"ILE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
PERSOEIRO
Botánico francés. Profesor do Institute of Horticulture de Gand, da Escola de Farmacia de Montpellier (1851-1881), da que foi director, e da Facultade de Medicina de Montpellier, dirixiu o Xardín Botánico de Montpellier (1881-1888). Foi o primeiro en determinar e describir a filoxera e en preconizar a introdución das variedades americanas de vide resistentes a este insecto (1875), sobre as que publicou unha monografía. Tamén estudou a mera da vide.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poliéter lineal que se obtén por polimerización e abertura do anel do óxido de etileno. As súas propiedades dependen do peso molecular. Os de peso molecular baixo
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poliéster lineal que se obtén por policondensación do tereftalato de dimetilo co etilenglicol mediante unha reacción de transesterificación catalizada por sales, óxidos ou alcóxidos de diversos metais. O de peso molecular superior a 20.000 é unha substancia ríxida, incolora, con gran tendencia á cristalinidade. Presenta propiedades illantes eléctricas. Aplícase na fabricación de fibras téxtiles e na preparación de películas que se empregan como illantes eléctricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben os poli(óxidos de etileno) de peso molecular baixo
-
-
Polímero do etileno.
-
Material plástico termoplástico obtido mediante a polimerización do etileno a alta presión (que pode chegar a unhas 1.500 atm) ou a baixa presión (entre 10 e 40 atm). En ambos casos a polimerización ten lugar en presenza dun catalizador. Segundo se obteña a alta ou baixa presión, o polietileno será de baixa ou alta densidade, respectivamente. A causa da súa tenacidade, rixidez, propiedades dieléctricas, resistencia química e impermeabilidade, utilízase moito na fabricación de sacos, bolsas, envases, caixas, tubos, cables telefónicos ou cubertas agrícolas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao polifiletismo.
-
Aplícase a un grupo taxonómico que inclúe organismos de orixe filoxenética diferente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría filoxenética que defendía a idea de que unha especie non derivaba dun único antepasado orixinal, senón que descendía da evolución de diversas liñas orixinais ou primitivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
poliformaldehido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poliolefina sintética do propeno. É de grande importancia industrial polas súas excelentes propiedades e baixo custo. Obtense, por polimerización con catalizadores do tipo Ziegler-Natta, do propeno, e emprégase principalmente na preparación de artigos moldeados, fibras e filamentos, e materiais extruídos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poliolefina prefluorada derivada do tetrafluoroetileno. Trátase dun polímero granular, susceptible de moldeamento e extrusión, cun peso molecular medio de 5ò105 a 107. É un sólido con moi boas propiedades como illante eléctrico e co coeficiente de fricción máis baixo de todos os materiais sólidos coñecidos. É resistente a todos os axentes químicos, excepto aos metais alcalinos fundidos e ao flúor, e non é soluble en disolvente ningún. Ten unha extraordinaria estabilidade térmica. A pesar de ser considerado como termoplástico non ten, en sentido estrito, punto de fusión, feito polo que a súa utilización en procesos de fabricación require técnicas análogas á da pulverimetalurxia. As súas aplicacións derivan das propiedades eléctricas e da inercia química que ten. OBS: Comercialmente conécese como teflón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección especial a unha persoa ou unha cousa que se prefire ás outras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é obxecto de predilección.
-
CIDADES
Cidade de Macedonia, situada ao NL de Pelagonia (67.371 h [1994]). É un importante centro de produción e de elaboración de tabaco. Antiga capital de Serbia, a parte vella ten certo aire oriental.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de privilexiar.
-
Que ou quen goza dun privilexio, dunha preferencia ou dunha vantaxe.
-
Que é moi bo ou que destaca entre os da súa clase.
-
Aplícase á persoa ou grupo social que gozaba de certas prerrogativas ou exencións tributarias no Antigo Réxime. Foi o caso dos membros do estamento militar e do patriciado urbano, que gozaban de privilexio nobiliario, ou os eclesiásticos, que gozaban de privilexio clerical e privilexio de foro.
-
-
-
Conceder un privilexio.
-
Liberar a alguén dunha carga ou concederlle unha exención ou prerrogativa que outros non teñen.
-
-
-
antaxe exclusiva ou excepcional, exención dunha obriga, da que se goza por concesión dun superior ou por unha circunstancia propia.
-
Disposición que emana do poder lexislativo, con forza de lei, en virtude da que se outorga a unha persoa ou a unha categoría de persoas un dereito especial ou un trato de favor, cun certo carácter de permanencia, distinto do que dá a lei común.
-
Documento en que consta a concesión a perpetuidade dun privilexio. Normalmente chámase diploma cando o conceden os soberanos, a palabra adoita indicar os emanados da chancelaría papal (bula maior). As chancelarías reais expedíronos en pergamiño e denomináronse de formas diversas: precepto, privilexio rodado, privilexio real maior ou carta. Adoitaban ir incluídos en compilacións xerais ou particulares de vilas, xeralmente encadernados nun volume (libro de privilexios) e miniaturizados.
-
Inmunidade persoal pola que toda persoa que deliberadamente e sen causa eximente cause unha ofensa grave e externa a un crego, incorrerá en excomuñón reservada ao papa. Recollido no código de dereito canónico, foi promulgado no canon catorce do Concilio II de Letrán (1179).
-
-
Dereito que tiña o xuíz superior de instruír un preito pendente ou iniciado polo seu inferior.
-
Dereito dalgunhas xurisdicións especiais para atraer a instrución dos preitos e as dilixencias que pertencen ao foro común.
-
-
Privilexio en virtude do que ningún crego nin persoa asimilada podía ser xulgado por un tribunal secular, agás en casos de desaforo. De orixe romana, sancionaba aos que obrigaban aos cregos a presentarse ante un tribunal civil. En España foi recoñecido no Decreto-Lei de Unificación de Foros (1868) e no Concordato de 1953, aínda que posteriormente se aboliu.
-
Dereito temporal de gozo exclusivo dun procedemento industrial implantado por primeira vez nun país.
-
Dereito temporal de aproveitar exclusivamente unha produción ou un procedemento industrial non coñecido ou non usado ata entón.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcohol dihidroxílico saturado que se emprega na preparación de polipropilenglicol, poliésteres, solucións anticonxelantes, como disolvente, axente higroscópico, lubricante, humectante, emulsionante e aditivo alimentario.
-
-
propeno.
-
Dirradical de fórmula
FORMULA
derivado formalmente do propano por perda de dous hidróxenos en dous átomos de carbono veciños. -
Líquido incoloro, de olor clorofórmico e baixa inflamabilidade, que ferve a 96°C. Emprégase como disolvente e fumigante.
-
Líquido incoloro e de cheiro etéreo, que ferve a 34°C, de fórmula
FORMULA2
Emprégase na preparación do propilenglicol, tensioactivos e deterxentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entrada de honor dun edificio público ou dun conxunto monumental. Na Antigüidade era un tipo de construción que servía para introducir, amodo de vestíbulo, nun santuario ou nunha ágora. Atópanse exemplos no mundo asiático (Persépolis), en Exipto, de época tardía, e en Grecia, onde existen xa nos períodos minoico e micénico e onde na época clásica adquiriron gran monumentalidade, como os da Acrópole de Atenas, construídos por Mnesicles (437-432 a C). No neoclasicismo imitáronse os antigos, como os erixidos en Múnic por Leo von Klenze. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo francés. Oficial de artillaría do exército francés, comezou na fotografía como amateur a partir de 1889. Considerado un dos fundadores do pictorialismo en Francia, foi membro do Linked Ring Brotherhood e do Photo Club de París (1894), que presidiu en 1921. Empregou o desenfoque óptico como técnica de distanciamento para “baleirar” as imaxes e crear atmosferas impresionistas ou simbolistas. Escribiu varios tratados sobre o material e técnicas fotográficas como a goma bicromatada en Les Procédés d’Art (1906), con Demachy.
VER O DETALLE DO TERMO