"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla librada o 10 de agosto de 1557 entre as tropas imperiais -españolas, alemás, flamengas, borgoñonas e inglesas- mandadas polo duque de Savoia, Manuel Filiberto I, que asediou a cidade de Saint-Quentin, defendida polo almirante de Coligny e os franceses, mandados polo duque de Montmorency. A derrota dos franceses foi total. Esta vitoria e a conquista de Saint-Quentin obrigaron ao Rei Enrique II de Francia a asinar o Tratado de Cateau-Cambrésis (1599).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Louis de Rouvroy.
-
PERSOEIRO
Xogador e adestrador de baloncesto. Coñecido como Lolo Sainz, foi xogador do Real Madrid (1960-1968), co que conseguiu 7 títulos de Liga, 5 de Copa e 4 Copas de Europa, e internacional en 68 ocasións. Adestrou ao Real Madrid (1975-1989), e gañou 8 títulos de Liga, 5 de Copa, 2 Copas de Europa e 1 Copa Korac, e ao Joventut de Badalona (1990-1992) co que acadou 2 Ligas. Como seleccionador nacional (1993-2000) gañou a medalla de prata nos Campionatos Europeos de París (1999). posteriormente dirixiu a sección de baloncesto do Real Madrid (2003-2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Poeta romántico, viaxou por diversos países de Europa e América. Fundou o semanario No me Olvides (1837) e La Revista del Progreso (1841), ademais de colaborar en diversas revistas. Da súa produción destacan Poesías (1834), o drama Claudia, El casamiento de la reina (1845) e a novela El día del siglo (1848).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso xesuíta. Foi catedrático de Teoloxía Eclesiolóxica en Comillas (1929-1932) e de Teoloxía Positiva e Historia dos Dogmas na Pontificia Università Gregoriana de Roma. Dirixiu Gregorianum e colaborou en numerosas publicacións. Escribiu Sacra Theologiae Summa (1950) con M. Nicolau.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Foi fiscal da Audiencia Territorial de Galicia. Colaborou en Vida Gallega e escribiu, entre outras obras, Los bacilos y los bastoncitos de Doña Perfecta, A leenda dun probe (1918), A Galicia (1918) e Cantares da Terra (1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Loitou en Puerto Rico, en Cuba e en Marrocos, onde foi xeneral. Destituído pola Segunda República (1931), acolleuse á Lei Azaña e pasou á reserva. O 18 de xullo de 1936 foi xefe da Junta Suprema do alzamento en Valladolid. Dirixiu a ocupación de Madrid (marzo de 1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que gaña a vida facendo xogos e acrobacias en espectáculos ao aire libre.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Foi ministro de Instrución Pública (1918-1919 e 1922-1923) e foi xulgado por acusar a Afonso XIII de ser o instigador do golpe de estado de Miguel Primo de Rivera Orbaneja (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xogador e adestrador de baloncesto. Coñecido como Quino Salvo, xogou na Liga ACB nove tempadas, nos clubes CAI de Zaragoza, Forum Filatélico de Valladolid e Caja San Fernando. Tamén foi adestrador na ACB do Cantabria de Torrelavega (1997-2000) e na Liga LEB co C. B. Los Barrios de Cádiz (desde 2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
ARQUIPELAGOS
Conxunto de illas situadas na entrada da ría de Arousa pertencentes a parroquia de Aguiño (Ribeira). Está formado polas illas Sálvora, Sagres, As Forcadiñas e outras illas e illotes menores. A illa de Sálvora ten 2 km de máxima anchura en dirección N-S. Declaradas ZEPA en 1989, pertencen ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor francés. Formouse con J. Coustou e en Italia (1740-1748). En 1751 ingresou na Académie Royal de Peinture et de Sculpture. Traballou en Copenhaguen (1753-1774), onde fixo a estatua ecuestre de Federico V, na praza de Amalienburg, e dirixiu a Academia de Pintura e Escultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro, informático e matemático. É autor de varias obras, como Vibraciones aleatorias en la Ingeniería Civil (1974), Interdependence among housing, heating and transportation in cities (1979), Cálculo de Estruturas de Puentes de Hormigón (1983), Resistencia de Materiales (1995) e Proceedings de la International Conference on Impact-Contact Problems (1997). Elixido membro estranxeiro da Real Academia de Ciencias da Enxeñaría de Suecia, recibiu a medalla conmemorativa da Presa del Atazar (1972) e o Premio José Torán (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado por Carlos III en 1765 a Antonio Pardo e Sánchez de Taibo , señor de San Xoán de Carballo, que se dedicou ao comercio coas Indias desde a súa residencia en Cádiz. Os seus sucesores foron Celestina Pardo Quindós , II marquesa de San Juan de Carballo, Manuel María Pardo Liaño , III marqués de San Juan de Carballo, Antonia Pardo Liaño e Tirado , IV marquesa de San Juan de Carballo, José López Liaño , V marqués de San Juan de Carballo, e á súa morte o título estivo vacante ata que se rehabilitou en 1968 con Estevo Carballo de Cora e González (Lugo 1905-Madrid 1982), VI marqués de San Juan de Carballo. En 1983 outorgouse Real Carta de Sucesión a favor do seu fillo Esteban Carballo de Cora Romero e en 2002 esta sucesión cancelouse e expediuse Real Carta de Sucesión a favor de María de los Ángeles Esquivias García del Cid . Trae por armas,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario outorgado por Isabel II en 1834, a título póstumo, a Manuel Freire de Andrade (Osuna 1765-1834). De orixe galega, foi coronel, participou na Guerra da Independencia e foi nomeado ministro de Guerra en 1814 pero non ocupou o cargo. Partidario de Isabel II, foi comandante en xefe da Guardia Real e capitán xeneral de Madrid. Sucedérono os seus fillos Manuel Freire de Andrade e Abad , II marqués de San Marcial, e José Freire de Andrade e Abad , III marqués de San Marcial. En 1872 suprimiuse o título. Trae por armas as mesmas ca as dos Freire.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Fernando VII en 1817, co vizcondado previo de Parada, a Xosé María de Prado e Neira (Lugo 1774-Madrid 1838), rexedor perpetuo da cidade de Lugo e militar destacado na Guerra da Independencia. Sucedérono o seu fillo José María de Prado e Ozores (? 1830-Santiago de Compostela 1849), II marqués de San Martín de Hombreiro, o fillo deste Benito de Prado e Ozores (? 1849-Madrid 1859), III marqués de San Martín de Hombreiro, sucedido pola súa tía María Ramona de Prado e Ozores (Madrid 1836-A Coruña 1897), IV marquesa de San Martín de Hombreiro. Sucedeuna Xaime Ozores de Prado , V marqués de San Martín de Hombreiro (A Coruña 1877-1927), Xurxo Ozores Marquina (A Coruña 1903-? 1998?), VI marqués de San Martín de Hombreiro, e José Antonio Ozores Souto , VII marqués de San Martín de Hombreiro desde 1998. Trae por armas as mesmas ca as dos Prado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Afonso XII en 1884 a María Manuela Vázquez de Quiroga Queipo de Llano e Prado (?-1910), filla dos marqueses de Torre Novaes de Quiroga. O II conde de San Martín de Quiroga foi o seu neto Xosé Quiroga Velarde (Viloira, O Barco de Valdeorras 1873 -? 1935?), deputado polo distrito de Valdeorras (1907-1908) e gobernador civil de Ávila (1908). Os seus sucesores foron Rafael Quiroga de Abarca (Santander 1907 -?), III conde de San Martín de Quiroga, e Rafael Quiroga Seguí , IV conde de San Martín de Quiroga desde 1992. Trae por armas, en campo de goles, cinco paus de prata, recortados e aguzados en punta. No timbre, coroa condal.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Porqueira baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario outorgado por Carlos II en 1698 a Fernando Arias Ozores, señor das casas de San Miguel das Penas e La Mota. En 1719 Filipe V estendeu o Real Despacho, co vizcondado previo de San Esteban de Oca, a súa irmá Constanza Arias Ozores (Lugo 1669, VII condesa de Amarante, considerada como a I marquesa de San Miguel das Penas e La Mota. Iniciou co seu home, Andrés Gayoso Ozores e Sotomayor, a construción do pazo de Oca. O título continuou nos seus descendentes directos ata a morte de Encarnación Gayoso de los Cobos e Téllez-Girón (1813-?) VI marquesa de San Miguel das Penas e La Mota. O condado permaneceu vacante ata que foi rehabilitado en 1931 polo seu sobriño-neto Ignacio Fernández de Henestrosa e Gayoso de los Cobos (?-1948), VII marqués de San Miguel das Penas e La Mota e XVIII conde de Ribadavia, que cedeu o título a súa irmá Casilda Fernández de Henestrosa e Gayoso de los Cobos...