"Uma" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 364.

  • Movemento dos elementos orgánicos que está provocado por unha acción traumática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo, con sede en Estrasburgo, creado polo Consello de Europa para garantir o libre exercicio dos dereitos políticos e cívicos. Poden recorrer a el tanto os individuos como os estados asinantes da Convención Europea para a Salvagarda dos Dereitos do Home, creada en Roma en 1950. Antes de recorrer a el cómpre esgotar todas as instancias nacionais e ter presentado o caso perante a Comisión Europea dos Dereitos do Home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi elixido senador demócrata por Missouri (1934) e vicepresidente de EE UU (1944) con Franklin D. Roosevelt. Á morte de Roosevelt (1945), acadou a presidencia e foi reelixido presidente en 1948. Ordenou o lanzamento da bomba atómica sobre Hiroshima e Nagasaki. A súa actitude anticomunista favoreceu o desenvolvemento do maccarthismo e o desencadeamento da Guerra Fría. Cara ao final do seu mandato iniciou a Guerra de Corea (1950). Non se presentou ás eleccións de 1952.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Coñecido como Truman Capote, tivo un grande éxito coa súa primeira novela Other Voices, Other Rooms (1948), onde presentou un mundo adolescente entre a realidade e a fantasía. Tamén destacan The Grass Harp (1951), Breakfast at Tiffa-ny’s (1958), levado ao cine en 1961 e In Cool Blood (1966), coa que iniciou a modalidade narrativa da non-fition, baseada na reconstrución novelística de feitos documentados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Arxentina, situada na rexión Norte (22.524 km2; 1.331.923 h [2001]). A súa capital é San Miguel de Tucumán. Atópase ao L da cordilleira de Aconquija, da que xorden diversas ramificacións en dirección L formadas por materiais metamórficos e cristalinos. A zona central é unha chaira percorrida polo río Sali. Ten clima e vexetación tropicais, o que a converte nunha zona produtora de cana de azucre, arroz, liño, tabaco, froitas e produtos da horta. Antes da chegada dos españois, o territorio estaba poboado por pequenos grupos tribais. No s XVI producíronse as incursións dos pobos de Charcas e de Chile e quedou vinculado a Charcas cun intenso comercio de mulas e coiros. En 1813 foi incorporada ás provincias de Río de la Plata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea das provincias unidas de Río de La Plata celebrada en 1816 que promulgou a independencia arxentina e a primeira constitución. Non estiveron representados nin Paraguay nin as provincias de Corrientes, Entre Ríos, Santa Fe, Misiones e a Banda Oriental, feito que provocou que triunfase o obxectivo das provincias unidas baixo a hexemonía do porto de Bos Aires e a á conservadora dos patriotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo concepto utilizado a partir de 1979 polos científicos xaponeses para expresar un quinto sabor, que está provocado principalmente pola acción do glutamato monosódico, e representa un gusto que non se pode describir por combinación dos catro primitivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Čerkasy, Ucraína, situada na confluencia do Umanka e o Kamenka (85.000 h [estim 1984]). Ten industria diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de América Central que discorre por Guatemala e polo S de México, polos estados de Chiapas e Tabasco (1.100 km). Nace nos Altos de Guatemala, na Sierra de los Cuchumatanes, e fai fronteira con México antes de desembocar na baía de Campeche, dentro do golfo de México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento pequeno cunha barra de ferro que serve para abrir buratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto científico internacional iniciado en 1990 co obxectivo de coñecer a secuencia completa do xenoma humano para estudar a súa estrutura e funcións. Composto por distinos centros de China, Francia, Alemaña, Xapón, Reino Unido e EE UU, en 1994 sumouse á carreira a empresa privada Celera Genomics. Finalmente, en 2000, os dous competidores anunciaron conxuntamente o primeiro borrador do xenoma humano secuenciado, e en abril de 2003, dous anos antes do previsto, completaron o mapa xenético humano. As implicacións éticas e legais deste proxecto levaron á UNESCO a aprobar en 1997 a Declaración universal sobre o xenoma humano e os dereitos humanos, na que se afirma que o xenoma humano é Patrimonio da Humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cabaqueiros que corresponde á voz ‘galo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cabaqueiros que corresponde á voz ‘ovo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Bolivia, afluente do Mamoré pola esquerda. Ten 321 km de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos yuma ou á súa lingua.

    2. Individuo do grupo de pobos yuma.

    3. Grupo de pobos amerindios que habitaban nos cursos inferiores dos ríos Colorado e Gila, ao N da Baixa California e ao NO de Sonora. Destacan os grupos walapai, mahave, cocopa, diegueño e cochimí. Malia que algunhas tribos eran nómades e vivían da caza, os yumas eran maioritariamente agricultores e sedentarios.

    4. Grupo de linguas hokanas do phylum amerindio das que destacan o walapai, o mahave, o cocopa, o diegueño e o cochimí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Gipuzkoa, Euskadi, situado na fachada cantábrica, na desembocadura do río Urola (8.527 h [2011]). As principais actividades son a gandaría (gando bovino), as derivadas do porto pesqueiro e a industria metalúrxica. É un centro turístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou durante a invasión napoleónica e cos absolutistas, na guerra contra os liberais (1822-1823). Cando estalou a Primeira Guerra Carlista (1833) foi nomeado xeneral en xefe do exército real de Navarra. Home moi activo e cunha gran capacidade de organización, combateu vitoriosamente aos carlistas coa táctica de guerrillas. Derrotou a diversos xenerais liberais de prestixio, e en 1835 o pretendente e a corte impuxéronlle o asedio de Bilbao. Derrotou a Espartero en Durango e formalizou o asedio da capital. Aos poucos días foi ferido na cama por unha bala perdida, que lle provocou a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e director de orquestra. Formado con Ángel Brage no Conservatorio de Música de Santiago de Compostela, con Guillermo González no Conservatorio Superior de Música de Madrid, e con J. Elliot Gardiner e Helmuth Rilling, en 1976 comezou as súas actuacións como solista. Director da capela de música da catedral de Santiago, fundou e dirixiu o Coro Universitario de Santiago (1979-1985). Ademais, foi director invitado da Orquesta de Cámara de Stuttgart, director invitado na Orquesta Nacional de España, director invitado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995), e na posta en marcha da Real Filharmonía de Galicia (1996). Dentro da súa actividade docente, participa na cátedra de Teatro Lírico e Sinfonismo dos cursos universitarios internacionais de Música en Compostela. Colaborou con destacados solistas, como Teresa Berganza, e estreou diversas obras dun amplo repertorio que se estende desde Monteverdi e Bach aos compositores modernos, moitos deles galegos, como Balboa ou Macías. É...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao gran ou á palla cando están húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO