"BRU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

  • PERSOEIRO

    Explorador escocés. Descubriu as fontes do Nilo Azul, sobre o que escribiu o libro Travels to discover the source of the Nile (Viaxes para descubrir as fontes do Nilo, 1790).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e diplomático. Conde de Elgin e embaixador en Constantinopla entre 1799 e 1803. Trasladou a Inglaterra esculturas do Partenón e do Erecteion, os chamados Elgin Marbles (mármores de Elgin).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bacteria da familia das bruceláceas.

    2. Familia de bacterias da orde das eubacteriais integrada por bacterias Gram-negativas moi pequenas e pleomórficas, parasitas obrigadas de moitos animais, mesmo do ser humano. Son inmóbiles ou ben se moven por flaxelos perítricos. Os xéneros máis importantes son Pasteurella, Brucella, Haemophylus e Bordetella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de pequenas bacterias Gram-negativas, inmóbiles e aerobias, da familia das bruceláceas. Son parasitas de diversos animais, incluso do ser humano, aos que lles ocasionan diferentes enfermidades coñecidas co nome xenérico de bruceloses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das enfermidades infecciosas causadas por bacterias do xénero Brucella. A reserva natural destas bacterias son os animais, sobre todo o gando bovino (B. abortus) o cabrún (B. melitensis), o porcino (B. suis), o ovino (B. ovis) e os cans (B. canis). A enfermidade pódese transmitir ao ser humano por contacto directo ou pola inxestión de produtos animais, especialmente leite e os seus derivados. A especie B. melitensis, primeira en ser descuberta en 1887 por D. Bruce, é a que provoca a maior parte de bruceloses no ser humano e produce o cadro clínico coñecido como febre de Malta. A especie B. abortus, que no gando causa abortos, no ser humano provoca a enfermidade de Bang, de síntomas semellantes á febre de Malta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Realizou estudios musicais de composición e piano en Colonia. En 1891 foi nomeado profesor da Academia de Música de Berlín. Exerceu a dirección orquestral e coral en diversas cidades europeas. Da súa produción destacan as obras corais profanas Das Feuerkreuz e Odysseus, e a súa cantata Frithjof, op 23.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide extraído da noz vómica. Preséntase como dihidrato ou tetrahidrato en forma de pos amargos, cristalizados en pequenas agullas. Emprégase como desnaturalizante de alcohois e aceites, e en forma de hidrocloruro ou de nitrato en medicina, coas mesmas indicacións ca a estricnina, aínda que parece que se lle descubriron claras propiedades carcinóxenas. En análise química ten utilidade para separar mesturas racémicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1.   Relativo ou pertencente aos brucios.

    2. Individuo do pobo brucio.

    3. Pobo da antigüidade que habitou o Brucio (Bruttium), actual Calabria. Colonizada a costa polos gregos, os habitantes do interior proviñan da Lucania, na Italia central. Aliados do Rei Pirro na loita contra os romanos, foron derrotados e sometidos no ano 272 a C. Despoxados dos seus dereitos como pobo confederado e declarados escravos do Estado, pola axuda que lle prestaron a Aníbal. A Guerra dos Escravos, do 73 ao 71 a C, arruinou o seu territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidróxido de magnesio, de fórmula Mg(OH)2. Preséntase en cristais tabulares romboédricos, incoloros ou brancos, de brillo vítreo ou nacarado. Ten dureza 2,5 e peso específico 2,38-6,40.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de expresionistas alemáns. Constituído en Dresden en 1905, formaron parte del Ernst Ludwing Kirchner, o seu principal promotor, Fritz Bleyl, Erich Heckel e Karl Schmidt-Rottluff. Todos estudiaban na Escola Técnica de Dresden. O nome, elixido por Schmidt-Rottluff, amosaba a idea que tiñan se servir de ponte para o futuro. En 1906 adheríronse Emil Nolde, que abandonou axiña o grupo, e Max Pechstein, en 1907, o holandés Lees van Dongen e, en 1910, Otto Müller. Inicialmente, reaccionaron contra o realismo e o impresionismo, evitando o decorativismo e a sensibilidade do gozo para enfrontarse coa natureza desde un ángulo crítico que proxectaba, mesturando a deformación expresiva, a reacción dramático-subxectiva do artista. Cultivaron a paisaxe, o retrato e o figurativismo e renovaron as artes gráficas. En 1911 o grupo trasladouse a Berlín e disolveuse en 1913. Entre tanto, en 1911 formárase Der Blaue Reiter, a segunda manifestación expresionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e organista austríaco. Realizou estudios musicais no mosteiro de Sankt Florian, onde posteriormente exerceu a docencia e foi organista. En 1855 foi nomeado organista da catedral de Linz, en 1868 foi profesor do Conservatorio de Viena e dende 1875 da Universidade de Viena. Influído por Wagner e Beethoven, destacou como sinfonista e compuxo, ademais, música vogal sacra (misas, salmos, cantatas) e profana (cantatas e cancións).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e meteórologo. Foi profesor en Berna dende 1891, en Halle a partir de 1904 e, dende 1906, en Viena. Especializouse en climatoloxía xeral e glacial. Estableceu a teoría da existencia duns ciclos climáticos de 35 anos (ciclo de Brückner).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Theodor Tagger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben os insectos coleópteros da familia dos brúquidos ou dos curculiónidos; emprégase especialmente para referirse ás larvas que se están a desenvolver no interior de sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos brúcteros.

    2. Individuo do pobo xermano dos brúcteros.

    3. Pobo xermano dos brúcteros (bruteri), na antiga Xermania, na rexión do Ems e do Lippe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, especialista en enfermidades do sistema nervioso. Fixo valiosas contribucións ao diagnóstico clínico das meninxites, entre as que destacan os signos de Brudziński.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de reflexos de orixe muscular, que consisten na flexión lixeira dos xeonllos ao dobrar pasivamente a caluga do enfermo en decúbito supino e na flexión ou extensión dun membro inferior ao dobrar intensamente o membro oposto; estes aparecen en casos de irritación meninxia (meninxite).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Bruxelas 1568 - Anveres 1625) Pintor. Segundo fillo de Pieter Brueghel o Vello. Recibiu o sobrenome de Velours polo seu amor ao veludo, a súa cor delicada e o seu sentido do luxo. Residiu en Milán durante algún tempo, onde foi protexido polo cardeal Federico Borromini. En 1597 estableceuse en Anveres. Foi elixido decano do gremio de pintores en 1602 e, en 1610, foi nomeado pintor de cámara do arquiduque Alberto. Pintor de flores, sobresaen a serie dos Cinco Sentidos (1617) e Flores sobre a mesa. Colaborou con Rubens entre 1615 e 1618. Influíu sobre os seus fillos Jan II o Novo (1601-1678) e Ambrosius (1617-1675).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Vello (Breda?, Brabante Setentrional 1525? - Bruxelas 1569) Pintor flamengo, chamado tamén Boeren Brueghel (Brueghel dos campesiños). Actuou de ponte na pintura flamenga, entre o gótico e o barroco aínda que presentou marcados trazos renacentistas. Impuxo unha temática interesada polo pobo flamengo e a natureza que o envolve. Ingresou en 1551 no gremio de pintores de Anveres. Entre 1552 e 1554 fixo unha viaxe por terras de Francia e de Italia. En 1555 debuxou unha serie de cadros de Hieronymus Bosch, feito que lle influíu notablemente. Desde 1560 dedicouse plenamente á pintura. O seu estilo caracterízase pola indiferenza a toda beleza ideal, o sentido irónico, o fondo ata un certo punto pesimista, as paisaxes amplísimas e as escenas cheas de personaxes. A súa obra é moi numerosa: Combate entre o entroido e a coresma (1559-1560), A caída de Ícaro (1562); entre 1563 e 1564 realizou A adoración dos Reis, O triunfo da morte e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Novo (Bruxelas 1564? - Anveres 1638) Pintor flamengo. Fillo primoxénito de Pieter Brueghel o Vello, foi chamado Brueghel dos infernos debido á súa afección ás pinturas de incendios. Foi discípulo de Gilles van Coninxloo. Atribúeselle O rapto de Proserpina e O Incendio de Troia.

    VER O DETALLE DO TERMO