"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • PERSOEIRO

    Músico e compositor. Pasou parte da súa infancia e a súa adolescencia en Cambados, onde coñeceu a tradición musical galega. Estudou socioloxía na Université de La Sorbonne de París e tamén harmonía, composición e guitarra. En 1973 comezou as súas actuacións, xunto con outros músicos, na radio e a televisión, e gravou o seu primeiro disco, Vida e Morte (1974), onde musicou poemas de Rosalía, Celso E. Ferreiro e Darío X. Cabana.
    En 1975 regresou a España e dedicouse á composición de temas para os seus primeiros discos Rosalía de Castro (1975), Caravel de caraveles (1976), en que recompila numerosas cancións populares galegas; Lelia Doura (1977), Canciones de amor y celda (1979) e Cántico Espiritual (1977), co que iniciou unha serie de concertos por distintos auditorios....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposición do Emperador Carlos VI redactada o 19 de abril de 1713, pero que non se publicou ata o nacemento da súa filla María Tareixa I de Austria (1717), que anulou a de Leopoldo I (1713) e estableceu a sucesión ao trono imperial sen distinción de sexos, a partir dos fillos do emperador mesmo. Cando morreu Carlos VI (1740) púxose en práctica, o que levou á Guerra de Sucesión de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resolución tomada polas Cortes españolas en 1789, seguindo unha proposta do conde de Campomanes, pola que non se facía distinción de sexos na sucesión ao trono e se derrogaba a lei sálica. Carlos IV non chegou a publicala, pero si Fernando VII (1830), cando María Cristina das Dúas Sicilias esperaba a futura Isabel II. Isto provocou o preito sucesorio de onde xurdiu o carlismo. Tras os sucesos de La Granja, Isabel II accedeu ao trono (1833), o que levou á Primeira Guerra Carlista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación en que se modifica deliberadamente a curva de resposta dun sistema de rexistro de son ou de transmisión radiofónica en FM, co fin de conseguir certas vantaxes, como a redución de ruídos, mellor repartición da enerxía e redución da distorsión dos agudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Predisposición que fai que, mediante unha mutación previa dun carácter morfolóxico ou fisiolóxico, un organismo poida subsistir e prosperar nun medio diferente do que é orixinario ou no que se orixinou.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida tomada para evitar ou prever un dano.

    2. Actitude prudente para previr un mal ou perigo posible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino augural ou afectivo, que provén do latín pretiōsus, xa usado como cognome en Roma, que se lle dá a unha filla que se desexa que sexa ‘preciosa, moi fermosa’. A súa festividade celébrase o Venres Santo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de precioso.

    2. Persoa ou cousa de gran beleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exceso de refinamento, especialmente na linguaxe e no estilo. Tivo moito auxe na sociedade e na literatura francesa de mediados do s XVII, e foi satirizado por Molière e Boileau.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao preciosismo.

    2. Que ou quen está afectado de preciosismo.

    3. Partidario do preciosismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten un alto valor ou un prezo elevado.

    2. Que é digno de estima ou aprecio polo seu valor afectivo ou sentimental.

    3. Que é fermoso ou agradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Declive abrupto do terreo moi empinado.

    2. Situación adversa que causa gran dano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de precipitar ou precipitarse.

    2. Présa excesiva na realización de algo.

    3. Auga que procede da atmosfera e que en forma líquida ou sólida se deposita sobre a superficie da terra.

    4. Separación dunha disolución en forma de precipitado. A precipitación dun composto a partir dunha disolución pode conseguirse por diversos métodos, tanto físicos como químicos. Dos primeiros cómpre salientar tanto a concentración por evaporación de disolvente como o rozamento, que poden conducir a unha sobresaturación (solubilidade). Dos métodos químicos, o máis empregado é a adición dun reactivo coñecido como precipitante, que pode actuar formando un composto insoluble cos ións ou moléculas existentes no medio considerado, ou ben variando a polaridade deste medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cocción que se fai antes da cocción normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coñecemento adquirido con anterioridade.

    2. Coñecemento de feitos futuros antes de que sucedan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de preconizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • depredación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de predestinar.

    2. Predeterminación por parte de Deus relativa aos que serán ou son salvados ou condenados. Xurdiu en explícita controversia co pelaxianismo e foi enunciada primeiro por santo Agostiño, de maneira que a liberdade e responsabilidade humanas aparecen cuestionadas. A disputa de auxilis que se desenvolveu nos ss XVI e XVII tivo como obxecto a compaxinación desta liberdade humana coa soberanía de Deus no outorgamento da graza da salvación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de predeterminar.

    2. Presciencia e decisión previa, por parte de Deus, de concorrer na realización dos feitos que integran o proceso do mundo e da historia e, máis particularmente, dos actos libres do home mediante os que este decide a súa salvación ou condena. Interpretouse de diversas maneiras na escolástica, tanto a partir dunha presciencia ou dunha ciencia mediana, como a partir dunha premonición física ou dun concurso simultáneo. Con todo, non deixa resoltos os problemas da liberdade do home e da última responsabilidade deste na decisión do seu propio destino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de predicar.

    2. Anuncio público da palabra de Deus, feito en forma de discurso polos ministros autorizados, para mover aos oíntes a recibir dunha maneira consciente e libre a mensaxe da salvación e construír e edificar a Igrexa. Distínguense diversos tipos segundo a situación dos oíntes en relación coa fe e a pertenza á comunidade cristiá: a predicación misioneira ou evanxelizadora diríxese aos que aínda non cren para que se convirtan e acepten a fe; a predicación catequética expón aos crentes dun modo sistemático todo o contido doutrinal e moral da fe aceptada; a predicación litúrxica ou homilética explica a palabra de Deus proclamada na liturxia; e a predicación parenética exhorta aos membros da Igrexa a se manteren na fe e na práctica da vida cristiá. No s XVI a Reforma e a Contrarreforma déronlle primacía ao sermón, que, de acordo cos canons tridentinos se faría en lingua vulgar.

    3. Atribución dun predicado a un suxeito.

    VER O DETALLE DO TERMO