"IBE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 465.

  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Bergondo a partir do 5 de xaneiro de 1889 que cesou en maio dese mesmo ano (nº18). Sucesor de El Escobón, do que continuou a súa numeración, foi fundado e dirixido por Fernando García Acuña. Nos seus artigos criticaba o concello da Coruña e para evitar a súa censura trasladou a súa redacción fóra da cidade. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos dos sucesores de Castiñeira e incluíu folletíns, moi de moda na época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das grosulariáceas, ao que pertencen as groselleiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no Ripollès (2.033 h [2001]). Destaca a gandaría bovina e ovina e a industria papeleira, a metalúrxica e a de produtos lácteos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cinta que se pon nunha peza de roupa ou de coiro como ornamento ou como reforzo. No traxe tradicional galego adoita ser de pano, veludo ou baeta, e vai colocado na parte inferior dos refaixos, nos colos, nos puños das camisas e nas chaquetas e monteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Formado no seminario de Santiago de Compostela, emigrou a Bos Aires en 1874, onde foi tesoureiro-contador da súa universidade. Colaborou en El Libredón, La Unión Gallega, El Gallego, El Eco de Galicia e Almanaque Gallego. Escribiu La Penitencia e a poesía “Mi sino”. Foi membro correspondente da Real Academia Galega (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente galego, fillo de Pai Soares de Ribela. Localizado nun documento contractual do 6 de novembro de 1283 en Monfero, na Coruña, en que lega os seus haberes ao abade Johan Perez, hai constancia do seu nome en diversos mosteiros ourensáns, onde existen referencias a cabaleiros e escudeiros relacionados con Ribela. Segundo as indicacións expresadas na súa primeira cantiga de maldicir, poderíase relacionar con Sevilha Enriquez, quen aparece en diversos documentos dos anos 1258, 1280 e 1282 en que recibe doazóns de Afonso X; ademais hai referencias a Fernand’Escalho, un xograr acusado de ser homosexual. Pola súa vinculación a Pero Garcia Burgalês e Pero Garcia de Ambroa poderíase afirmar que frecuentou a corte de Afonso X. Outros afirmarían a súa vinculación á corte de Afonso III. Atribúenselle trece cantigas de amor, en que aparecen numerosos adornos retóricos, xunto a un innovador esquema rítmico e estrófico. Nestas composicións trata os tópicos da coita de amor, a timidez...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Mendo entre Betanzos e Mondoi (Oza dos Ríos). Realizada no s XV en cantaría e xisto, restaurouse e atópase no Camiño Real de Curtis a Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador holandés. Xesuíta (1588) e sacerdote (1599), ensinou historia da Igrexa en Douai, Saint-Omer e Anveres. O seu material haxiográfico e a publicación, desde 1607, de Fasti sactorum, serviu de base ao posterior traballo dos bolandistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en París en 1961 por cinco refuxiados políticos antifranquistas. O seu obxectivo era publicar libros de historia, economía, socioloxía e política que estaban prohibidos en España por mor da censura. Nese mesmo ano convocáronse os Premios Ruedo Ibérico de Novela y Poesía. Os primeiros volumes publicados foron El laberinto español (1962), de G. Brenan; e La guerra civil española (1962), de H. Thomas. En 1964 comezou a súa distribución clandestina en España e en 1971 estendeuse a súa comercialización a distintos países de Europa. En 1977, tras a morte de Franco, instalouse en España co nome de Ibérica de Ediciones y Publicaciones, ata que sufriu unha crise económica que lle obrigou a pechar, malia a axuda económica de Isaac Díaz Pardo, en 1982. En 2002 iniciou unha segunda etapa, centrada sobre todo na divulgación do material xa publicado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado por Valle-Inclán a un ciclo novelístico que comprende La corte de los milagros (1927), Viva mi dueño (1928) e Baza de espadas, esta publicada postumamente (1958). O autor satiriza nelas a España de Isabel II, cunha visión ‘esperpéntica’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo brasileiro. Licenciado en Economía (1968) e doutor en Estatística Económica (1971) en París, traballou en África para a Organización Internacional do Café (1971-1973). Alí decidiu dedicarse á fotografía nas axencias Sygma (1974), Gamma (1975) e Magnum (1979). Viaxou por Europa, América do Sur e África retratando en branco e negro a dignidade humana malia as miserables condicións de vida, a emigración ou a guerra. Cunha predilección polas poboacións marxinais, publicou Otras Américas (1986), Trabajadores (1992), o documental Terra (1997), Éxodos (2000) ou Migraciones (2000). Recibiu o World Press Photo (1985) pola serie Sahel: L’Homme en Détresse e foi o primeiro fotógrafo que obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Artes (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Foi ministro de Instrución Pública (1918-1919 e 1922-1923) e foi xulgado por acusar a Afonso XIII de ser o instigador do golpe de estado de Miguel Primo de Rivera Orbaneja (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en San Clodio (Leiro). De orixe descoñecida, pode que a vida monacal comezase na segunda metade do s VI con monxes que seguían a regra beneditina, procedentes de San Claudio de León. A primeira noticia histórica é de 928, cando se produciu a doazón dos condes Álvaro e Savita. Daquela o mosteiro tiña carácter familiar e dúplice e seguía a regra beneditina. Cara a 1151 adoptouse á regra cisterciense e en 1225 ingresou na orde do Císter. Desde 1530 ata a exclaustración de 1835 integrouse na Congregación de Castela. En 1891 foi priorado de Samos pero a vida monacal despareceu. As súas dependencias restauráronse e reformáronse para converterse en hotel. A igrexa ten planta basilical de tres naves divididas en catro tramos e tres ábsidas semicirculares, precedidas dun tramo recto, das que destaca a central, e cruceiro. O acceso ás capelas absidais é mediante arcos apuntados, as laterais cóbrense con bóveda de canón apuntado o tramo recto e bóveda de forno o tramo curvo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Touro baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (23.134 h [2001]). Explótanse canteiras de calcarias para a construción e area de descomposición do granito para vidro, cerámica, cemento e fundición. Ten empresas metalúrxicas, de madeira e coiro, químicas e de artes gráficas. É un centro de segunda residencia e veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Ribeira situada na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Páramo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO