"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

      1. Aplícase á prefloración en que cada sépalo ou pétalo cobre o precedente.

      2. Aplícase á planta con prefloración contorta.

    1. Aplícase á primeira porción do túbulo renal e aquela que segue a asa de Henle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canterbury Tales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de relatos publicada por Ramón Otero Pedrayo en 1932. Os sete textos que a compoñen concíbense como un mural histórico no que se reflicte a substitución das estruturas do Antigo Réxime polas do novo sistema capitalista que comezou a enxendrarse en Galicia desde finais do s XIX. Imprime un ton nostálxico á desaparición da sociedade patriarcal que esmorece coa chegada da burguesía mercantil, formada fundamentalmente por casteláns e maragatos. Os cinco primeiros relatos, titulados respectivamente “O fidalgo”, “A sirena”, “A criada”, “O pazo das cinco chagas” e “Dona Xoana e Don Guindo”, ofrecen versións complementarias da decadencia da fidalguía e do mundo dos pazos. Fronte a eles, nos dous últimos, “O pecado” e “Mediciña legal”, non aparece a fidalguía, pero representan tamén a irrupción do liberalismo burgués, baseado no valor material do diñeiro. Outro nexo de unión entre os relatos é a concepción simbólica do espacio, que se desenvolve a partir da contraposición entre a vida...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de narracións breves publicada por Eliseo Alonso Rodríguez en 1955 na editorial Mundo Gallego de Bos Aires, con ilustracións de Manuel Colmeiro e un limiar de Eduardo Blanco Amor. É unha das primeiras manifestacións da prosa en galego trala Guerra Civil. Consta de dezaseis relatos ambientados no Baixo Miño, comarca de orixe do autor que recrea desde a distancia evocadora da emigración. Os personaxes responden a tipos de extracción popular, labregos e, en menor medida, mariñeiros. A maioría concíbense como figuras individualizadas, aínda que ás veces se presentan como protagonistas colectivos, como en “O bolo” e “Na taberna”. Na liña da literatura comprometida de corte realista, reflicte unha sociedade atrasada, sometida e oprimida pola pobreza e a miseria moral, que se concreta nuns personaxes marcados por unha vida de sufrimento e desgraza que os conduce á morte, á loucura, ao abandono ou á soidade. Nalgúns contos denúnciase explicitamente o drama da emigración, a falta de escrúpulos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de contos populares editada polo Centro de Estudios Fingoy en 1963. A primeira edición constaba de 300 relatos recollidos por mestres de primaria dos nenos das súas escolas, aos que animaban para que preguntasen aos seus parentes máis vellos. O material resultante destes traballos transcribiuno e organizouno un equipo dirixido por Ricardo Carballo Calero, no que colaborou Bernardino Graña, daquela bolseiro do Colexio Fingoy. Os textos publicáronse xunto cunha táboa de informantes, na que figuraba o nome do mestre que comunicaba o conto, o da escola que rexentaba, o do neno que proporcionaba o conto e a data do curso no que se recollera. De varios contos incluíronse dúas ou máis variantes, que nalgúns casos chegaron a nove. En 1972 apareceu unha segunda edición con 228 relatos, despois de que se decidira rexistrar só a variante de cada conto que presentase maior interese literario. Así mesmo, resolveuse suprimir os datos relativos aos informantes e axeitar a ortografía dos textos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de contos populares editada por Laureano Prieto en 1958. Constitúe a primeira recompilación de narracións populares publicada trala Guerra Civil. Consta de setenta e cinco relatos recollidos directamente dos informantes na bisbarra de Viana do Bolo e transcritos con fidelidade á fala vianesa, polo que se converteron nunha fonte importante para o estudo das variantes dialectais da zona. Precédeos un estudo redactado tamén na fala vianesa no que se establecen as coordenadas xeográficas, etnográficas e dialectais que corresponden á zona. A continuación, organiza os relatos en cinco apartados diferentes, baixo as etiquetas de “contos de encantamentos”, “contos exemplares e relixiosos”, “contos de bulra” (divididos en cinco grupos dependendo da clase de burla practicada ou de quen sexa o afectado), “contos varios” (sección de carácter heteroxéneo que engloba textos sen elementos comúns) e “contos de animais” (cinco relatos que se presentan como continuación dunha colección do mesmo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo cuñado por Henri Morier en 1961 para referirse ao acento situado a continuación dun acento forte e ao seu efecto no ritmo da composición. Dáse preferentemente no verso, aínda que tamén pode aparecer na prosa. O efecto buscado é de contraste e de desequilibrio da orde métrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de contraer ou contraerse.

      1. Aplícase ás vocais e ás formas que resultan dunha contracción.

      2. Aplícase aos adxectivos e nomes gregos que se caracterizan pola contracción da vogal da desinencia coa vogal do tema ou do radical. Así, por exemplo, no termo grego τεῐχους, procedente de τεῐχεος (xenitivo de τεῐχος ‘muro, muralla’), ου é unha vogal contracta.

      3. Aplícase aos verbos gregos con radical rematado nas vocais a, e ou o, que se combinan coa vogal temática e ou a (Ex: τιμῶμεν por τιμα-ω-μεν).

      4. artigo contracto

        Forma adoptada, segundo a gramática tradicional, polo artigo determinado cando se combina coas preposicións a, de, en, con e por. Por exemplo, dos (de+os), nas (en+as), coa (con+a), ó (a+o), pola (por+a), etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de contradicir ou contradicirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen contradí.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está en contradición con outra cousa.

    2. Que contén ou implica contradición.

      1. Aplícase, en sentido relativo, a dous termos ou a dúas proposicións nas que unha delas é negación da outra.

      2. Aplícase, en sentido absoluto, a un termo ou a unha proposición que presenta unha contradición.

    3. Aplícase á teoría na que os axiomas permiten demostrar tanto un teorema coma a súa negación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que tende a opoñerse a unha corrente eléctrica.

    2. Forza electromotriz desenvolvida en certos elementos ou aparellos intercalados nun circuíto eléctrico que tende a opoñerse ao paso da corrente. Aparece sempre que a enerxía eléctrica se transforma en calquera outro tipo de enerxía que non sexa calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de contrafacer.

    2. Que ou quen é torto, mal feito ou deforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contra a vontade propia ou doutra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. oz feminina máis grave, de tesitura comprendida entre as de soprano e de tenor, que abrangue dende o fa 2 ao sol 4 . Orixinariamente tamén designaba os castrati ou os cantantes masculinos con voz de falsete. Nos inicios da ópera, este tipo de voz usouse na representación de personaxes femininos cómicos, tráxicos e, ao rexeitar os castrati, tamén en papeis heroicos. Moitos compositores escolleron esta voz para papeis das súas obras, como Rossini para a voz de Rosina en Il barbiere di Siviglia (O barbeiro de Sevilla, 1916) ou para a súa Cinderella na Cenerentola (1817). Entre as contraltos máis relevantes sobresaen, entre outras, Kathleen Ferrier, Clara Butt e Helen Watts.

    2. Cantante que ten a voz de contralto.

    3. Aplícase ao instrumento que ten un rexistro correspondente á voz de contralto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de contrapoñer ou contrapoñerse e contrapor ou contraporse.

    2. Aplícase á representación de dous mobles iguais que se colocan opostos e invertidos un respecto do outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oposición harmónica das partes do corpo, en especial das que se atopan en movemento ou tensión mentres as simétricas están en repouso. Michelangelo Buonarroti foi un dos seus máximos cultivadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto que se fai en oposición a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disciplina musical que consiste na superposición de varias liñas melódicas e que ten como base o concepto de intervalo. O termo provén do latín contrapunctus (‘contra nota’), ou sexa, ‘nota contra nota ’ e, por extensión, ‘melodía contra melodía’. Oposto á harmonía, historicamente máis recente e que ten como principio básico o acorde, utiliza as liñas melódicas simultáneas sen prescindir das conxuncións verticais e os sons considéranse en función das súas distancias recíprocas. Estilo polifónico dos compositores flamengos e italianos do Renacemento (Ockeghem, Palestrina), chegou á súa expresión máis perfecta durante o s XVI. No momento en que apareceu a escritura harmónica, gozou dun gran florecemento grazas a J. S. Bach. Segundo o carácter rítmico dado ás partes que fan o contrapunto do canto dado, existen cinco tipos de contrapunto, que poden constar de 2 a 8 voces: no primeiro, as partes do contrapunto están formadas polos mesmos valores que os do canto dado (contrapunto ‘nota...

    2. Procedemento literario derivado da técnica musical coñecida co mesmo nome baseado na combinación simultánea de varios elementos antitéticos unidos harmonicamente, pero que manteñen a súa independencia. Acadou un maior desenvolvemento no eido da narrativa, onde se manifesta mediante a unión de distintos núcleos ou argumentos a través de puntos de enlace. Iniciado por James Joyce en Ulysses (1922), John Dos Passos ensaiou en Manhattan transfer (1925) un modelo de construción fragmentaria que implicaba a alternancia paralela de varios núcleos narrativos: cada capítulo incluía varias escenas que reflectían unha sucesión de vidas no marco común de Nova York. O procedemento asentouse con Point counter point (Contrapunto, 1928), de Aldoux Huxley. Posteriormente, empregárono autores como William Faulkner, Jean Paul Sartre ou Camilo José Cela. No teatro, consiste na presentación dunha serie de intrigas paralelas que se suceden contrastando unhas con outras; e en poesía prodúcese cando se superpoñen...

    3. Elemento secundario que complementa e contrasta con outro principal nunha situación determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tema secundario dunha fuga destinado a acompañar o suxeito.

    VER O DETALLE DO TERMO