Acción e efecto de baixar.
-
Lugar ou camiño por onde baixa alguén ou algunha cousa.
-
Inclinación ou pendente dunha superficie cara a abaixo.
-
Escada que permite descender ao interior do casco dun barco.
-
-
ertente suave que forma o reverso dunha costa.
-
ertente suave, ao pé dun relevo, formada pola unión dunha serie de conos aluviais coalescentes.
-
-
Condutor eléctrico que une a antena co aparello receptor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baixal.
-
-
Xénero poético-musical. O seu nome deriva do latín tardío ballare ‘bailar’ e dentro del englóbanse, polo tanto, aqueles textos que estaban compostos para ser bailados; deste étimo procede tamén balar que en provenzal significa ‘bailar’. Na súa orixe pertencía á denominada “canción de danza”, como o virelai e o rondeau en Francia ou a dansa en Catalunya e Provenza. A balada, igual que outros xéneros afíns, constaba de refranh (retrouso) inicial, cantado polo coro de bailaríns, e estrofas -xeralmente tres- interpretadas polo solista, que conducía a danza; despois de cada estrofa todo o retrouso era repetido polo coro. O contido era lírico, profano ou relixioso, pero non faltaban as baladas dramáticas e narrativas. Aínda que o xénero non foi obxecto de ningunha teorización nas poéticas que codificaron a poesía do Midi francés, a súa existencia vén confirmada polas rúbricas dos manuscritos e polos propios textos, xa que a palabra balada...
-
-
Composición vogal sobre textos de baladas con acompañamento instrumental. De carácter lírico ou épico, esta forma musical, aparecida a finais do s XVIII, non ten nada en común coa balada medieval. Schubert converteu a balada nun xénero independente dentro do lied. Outros autores de baladas foron Schumann, Brahms, Mendelsshon e Plüddemann.
-
Composición instrumental de forma indeterminada escrita normalmente para piano. O carácter desta forma inspirada máis ou menos directamente en textos poéticos é esencialmente narrativo e lendario. Chopin, Brahms, Grieg, Liszt, Vieux-temps, Prokofiev, Fauré e outros escribiron baladas para diferentes instrumentos.
-
-
-
PERSOEIRO
Compositor. Estudiou en Barcelona e nos EE UU, con Aaron Copland. Cultivou o ballet, o concerto, a música de cámara, música para cine, a oratoria e a ópera. En 1989 estreou a súa ópera Cristóbal Colón no Liceo. Actualmente é catedrático de Composición da Universidade de Carnegie-Mellon, de Pittsburg (Pensilvania). En 1993 a Generalitat de Catalunya outorgoulle o Premio Nacional de Música á Composición Musical.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios con Oliveira, quen lle ensinou a técnica da fundición de cera, e con Antúnez Pousa, con quen aprendeu o traballo da pedra. No seu traballo combínanse pedras e materiais diversos, como bronce e madeira, na procura da expresividade ata chegar á esencialización da forma. Recibiu numerosos premios e participou en distintas exposicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capa de toxos e abrollos que se emprega para cubrir os valos e muros e ao mesmo tempo serve como defensa ás hortas, viñedos e campos.
-
-
Varanda do pasamáns que descansa sobre balaústres.
-
Serie de balaústres, unidos nos seus extremos por elementos continuos, que forman unha varanda ou antepeito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Balcón moi longo de madeira, ferro ou pedra que forma parte das casas, especialmente dos pazos. SIN: corredor, galería, miradoiro, solaina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porción de líquido que cabe nun balde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ballón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Cortegada, aínda que os dous primeiros mananciais xa eran coñecidos dende 1775, non se empregaron ata 1818.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bandexa (de patacas)’.