"Ede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 837.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación creada en 1986 co obxectivo de divulgar a música de banda como tal, a través de festivais e da súa publicación O son dun pobo; atender todo tipo de xestións de carácter administrativo, xurídico ou fiscal para conseguir que as bandas de música se atopen en situacións e condicións legais durante a realización das súas actividades musicais, formativas ou lúdicas; crear e fomentar a música para banda a través de festivais, concursos, composicións por encarga, intercambios, certames, etc; informar de todo aquilo que fai referencia ás bandas de música populares (concursos, prazas, oposicións, subvencións, certames); e formar as agrupacións como conxunto e os directores das mesmas coa intención de acadar un mellor nivel musical para elas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación das corporacións locais galegas (todos os concellos e as deputacións provinciais) fundada o 7 de outubro de 1988. Os seus obxectivos son: o fomento e a defensa da autonomía das entidades locais; a representación e defensa dos intereses xerais das entidades locais ante outras Administracións públicas e, especialmente, a reivindicación das súas competencias; a promoción e o desenvolvemento da cultura e da lingua galega no ámbito local; o fomento da participación cidadá na vida local; o desenvolvemento e consolidación do europeísmo no ámbito local, baseado na autonomía e solidariedade entre as entidades locais; e a prestación de toda clase de servicios ás entidades locais. Na súa asemblea constituínte, celebrada o 7 de abril de 1989, ratificouse como presidente a José Castro Álvarez, alcalde de Ponteareas, que en 1992 foi substituído por Xosé Luis Torres Colomer, alcalde de Ribeira. En 1995 accedeu á presidencia o alcalde de Quiroga, Xulio Álvarez Núñez, ao que sucedeu, en 1999,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico federal aparecido en Vigo en abril de 1873. Na súa redacción colaborou Xosé Mella.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación constituída en 1927 en Edimburgo para proporcionarlles aos bibliotecarios de todo o mundo un foro no que intercambiar ideas, promover a cooperación, a investigación e o desenvolvemento internacional nos diversos campos da actividade bibliotecaria. En 1971 estableceu a súa sede na Royal Library da Haia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: FIFA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
FIBA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en 1957 para promover a cooperación entre institucións, entidades, organismos e persoas que por todo o mundo se dedican á investigación teatral. Publica a revista Theatre Research International, e celebra un congreso cada catro anos, xunto con seminarios e outras actividades. Ocúpase da supervisión de traballos como a World Encyclopedia of Contemporary Theatre e dun importante banco de datos sobre bibliotecas, museos, fondos bibliográficos, investigadores e liñas de investigación arredor do feito teatral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1932 para coordinar diversos colectivos anarquistas existentes na Coruña. Na súa constitución tivo un papel destacado o militante do cadro do Sindicato de Panaderos, José Moreno Torres. Dous anos máis tarde o agrupamento de varios grupos anarquistas coruñeses afiliados á FAI adoptou idéntica denominación, impulsada agora polo militante do Sindicato de Transportes, Luis Chamorro, e o anarquista de orixe grega Antonio Fournarakis. Desaparecida trala frustrada revolución de Asturias, reorganizouse a mediados de 1935, contando daquela coa axuda do director do periódico Brazo y Cerebro, Idelfonso González. Ao comezo da Guerra Civil, contaba cos grupos Nervio, Espartaco, Ideal, Los Intransigentes, Los Excomulgados, Sin Dios ni Patria e Ni Dios ni Fronteras, que integraban uns corenta militantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo aglutinador das diversas sociedades de resistencia existentes en Santiago de Compostela que, durante o primeiro terzo do s XX, adoptou diversas denominacións. A primeira, Federación Local de Trabajadores, fundouse en 1902, e perdurou ata finais da primeira década do século. Reorganizouse en 1916 coa denominación de Federación de Obreros y Agrarios de Santiago, baixo a influencia de Xosé Pasín Romero. A integración da maioría das sociedades de oficio compostelá na CNT a partir de 1919, determinou que o colectivo ficase integrado na central anarcosindicalista baixo o nome de Federación Local de Sindicatos de Santiago ata 1934, data na que o ingreso no Partido Sindicalista de numerosos cadros societarios composteláns, levou ao arredamento de diversos sindicatos da organización cenetista e á creba da federación local.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en novembro de 1871 a partir dos núcleos iniciais da AIT en Galicia que perdurou ata a Guerra Civil. Nos seus comezos contou coa adhesión de catro seccións de oficio (carpinteiros, canteiros, zapateiros e xastres) e máis de 150 afiliados. Realizaron os primeiros paros xerais a prol da xornada de 8 horas en 1890 e 1891 e convocaron unha folga xeral de 1901. En 1910 adheriuse á CNT. Exerceu o liderado cidadá na folga antimonárquica de 1917, e, no comezo dos anos 20, nas loitas dos estibadores. Disolta polas autoridades cara ao 1927, reapareceu en 1930. Durante a Segunda República duplicou os seus efectivos logo da convocatoria, entre outras, da folga da construción de 1933 na que se reivindicaba a xornada laboral de seis horas e o subsidio de enfermidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación libre de igrexas luteranas fundada en 1947 en Lund (Suecia) co obxectivo de fomentar a unidade luterana e ecuménica.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en 1980 na Coruña. Na súa redacción participaron Xosé Romero, Agustín Romero, Manuel G. Espiña, E. Vidal Abascal, José A. Gaciño, Juan Naya e Plácido Lizancos. Tentaba recoller información de interese para as comunidades de emigrantes galegos espalladas polo mundo. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Moret.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización campesiña adscrita á UGT. Fundada en abril de 1930, agrupaba diferentes asociacións agrarias de ideoloxía socialista e a labregos e pequenos propietarios agrícolas. Experimentou un espectacular ascenso durante o primeiro bienio republicano, especialmente en Extremadura, La Mancha, Andalucía e València. En Galicia, a finais de 1932, as 61 seccións galegas da FNTT contaban con máis de 5.000 afiliados (algo máis do 15% da afiliación da central sindical) espallados polas catro provincias, sobre todo nas da Coruña e Ourense (o núcleo principal concentrábase no eixe Betanzos-Ferrol). Entre os seus dirixentes galegos cómpre destacar a Lucio Martínez e o deputado betanceiro Ramón Beade. Desencadeou a primeira folga xeral campesiña do país (1-20 de xuño de 1934). Editou El Obrero de la Tierra. Disolta en 1939, foi reconstituída entre 1976 e 1977, vinculada á UGT e ao PSOE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de tendencia anarcosindicalista que integraba sociedades de ebanistas, carpinteiros, toneleiros e outros oficios afíns de diversos lugares de España, creada en Barcelona en 1898. Entre 1908 e 1909 a súa secretaría trasladouse á Coruña e tiña sociedades adheridas en Santiago e Vilagarcía. O seu voceiro, La Cuña, estaba dirixido por Manuel Alvedro, e contou coa colaboración do dirixente da Sociedad de Carpinteros herculina, Xoán Dopico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo constituído en Pontevedra a finais de 1953 co obxectivo de coordinar e impulsar as actividades de centros culturais e ateneos de carácter libertario. Contou con entidades adheridas en Vigo e nos seus arredores (Lavadores, Beade, Bembrive, Candeán, Sárdoma), Porriño, A Guarda, Cangas, Moaña, Vilagarcía e Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización xurdida entre 1914 e 1915 e baseada na efémera Federación de Marineros del Morrazo. Con forte presenza en Marín e Cangas, tentou integrar as sociedades de mariñeiros, maquinistas e patróns de cabotaxe de toda Galicia. Alentada por militantes socialistas, como o marinense Xosé Hervés e o canteiro residente en Cangas Lorenzo Corbacho, tentou intervir no control das artes depredadoras e na erradicación da dinamita nas faenas pesqueiras. Desapareceu en 1922, logo de ter desenvolvido unha intensa conflitividade mariñeira nas rías de Vigo e Pontevedra a finais da segunda década do s XX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación creada en Madrid en 1900 coa finalidade de coordinar as sociedades obreiras de resistencia herdeiras do espírito da Federación Regional Española da AIT. Trala sede de Madrid, o seu comité residiu en Zaragoza e, a partir de 1905, na Coruña. Publicaba un boletín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización que agrupou os mozos libertarios galegos, moitos deles evadidos da zona nacional, que combateron en Asturias co exército republicano. Constituída en febreiro de 1937, agrupou a 97 afiliados distribuídos nun total de nove grupos presentes en Gijón, Avilés e no interior de diversas unidades militares. Nela destacaron, xunto co antigo tenente de alcalde do concello de Noia, Miguel Vázquez Valiño, Víctor Paradela, mariñeiro da Pobra do Caramiñal, e Fernández Pardavila, das Juventudes Libertarias da Coruña.