"Bol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • PICOS

    Pico de Venezuela, o máis alto do país. Está na Serra de Mérida, ao SL da cidade homónima (5.007 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Bisneto de Pedro de Ponte Andrade (A Coruña 1617), alcalde ordinario de Caracas e alguacil maior da Inquisición. Completou a súa formación en Europa, viaxou por EE UU e regresou ao seu país en 1807. Ao ser proclamada a independencia de Venezuela (1810), foi enviado a Londres en misión diplomática. De regreso a Venezuela, comezou, xunto con Francisco de Miranda, a loita contra os realistas ata 1812, ano no que capitularon. Trasladouse a Cartagena (Colombia), onde tomou parte na loita deste país contra a metrópole e onde publicou o Manifiesto de Cartagena e a Memoria dirigida a los ciudadanos de Nueva Granada, onde expón as súas ideas políticas e a liña a seguir na loita pola independencia. As contendas internas provocaron un novo desprazamento de Bolívar, que solicitou asilo en Xamaica, e onde escribiu un plan estratéxico de loita, a Carta de Jamaica (1815). Tralo seu paso por Haití, onde procurou apoios, regresou ao continente e retomou a loita....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato alumínico hidratado, de fórmula PO4(OH)3Al2·H2O. É de cor amarela verdosa e foi descuberto en Galicia por L. Fernández Navarro e P. Castro Barea (1921). Está asociado ao granito de dúas micas de Campo Lameiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de América do Sur que limita ao N e ao NL con Brasil, ao SL con Paraguay, ao S con Arxentina, ao SO con Chile e ao O con Perú, (1.089.581 km2; 7.957.000 h [estim 1998]). Ten a súa capital xudicial en Sucre e a administrativa en La Paz. Esténdese entre os 57° e os 69° de lonxitude O e os 9° e 25° de latitude S.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    O relevo boliviano presenta un contraste violento entre o país andino, ao O, cunha altitude media superior a 3.000 m, e as terras baixas e cálidas da zona oriental, con 200 m de altitude media, que forman un vasto conxunto de chairas (Los Llanos), e pequenos relevos e áreas inundables (Los Bañados). Representan o 70% da superficie do país, pero é unha rexión escasamente habitada. A rexión andina consiste nun extenso conxunto de altiplanos (Altiplano), duns 100.000 km2, a uns 4.500 m de altitude; na Cordillera Occidental existen cumios de orixe volcánica (Tacora, 5.982...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bolivia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Bolivia.

    3. A cultura prehispánica máis antiga de Bolivia é a de Tiahuanaco, localizada no Altiplano, ao S do lago Titicaca. Caracterízase por unha cerámica moi sinxela e unha arquitectura de grandes pedras (pirámide de Acapana, porta do Sol e porta da Lúa). A influencia da arte barroca española, unida a elementos indíxenas, configurou o estilo mestizo (igrexa de San Francisco, 1753-1772, igrexa de San Lorenzo, casa da moeda e igrexa de Santa Lucía). Destaca nesta época o pintor Melchor Pérez de Holguin (1600-1724). No s XIX a Arquitectura recibiu a influencia do Neoclasicismo (catedral de Potosí, 1809-1836) e no s XX a do Funcionalismo e do Organicismo. Neste século xurdiu un estilo de tendencia nacionalista, síntese da arquitectura colonial e da de Tiahuanaco. A pintura flamenga, o manierismo italiano e a escola sevillana foron as influencias máis importantes reflectidas na pintura boliviana que adquiriu importancia coa obra de Arturo Borda e Cecilio Guzmán de Rojas. No eido da escultura salienta...

    4. O inicio do cine boliviano data do ano 1912, sendo 1936 o ano no que se realizou a primeira longametraxe sonora (La guerra del Chaco). En 1953 creouse o Instituto Cinematográfico Boliviano, organismo dedicado especialmente ao xénero documental. Entre 1971 e 1981, coincidindo cun período de relativa democratización, realizáronse algúns filmes de carácter antiimperialista. Esta produción parou co comezo da nova ditadura (1980).

    5. A literatura boliviana xurdiu a partir do s XIX cos postulados románticos, destacando L. Anzoátegui e N. Aguirre, en novela, e R. J. Bustamante e M. J. Tovar, en poesía. A tradición poética botou raíces cos modernistas R. Jaimes Freyre, G. Reynolds e F. Tamayo. Máis adiante, C. Peñaranda aproveitou o antecedente e publicou o seu Cancionero vivido (1919). Na evolución poética acontecida ao longo do s XX destacan O. Campero Echazú e G. Viscarra Fabre, e a lírica de Yolanda Bedregal, formada no pensamento existencialista, con Del mar y la ceniza (1957) e El cántaro del angelito (1979). Outros poetas significativos son J. de la Vega, O. Alfaro, A. Cardona Torrico, J. Suárez, F. Rospiglioni Nieto, E. Rojas, J. Urzagasti, E. Ávila Echazu e E. Camargo Ferreira. Respecto da prosa, A. Peñaranda, que comezara como poeta, deu a coñecer as novelas Celeste (1905) e Casa solariega (1906). Máis adiante destacaron O. Cerruto con Aluvión de fuego (1935),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Os seus personaxes adoitan participar dunha mesma experiencia: o nazismo, a guerra e a posguerra. A linguaxe é sinxela, irónica e moralizante. Destacan as novelas Haus ohne Hüter (Casa sen amo, 1954) e Billard um halb zehn (Billar ás nove e media, 1959). Entre as súas últimas obras destacan Gruppenbild mit Dame (Retrato de grupo con señora, 1971) e Die verlorene Ehre der Katharina Blum (O honor perdido de Katharina Blum, 1974), levada ao cine por V. Schlöndorff en 1975. En 1972 recibiu o Premio Nobel de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Navia pola marxe L, preto da aldea de Lagoa, na parroquia e municipo das Nogais. Recibe os caudais dos arroios de Valdeparada, Bao e Val de Trasmonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase tépeda identificada no transcurso do Würm IV; recibe o seu nome dun lago dinamarqués. Cronoloxicamente desenvolve dende 12.400 a 12.000 BP, polo que resulta unha fase coetánea do Magdalenense central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO de Sevilla (62,55 km2; 4.950 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (oliveira e vides) e na gandería ovina e porcina. No termo está a ermida de Nuestra Señora de Cuatrohabitan, edificada sobre unha antiga mesquita almohade da que se conserva o minarete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, ao SL da capital (48,50 km2 12.741 h [1996]). Drenado polos ríos Rioseco e Tinto, conta cunha economía baseada na agricultura (trigo, millo, viña, oliveira), na gandería (porcino e vacún), nas industrias alimentarias derivadas e nas fábricas de licores. Destacan na cidade a igrexa barroca de Santiago e a casa do concello de estilo mudéxar (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo ruso. Do 1909 ao 1914 foi primeiro bailarín dos Ballets Rusos de Diaghilev. En 1916 instalouse nos EE UU e montou ballets para a ópera de Chicago, a ópera de San Francisco e o teatro Colón de Bos Aires. Creou a coreografía de diversos filmes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sober baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de masa de calquera substancia de forma máis ou menos arredondada.

    2. Grumo que se forma nunha substancia mal diluída ou porción arredondada que se forma nun líquido ao callar.

    3. Avultamento que se orixina nunha superficie debido a un golpe.

      1. Peza de pan de forma arredondada, máis ben grande, con moito miolo.

      2. Peza de pan esponxoso, feito xeralmente con fariña, leite e ovo, con forma de molete. Tamén se chaman así os bolos de pequeno tamaño e de forma arredondada, adozados con azucre, que a comezos de século eran habituais nas festas e feiras de Galicia. OBS: Tamén se coñecen co nome de bolos suízos ou bolos de leite.

      3. Peza de pan de fariña de centeo, millo ou trigo que se cocía na lareira empregando unha pedra especial, a pedra do bolo, de granito, puída e de forma arredondada.

      4. Peza de pan arredondada de millo ou doutra fariña, que pesaba entre 14 e 50 libras, e que os mariñeiros levaban a bordo cando tiñan que permanecer varios días traballando no mar.

      5. bolo asmo

        Bolo feito coa masa de pan sen fermentar.

      6. bolo da pedra

        Pan que se facía coa flor da fariña e auga quente durante as muiñadas; cocíase entre dúas pedras e requentábase ao lume.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cilindro vertical que está colocado nunha armazón.

      1. Canto de cuarcita, sobre o que descansa o rodicio do muíño fariñeiro.

      2. Calquera canto de pedra.

    2. Masa que forman os alimentos despois de mastigados e insalivados, que se deglute dunha soa vez.

    3. Sensación de opresión no pescozo experimentada polos histéricos, que sobe do epigastrio e pode provocar náuseas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe mariño de corpo alongado, case cilíndrico, fociño longo e picudo, coa mandíbula inferior máis saínte ca a superior e dentes ausentes ou restrinxidos ao vómer. Presenta unha única aleta dorsal e outra anal, baixas e longas, formadas unicamente por radios brandos que se poden esconder nun suco, e unha aleta caudal con forma de forquita. Carece de aletas pelvianas. É de cor variable no dorso, pero coas partes inferiores brancas e lados prateados. Os bolos viven agrupados en cardumes en fondos de area e grava dende a zona litoral ata zonas afastadas da costa, onde a plataforma o permite, e aliméntanse sobre todo de zooplancto. Nas costas europeas aparecen tres xéneros con dúas especies cada un: Gymnammodytes, Ammodytes e Hyperoplus. Das seis especies europeas só unha (G. cicerellus) vive no Mediterráneo. En Galicia só se atopa unha especie de cada xénero: H. lanceolatus (bolo común), G. semisquamatus (bolo de area) e A. tobianus...

    2. Bolo de ata 40 cm de lonxitude, de cor azul verdosa nas costas e ventre prateado, cunha mancha escura a cada lado do fociño e mandíbula superior pouco protráctil, con dous dentes no extremo anterior do vómer. Ten as aletas dorsal e anal rectas, con todos os radios da mesma lonxitude. Vive en augas costeiras, durante o verán en augas menos profundas, incluso na zona intermareal e nos esteiros, e no inverno ata os 60 m de profundidade. Ao principio aliméntase de zooplancto, pero a partir dos 10-15 cm a súa dieta faise piscívora. Frecuente na costa atlántica ibérica, a súa distribución acada ata as illas do círculo Polar Ártico.

    3. Bolo de ata 28 cm de lonxitude, de cor parda dourada ou verdosa no dorso e ventre prateado irisado, maxilar superior moi protráctil, sen dentes no vómer, e corpo nu excepto no terzo posterior, onde aparecen algunhas escamas. As aletas dorsal e anal teñen marxes onduladas debido a que os radios presentan diferentes lonxitudes. Vive en augas costeiras, especialmente en fondos de cascallo, onde pode ocupar a totalidade da plataforma continental ata os 200 m de profundidade. Aliméntase de plancto. Está presente dende as augas atlánticas ibéricas ata o Mar do Norte.

    4. Bolo de ata 20 cm de lonxitude, de cor tipicamente parda areosa nas costas, cos flancos amarelentos, mandíbula superior bastante protráctil, sen dentes, e aletas dorsal e anal con bordos rectos. A aleta pectoral esténdese máis alá do nivel de inicio da aleta dorsal. Vive en augas costeiras, especialmente en praias e zonas areosas das rías, incluíndo a zona intermareal e os esteiros ata os 30 m de profundidade; rara vez se atopa lonxe da costa. Aliméntase de zooplancto e dalgunhas diatomeas. Frecuente na costa atlántica ibérica, a súa distribución abrangue o sur de Islandia, o Mar Báltico e o norte de Noruega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente do lugar homónimo de Ourense. As súas armas levan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuarteis, de sinople, cun bolo de ouro; segundo e terceiro cuarteis, de ouro, cunha torre da súa cor, sobre ondas de azul e prata. Outra forma coa que pode aparecer representado este apelido nos manuais de heráldica é Bollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Bolo baixo a advocación de santa María, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Valdeorras situado na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma. Limita ao N cos municipios de Petín e Larouco, ao S co de Viana do Bolo (na comarca de Viana), ao L e SL co da Veiga e ao O co de Manzaneda (na Terra de Trives). Abrangue unha superficie de 91,2 km 2 cunha poboación de 1.187 h (2007), distribuídos nas parroquias do Bolo, Buxán, Cambela, Celavente, Chandoiro, Chao de Castro, As Ermidas, Fornelos, Lentellais, Paradela, San Martiño, Santa Cruz, O Seixo, Teixido, Tuxe, Valdanta, Vilaseco e Xava. A capital está na vila do Bolo, na parroquia do Bolo, situada nos 42° 18’ 2’’ de latitude N e 7° 05’ 05’’ de lonxitude O, a unha distancia de 222 km de Santiago de Compostela e a 119 km de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial da Pobra de Trives,e á diocese de Astorga.
    Xeografía física
    O territorio que ocupa o concello do Bolo está baixo o dominio climático oceánico de montaña. Situado nun espazo de alta montaña,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena cadea montañosa, situada na parroquia de Leira, no concello de Vilamartin de Valdeorras. O seu cumio alcanza os 1.150 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no concello do Bolo. Ten o campanario no centro da fachada enlazando con esta por medio de volutas moi decoradas. De planta cadrada, posúe dous corpos e unha lanterna poligonal como remate.

    VER O DETALLE DO TERMO