"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Carbón mineral, o máis antigo pola súa idade xeolóxica e o máis rico en carbono (do 90 ao 97%). Amorfa, fráxil e de fractura irregular. É de cor negra ou gris ferro, de superficies irisadas e opaca, e ten un brillo vítreo con tendencia metálica. Arde ben, sen fume e con chama curta, pero precisa dunha corrente de aire porque contén moi poucas substancias volátiles. É un combustible ideal para a calefacción doméstica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á antracita, semellante á antracita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de metamorfose que converte o carbón bituminoso en antracita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade de natureza fúnxica que ataca as vides e diversas especies de plantas hortícolas. Maniféstase pola aparición de manchas negroides, que se converten en úlceras. A antracnose da vide producida pola Manginia ampelina é especialmente importante. Os tratamentos máis eficaces son os preventivos de inverno, con sulfato ferroso e ácido sulfúrico. Son tratamentos curativos as pulverizacións con mestura de xofre e cal viva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División obsoleta do Paleozoico superior, que agrupaba os sistemas Carbonífero e Pérmico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Antracolítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de estudo dos restos de madeira e vexetais carbonizados recuperados nos depósitos arqueolóxicos e xeolóxicos. Mediante a análise microscópica pódese identificar o xénero e en ocasións a especie vexetal, o que pode achegar información sobre as actividades económicas dos grupos humanos e animais, e sobre o medio ambiente que rodea o depósito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de pneumoconiose causada pola inhalación de pos de carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intermediario na fabricación de colorantes, de produtos farmacéuticos e perfumes, e na biosíntese do triptofano. Obtense tratando a ftalimida cunha solución alcalina de hipobromito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colorante que, mesturado coa alumina, proporciona un matiz escarlata. O seu diacetato utilizouse na medicina como laxante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto preparado orixinariamente pola oxidación do antraceno, que na actualidade se obtén pola reacción de Friedel e Crafts entre o anhídrido ftálico e o benzol, e por condensación da 1,4 naftoquinona co butadieno (por exemplo, a alitzarina) e por nitración (entre outras, a 1-nitroantraquinona), que se emprega na síntese de colorantes. Úsase tamén no tratamento dos xermolos destinados á semente, como repelente de aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á antraquinona, derivado da antraquinona.

    2. Substancia química derivada da antraquinona, empregada como purgante. Os antraquinónicos actúan estimulando o intestino groso. Son os principios activos de diversas plantas como o áloe ou o ameneiro.

    3. Colorantes sintéticos derivados da antraquinona, moi utilizados en tintura e moi apreciados pola súa solidez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto de redución de alitzarina, chamado tamén leucoalitzarina. Emprégase como parasiticida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto preparado tratando a antraquinona con trióxido de xofre en presenza de ácido bórico. Emprégase na síntese de colorantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade infecciosa producida pola bacteria Bacillus anthracis (ántrax maligno), que se manifesta habitualmente como un tumor inflamatorio na pel, de consistencia dura e coloración vermella, que se ulcera na súa parte central ou ocasiona unha carapola negra. Pode atacar o pulmón ou a ganglios linfáticos e chegar a ser mortal. O contaxio no home pode ser directo a través dos animais ou ao inxerir carne mal cociñada.

    2. Reunión confluente de diversos furúnculos (ántrax benigno).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación cirúrxica das paredes dun antro, especialmente do mastoide ou do antro do estómago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto utilizado para a determinación do boro e do silicio por absorciometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación dun antro, especialmente os mastoides, como consecuencia dunha otite media.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. entroido.

    2. Lugar misterioso ou oculto. OBS: É un termo moi utilizado en literatura.

    3. Espacio ou lugar que presenta un aspecto desagradable ou no que resulta repelente estar.

    4. Cavidade ou espacio, especialmente dentro dun óso.

    5. Caixa do tímpano.

    6. Dilatación anormal do esófago preto do estómago.

    7. No ser humano, cavidade do maxilar superior que comunica co nariz.

    8. No ser humano, cavidade na apófise mastoide que comunica coa caixa do tímpano.

    9. Fondo do estómago situado por debaixo do píloro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar misterioso ou oculto. OBS: É un termo moi utilizado en literatura.

    2. Espacio ou lugar que presenta un aspecto desagradable ou no que resulta repelente estar.

    3. Cavidade ou espacio, especialmente dentro dun óso.

    4. Caixa do tímpano.

    5. Dilatación anormal do esófago preto do estómago.

    6. No ser humano, cavidade do maxilar superior que comunica co nariz.

    7. No ser humano, cavidade na apófise mastoide que comunica coa caixa do tímpano.

    8. Fondo do estómago situado por debaixo do píloro.

    VER O DETALLE DO TERMO