"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Ilustrador e deseñador gráfico. Licenciado en Filoloxía Hispánica. Logo de traballar no ensino e como redactor de varios xornais e publicacións (Orense Diario, La Región, Gente de Mundo, Horentur), comezou a desenvolverse no mundo do deseño gráfico, pintura e ilustración. Participou na exposición colectiva de pintura Arte Xove Galega (Vigo, 1996), e expuxo individualmente en Ourense (1988 e 1991) e Santiago de Compostela (1990 e 1998). Entre as súas publicacións destacan O rei Kabul (1999), con textos de Max Jacob.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Procedente dunha familia carlista do barrio de Abando, fundador do nacionalismo vasco moderno. Proporcionou os primeiros alicerces teóricos ao nacionalismo vasco, unindo a tese da independencia para Euskal Herria cunha ríxida relixiosidade e unha posición aburguesada fronte ás problemáticas sociais. Participou en diversas publicacións periódicas e escribiu traballos de revaloración da cultura autóctona, sobre todo lingüísticos: Etimologías euskéricas (1887), Gramática elemental del euzkera bizkaino (1888, incompleta), Lecciones de ortografía del euzkera bizkaino (1896), Orígenes de la raza vasca (1889) e Bizkaya por su independencia (1892). Foi preso por motivos políticos (1895-1896 e 1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político guatemalteco. Coronel (1955) e subsecretario de Defensa (1957-1958), foi Presidente da República entre 1970 e 1974. Destacou pola dura represión contra a guerrilla. Foi ascendido a xeneral en 1971.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Musicólogo e crítico musical. Foi profesor de Xeometría, Aritmética, Álxebra, Mecánica e máquinas de vapor na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Froito da súa investigación musicolóxica, da que foi precusor, publicou xunto con Varela Lorenzo unha Monografía sobre música patriótica española (1901), colaborou con Casto Sampedro en Los trabajos del folclore musical gallego e publicou Sobre un himno gallego: algunas consideraciones. Resultado da súa investigación arqueolóxica musical son Solo de gaita (1911) e Solo de gaita Coda (1911), acompañados de gravados e publicados no Boletín da Real Academia Galega, e a Colección de cantos populares gallegos. Outras achegas súas son: Música popular ferrolana e Romerías ferrolanas. Foi crítico musical e redactor de El Correo Gallego (Ferrol), no que asinou co pseudónimo de Pizzicato, e colaborador de revistas como Almanaque de Ferrol, El...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ministro de Facenda con Fernando VII, foi tamén moi afeccionado á música, destacando como violoncelista. En 1842 foi nomeado director do Conservatorio Nacional (1842-1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Imposto que pagan os bens importados a un estado e, nalgúns casos, certos bens exportados.
-
Documento, aprobado xeralmente por unha lei, no que se sinalan as mercadorías, agrupadas en capítulos e seccións, e o imposto que se debe aplicar a cada unha para o comercio exterior.
-
Forma de retribución dalgunhas funcións públicas ou semipúblicas, como as dos notarios, rexistradores da propiedade, procuradores de tribunais e outros.
-
-
Elenco dos dereitos de aduana á importación de terceiros estados á Unión Europea. É idéntico para todos os estados membros da comunidade e, no momento da súa implantación (1968), non era superior á media aritmética dos aranceis vixentes dos estados membros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao arancel.
-
MUNICIPIOS
Municipio da comarca da Ribera del Duero, na provincia de Burgos, Castela e León, nas beiras do río Douro (29.222 h [1996]). Fundada por Ordoño I no 861, destacan as igrexas de Santa María (s XVI, protorrenacentista) e a de San Juan. Consérvase un grupo de vivendas góticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Foi un dos creadores na década dos sesenta da Escola de Barcelona. A súa primeira película foi Brillante Porvenir (1959). É coñecido polas súas adaptacións de obras literarias: Fata Morgana (1965), La muchacha de las bragas de oro (1980), Tiempo de silencio (1986), Si te dicen que caí (1989) e Amantes (1990, premios Goya e Sant Jordi), La pasión turca (1994), adaptación da obra de Antonio Gala. Tamén dirixiu El Lute, camina o revienta (1987), baseado no relato autobiográfico do delincuente Eleuterio Sánchez e premio internacional do Festival de Donostia, El amante bilingüe (1993), Libertarias (1996), La mirada del otro (1997) e Celos (1999). En 1988 recibiu o Premio Nacional de Cinematografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. En xullo de 1936 era xefe da gornición militar de Oviedo; logo de proclamarse leal ao Goberno Republicano, sumouse ao Alzamento militar. Foi xefe do corpo do exército de Galicia e, finalizada a Guerra Civil (1939), capitán xeneral de València. Entre 1940 e 1943 recibiu su-bornos dos gobernos do Reino Unido e dos EE UU a cambio de influír diante do xeneral Franco e evitar a participación de España na Segunda Guerra Mundial a favor do Eixe. Os seus intentos entre 1942 e 1944 de favorecer unha restauración monárquica enfrontaríano cos proxectos do ditador, que o relegou das súas responsabilidades ata pasalo á reserva (1949). Morto Franco, o Rei Xoán Carlos I rehabilitouno e ascendeuno a tenente xeneral (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Pablo Abarca de Bolea-Ximénez de Urrea y Pons de Mendoza.
-
MONTES
Monte que fai o límite entre a parroquia de Ventín, no concello de Fornelos de Montes, e a parroquia do Piñeiro, no concello de Covelo. Ten 912 m de altitude máxima.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto caducifolio do xénero Vaccinium, da familia das ericáceas, de follas ovaladas e alternas, flores rosas ou brancas en forma de campá e froito en baia arredondada. En Galicia pódense atopar dúas especies de arandeira: V. myrtillus, de follas aserradas, pólas angulosas e verdes, e froito comestible de coloración negra violácea (o arando), propia de uceiras e bosques; V. uliginosum, de follas sen dentar, pólas arredondadas e marróns e froito tóxico de coloración negra azulada, propia de matogueiras e pastos de montaña.
-
MONTES
Monte da parroquia de Nogueira, no concello de Ribas de Sil. Ten 838 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Disco perforado no centro, empregado para fixar mellor parafusos, puntas, etc.
-
Disco perforado no centro que forma parte da cociña de leña e serve para pór enriba a tixola ou as tarteiras para cociñar.
-
Calquera disco cun burato no medio.
-
Disco do candeeiro onde se recolle a cera que derrama a candea ao arder.
-
-
-
Froito da arandeira (Vaccinium myrtillus). É unha baia arredondada, de cor negra violácea e comestible. Nalgúns lugares de Galicia emprégase como medicamento contra a diabete, algunhas infeccións e outros males.
-
Froito de sabor agridoce que se consome cru, con azucre, estufado, en sopas, en marmelada ou como ingrediente nas tortas; é un acompañamento tradicional na cociña da caza. Existe o arando vermello de sabor moi acedo que non se come cru e que se emprega na elaboración de tortas, licores e xeleas.
-
-
PERSOEIRO
Ilustradora. Foi profesora de Procedementos e Técnicas na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Barcelona. Da súa andaina profesional cómpre salientar os seguintes títulos: La Bruixa que va perdre un secret (A bruxa que perdeu un segredo, 1994); Un nuvol lila (Unha nube lila, 1995); Una medecina per no plorar (Unha medicina para non chorar, 1995); Silenci que pugen (Silencio que soben, 1996); Qui passa primer? (Que pasa primeiro?, 1997); La Marmota espabilada (A marmota espilida, 1997); Tengo una abuela diferente a las demás (1998) e El Conde Drácula en Australia (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á orde dos araneidos.
-
Araña da familia dos araneidos.
-
Familia de arañas de corpo ancho e patas relativamente curtas, robustas e espiñentas. Tecen arañeiras circulares e grandes co niño lonxe da rede coa que se comunica por un fío de seda. Pertencen a esta familia os xéneros Araneus e Argiope.
-
-
-
Tecido que elaboran diversos arácnidos co fío, ou seda, producido polas fieiras das glándulas sericíxenas e que serve de trampa para cazar as presas das que se alimentan e tamén como habitáculo, como vehículo, etc. Cada especie ten un deseño propio. Algunhas son só unha serie de fíos de fibroína que irradian do tobo do animal; outras son estruturas irregulares, e outras constitúen formas xeométricas. Na maioría das especies só fan arañeiras as femias.
-
Está constituída por un grupo de ordenadores que transmiten e reciben información cunha mesma linguaxe, a HTML, Hypertext Markup Language. Creada dentro da rede Internet no ano 1993, a arañeira mundial coñécese como WWW, W3 ou simplemente Web, a partir do termo inglés World Wide Web. A súa popularidade débese á simplicidade do manexo. Os únicos coñecementos de informática que se lle piden ao usuario é saber premer o rato. O receptor da información pode recibir na súa pantalla todo tipo de datos dixitalizables: información textual, gráfica, sonora e audiovisual. Cada páxina adoita ter numerosas ligazóns a outras páxinas, en ordenadores próximos ou moi distantes, de tal xeito que o usuario pode ir navegando a través de numerosos ordenadores de todo o mundo sen decatarse practicamente diso, pois só executa ordes co rato. A súa enorme aceptación fixo que cando se fala da Internet se aluda case exclusivamente á Web. Por este motivo, Internet deixou de ser unha rede informática para fins científicos...
-
Teorema que explica os mecanismos de axuste entre a curva de oferta e a de demanda cando entre as decisións de producir e as de mercar hai un espazo de tempo considerable. Este mecanismo, especialmente aplicable aos mercados de produtos agrícolas, actúa da seguinte forma: o prezo do produto nun momento determinado condiciona a cantidade que sufrirá no período seguinte, e esta determinará a cantidade demandada e o prezo correpondente, e así sucesivamente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bacallao’.