"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Militar. Teórico e ideólogo da Revolución dos Caraveis (1974) que se alzou contra a ditadura militar na procura dun réxime democrático en Portugal. Evitou unha guerra civil durante o denominado “verán quente” (1975) ao redactar e promover o Documento dos Nove, manifesto que defendía o réxime democrático e o programa do Movimento das Forças Armadas (MFA), máis coñecido co nome de Movimento dos Capitaẽs Avril. Foi membro do Consello da Revolución, ministro sen carteira nos primeiros gobernos revolucionarios e titular de Asuntos Exteriores (1975-1976), en sucesión de Mário Soares, e subdirector xeral da Unesco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe portuguesa que pasou a Galicia e se estableceu na parroquia de Penamaior en Becerreá. Tamén se asentou na vila estremeña de Medellín, en Madrid e en Chile. As súas armas levan, en campo de prata, un carballo de sinople co tronco cargado dun escudiño de ouro con dúas faixas de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade constituída entre os anos 1854 e 1856 polos impresores Xosé A. Antúnez, quen tiña imprenta propia no ano 1846 e que foi editor do Compendio de geografía general de Carlos Somoza, e Núñez Pazos. Imprimiron varios libros e folletos, como a Memoria sobre la industria en Galicia, de González de Zúñiga, en 1854.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e arquitecto de formación. O seu estilo artístico está a medio camiño entre o Expresionismo e o Surrealismo en forma de series que explora baixo múltiples variantes. En 1941 trasladouse a EE UU para ampliar os seus estudos de arquitectura e ingresou no Atelier 17 (1947), onde se formou como gravador con Stanley William Hayter e adquiriu un gran dominio da liña. En 1950, durante a súa estadía en París, iniciouse nas técnicas da pintura ao óleo. Fundou e dirixiu (1955-1963) o Taller 99 de gravado, que foi o xermolo da Escola de Arte da Universidade Católica en 1958. Así mesmo, realizou un importante labor de promoción e divulgación das novas xeracións de artistas. Foi director do Museo Contemporáneo da Universidade de Chile (1961-1964), agregado cultural de Chile en EE UU (1964) e director do Museo Nacional de Belas Artes (1969). En 1985, de regreso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome neerlandés da cidade de Anveres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor vasco. Capelán cantor dos Reis Católicos (1489) e mestre de capela do príncipe don Xoán. Cóengo de Granada no 1499 e reitor da parroquia de Azpeitia dende 1504. Foi o autor do Cancionero musical de Palacio e de diversas pezas relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor vasco. Formado en Italia e relacionado coa Escola de Valladolid. É un dos máis destacados representantes do Manierismo de Michelangelo na Península Ibérica. Autor do retablo da Trindade da Catedral de Jaca (1578?) e doutro de San Miguel na Catedral de Zaragoza (1580?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aldea do Camiño navarro a Santiago, entre Larrasoaña e Trinidad de Arre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi (1.936 h [1996]), situado no val do Deva. Aproveitamento forestal, gandería bovina e avicultura. Ten canteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dunha das divindades máis importantes do panteón sumerio (An), a suprema do panteón asirio-babilónico. Formaba tríada con Enlil e Ea. Foi especialmente venerada en Uruk e en Eridú.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acontece ou se repite cada ano.

    2. Que dura un ano.

    3. Planta que completa o seu ciclo vital en menos dun ano ( terófito). As plantas anuais a miúdo morren no momento de iniciarse as épocas desfavorables -verán seco, inverno frío-, que son resistidas con vantaxe en estado de vida latente (semente, espora, etc). Distínguense anuais invernais, como o trigo, que nace no outono e morre ao comezar o verán; anuais de primavera, que nacen despois do inverno e morren na mesma época cós do grupo anterior, e anuais de verán, que medran durante o verán e morren cando chega o frío. Dáselle o nome de efémeras ás anuais de vida moi curta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pago ou cobro anual, que pode ser fragmentado en intervalos menores (p ex trimestrais) durante un período fixo ou indeterminado. En matemática financeira distínguese a anualidade de amortización da anualidade de capitalización. A forma máis corrente de anualidade converteuse modernamente na que deriva do seguro de vida, de vellez ou de pensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Publicación na que se recolle cada ano o resumo dos acontecementos do ano anterior nunha actividade determinada ou os traballos orixinais dunha entidade científica, literaria, económica, deportiva, etc, cunha finalidade basicamente propagandística. A publicación de anuarios iniciouse no s XVI. Os anuarios adoitan especializarse en determinadas materias segundo a institución á que pertencen ou ao público ao que van destinadas (actualmente teñen especial importancia os anuarios estatísticos). Serven tamén como guía para os profesionais dun sector que necesitan información detallada sobre os organigramas da empresa que o publica ou sobre calquera outro aspecto da súa actividade. O anuario ten relación a miúdo co almanaque.

    2. Publicación que se edita cando comeza un novo ano e que contén informacións de interese relativas a el.

    3. Publicación na que figuran as horas e as alturas da baixamar e a preamar para todos os días do ano e referente a un número determinado de portos. Tamén inclúe datos que permiten calcular o mesmo para outros portos menos importantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe aparecida entre os anos 1948 e 1951, e editada polo concello de Betanzos na imprenta de Manuel Villuendas. Subtitulábase “Historia-Etnografía-Bellas Artes-Administración Municipal-Actualidades”. Fundado e dirixido por Francisco Vales Villamarín, contou coa colaboración de Xosé Mª Díaz Castro, Sofía Casanova, Xoán Naya, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Enrique Chao Espina e incluíu reproducións de textos de Manuel Murguía e Antón Vilar Ponte, entre outros. As ilustracións eran de Manuel Abelenda, Emilio de la Iglesia Caruncho, Cebreiro, Pérez Villamil e Manuel Castro Gil. Contaba con diversas seccións: estatísticas, planos da cidade, programa das festas de San Roque, industria, comercio e outras informacións. Reapareceu en 1982 con novos colaboradores e máis seccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida no ano 1986, editada pola Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense. Colaboraron nela: Ernesto Iglesias Almeida, Antón C. Requeixo, Ramiro Conde Amado, Manuel Castro Cambeiro, Carlos González e Xoán M. González, entre outros. Incluíronse reportaxes con gráficos, fotografías a cor e debuxos sobre aspectos históricos relacionados coa gaita galega e con gaitas doutros países. Tamén novas sobre encontros populares, presentación de grupos musicais, partituras con cantigas e entrevistas a músicos e instrumentistas, entre outras moitas reportaxes, todas elas vencelladas ao mundo da gaita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro-revista publicado pola Enxebre Orde da Vieira e a Asociación Cultural da Vieira de Madrid. Contaba con diversas colaboracións, datos e informes sobre a emigración galega e referencias á festa anual da devandita sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter anual editada polo grupo Editorial Compostela, S A,   iniciada no ano 1992. Coordinada por Juan Salgado, conta cunha serie de apartados, divididos en meses e dedicados a “Economía”, “Internacional”, “Galicia”, “Deportes”, etc. Introduce amais cadros estatísticos, gráficos, debuxos e fotografías dos acontecementos máis impactantes do mundo nese ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego anual editada en Vigo dende 1992 pola editorial Galaxia, e especializada na investigación da literatura galega. Dirixida por Xoán González-Millán dende Nova York e por Dolores Vilavedra dende Galicia, contaba coa colaboración de Ramiro Fonte, Xosé R. Pena, Damián Villalaín, Manuel Vieites e Helena González, entre outros. Incluía as seccións: “Estudios”, “Comunicacións”, “Panorámicas”, “Compendio bibliográfico anual” e “Libros”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación con formato de libro aparecida en Ourense en 1908, que cesou ao ano seguinte. O seu director e redactor foi Xosé Casas. Nela incluíase unha relación das publicacións católicas de España, Portugal, América e Filipinas, xunto con comentarios e cadros estatísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago no ano 1856, que contaba con informes e datos referidos á propia Universidade.

    VER O DETALLE DO TERMO