"RIM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 390.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de oitenta e seis composicións poéticas escritas por Xoán Barcia Caballero e editadas no tomo XXIX da Biblioteca Gallega de Andrés Martínez Salazar. Acompañadas dun “Prólogo” onde o autor analiza o concepto de poesía, particularmente a galega, as composicións de Barcia Caballero recollen elementos cultos e móvense nun sensorialismo característico do posromanticismo de finais de século. Moitos deles, a imitación da obra de Rosalía de Castro, amosan a súa vertente máis pesimista, mentres que outros presentan unha temática máis relixiosa, con referencias á Virxe, ou mesmo satíricas, nas que critica o egoísmo, a avaricia e a vaidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á rima.
-
PERSOEIRO
Poeta. Aos 14 anos compuxo unha serie de poemas de gran perfección inspirados en Victor Hugo e Baudelaire, aos que sempre admirou. A súa revolución poética caracterizouse pola ruptura formal con calquera concepto da moral tradicional, coa relixión e a literatura. O resultado foi un dos seus poemas máis conmovedores, Le bateau ivre (1871). En Une saison en Enfer (1873) rexeita a poesía, as súas rebelións e alucinacións, aínda que todo reaparece, máis acentuado, nos seus poemas en prosa Illuminations (1874), a maioría escritos entre 1874 e 1875, que representan o final da evolución poética do autor. Creou unha linguaxe poética riquísima en sensacións, con metáforas desconcertantes e unha máxica sonoridade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é moi ostentoso ou chamativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do xogo da estornela que consiste en darlle á billarda co palán por debaixo da perna.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Emilia-Romaña, Italia, situada na costa do Adriático, entre Ravenna e Pesaro (128.301 h [2001]). É un importante centro de industria dos tecidos e un dos puntos de veraneo de máis sona de Italia. Fundada polos umbros, foi tomada polos romanos (268 a C), cristianizada (s IV), ocupada polos godos (s V) e posteriormente polos bizantinos, os lombardos e os francos. Estes cedéronlla aos Estados Pontificios (754). Participou nas guerras entre güelfos e xibelinos do lado dos primeiros, e rematou dominada completamente pola familia Malatesta (1334). De novo pertenceu aos Estados Pontificios (1528-1797), e foi ocupada pola Francia revolucionaria ata que en 1816 foi restituída ao papa. En 1860 integrouse no Reino de Italia. A antiga igrexa de San Francesco foi transformada (1446-1455) por Alberti, seguindo ordes dos Malatesta, polo que foi denominada Tempio Malatestiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Italia situada na rexión de Emilia-Romaña (534 km2; 270.530 h [2001]). A súa capital é Rimini.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pasta cosmética, feita a base de aceite e pintura, que se aplica nas pestanas para espesalas, facer que semellen máis longas e darlles cor.
-
PERSOEIRO
Compositor ruso. Estudou música e asistiu á Escola de Mariña, onde coñeceu a obra de destacados compositores. Influído por M. A. Balakirev, en 1861 pasou a formar parte do Grupo dos Cinco. Posteriormente foi catedrático de Composición do conservatorio de Peterburgo (1871). Actuou por Europa como director de orquestra e estreou en Rusia óperas como A noite de maio (1880), Sadko (1898) e O galo de ouro (1909). Das súas obras orquestrais destacan Capricho español (1887), Scherezade (1888), A gran pascua rusa (1888) e tres sinfonías. Orquestrou óperas de Mussorgsky e Borodin, e publicou diversas obras didácticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidad de Salamanca e en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, en 1920 trasladouse a EE UU para desempeñar unha cátedra de Literatura Española do s XIX na Cornell University Ithaca (Nova York). En 1932 converteuse en catedrático de Xeografía e Historia no instituto de Lugo. Experto en mitoloxía e astroloxía, e lector de Rubén Darío, Verlaine e Baudelaire, influíu intelectualmente nos membros da Xeración Nós, especialmente en R. Otero Pedrayo, cos que compartiu algúns parladoiros e conferencias no Ateneo ourensán. Colaborador de La Centuria co nome de Beta Herculis, escribiu Las mesetas ideales (1910), Escenas de gigantomaquia (1923) e Errores de la actual división provincial de España y fundamentos geográficos para una nueva división en provincias (1925). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Experimento que realizou H. A. Rowland para probar a relación que existe entre o magnetismo e a electricidade. Dispuxo un disco electrizado que xiraba a gran velocidade e demostrou mediante unhas agullas magnéticas que se producía un campo magnético por efecto do campo eléctrico creado polo disco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Experimento realizado por E. Rutherford en 1911, cuxos resultados serviron para postular a teoría atómica do mesmo autor (modelo atómico de Rutherford). Consiste no bombardeo de láminas moi finas de ouro ou de prata con partículas á. Obsérvase que a maioría destas atravesan as láminas sen sufrir desviación ningunha, mentres que unha pequena proporción experimenta diversas desviacións e unha de cada 20.000 é reflectida pola lámina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica analítica que se emprega para determinar o contido de azucre e de substancias relacionadas en disolucións acuosas de mostras, xeralmente alimentarias, que os conteñen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á sacarimetría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se emprega para determinar a concentración de azucre presente nunha solución.
-
PERSOEIRO
Estadista xaponés. Viceministro de guerra, opúxose á invasión de Corea (1873) e dirixiu a de Taiwán (1874). Durante a revolta dos samurais de 1877, permaneceu fiel ao goberno imperial e foi ministro de Instrución Pública e de Guerra en 1879. Ocupou diversos ministerios ata 1900.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é moi salubre.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Pradorramisquedo (Viana do Bolo) no límite coa provincia de Zamora. O seu cumio acada os 1.505 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prima que se paga en seguros para garantir algúns riscos extraordinarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
piranómetro.