"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Rei de Romanía (1930-1940). Desherdado polo seu pai Fernando I, os seus dereitos foron entregados ao seu fillo Miguel en 1926, pero o 8 de xuño de 1930 impúxose como rei. Practicou unha política de alianzas cos estados centroeuropeos e balcánicos. En 1938 disolveu as organizacións políticas e promulgou unha Constitución de carácter autoritario. Ao comezar a Segunda Guerra Mundial viuse forzado a ceder territorios á URSS, Hungría e Bulgaria, feito que provocou o seu descrédito. Hitler obrigouno a abdicar en favor do seu fillo Miguel o 6 de setembro de 1940.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos II de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos francos (840-877) e emperador do Imperio de Occidente restaurado (875-877), fillo de Luís o Piadoso e de Xudite de Baviera. No 829 foille atribuída Alsacia como herdanza, feito que provocou a súa rivalidade cos seus medios irmáns. Ao morrer o seu pai no 840, a resolución da rivalidade quedou á sorte dunha batalla en Fontenoy-en-Puisaye (841) entre Lotario e Pipino II por unha parte, e Luís o Xermánico e Carlos o Calvo pola outra. Estes últimos, triunfantes, aliáronse nos xuramentos de Estrasburgo (842) e obrigaron a Lotario a aceptar, excluíndo a Pipino II, o Tratado de Verdún (843) que fraccionaba o Imperio en tres estados independentes. A Carlos correspondéronlle as terras situadas ao oeste do Meuse, o Saône e a cordilleira de Cévennes. O tratado provocou unha revolta de Pipino II que se mantivo ata o 864, ano en que foi apresado. Carlos nomeou sucesivamente reis de Aquitania os seus fillos Carlos o Infante e Luís o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei das coroas de Castela e Aragón (1665-1700), último da dinastía dos Habsburgo. Fillo do segundo matrimonio de Filipe IV de Castela coa súa sobriña Mariana de Austria, que ocupou a rexencia entre 1665 e 1675 durante a súa minoría de idade. A rexente confiou o poder ao xesuíta Johannes Everard Nithard e posteriormente a Fernando Valenzuela. O seu reinado presidiu a fase decadente da monarquía dos Habsburgo e do Imperio Hispánico. No ámbito internacional, a época de Carlos II caracterizouse por unha actitude defensiva ante o imperialismo francés, feito que motivou diversos enfrontamentos bélicos nos Países Baixos: a Guerra de Devolución (1667-1668), que provocou o recoñecemento da independencia de Portugal en 1668; a Guerra de Holanda (1672-1678) e a Guerra da Liga de Augsburgo (1689-1697). A guerra con Portugal tivo como un dos seus escenarios Galicia, xa que en 1665 o exército portugués penetrou no Rosal coa intención de chegar ata Vigo. Foi o momento da creación do segundo Batallón Literario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos francos (893-923), fillo póstumo de Luís o Tatexo. Coroado no 893 en oposición a Odón, duque de París, viuse obrigado a refuxiarse en Alemaña ata que Odón accedeu a pactar unha repartición do reino (896). No 898 morreu Odón e Carlos converteuse no único rei. A través do Tratado de Saint-Clair-sur-Epte (911), cedeulle en feudo unha parte de Neustria (denominada posteriormente Normandía) ao dirixente normando Rollón e entregoulle a súa filla Xisela como esposa coa condición de que se fixese cristián. No 922 tivo que enfrontarse, preto de Soissons, a Roberto, duque de Francia, que fora elixido rei polos nobres revolucionarios; matouno no 923, pero perdeu a batalla e refuxiouse no territorio de Herbert, conde de Vermandois, que o mantivo prisioneiro en Château Thierry e Péronne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Lorena (1545-1608), fillo do duque Francisco I e de Cristina de Dinamarca. Defendeu a causa católica en Francia durante as guerras de relixión. Desenvolveu a economía nos seus estados e fundou a Université de Pont-à-Mousson en 1572.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (1381-1386) e de Hungría (Carlos II, 1385-1386), fillo de Luís de Anjou Durazzo, conde de Gravina. Coñecido co nome de Carlos de Durazzo, as súas aspiracións ao trono de Nápoles, despois de casar con Margarida, irmá de Xoana I, frustráronse cando a raíña adoptou a Luís I, duque de Anjou. Coa protección de Luís de Hungría e do Papa Urbano VI, invadiu Nápoles e derrotou e encarcerou a Xoana I en 1381. Unha embaixada de Hungría ofreceulle a coroa en 1385, pero un ano despois foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1387-1425), fillo e sucesor de Carlos II. O seu casamento en 1375 coa infanta Leonor, filla de Enrique II de Castela, puxo fin ao longo período de hostilidade entre estes reinos. Asinou diversos tratados de paz con Castela e Aragón. Concluíu un acordo con Ricardo III de Inglaterra en 1393 polo que recuperaba Cherburgo. Polo Tratado de París de 1404, que asinou con Carlos VI de Francia, renunciou aos condados de Champagne, Brie e Évreux, e á cidade de Cherburgo, e recibiu o ducado-paria de Nemours. Comprometeuse con Fernando I de Aragón a impedir que Antón de Luna, partidario de Xaime o Desgraciado, conde de Urgell, recibise axuda desde Navarra e Francia. Recoñeceu en 1390 o papa de Aviñón, pero, unha vez que foi proclamado Martiño V, someteuse á obediencia de Bieito XIII. En 1423 instituíu o título de príncipe de Viana, privativo dos herdeiros do Reino de Navarra, a favor de Carlos, primoxénito da súa filla Branca e de Xoán, infante de Aragón. Reformou a facenda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Parma e Piacenza (1849-1854). Fillo de Carlos II de Parma e de María Tareixa de Savoia. Despois da Revolución de 1848, o seu pai abdicou no seu favor. Levou a cabo unha forte represión contra os republicanos e morreu asasinado por Antonio Carra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Occidente (881-887), rei de Alemaña (876-882), rei de Italia (879-887), de Xermania (882-887) e de Francia (884-887). Fillo de Luís o Xermánico, reconstituíu o Imperio Carolinxio, agás Borgoña; herdou Italia e Xermania e foi proclamado rei de Francia. Coroado emperador no 881, foi deposto na Dieta de Trebur (887) a causa da súa ineptitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Parma e de Plasencia (1731-1735), rei de Nápoles (1734-1759) e de España (1757-1788). Primoxénito do segundo matrimonio de Filipe V con Isabel de Farnesio. Foi coroado rei de Nápoles en Palermo (1734), pero ao morrer o seu medio irmán Fernando VI sen fillos, herdou o trono de España (1759) e entregoulle o de Nápoles ao seu fillo Fernando. Levou a Madrid a algúns dos ministros máis competentes que o asesoraran en Nápoles, como Esquilache e Grimaldi, e confioulles misións de goberno. Esforzouse por introducir en Madrid a salubridade e acondicionou a cidade. Algunhas das novas medidas que tomou o goberno, xunto co encarecemento dos víveres, provocaron o motín de Esquilache en 1766. Prescindiu do seu ministro e atribuíu o motín á acción dos xesuítas que foron expulsados en 1767 polo conde de Aranda. En 1773, unha bula papal extinguiu a Compañía. En política exterior asinou o Terceiro Pacto de Familia con Francia en 1761, e participou con ela na Guerra dos Sete Anos (1762). Polo Tratado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde civil instituída en España por Carlos III en 1771 para conmemorar o nacemento do infante Carlos, fillo dos príncipes de Asturias. Púxose baixo a advocación da Purísima Concepción e aprobouna o papa en 1772. Premiaba as persoas que distinguían pola súa fidelidade ao monarca e os méritos persoais. Suprimida durante a Segunda República, repúxose en 1942.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1346-1378), rei de Bohemia (Carlos I, 1346-1378) e margrave de Moravia (1333-1378), fillo e sucesor de Xoán I de Bohemia. Bautizado co nome de Venceslau, modificouno na corte de Carlos IV de Francia en 1323. Elixido emperador en 1346, foi consagrado en Roma en 1355. Mantívose á marxe dos problemas de Italia e dedicoulle a súa atención a Bohemia. Explotou as minas de prata e fundou novas industrias como as de papel, cristal ou tinturas; embeleceu Praga e fundou a Universidade en 1348. En 1356 promulgou a Bula de Ouro. Incorporou a Bohemia unha parte do Alto Palatinado (1355) e a Baixa Lusacia (1367). En 1373 conseguiu Brandenburgo para o seu fillo Venceslau e adquiriu, por matrimonio, os ducados de Swidnica e Jawor, que completaron a anexión de Silesia a Bohemia. Os seus estados separáronse a consecuencia da división feita en 1377. Escribiu a súa autobiografía no libro Vita Caroli IV (A vida de Carlos IV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1322-1328) e de Navarra (Carlos I, 1322-1328). Terceiro fillo de Filipe IV de Francia e de Xoana I de Navarra, sucedeu ao seu irmán Filipe V. Apoiou ao Papa Xoán XXII contra o emperador romano-xermánico Luís IV de Baviera e tamén o seguiu no favor prestado ao infante Filipe de Mallorca, titor de Xaime III, contra os designios de Xaime II de Aragón. En 1324 levou a cabo frutíferas campañas no ducado de Aquitania, coñecidas como Guerra de Saint-Sardos. Con el extinguiuse a liña masculina dos Capetos directos. A reivindicación dos dereitos do seu neto Eduardo III de Inglaterra iniciou a Guerra dos Cen Anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos I de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Lorena (1625-1675). Ocupados en 1663 os seus estados por Luís XIII, entrou ao servizo de España e dos Habsburgo na Guerra dos Trinta Anos. Recuperou Lorena entre 1641 e 1644, e novamente en 1661. En 1670, expulsado definitivamente de Lorena, chegou de novo a Alemaña, onde loitou con Guillerme de Orange. En 1675 conquistou Tréveris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de España (1788-1808), segundo fillo varón de Carlos III e María Amalia de Saxonia. O seu reinado coincidiu co desencadeamento e as consecuencias da Revolución Francesa. O conde de Floridablanca, antigo ministro de Carlos III, intentou evitar a introdución das ideas revolucionarias na Península Ibérica e estableceu un cordón policial na fronteira dos Pireneos. Substituíuno o conde de Aranda, simpatizante dos enciclopedista destituído (1792) pola presión da Raíña María Luísa, que quería entronizar o seu favorito Manuel de Godoy. Ao ser executado Luís XVI en xaneiro de 1793, Carlos IV declaroulle a guerra á Convención, campaña que rematou coa invasión francesa do Empordà e de Euskadi. En 1795 asinouse a Paz de Basilea e desde entón España estivo baixo a órbita do Directorio francés para manter a alianza tradicional contra os ingleses. Cando Napoleón se converteu en primeiro cónsul (1799) e despois en emperador (1804), a submisión a Francia resultou aínda máis onerosa; a pesar dos esforzos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1560-1574). Fillo de Enrique II e de Catarina de Medici, rexente entre 1560 e 1563, sucedeu o seu irmán Francisco II. Despois da Paz de Saint-Germain (1570), que puxo fin á loita entre católicos e hugonotes, protexeu a estes de acordo co seu favorito Gaspard de Coligny. Inducido por Catarina de Medici, ordenou a matanza da noite de San Bertomeu o 24 de agosto de 1572, feito que o obsesionou o resto da súa vida. Protector da academia de Baïf, escribiu poesía e un Traité de la chasse royale (Tratado da caza real, 1625).

    VER O DETALLE DO TERMO