"Far" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 541.

  • PUNTA

    Punta da beira oriental da ría de Viveiro, que constitúe o seu extremo NL, no litoral da parroquia de Faro (concello de Viveiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa do centro da Comunidade Autónoma de Galicia, unha das que integran a denominada Dorsal Occidental Galega. Esténdese en dirección NNL-SSO, sobre unha litoloxía fundamentalmente granítica, polo límite dos concellos de Rodeiro, ao O, e Chantada, ao L. Culmina nos 1.181 m de altitude do Monte Faro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Chantada entre 1908 e 1910. Cesou a súa edición ao redor de 1912. Fundouno e dirixiuno Xosé Costa Figueiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico mensual aparecido en Bos Aires a partir de 1924. Editado pola Asociación de Chantada y su Partido, tiña unha tiraxe de 3.000 exemplares. Ademais do seu numeroso consello editorial, contaba cunha ampla rede de correspondentes en América e Galicia. Incluíu novas sobre a sociedade editora e sobre a comarca de Chantada, xunto con fotografías de diferentes paisaxes de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aparato pórtatil que consta dunha caixa, xeralmente metálica, cunha ou dúas caras transparentes ou traslúcidas, dunha fonte luminosa que pode ser de combustión ou eléctrica, e que se emprega para iluminar, indicar unha posición ou facer un sinal.

      2. Aparato que se emprega para iluminar unha vía pública, conta cunha fonte luminosa, xeralmente eléctrica ou de gas, colocada nunha caixa cunha parte transparente ou cun reflector, fixada sobre un pau vertical de ferro, formigón, madeira, ou ben fixada á parede dun edificio.

      1. Dito ou feito enganoso ou falso co que se pretende presumir ou fachandearse.

      2. Xogada feita para desorientar ao contrario nos xogos de cartas que consiste en facer simular que se ten un bo xogo cando non é así.

    1. Marisco, especialmente boi, centola ou nécora, con moita auga e escasa comida.

    2. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘estrela’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario satírico republicano aparecido o 29 de abril de 1886. Cesou a súa edición o 28 de novembro de 1886. Ao longo da súa traxectoria imprimiuse en Madrid, Mondoñedo e Viveiro. Subtitulouse “Periódico verdaderamente serio, aunque parezca broma”. Fundado e dirixido por Xosé López, da súa redacción encargábase Robustiano Sánchez. Ademais de textos literarios, incluíu críticas sobre acontecementos políticos e sociais da vila, polo que tivo unha existencia moi polémica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de carácter pedagóxico aparecido en Vilagarcía de Arousa o 12 de decembro de 1886. Impreso nos obradoiros tipográficos de Xosé R. Paratcha, subtitulouse “Periódico semanal chispeante. Órgano de la clase escolar”. Ademais de fragmentos literarios e poesías, incluíu artigos relacionados coa astronomía, a medicina, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida o 16 de xuño de 1994 en Barcelona e subtitulada “el periódico de los sin techo y sin empleo”. En poucos meses distribuíuse por Madrid e dende alí por todo o Estado. Como fenómeno social e medio de sustento de moitos indixentes, recibiu numerosas mostras de adhesión e apoio dos medios de comunicación e o recoñecemento social con galardóns como o Premio de Periodismo Derechos Humanos 95, que concede a Asociación Pro Derechos Humanos España, o Premio de Periodismo Ciutat de Barcelona 95, o Premio Foro Artístico Europeo 96, e o Premio a la Libertad de expresión 96 do Ateneo de Periodistas de València.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que antigamente se ocupaba de acender e apagar os farois nas rúas das cidades.

    2. Que ou quen esaxera moito as cousas ou mente para fachandearse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga illa do Mar Mediterráneo, en Alexandría, unida a terra firme na época do Faraón Ptolomeo Soter (s II a C); na actualidade correspóndese coa península de Rās et-Tīn. O faraón fixo contruír nesta illa o faro de Alexandría, considerado unha das sete marabillas da Antigüidade, cunha altura de 135 m. Foi destruído por un terremoto no s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das puntas ou escotaduras que quedan ao desfacerse o bordo dalgunhas cousas, como bandeiras, estandartes, planos de cataventos, etc.

    2. Estela ou banderilla longa de madeira que se emprega no toureo a cabalo para picar os touros.

    3. Estela de madeira ou ferro que se crava na carne.

    4. Pouta dun animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que remata ou está cortado en farpas.

    2. Aplícase ao animal que ten farpas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘saia’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bolsa pequena que atan as mulleres con cintas por debaixo da faldra para gardar os cartos.

    2. Peto das pezas de vestir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolsa grande que empregan principalmente os pastores ou mendigos e que serve para gardar cousas sólidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa pequena e de pouco peso, pero moi atrevido ou botado para diante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante estadounidense. Loitou na guerra de Secesión cos estados da Unión e tivo un papel destacado na conquista de New Orleans (1862) e da rexión do Mississippi. A súa fama debeuse sobre todo á conquista da baía de Mobile (1864), que constituía un importante arsenal sudista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Farrapo de neve.

    2. Manta caseira que se fai con anacos de teas diferentes de distintas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ou morea de farrapos.

    2. Precipitación de neve en forma de farrapos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caer a neve en forma de farrapos.

    VER O DETALLE DO TERMO