"Alicia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 418.

    1. Sospeitar algo.

    2. Perverter a alguén para que obre de maneira incorrecta.

    3. Interpretar de forma negativa algo.

    4. Sospeitar de algo ou alguén.

    5. Perverterse ou cambiar para mal unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traballo de investigación realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega en colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia entre 1992 e 1996. Para a súa elaboración realizáronse un total de 38.897 entrevistas entre a poboación residente en Galicia de máis de 16 anos de idade. A enquisa constaba de 148 preguntas, algunha delas con subdivisións internas, polo que se obtiveron un total de 170 variables, como a competencia lingüística do galego, as actitudes e prexuízos lingüísticos ou os datos de identificación persoal do entrevistado. O traballo foi publicado pola Real Academia Galega en tres volumes (1994, 1995 e 1996) e nel recóllense datos significativos da situación sociolingüística de Galicia. En xeral, o estudo amosa que os galegos teñen unhas actitudes positivas cara ao galego, especialmente entre os máis novos e os galegofalantes. O galego é a lingua maioritaria do país, malia observarse unha liña de descenso constante no seu uso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lilian Alicia Marks.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Coñecida como Alicia Markova, fixo o seu debut cos Ballets Rusos de Diaghilev en 1924. Creou e dirixiu a compañía Markova-Dolin (1935-1938) e o London’s Festival Ballet (1949-1952), e as súas mellores interpretacións foron Pétrouchka e La boutique fantasque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Coñecida como Alicia Alonso, en 1938 debutou en Broadway en diversos musicais, como Great Lady e Star in your eyes. En 1940 incorporouse ao Ballet Theatre of New York, co que lanzou a súa carreira e traballou con importantes personalidades da danza como Mijail Fokine, Leónide Massine ou Bronislava Nijinska. En 1948 fundou en La Habana o Ballet Alicia Alonso, que en 1959 tomou o nome de Ballet Nacional de Cuba, do que foi a directora e prima ballerina assoluta. Recibiu a Encomienda de la Orden de Isabel la Católica (1993), a medalla de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid (1998), a Medalla Pablo Picasso da UNESCO (1999) e o Premio Benois da Danza (2000). En 2002 foi nomeada embaixadora da República de Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón creado pola Xunta de Galicia en 1984 para distinguir as persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo da comunidade galega en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica. Entréganse o 25 de xullo, Día de Galicia, nun acto solemne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación xeográfica protexida, segundo a Orde do 19 de febreiro de 2003 da Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes e modificado o seu regulamento pola Orde do 10 de febreiro de 2004. Conta con 460 produtores de mel e 61 plantas envasadoras. O seu consello regulador controla, ampara e certifica o produto que leva a etiqueta identificativa de Mel de Galicia, desde a produción ata a súa presentación no punto de venda. Aínda que é unha denominación única, está formada por diferentes tipos: mel de milflores, de eucalipto, de castiñeiro, de queiroga e de silva, que terán que ser producidos, elaborados e envasados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de orixe aprobada pola Orde do 17 de outubro de 2000 da Consellaría de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e ratificado o seu regulamento pola Orde de 2 de agosto de 2001 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Agrupa os produtores de mexillón de Galicia das rías de Ares-Betanzos, Muros-Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo. Os mexillóns que se atopen baixo o control deste consello deben cumprir uns requisitos ecolóxicos, como a non manipulación do medio, e sanitarios, pero sen utilizar medicamentos, así como ser comercializados sen conservantes e en envases 100% reciclables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio que se creou en 1982 en Pontevedra, organizado por Francisco Fernández de Ana Magán, coa finalidade de potenciar os novos investigadores de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de investigación fundado en 1921 pola Junta para Ampliación de Estudos para realizar investigacións relacionadas cos problemas da agricultura galega. Inicialmente estaba situado en Santiago de Compostela, nun local cedido pola Escola de Veterinaria, o seu primer director foi Cruz Gallástegui, pero posteriormente, en 1927, instalouse en Pontevedra. En 1939 integrouse no CSIC. Foi creado para realizar investigacións sobre a agricultura galega, posteriormente centrou as súas investigacións na mellora xenética de cultivos de zonas húmidas (millo, fabáceas e brasicáceas, fundamentalmente). Os seus obxectivos principais son atopar novas variedades que sexan menos agresivas co ambiente, para o que se estuda a diversidade xenética de especies cultivadas (prospección de recursos, conservación e propagación, entre outras), e selecciónase e mellórase as especies cultivadas (resistencia a pragas, enfermidades, e outras condicións de estrés ou novos usos de variedades).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político que se fundou en Galicia en xaneiro de 1976. Tivo a súa orixe no Movimiento Comunista formado en Euskadi en 1966. Defendeu a autogobernación galega nun discurso marxista e socialista, e pretendía unha revolución social que acabase coa dominación burguesa e establecese unha Galicia soberana. En 1976 integrouse no Consello de Forzas Políticas Galegas e aínda que expuxo textos para a formación do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia, non se presentou nas primeiras eleccións galegas (1981) por non estar legalizado. Editaba a publicación Galicia en Loita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político fundado por Alfonso Álvarez Gándara en Vigo. Fusionouse co Partido Socialista Galego para presentarse ás primeiras eleccións xerais da democracia (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no cabo do Muíño en Alcabre (Vigo), inaugurado no verán de 2002, coincidindo co tricentenario da Batalla de Rande. Promovido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, foi proxectado polos arquitectos Aldo Rossi e César Portela. Alberga exposicións, de diversa temática, que xiran arredor do mar como fonte de recursos e actividade humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro creado polo decreto 268/2000 de 2 de novembro a proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Con esta iniciativa retomouse a idea do Museo Pedagógico Regional creado en 1926. A súa finalidade é promover e desenvolver a recuperación, salvagarda, estudo, mostra e difusión do legado pedagóxico de Galicia, con especial atención ás realizacións educativas en lingua galega e ás referentes ao ensino da lingua e da cultura galegas. Entre as súas funcións están a de programar e realizar exposicións relacionadas cos distintos ámbitos educativos e a de colaborar na formación e actualización dos profesionais da educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Lugo a partir de 1901. Dirixido por Xoán Manuel Pardo, tratouse dun xornal político e de información que incluíu notas locais. Editouse nos obradoiros tipográficos do propio xornal, dirixidos polo irmán do director, Antonio Pardo. En 1915 estaba na súa segunda época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Bos Aires a partir de 1915. Subtitulado “Quincenario gráfico y de novedades de la Región”, estivo dirixido por Fortunato Cruces. De carácter informativo, recolleu noticias de Galicia e artigos tomados da prensa galega. Saíu ao mesmo tempo que Nova Galicia. Incluíu colaboracións literarias de Vitoriano Taibo e F. Cano Rivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Bos Aires a partir do 6 de outubro de 1901. Editouse baixo os subtítulos “Decano de la prensa gallega y el más popular de América” e “Periódico Semanal de los Gallegos”, entre outros. Fundado e dirixido por Fortunato Cruces, realzou a cultura galega a través de artigos sobre a lingua, literatura, costumes, historia e música galegas e tamén tratou novas da actualidade de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se publicou en Bagnolet, preto de París, a partir de outubro de 1966. Subtitulada “Revista de cultura y política” e “Revista cultural e política”, funcionou como órgano de expresión do Partido Comunista de Galicia. Como directores da publicación figuraron Isaac François e M. Albert Coninck, nomes fiticios de Santiago Álvarez. Recolleu numerosas colaboracións de escritores galegos aínda que todos eles baixo pseudónimo, como Alonso Montero, Francisco Añón, Neira Vilas ou Celso E. Ferreiro. A súa distribución efectuouse en España, en Francia, en Bélxica, en Suíza, na República Federal Alemana, en Inglaterra, na URSS e en diversos países americanos. Legalizado o partido, a editorial Akal editou a revista como publicación da organización política, cun primeiro volume que saíu en 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial que se creou en Vigo en 1984 co obxectivo de espallar a cultura galega. Dirixida por Carlos del Pulgar, dedícase á publicación de libros de arte en todas as súas manifestacións, así como á recuperación de documentos históricos sobre Galicia para a súa edición facsimilar. En 1997 iniciou o proxecto Artistas Galegos, unha colección de 27 volumes onde se recollen as obras e os artistas máis importantes do ámbito galego. Desde 2000 realiza as edicións en galego e portugués da colección Nova Galicia Arte, compilación de monografías dos pintores máis importantes da historia universal, dirixida por Antón Pulido. Destacan as súas coleccións A Nosa Terra 1916-1936, A Nosa Terra Exilio 1942-1972, O Tio Marcos d’a Portela e Nós.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir de 1888 que non cesou antes de febreiro de 1889. Subtitulado “Defensor d’os intereses gallegos”, estivo dirixido por Juan Manuel Rodríguez de Cea, quen tamén exerceu de colaborador, xunto a Ricardo Barros Pintos. De carácter rexionalista, conviviu algúns anos coa revista O Galiciano. A literatura galega tivo unha importante presenza nesta publicación, en que abundaron a prosa e a poesía de López Pinal, Lourido Sánchez, Marcial Valladares, Barcia Caballero, Pérez Placer ou Leyes Pose.

    VER O DETALLE DO TERMO