"Sem" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

  • Filme galego dirixido e escrito en 1989 por Chano Piñeiro, e protagonizado, entre outros, por Uxía Blanco, Roberto Casteleiro, Miguel Insua, Xavier R. Lourido e Roberto Vidal Bolaño. É unha das primeiras longametraxes galegas e trata o tema da emigración nas súas dúas vertentes de éxito e fracaso a través da historia dun triángulo amoroso, constituído por Xonxa, Pancho e Birutas, desde a súa infancia ata a súa madurez, nunha aldea da Galicia interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba da envexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, de 40 a 120 cm de altura, con follas lanceoladas, acuminadas, enteiras e glabras, capítulos solitarios, grandes e de cor amarela, brácteas involucrais escariosas e brillantes. É orixinaria de Australia. Cultívase como planta ornamental.

    2. pan de paxaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘sempre’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dama romana, filla de Tiberio Sempronio Graco e Cornelia. Casou con Escipión Emiliano e secundou aos seus irmáns na loita contra os patricios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia romana da antiga Roma á que pertenceron os Graco. Aínda que de orixe patricia, as súas ramas posteriores, entre as que se encontraban as dos Graco, foron plebeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, escritor e guionista. Exiliado a Francia en 1939, participou na Resistencia Francesa e foi deportado a Buchenwald. Militante do Partido Comunista de España, foi membro do comité central (1954) e trasladouse clandestinamente a Madrid. Con Fernando Claudín, protagonizou un enfrontamento coa liña política mantida pola dirección do partido, que se solucionou coa expulsión dos disidentes (1964), proceso que explicou en Autobiografía de Federico Sánchez (1977, Premio Planeta). Foi minitro de Cultura (1988-1991) no goberno de Felipe González. Da súa obra, ademais de diversos guións cinematográficos, destacan Le grand voyage (1963), La deuxième mort de Ramón Mercader (1969), Quel beau dimanche (1980), L’algarabie (1981), Montand, la vie continue (1983), Federico Sánchez se despide de ustedes (1993) e Las aventuras prodigiosas (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Coñecido nas fontes árabes por Abū Ibrāhīm al-Šay ẖ . Residiu en Málaga (1013-1020), onde foi secretario do visir ibn al-Arīf e a cuxa morte exerceu o mesmo cargo na taifa zírida de Granada. Foi (1027) xefe das alxamas xudías da taifa, visir e xefe do exército. Publicou un diván con 1742 poemas en hebreo, tres escolmas de poesía relixiosa, diversas obras talmúdicas e varias gramáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico físico. Investigou sobre cinética química, especialmente as reaccións en cadea e os estoupidos térmicos. En 1956 foille outorgado, conxuntamente con C. N. Hinshelwood, o Premio Nobel de Química. Escribiu Chemical Kinetics and Chain Reactions (1934) e Some Problems of Chemical Kinetics and Reactivity (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acto do tribunal competente para o coñecemento dunha causa, unha vez concluído o sumario, dándoa por rematada antes do xuízo final. Denomínase sobresemento libre cando se demostra que non houbo delito ou que os procesados están exentos de penalidade, e sobresemento provisional, cando non hai probas suficientes para demostrar a comisión dun delito ou a culpabilidade dos procesados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado do partido nacional-liberal (1907), fundou o partido populista (1918). Nomeado chanceler (1923), formou un goberno de coalición cos socialistas. Reprimiu con enerxía as revoltas sociais, pero, abandonado polos socialistas, tivo que dimitir. Recibiu o Premio Nobel da Paz con A. Briand en 1926.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anemia hemolítica hereditaria que se debe a unha anomalía conxénita da síntese das cadeas (α ou β) da hemoglobina A normal (HbA[α2β2]). Na β-talasemia sintetízanse hemoglobinas F (α2γ2) e A2 (α2δ2). Clinicamente preséntanse en forma homocigótica (talasemia maior ou anemia de Cooley) e en forma heterocigótica (talasemia menor), menos maligna. Na α-talasemia non se sintetizan cadeas α e aparecen hemoglobinas anómalas: Hb H(β4) e Hb Bart (γ4).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Liz Taylor, destacou polo filme Little Women (1949). En 1960 foille concedido o Oscar á mellor actriz por Butterfield-8, e en 1966 por Who’s Afraid of Virginia Woolf? Da súa filmografía tamén destacan A Place in the Sun (1951), Cat on a Hot Tin Roof (1958), Cleopatra (1963), The Sandpiper (1964), Night Watch (1973), The Bluebird (1975), The Mirror Crack’d (1981), Between Friends (1986) e The Flinstones (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ruso. Mariscal e comisario de defensa en 1940, foi derrotado polos alemáns en Minsk e en Biatystock (1941) e dirixiu sen éxito unha ofensiva en Kharkov en 1942. Desde 1945 ata 1947 foi conselleiro militar dos comunistas chineses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que acontece ou se dá tres veces por semana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural creada en Betanzos en 1979 coa finalidade de realizar e promover actividades culturais e estudos de investigación centrados nas Mariñas. Entre as súas actividades destacan a recuperación da documentación do Arquivo Histórico Municipal, a posta en marcha do Museo das Mariñas, a recolección de material para o Fondo Fotográfico de Betanzos e a publicación, desde 1985, do boletín Untia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo ruso. Especializado en psicoloxía clínica e psicolingüística, elaborou a teoría da fala interior, segundo a cal o pensamento deriva dunha acción xa pensada interiormente no diálogo persoal íntimo (Myslenije i reč, Pensamento e linguaxe, 1934). Creou, xunto con L. S. Sakharov, o método que leva o seu nome para estudar a formación de conceptos. ; Segue a J. Piaget na concepción construtivista da aprendizaxe, pero considera esencial o factor social, que contribúe, cos mediadores, a transformar a realidade e a educación. O psiquismo e a conduta intelectual adulta son o resultado dunha impregnación social do organismo de cada suxeito, e isto non é un proceso unilateral, senón dialéctico. Nesta concepción ten unha importancia fundamental a linguaxe, posto que a palabra é o instrumento máis rico de transmisión social. A aprendizaxe é unha condición previa para o proceso de desenvolvemento. Distínguese un nivel de desenvolvemento potencial e un nivel de desenvolvemento actual....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea constituínte alemá que se reuniu entre o 6 de febreiro de 1919 e o 21 de maio de 1920, primeiro en Weimar e despois en Berlín. Aceptou o Tratado de Versailles (22 de xuño de 1919) e aprobou a Constitución (2 de agosto de 1919) que instaurou a República de Weimar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar situado nos arredores de Xerusalén, onde se atopaba o Monte das Oliveiras, en que acostumaba orar Xesús e onde foi prendido por orde do sanedrín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José María Escrivá de Balaguer y Albás.

    VER O DETALLE DO TERMO