"Bug" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 60.

  • Liñaxe natural de Barallobre ou de Betanzos que leva como armas: en campo de prata, dúas árbores da súa cor, postas en faixa, e saíndo de cada copa, medio corpo dun guerreiro ao natural, empuñando unha espada denuda na súa man destra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida entre 1975 e 1982 en Marín como voceiro dunha asociación cultural da vila. Tiña unha difusión xeográfica reducida e escasos medios económicos. Un dos seus fins era a promoción e normalización da lingua e cultura galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida entre os meses de novembro e decembro de 1997 en Vigo. Foi subtitulada como “Boletín bimestral do programa Urban do Concello de Vigo”. Escrita completamente en lingua galega, contén numerosos artigos dedicados á arquitectura da cidade olívica; entre eles, “O que lembramos do Vigo histórico” de F. Fernández del Riego, “Vigo: Notas de arqueoloxía urbana” de Ángel Acuña, “O Instituto Camões”, de Anabela Cardoso, “O Berbés dos anos vinte”, de Aubrey F. G. Bell, “Un Vigo maldito” de Méndez Ferrín, “A Historia dos lastros” de X. Ramón Iglesias Veiga e “Ó redor da oliveira” de Ernesto Montiel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gaiteiro. Coñecido como O gaiteiro de Soutelo, naceu nunha familia con tradición musical xa que tanto o seu avó, Xoán Cachafeiro, como o seu pai, Fermín Cachafeiro Balado, tiñan sona de bos gaiteiros. Comezou a afeccionarse á gaita aos doce anos, aprendendo as técnicas do seu avó e practicando coas gaitas que o seu pai lle regalara ao decatarse do seu interese polo instrumento. Anos máis tarde, no remate da Primeira Guerra Mundial, formou xunto con dous dos seus irmáns, Bautista e Castor, e mailo seu pai Fermín o grupo Os gaiteiros de Soutelo. Na década dos vinte foi nomeado gaiteiro da Sociedade Artística de Pontevedra e en xullo de 1924, nun concurso celebrado en Santiago de Compostela, obtivo o galardón de Mellor Gaiteiro de Galicia. Como poeta publicou en 1969 o poemario Voando coas aas da vida, conxunto de poesías que reflicten as súas vivencias persoais e as de toda unha colectividade galega, coa paixase galega de fondo e cunha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Militante da Agrupación Socialista de La Habana na primeira década do s XX, foi expulsado de Cuba en 1911. En 1916 constituíu na Coruña a Unión Tabacalera, primeiro sindicato de clase das cigarreiras da Fábrica de Tabacos. Foi candidato nas eleccións á alcaldía de 1917 pola Agrupación Socialista da Coruña. No 1918 a Unión Tabacalera federouse na UGT baixo a súa influencia. Deixou o PSOE no 1921 e presidiu desde A Coruña a Federación Tabaquera Española, de carácter autónomo, e na que se integrou o persoal das fábricas de tabacos do Estado. Na Guerra Civil incorporouse á UGT e formou parte da Executiva Federal no exilio francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor, pintor e político. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi discípulo de Isidoro Brocos e de Román Navarro. A súa vida artística estivo ligada a esta escola, na que exerceu como profesor dende 1907, como director dende 1931 e como director honorario dende a súa xubilación en 1945. Realizou esculturas públicas, como os bustos de Pondal e Murguía na Coruña e a estatua dos irmáns García Naveira en Betanzos, ademais de numerosas placas conmemorativas. A súa obra pictórica amosa a minuciosidade característica dun ilustrador, labor que desenvolveu en La Voz de Galicia. Membro da Agrupación Socialista da Coruña, foi elixido concelleiro en 1913, aínda que renunciou ao cargo aos sete días. Foi membro da Real Academia Galega (1909) e da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e mestre de obras; probablemente irmán de Cibrán Domínguez Bugarín. Activo entre 1694 e 1714. En 1694 realizou o retablo da capela maior da igrexa de San Lourenzo de Salvaterra do Miño (Pontevedra), segundo traza de Domingos de Andrade, e en 1694 contratou coa confraría da Soedade da catedral de Tui o seu retablo, axustándose á planta de frei Francisco Antonio de Andrade. Dende 1695 traballou con Marcial González na capela de Santa Liberata de Baiona. Realizou na caixa do órgano da catedral tudense (1697) e reedificou parte da igrexa de Tomiño (1698). Seguindo un deseño de Domingos de Andrade, entallou o retablo maior do convento de Santa Clara de Santiago de Compostela (1700).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e mestre de arquitectura; probablemente irmán de Xosé Domínguez Bugarín Muñoz. Activo en Santiago de Compostela entre 1708 e 1713. En 1711 fixo o arquivo da sala capitular da catedral de Tui. Para a igrexa do mosteiro de San Paio de Antealtares fabricou os retablos xemelgos do Rosario (1711) e de San Bieito (1713), decorados con columnas salomónicas e acios de froitas. Xunto con Miguel de Romai realizou, en 1712, o retablo maior de Santa María Salomé de Santiago de Compostela, trasladado posteriormente á igrexa de Santo André de Souto (A Estrada); e con Antonio de Afosín entallou en 1709 o retablo maior da parroquia de Santa Susana, segundo traza do arquitecto Domingos de Andrade, os retablos da igrexa de Santa Clara de Tui en 1711 e o retablo de San Marcos da igrexa de Santiago de Betanzos (1712).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado en Sierra Morena (2.550 h [2001]). Abundan as aciñeiras e os cortizos. Ademais dos aproveitamentos forestais, destacan as industrias alimentarias que elaboran os xamóns e embutidos de porco ibérico coñecidos polo nome da localidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Carballido (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 706 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo poboado de sabugueiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Castro de Laza (Laza). O seu cumio acada os 1.461 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia esponxosa que se encontra na madeira do sabugueiro e doutras árbores.

    2. sámago.

    3. sabugueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea, perenne, de ata 200 cm de altura, con rizoma, follas opostas, divididas en folíolos lanceolados coa marxe dentada, flores pequenas brancas ou rosadas agrupadas en inflorescencias densas e de cheiro moi desagradable e froito en baga negro non comestible. Florece entre maio e xullo. Vive en terreos húmidos, en regatos e marxes de cursos de auga, soutos e lugares sombríos. É orixinaria de Europa e o N de África e emprégase coma planta medicinal. OBS: Tamén se denomina nabeao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto ou pequena árbore, de 2 a 5 m de altura, con copa arredondada e densa, follas opostas, compostas e imparipinnadas con 5 ou 7 folíolos ovais acuminados e dentados, flores brancas, odoríferas, agrupadas en corimbos grandes, e froito en baga negro. Florece entre abril a xuño e os froitos maduran entre agosto e setembro dependendo da súa altitude. Atópase especialmente na metade N da Península Ibérica, nos pisos inferior e montano. En Galicia é moi común en solos frescos, con certa humidade e alto nivel freático coma nas beiras dos cursos de auga. As flores empréganse en medicina polas súas propiedades diaforéticas e resolutivas. OBS: Tamén se denomina bieiteiro, bieito, sabugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilariño de Conso baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Xefe de gabinete do Concello de de Santiago de Compostela (1983-1987) e concelleiro do PSOE desde 1987, foi membro da Deputación Provincial (1991-1999). En 1998 asumiu o cargo de alcalde de Santiago de Compostela, tras a renuncia de Xerado Estévez. Foi elixido alcalde da cidade en 1999 e reelixido en 2003. No seu mandato conseguiu que Santiago de Compostela acadase o estatuto de capitalidade e xestionou a Capitalidade Cultural Europea de 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Fundador da Obra Pía de San Antonio de Melide, foi xuíz ordinario da Santa Inquisición, cóengo maxistral de Astorga, bispo de Zamora, Cádiz, León e Cartagena e arcebispo de México.

    VER O DETALLE DO TERMO